A Mesa pola Normalización Lingüística
1.66K subscribers
209 photos
45 videos
1 file
288 links
A asociación da lingua galega. www.amesa.gal
Download Telegram
Sigue toda a actualidade da lingua a través do teu móbil e vive día a día o activismo a prol da lingua.

Axúdanos compartindo esta mensaxe cos teus contactos e grupos de Telegram.

👉 ENTRAR NA CANLE 👈
🤬1
🔍 PENSATERMOS

Nestes momentos estamos a traballar nunha nova actualización para introducir novas funcionalidades e corrixir erros.

Fostes moitas as persoas que vos puxestes en contacto coa Mesa preguntando que foi do xogo.

Por esta razón creamos este formulario para avisarte cando estea operativo.

👉 QUERO QUE ME AVISEN 👈
👍1🤬1
❤️ ENCONTRO DA MESA

As socias e socios reunirémonos novamente na cidade de Lugo.

É un acto aberto ao que pode asistir todo o mundo que teña sensibilidade polo galego.

Información práctica:
• Data: 8 de abril
• Hora: 19:00 horas
• Lugar: O Vello Cárcere
😱1
ÉXITO PARA O GALEGO

A Mesa consegue que o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza obrigue á Axencia Tributaria a garantir o uso do galego.

O éxito xudicial acadado polos servizos xurídicos da Mesa, dirixidos por Elsa Quintas, pode ter efectos en todas as Administracións.

Isto acontece despois de que un cidadán se puxese en contacto coa Mesa para denunciar o seu caso e manifestase querer ser atendido na súa lingua. 👉 O que obrigou a retrotraer as actuacións ao momento anterior á vulneración do seu dereito á escolla lingüística.

Cando vulneren os teus dereitos lingüísticos, utiliza a Liña do Galego:

☎️ Chama ao 981563885
📲 Descarga a app.
📧 Envíanos un correo á linhadogalego@amesa.gal
👏12👍2🤬1
No Centro Comercial As Termas de Lugo teñen rebaixado os dereitos lingüísticos dos galegos e galegas.

Ridiculizar desta forma a lingua é ofensivo. Dende A Mesa puxénonos en contacto para pedir explicacións.

📷 Fonte: @sardinhaderio.
🤯6👏3😱21
❤️ DEZ EXEMPLOS DE QUEIXAS QUE CHEGARON Á MESA, QUE FORON UN ÉXITO PARA A LINGUA.

O ano 2022 trouxo até o de agora dúas boas novas para o galego: Netflix en galego e a Axencia Tributaria ten a obriga de garantir o uso do idioma propio.

Dúas conquistas que parten da sociedade galega: da implicación cidadá e das entidades en defensa a lingua.

Denunciar vulneracións contra o galego a través da Liña do Galego é fundamental porque permite, en ocasións, acabar con esa discriminación.

1⃣ SANIDADE. A aplicación É-Saúde iniciábase por defecto en español. Cando se tramitou a queixa, a Consellaría de Sanidade deu traslado para que se mudase a prioridade da aplicación para que o idioma seleccionado por defecto fose o galego.

2⃣ CONCELLO DE VIGO. Máquinas de aparcadoiros como as da Praza do Rei figuraban exclusivamente en español e inglés. Tras a tramitación da queixa, o Concello comprometeuse a incluír o galego.

3⃣ MINISTERIO DE TRANSPORTES. A Liña do Galego tramitou as queixas pola deturpación de topónimos en indicadores da estrada N-550 no tramo da parroquia pontevedresa de Cerponzóns. O Ministerio comprometeuse a empregar a forma correcta.

4⃣ CRTVG. A política de privacidade da páxina web da Televisión da Galiza figuraba exclusivamente en español. Coa correspondente queixa, conseguiuse que figure en galego.

5⃣ ABANCA. A entidade non dispuña da versión en galego da documentación requirida para a tramitación da tarxeta de transporte da Galiza nin da tarxeta Xente Nova. Abanca comprometeuse a corrixir esta situación como consecuencia do traslado da queixa.

6⃣ MINISTERIO DE SANIDADE. Denunciouse que en aplicacións do Ministerio figuraban deturpados topónimos como o de Ourense. Tramitada a queixa, o departamento estatal puxo os topónimos legais, en galego.

7⃣ CONCELLO DA CORUÑA. Unha exposición organizada polo Concello contaba cun cartel integramente en castelán, no que se indicaba ademais que as visitas serían en español como regra xeral, quedando condicionadas a reserva as visitas en galego ou en inglés.

8⃣ LIDL. A cadea alemá usaba na Galiza topónimos deturpados como 'Villagarcía de Arosa', que foron corrixidos após varias queixas recibidas.

9⃣ MINISTERIO DE POLÍTICA TERRITORIAL. Un concurso en Pontevedra estaba exclusivamente en español, o que foi corrixido após as queixas.

🔟 CONCELLO DE CARNOTA. Tramitáronse as queixas polos paneis de parques infantís que estaban unicamente en castelán para que estivesen en galego.
14👏13🔥4👍3🤬1
Como tes configurado o chat de Telegram?
Anonymous Poll
61%
Modo diurno ☀️
39%
Modo nocturno 🌙
😱1
Denunciar vulneracións contra o galego a través da Liña do Galego é fundamental, porque permite en ocasións acabar con esa discriminación.

☎️ Chama ao 981563885
📲 Descarga a app.
📧 Envíanos un correo á linhadogalego@amesa.gal
😱1
Media is too big
VIEW IN TELEGRAM
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza obriga a Axencia Tributaria, nunha sentenza histórica, a garantir o uso do galego.

❤️ Que supón esta sentenza para a nosa lingua? Explícanolo brevemente, Elsa Quintas, a avogada do litixio contra Facenda e Vicepresidenta da Mesa.

📝 Para facilitarche estes procedementos ante as Administracións públicas, A Mesa facilítache o seguinte formulario.

| COMPARTE |

Axúdanos a difundir o vídeo:
• No muro de Facebook.
• Nun chío en Twitter.
• Nunha historia de Instagram.
• Na ligazón de Youtube.

- A Mesa -
11👍5😱1
📚 DÍA DO LIBRO 📚

Achégase o 23 de abril e sabemos que moitas nais e pais queren que as súas crianzas comecen a ler os seus primeiros contos en galego.

👉 Por esta razón recomendámosvos visitar a tenda da Mesa e botar unha ollada aos libriños infantís que temos.
9👏2😱1
C O M U N I C A D O

⚠️🎶 A Mesa chama á non exclusión do galego no Morriña Fest.

A Mesa pola Normalización Lingüística manifesta a súa indignación pola exclusión do galego no Morriña Fest, evento que está previsto para o 15 e 16 de xullo no estadio de Riazor.

Aínda que se trata dunha iniciativa privada, conta con financiamento público, tanto da administración local como autonómica.

‼️ Un festival galego non se pode reducir a unha palabra, mentres menospreza o traballo de artistas que fan os seus temas en lingua galega.

Preme aquí para saber máis.

| COMPARTE |

Axúdanos a difundir a noticia:
• No muro de Facebook.
• Nun chío en Twitter.
• Nunha historia de Instagram.

- A Mesa -
👍25😱1
O Telegram gústanos moito porque, a diferenza doutras apps de mensaxería, pódese configurar en galego.

Tan só debes premer aquí para configurar a túa conta de Telegram.

- A Mesa -
👍97😱1
Produtivo encontro coas persoas responsábeis de marketing de GADIS para colaborar na presenza e dispoñibilidade do galego.

🤝 Tanto por parte da Mesa como de Gadis, mostramos un interese común en que o galego avance no noso día a día.
24👍12😱1
Live stream finished (17 minutes)
This media is not supported in your browser
VIEW IN TELEGRAM
QUEREMOS GALEGO 👅💙

A plataforma Queremos Galego! convida a manifestarse o 17 de maio en Compostela “por un novo futuro para a lingua”. [+info]

Composta por máis de 500 entidades sociais e culturais do país, na que se inclúe A Mesa, convoca a toda a sociedade a saír ás rúas este mes de maio.

🚌 Haberá autobuses para facilitar o desprazamento. A información dos puntos de saída estará dispoñíbel en queremosgalego.gal
5🔥3👍1🤬1
Media is too big
VIEW IN TELEGRAM
🔊 [AUDIO] O hospital Álvaro Cunqueiro manda a seguridade desaloxar un cidadán por esixir en Atención ao Doente o seu Consentimento Informado para unha ciruxía que precisa, en galego.

O SERGAS é a institución que acumula o maior número de queixas tramitadas pola Mesa.

É o ámbito da administración pública onde a cidadanía é máis consciente da existencia dunha normativa que ampara os seus dereitos lingüísticos, polo que tolera menos a súa vulneración.

| COMPARTE |

Axúdanos a difundir a noticia:
• No muro de Facebook.
• Nun chío en Twitter.
• Nunha historia de Instagram.

- A Mesa -
🤬13👍51
This media is not supported in your browser
VIEW IN TELEGRAM
O galego segue medrando na nosa canle de Telegram. Podes configurar o teu perfil en lingua galega automaticamente, premendo aquí.
👍9🤬1
This media is not supported in your browser
VIEW IN TELEGRAM
🔍 HABEMUS PENSATERMOS | Fostes moitas as persoas que vos puxestes en contacto coa Mesa preguntando cando estaría de novo dispoñíbel.

Por fin chegou o día! 🎉

👉 QUERO XOGAR 👈
12😱1
This media is not supported in your browser
VIEW IN TELEGRAM
AXUDA A DIFUNDIR

Precisamos da túa axuda para que máis persoas saiban que este 17 de maio hai manifestación nacional.

Descarga ou comparte o seguinte vídeo nos teus grupos ou redes sociais para animar a máis persoas a manifestarse pola lingua 👅💙
10🔥3👏1😱1