A Mesa pola Normalización Lingüística
1.66K subscribers
209 photos
45 videos
1 file
288 links
A asociación da lingua galega. www.amesa.gal
Download Telegram
Esta mañá A Mesa pola Normalización Lingüística, xunto a outras entidades en defensa das linguas do Estado, trasladou ás principais forzas políticas as súas propostas de mellora ao proxecto de Lei Xeral de Comunicación Audiovisual, que se atopa actualmente en tramitación no Congreso.

Saber máis: i.gal/HyNHw
🍂🎶 O Apalpador chega á Coruña para entregar ao Goberno do Estado todas as sinaturas que reclaman termos dobraxe en galego.

Acude e participa na ruada deste 22 de decembro ás 11:30h que comeza no Obelisco da Coruña.

✍️ A túa sinatura tamén conta: http://i.gal/HE68M
Alegrámonos da disposición a dobrar das plataformas 🥳

A lei debe garantir que cando haxa versión dobrada sexa en todas as linguas oficiais e estabelecer un periodo transitorio con incentivos até chegar ao 100% da oferta.

ℹ️ Saber máis preme aquí.
A Mesa pola Normalización Lingüística está a traballar para que se recolleza a pluralidade lingüística como principio básico na nova Lei do Audiovisual.

👉 Dobrar un filme como Don’t Look Up ao galego, tan só custaría 8.000 euros.
Termos estreas como Don't Look Up na nosa lingua é cuestión de vontade política.

Isto é o que lle estamos a exixir dende A Mesa ás forzas políticas en Madrid para ter en conta na nova Lei do Audiovisual.
Empregar unha fórmula como Eonaviego só procura facer invisíbel a existencia do galego nas comarcas lindeiras coa Galiza.

A Mesa insta o presidente de Asturias a descartar a fobia contra a nosa lingua no debate pola oficialidade e que se respecte a lingua dos 37.000 falantes en Asturias que piden tamén a oficialidade do galego.

Preme aquí para saber máis.
🗓 EVENTO | Sábado 22 de xaneiro ás 12h na Galería Solaina de Lugo: mesa redonda sobre a nova Lei do Audiovisual coas intervencións de:
· Antía Carreira, cineasta e curadora.
· Belén Pulme, cineasta.
· Marcos Maceira, presidente da Mesa.

📽️ Proxección: «Crianza» de Sétima
📢 VOTA TANXU 📢

Hoxe ás 22:00 en TVE terá lugar a final do Benidorm Fest, onde as Tanxugueiras compiten por clasificarse e ir ao certame de Eurovisión 🔥

💬 PARA VOTAR por elas facilitaranse durante o programa o número ao que chamar ou ao que mandar un SMS coa mensaxe "VOTA TANXU"

Demostremos que a lingua galega non ten fronteiras 💙
🌳 VOTA CARBALLO 🌳

Abertas as votacións para o certame Árbore Europea do Ano 2022 no que participa o noso Carballo do Banquete de Conxo.

Esta árbore galega pode converterse na premiada este ano a nivel europeo, despois de telo sido a nivel estatal.

🗳 Vota polo noso Carballo en treeoftheyear.org

➡️ Selecciona Carballo do Banquete de Conxo + outra árbore ➡️ Introduce enderezo electrónico ➡️ Validar voto no teu correo
A iniciativa polo audiovisual en galego demanda igualdade para a nosa lingua no sector.

🗣️ Marcos Maceira, presidente da Mesa, salientou a unidade social existente arredor da reivindicación de igualdade para Galiza e o galego na lexislación, neste caso audiovisual.

⚠️ É da máxima relevancia para o futuro da lingua galega que a nova lei audiovisual inclúa a demanda unánime do Parlamento galego.

O recoñecemento da pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe e audiodescricións.

ℹ️ Preme aquí para saber máis.
This media is not supported in your browser
VIEW IN TELEGRAM
⚠️📽️ A Mesa está a impulsar a Iniciativa polo Audiovisual en galego.

O seu obxectivo é claro: o recoñecemento da pluralidade lingüística como principio básico ⁉️ E que significa isto?

👉 Significa que se dea o mesmo tratamento a todas as linguas do Estado e poidamos ver e que nos vexan, escoitar e que nos escoiten con opción en galego.

Porque gozar de series e filmes na nosa lingua é un dereito que temos como galegos e galegas 💙🍿

| COMPARTE |
• No muro de Facebook.
• Nun chío en Twitter.
• Nunha historia en Instagram.
⚠️🎬 LEI DO AUDIOVISUAL 🎬⚠️

Entidades de todo o Estado exixen aos partidos que emenden a Lei do Audiovisual para garantir cotas substanciais de galego, catalán e éuscaro.

As entidades constatan o desprezo absoluto que tiveron a maioría de plataformas internacionais polas linguas propias dos diferentes territorios do Estado durante os case dez anos que fai que algunhas delas empezaron a instalarse.

📢 Non se pode deixar pasar unha oportunidade -a reforma da lei audiovisual, que se produce aproximadamente unha vez cada dez anos- para establecer obrigacións lingüísticas moi claras cara a estas.

Se queres saber máis preme aquí.

⚡️ #AudiovisualEnGalego
⛔️👅 QUE NON APAGUEN A TÚA LINGUA

O 24 de febreiro dará comezo o debate no Congreso para a nova Lei do Audiovisual, que se prolongará varias semanas.

Este debate danos a oportunidade de tentar mudar a proposta lexislativa que non garante un mínimo de igualdade para o galego.

A Mesa leva meses traballando co sector do audiovisual, presentando propostas propias ás diferentes forzas políticas para conseguir esta igualdade na dobraxe, lexendaxe e audiodescricións.

🗣 QUE PODES FACER TI?
Acabamos de anunciar unha mobilización nas redes para todo o mundo poida participar para facernos ouvir:

• Este 24 de febreiro ás 12h axuda a difundir polas redes o material gráfico que podes encontrar aquí.

Utiliza o cancelo #AudiovisualEnGalego nas túas publicacións.

Podes axudar a espallar esta mensaxe que publicaremos nas nosas canles de Twitter, Instagram e Facebook.
Media is too big
VIEW IN TELEGRAM
QUE NON APAGUEN A TÚA LINGUA 🚫👅

🏛️ O Congreso dos Deputados comeza a debater unha Lei do Audiovisual que pode excluír o galego ⚠️📽️

👉 Para A Mesa, a tramitación desta Lei ten que se converter nunha oportunidade de mudar unha proposta lexislativa que garanta un mínimo de igualdade.

📝🎬 A Mesa, xunto a diversas entidades do sector audiovisual, do ámbito académico e da defensa lingua, elaboramos a Iniciativa polo audiovisual en galego.

Unha proposta de emendas que estamos a presentar ao partidos políticos para conseguir igualdade para o galego na dobraxe, lexendaxe, audiodescricións e financiamento de producións nos termos contemplados na #IniciativaXabarín aprobada por unanimidade polo Parlamento galego.

| COMPARTE |

Axúdanos a que o vídeo chega a máis persoas:
· Nun chío de Twitter.
· No muro de Facebook.
· Nunha historia de Instagram.
· Na ligazón de Youtube.

#AudiovisualEnGalego
🔎 PENSATERMOS

A Mesa lanza a versión galega do Pauralògic, o xogo gramatical que está a triunfar en Cataluña.

🔴 Para xogar necesitas formar palabras coas letras do rosco, usando sempre a letra do medio.

As palabras deben ter polo menos 3 letras.

‼️ Só se admiten infinitivos (non formas conxugadas) para os verbos. Admítense as formas masculina e feminina (non os plurais) para substantivos e adxectivos.

⚠️ Aviso: está en fase de probas, así que é normal que non aparezan algúns termos ou falle o xogo.

| PREME PARA XOGAR |
😱3
✍️ OPINIÓN | «Emerxencia lingüística» por Marcos Maceira, presidente da Mesa.

A existencia dunha lingua é a manifestación da existencia dun pobo que quere selo e como tal ser recoñecido.

👉 Preme aquí para ler o artigo completo.
😢2
A iniciativa Xabarín segue dando froitos: a Xunta e Netflix asinan un convenio para a dobraxe e lexendaxe de filmes.

A Mesa valora positivamente o acordo anunciado entre a Xunta e Netflix para a dobraxe e lexendaxe de máis de 60 filmes ao ano, con especial presenza de contidos infantís.

Este é un dos puntos recollidos pola Iniciativa Xabarín impulsada pola Mesa, que contou co apoio de 33.000 sinaturas e que concitou a unanimidade parlamentar.

Preme aquí para saber máis.

| COMPARTE |

Axúdanos a espallar a noticia:
• Nun chío en Twitter.
• No muro de Facebook.
• Nunha historia de Instagram.

⚡️ #AudiovisualEnGalego
3👏1
This media is not supported in your browser
VIEW IN TELEGRAM
QUE PASA CON NETFLIX?

Neste fío de Twitter explicámosche porque todo o mundo está falar de Netflix e que relación ten coa lingua.

👉 VER FÍO DE TWITTER 👈
👍42🔥2
ENCONTRO DA MESA | VIGO

O vindeiro 17 de marzo terá lugar o primeiro encontro da Mesa na cidade de Vigo.

A finalidade da xuntanza é a de marcar obxectivos prácticos para desenvolver actividades da Mesa por toda a comarca.

♥️ É un acto aberto ao que todo o mundo pode asistir.

Información práctica:
• Data: 17 de marzo
• Hora: 19:00h
• Lugar: De catro a catro.

📌 Como chegar? Preme aquí.
👍4