A Mesa pola Normalización Lingüística
1.66K subscribers
209 photos
45 videos
1 file
288 links
A asociación da lingua galega. www.amesa.gal
Download Telegram
This media is not supported in your browser
VIEW IN TELEGRAM
QUEREMOS GALEGO 👅💙

A plataforma Queremos Galego! convida a manifestarse o 17 de maio en Compostela “por un novo futuro para a lingua”. [+info]

Composta por máis de 500 entidades sociais e culturais do país, na que se inclúe A Mesa, convoca a toda a sociedade a saír ás rúas este mes de maio.

🚌 Haberá autobuses para facilitar o desprazamento. A información dos puntos de saída estará dispoñíbel en queremosgalego.gal
5🔥3👍1🤬1
Media is too big
VIEW IN TELEGRAM
🔊 [AUDIO] O hospital Álvaro Cunqueiro manda a seguridade desaloxar un cidadán por esixir en Atención ao Doente o seu Consentimento Informado para unha ciruxía que precisa, en galego.

O SERGAS é a institución que acumula o maior número de queixas tramitadas pola Mesa.

É o ámbito da administración pública onde a cidadanía é máis consciente da existencia dunha normativa que ampara os seus dereitos lingüísticos, polo que tolera menos a súa vulneración.

| COMPARTE |

Axúdanos a difundir a noticia:
• No muro de Facebook.
• Nun chío en Twitter.
• Nunha historia de Instagram.

- A Mesa -
🤬13👍51
This media is not supported in your browser
VIEW IN TELEGRAM
O galego segue medrando na nosa canle de Telegram. Podes configurar o teu perfil en lingua galega automaticamente, premendo aquí.
👍9🤬1
This media is not supported in your browser
VIEW IN TELEGRAM
🔍 HABEMUS PENSATERMOS | Fostes moitas as persoas que vos puxestes en contacto coa Mesa preguntando cando estaría de novo dispoñíbel.

Por fin chegou o día! 🎉

👉 QUERO XOGAR 👈
12😱1
This media is not supported in your browser
VIEW IN TELEGRAM
AXUDA A DIFUNDIR

Precisamos da túa axuda para que máis persoas saiban que este 17 de maio hai manifestación nacional.

Descarga ou comparte o seguinte vídeo nos teus grupos ou redes sociais para animar a máis persoas a manifestarse pola lingua 👅💙
10🔥3👏1😱1
♥️ QUEREMOS GALEGO 2022 ♥️

Maniféstate pola lingua! Este 17 de maio volveremos a encher as rúas de Compostela por un novo futuro para a lingua.

O compormiso e a acción da sociedade demostran diariamente que a situación da lingua pode mudar. Contamos contigo!

✍️ ASINA O MANIFESTO: En galego agora e sempre. Por un novo futuro para a lingua [Asinar].
6😱1
🚌 Autobuses para a manifestación:

A Coruña: 981169810
• Saída ás 10h do Campo da Leña, con paradas na Praza da Palloza e no Edifico Sindical

Ferrol: 630219861 | 981358750
• Saída ás 9:30h diante do local da CIG, na avenida de Esteiro, con paradas en Caranza, Fene e Vilar do Colo.

Lugo: 982225812 | 982280410
• Saída ás 10:00h de Ronda da Muralla, 58

Vigo: 986827900
• Saída ás 10h, desde o local da CIG

Pontevedra: 986866205
• Saída ás 10h desde Arcade
• Ás 10:30h de Pontevedra

Vilagarcía-Cambados: 986565059 | 986505323
• Ás 10:30h en Cambados diante do Concello
• Ás 11h en Vilagarcia, Fexdega

Ourense (desde Monterrei): 988233134
• Ás 8h, Praza do Concello da Mezquita.
• Ás 8:30h en Verín.
• Ás 9h, en Xinzo.
• Ás 9:30h, en Ourense.
• Ás 10h, no Carballiño.

A Mariña: 982581861 | 605377317
🔥64👍3🤬1
💙 G R A Z A S 💜

Agradecemento inmenso a todas as persoas que vos estades movendo polo país informando da manifestación do 17 de maio ás 12h en Compostela «por un novo futuro para a lingua».

ℹ️ Se queres botar unha man na manifestación, podes facelo enviando un correo a amesa@amesa.gal ou chamando ao 981563885.

🚌 Lembra que te podes anotar por 5 euros nos autobuses que pon a plataforma para asistir á manifestación [info].
7😱1
💙☔️ A choiva non impide que miles de persoas berren en Compostela queremos un novo futuro para o galego [info].

Despois de 40 anos de oficialidade, aínda hai Administracións públicas incapaces de daren a mínima atención en galego.

Temos que lles facer saber que queremos galego, que o queremos en todo, que o queremos para todo e que non chega con recoñecer o dereito senón que temos que poder exercelo.

1⃣ Liberdade para o galego no audiovisual: arredor da unanimidade da #IniciativaXabarín e polo audiovisual en galego.

2⃣ Liberdade para o galego no ensino: derrogando o decreto contra o noso idioma.

3⃣ Liberdade para o galego na administración e servizos: presenza e disponibilidade da nosa lingua en todas as actuacións e servizos da Administración.

Reverter a situación do galego é posíbel, con máis mobilización social e con verdadeiro compromiso dos poderes públicos.

👅 O galego ten futuro, porque somos miles para defendelo.
19👏2😱1
CONCENTRACIÓN POLO GALEGO

A Mesa pola Normalización Lingüística realizará unha concentración diante do Congreso dos Deputados para amosar o seu desacordo coa proposta de Lei de Comunicación Audiovisual no día da súa aprobación na cámara baixa.

Se ben a presión política e social impulsada pola Mesa a través da Iniciativa Xabarín foi determinante para se incluíren mínimos para todas as linguas tanto nas cotas de catálogo de TVE, como no financiamento antecipado. As modificacións introducidas son claramente insuficientes.

‼️ Cómpre actuar nun dos ámbitos onde a situación de exclusión das nosas linguas é máis evidente e que, ao tempo, é unha das ofertas de lecer máis empregadas pola cidadanía en xeral e a mocidade e infancia e particular.
🔥13🤬1
Media is too big
VIEW IN TELEGRAM
A nova Lei do Audiovisual aprobada no Congreso vulnera os nosos dereitos lingüísticos. [+info]

O Goberno español fai ouvidos xordos ás peticións dos axentes sociais a favor das linguas e aproba co apoio do Partido Popular unha lei que fuxe da realidade lingüística do Estado.

🗣 «Se ben a presión política e social exercida polas entidades foi determinante para incluír mínimos para todas as linguas tanto nas cotas de catálogo das plataformas e retransmisións de TVE, como no financiamento antecipado, as mudanzas introducidas son claramente insuficientes».
🔥64🤬1
This media is not supported in your browser
VIEW IN TELEGRAM
‼️ VERGOÑENTO ‼️

O presidente da Xunta, a persoa responsábel de promover a nosa lingua en todos os ámbitos, e sobre todo na infancia, falándolle a unha meniña en castelán.

Os poderes públicos de Galiza están para garantir o uso normal e oficial do galego na vida pública, cultural e informativa.

| COMPARTE |

Axúdanos a difundir a noticia:
• No muro de Facebook.
• Nun chío en Twitter.
• Nunha historia en Instagram.
🤬301