A Mesa pola Normalización Lingüística
1.66K subscribers
209 photos
45 videos
1 file
288 links
A asociación da lingua galega. www.amesa.gal
Download Telegram
🔴📢 CONCENTRACIÓN 📢🔴

Perante a celebración dun Foro que fai do seu sinal de identidade a deturpación do topónimo da Illa da Toxa, Foro La Toja.

O grupo da Mesa pola Normalización Lingüística de Pontevedra - O Salnés convoca unha concentración no Grove.

PARTICIPA:
👉 29 de setembro
👉 17:00 horas
👉 Punto de encontro
⁉️ Saberías dicir canto tempo de emisión diaria en galego destina a TVE, a través de todas as súas canles, na desconexión para Galiza?
Anonymous Quiz
83%
40 minutos
16%
60 minutos
2%
140 minutos
0%
300 minutos
AGRESIÓNS POR DEFENDER A LINGUA

A Garda Civil agrede a activistas da Mesa por defender pacíficamente a toponimia galega ante a celebración do Foro La Toja.

Defender a lingua non é delito ningún.

A Mesa seguirá mobilizándose ante calquera vulneración dos nosos dereitos lingüísticos como galegos e galegas.

| COMPARTE |
• No muro de Facebook.
• Nun chío en Twitter.
• Nunha historia de Instagram.
🔴 ÚLTIMA HORA | Ante os feitos acontecidos a pasada cuarta feira, a permanente da Mesa acaba de facer unha chamamento á mobilización na Toxa.

Información:
• Sábado 16 de outubro
• 12:00 horas
Ponte da Toxa

➡️ Evento no Facebook aquí.
💢 #EuApagoTVE: La1, La2, Clan, TD, 24H.

Este 11 de outubro de 0h a 24H, agás as emisións en galego (La1) de 14 a 14:20h e de 15:55 a 16:15h.

Televisión Española só destina ao galego 40 minutos diarios das 120 horas de emisión que ten entre todas as súas canles. A Mesa dirixiuse en tres ocasións para solicitar un encontro coa Dirección Xeral de RTVE sen recibir resposta.
❤️ Maniféstate pola lingua!

Participa na ‘Marcha pola dignidade’ da toponimia galega e do activismo que traballa en prol da lingua.

Información:
• Sábado 16 de outubro
• 12 horas
• Ponte da Illa da Toxa

| COMPARTE |
• No muro de Facebook.
• Nun chío en Twitter.
• Nunha historia de Instagram.
LALÍN | Posto informativo

Achégate ao posto informativo da Mesa que estará en Lalín este 18 de outubro.

Infórmate sobre a campaña “Queremos galego no audiovisual” e o traballo que está a desenvolver A Mesa en prol da lingua.

Información:
• 18 de outubro
• 11 horas
• Praza da Igrexa

Queres que A Mesa tamén visite a túa comarca? Escribe aquí.
🎥 VIDEO | Falamos coa persoa que foi sancionada con 600€ pola Delegación do Goberno por reclamar atención en galego no seu centro de saúde.

A Mesa recorda que o funcionariado debe coñecer a lingua propia de Galiza e que a policía debe garantir os dereitos linguísticos da cidadanía e non coaccionala para que deixe de usar o galego.

| VER VÍDEO |
• Ver en Facebook.
• Ver en Twitter.
• Ver en Instagram.
• Ver en Youtube.
🗓 COMPOSTELA | O Concello de Santiago será o primeiro en aprobar por unanimidade a moción polo galego no audiovisual.

Concéntrate connosco o vindeiro 28 de outubro ás 17:00h na praza do Obradoiro.
❤️ Asociándote á Mesa estarás axudando a que sigamos traballando a prol da lingua galega.

Desenvolvendo campañas para a súa difusión e a defensa dos teus dereitos lingüísticos en todos os ámbitos da sociedade.

Faite soci@ 👉 i.gal/asociate
🔴 ÚLTIMA HORA | En relación ao acontecido na Toxa, acabamos de saber que o Goberno aplicará a 'Lei Mordaza' ás persoas que se manifestaron en defensa da toponimia galega.

En resposta a unha pregunta formulada polo deputado Néstor Rego no Congreso sabemos que se identificou como mínimo a catro persoas e se procedeu á súa denuncia por parte da Garda Civil.
🔴 DIRECTO | Sigue a mesa redonda que está a organizar a Mesa na facultade de Comunicación da USC.

Ver directo ➡️ fb.watch/9a2uHcDk07/