A Mesa pola Normalización Lingüística
1.66K subscribers
209 photos
45 videos
1 file
288 links
A asociación da lingua galega. www.amesa.gal
Download Telegram
🔎 PENSATERMOS

A Mesa lanza a versión galega do Pauralògic, o xogo gramatical que está a triunfar en Cataluña.

🔴 Para xogar necesitas formar palabras coas letras do rosco, usando sempre a letra do medio.

As palabras deben ter polo menos 3 letras.

‼️ Só se admiten infinitivos (non formas conxugadas) para os verbos. Admítense as formas masculina e feminina (non os plurais) para substantivos e adxectivos.

⚠️ Aviso: está en fase de probas, así que é normal que non aparezan algúns termos ou falle o xogo.

| PREME PARA XOGAR |
😱3
✍️ OPINIÓN | «Emerxencia lingüística» por Marcos Maceira, presidente da Mesa.

A existencia dunha lingua é a manifestación da existencia dun pobo que quere selo e como tal ser recoñecido.

👉 Preme aquí para ler o artigo completo.
😢2
A iniciativa Xabarín segue dando froitos: a Xunta e Netflix asinan un convenio para a dobraxe e lexendaxe de filmes.

A Mesa valora positivamente o acordo anunciado entre a Xunta e Netflix para a dobraxe e lexendaxe de máis de 60 filmes ao ano, con especial presenza de contidos infantís.

Este é un dos puntos recollidos pola Iniciativa Xabarín impulsada pola Mesa, que contou co apoio de 33.000 sinaturas e que concitou a unanimidade parlamentar.

Preme aquí para saber máis.

| COMPARTE |

Axúdanos a espallar a noticia:
• Nun chío en Twitter.
• No muro de Facebook.
• Nunha historia de Instagram.

⚡️ #AudiovisualEnGalego
3👏1
This media is not supported in your browser
VIEW IN TELEGRAM
QUE PASA CON NETFLIX?

Neste fío de Twitter explicámosche porque todo o mundo está falar de Netflix e que relación ten coa lingua.

👉 VER FÍO DE TWITTER 👈
👍42🔥2
ENCONTRO DA MESA | VIGO

O vindeiro 17 de marzo terá lugar o primeiro encontro da Mesa na cidade de Vigo.

A finalidade da xuntanza é a de marcar obxectivos prácticos para desenvolver actividades da Mesa por toda a comarca.

♥️ É un acto aberto ao que todo o mundo pode asistir.

Información práctica:
• Data: 17 de marzo
• Hora: 19:00h
• Lugar: De catro a catro.

📌 Como chegar? Preme aquí.
👍4
⚡️ DOMINIO PUNTO GAL DE BALDE

O servizo da Mesa para empresas, Abertos ao galego, facilita o acceso ao dominio PUNTO GAL aos seus negocios asociados.

A Mesa porase en contacto con elas nas próximas datas para facerlles o ofrecemento e convida a aqueles negocios que queiran participar neste proxecto que envíen un correo a abertosaogalego@amesa.gal.
👍3🔥2👏2
Sigue toda a actualidade da lingua a través do teu móbil e vive día a día o activismo a prol da lingua.

Axúdanos compartindo esta mensaxe cos teus contactos e grupos de Telegram.

👉 ENTRAR NA CANLE 👈
👍6
🔴 DENUNCIA | Di non á violencia por falar en galego.

Fai respectar o teu dereito a comunicarte na túa lingua. As agresións físicas por falar galego son casos minoritarios, mais existen. Non permitamos ningún tipo de discriminación nin violencia, física ou verbal, por vivir en galego.

A Mesa tramita, de forma gratuíta, todo tipo de queixas que teña relación coa vulneración dos teus dereitos lingüísticos.

Podes poñerte en contacto connosco a través da Liña do Galego, o noso servizo para a tramitación deste tipo de denuncias.

☎️ Chama ao 981563885
📲 Descarga a nosa app.
📧 Envíanos un correo á linhadogalego@amesa.gal
🤬6👍5
HOMENAXE A CARVALHO CALERO

O Concello de Ferrol homenaxeará A Ricardo Carvalho Calero no 50 aniversario do seu nomeamento como catedrático de Lingüística e Literatura Galega.

Unha iniciativa que parte dunha proposta que fixo da Mesa pola Normalización Lingüística no Consello Sectorial da Lingua.

A homenaxe consistirá na plantación dunha árbore no Campus de Ferrol o vindeiro 24 de marzo ás 11 horas, nas proximidades da rúa Antelo, Esteiro.

Un acto de conmemoración do profesor e escritor homeaxeado no Día das Letras Galegas de 2020 e que o 20 de abril de 1986 pechou o Encontro sobre o estado actual da normalización lingüística que deu pé á creación da Mesa pola Normalización Lingüistica, coa conferencia titulada “Situaçom presente e orientaçom futura dos problemas gerais da nossa língua”.
👏7👍3🤬1
This media is not supported in your browser
VIEW IN TELEGRAM
ÚLTIMA HORA | Sancionado por solicitar atención en galego no seu centro de saúde.

A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que a Delegación do Goberno en Galiza teima en aplicar a «Lei Mordaza» para sancionar un cidadán que reclamou ser atendido en galego e non só recibiu unha negativa rotunda a ser atendido na nosa lingua, senón que mesmo se lle chegou a negar a realización unha proba diagnóstica da Covid19.

Perante a súa indignación, interveu a Policía Local que, lonxe de recoñecer o lexítimo dereito deste cidadán a ser atendido en galego, recolleu no informe policial que o instaron a mudar de lingua e empregar o castelán, xa que “o persoal sanitario non tiña a obrigación de falarlle galego”.

A Mesa farase cargo da defensa deste cidadán e dos posíbeis gastos que dela se deriven, incluída a multa, no caso de non prosperaren as acción xudiciais pertinentes.

| COMPARTE |

Axúdanos a difundir:
• Nun chío en Twitter.
• No muro de Facebook.
• Nunha historia de Instagram.
• Na ligazón de Youtube.
👍5🤬41
O Telegram gústanos moito porque, a diferenza doutras apps de mensaxería, pódese configurar en galego.

Tan só debes premer aquí para configurar a túa conta de Telegram.

- A Mesa -
🥰17👍53🔥1🤬1🎉1
📕 INFORME DA LIÑA DO GALEGO

A Mesa duplicou en 2021 o número de queixas recibidas por vulneracións de dereitos lingüísticos.


O obxectivo do servizo da Liña do Galego é romper a normalidade e impunidade da exclusión do galego.

Segundo o informe, ao longo do pasado ano, A Mesa tramitou un total de 601 expedientes:

⚠️ Queixas: 488
Parabéns: 58
☎️ Consultas: 55

As administracións públicas e, nomeadamente o SERGAS, acumulan o maior número de queixas tramitadas pola Mesa.

No ámbito da administración onde a cidadanía é máis consciente da existencia dunha normativa que ampara os seus dereitos lingüísticos, polo que tolera menos a súa vulneración.

As empresas que máis queixas rexistraron o 2021 foron Naturgy, Ikea, Gadis, Google, Endesa e o Centro Comercial Vialia.

‼️ A maioría destas queixas derivan da falta de atención oral e escrita en galego, da sinalización e rotulación dos establecementos exclusivamente en español.

- A Mesa -
🤬1
⚠️ ATENCIÓN! Nestes momentos o pensatermos está fóra de servizo debido ás actualizacións que lle estamos aplicando.

Desculpade as molestias 🙏
👍12🤬1
Media is too big
VIEW IN TELEGRAM
🎬 NETFLIX EN GALEGO

Netflix anuncia que "The Sea Beast" estará dobrado ao galego.

Xa é posíbel configurar o audio da plataforma en galego. Un paso importante para a nosa lingua, que foi posíbel grazas á mobilización da sociedade galega.

O filme estrearase o 8 de xullo na plataforma de streaming. Será o primeiro contido infantil dobrado ao galego, éuscaro e catalán. Aquí che deixamos o trailer deste filme dobrado á nosa lingua, onde se detectan algúns erros fonéticos.

‼️ Por esta razón poñerémonos en contacto con Netflix para que teñan en conta a calidade lingüística das dobraxes. Queremos ficción de calidade!

| COMPARTE |

Axúdanos a difundir:
• Nun chío en Twitter.
• No muro de Facebook.
• Nunha historia de Instagram.
9👍1🤬1
HEMEROTECA | «Hai que falar en galego, falalo ben e dinamizalo»

🗣️ Entrevista a Antía Cal na revista publicada pola Mesa, Longa Lingua.

Rescatamos da hemeroteca da Mesa esta entrevista que lle fixemos no ano 2007 para a revista Longa Lingua. Unha conversa na que Antía Cal explícanos desde a súa relación co galego até os “pequenos” atrancos que atopou na súa vida por ser muller.

Preme aquí para ler a entrevista.
7👍4🤬1
Sigue toda a actualidade da lingua a través do teu móbil e vive día a día o activismo a prol da lingua.

Axúdanos compartindo esta mensaxe cos teus contactos e grupos de Telegram.

👉 ENTRAR NA CANLE 👈
🤬1
🔍 PENSATERMOS

Nestes momentos estamos a traballar nunha nova actualización para introducir novas funcionalidades e corrixir erros.

Fostes moitas as persoas que vos puxestes en contacto coa Mesa preguntando que foi do xogo.

Por esta razón creamos este formulario para avisarte cando estea operativo.

👉 QUERO QUE ME AVISEN 👈
👍1🤬1
❤️ ENCONTRO DA MESA

As socias e socios reunirémonos novamente na cidade de Lugo.

É un acto aberto ao que pode asistir todo o mundo que teña sensibilidade polo galego.

Información práctica:
• Data: 8 de abril
• Hora: 19:00 horas
• Lugar: O Vello Cárcere
😱1
ÉXITO PARA O GALEGO

A Mesa consegue que o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza obrigue á Axencia Tributaria a garantir o uso do galego.

O éxito xudicial acadado polos servizos xurídicos da Mesa, dirixidos por Elsa Quintas, pode ter efectos en todas as Administracións.

Isto acontece despois de que un cidadán se puxese en contacto coa Mesa para denunciar o seu caso e manifestase querer ser atendido na súa lingua. 👉 O que obrigou a retrotraer as actuacións ao momento anterior á vulneración do seu dereito á escolla lingüística.

Cando vulneren os teus dereitos lingüísticos, utiliza a Liña do Galego:

☎️ Chama ao 981563885
📲 Descarga a app.
📧 Envíanos un correo á linhadogalego@amesa.gal
👏12👍2🤬1
No Centro Comercial As Termas de Lugo teñen rebaixado os dereitos lingüísticos dos galegos e galegas.

Ridiculizar desta forma a lingua é ofensivo. Dende A Mesa puxénonos en contacto para pedir explicacións.

📷 Fonte: @sardinhaderio.
🤯6👏3😱21