A Mesa pola Normalización Lingüística
1.66K subscribers
209 photos
45 videos
1 file
289 links
A asociación da lingua galega. www.amesa.gal
Download Telegram
Live stream finished (9 seconds)
🔴 ÚLTIMA HORA | A Valedora do Pobo vén de anunciar que, grazas ás queixas enviadas pola Mesa, o SERGAS deixará de discriminar a quen desexa ser atendido en galego por defecto.

SABER MÁIS desta nova.
Live stream finished (53 seconds)
Só 25 series e filmes das plataformas dixitais como Netflix, HBO ou Movistar, están en versión orixinal galega e ningunha conta con opción dobrada ou lexendada á nosa lingua.

➡️ Isto pode mudar se conseguimos que no trámite da nova Lei do Audiovisual se introducen emendas que propón A Mesa para que igualen a presenza do galego.

| COMPARTE |
- No muro de Facebook.
- Nun chío en Twitter.
- Nunha historia de Instagram.
✍️ Asina para que a nova Lei do Audiovisual recoñeza a pluralidade lingüística como principio básico.

👉 ASINA AQUÍ 👈

Que se igualen contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe e audiodescricións.

➡️ Estas medidas farían que plataformas como Netflix, HBO ou Disney tiveran series e filmes na nosa lingua por lei. Respectando desta forma a pluralidade lingüística do Estado.

⚡️ #IniciativaXabarín 2.0
🔴 Unanimidade no Parlamento galego para que a nova Lei do Audiovisual inclúa unha cota igual a do castelán para contidos en galego.

A Mesa pola Normalización Lingüística consegue unir a todas as forzas políticas para exixir que esta nova lexislación non marxine a nosa lingua.

Preme AQUÍ para saber máis.
🔴📢 CONCENTRACIÓN 📢🔴

Perante a celebración dun Foro que fai do seu sinal de identidade a deturpación do topónimo da Illa da Toxa, Foro La Toja.

O grupo da Mesa pola Normalización Lingüística de Pontevedra - O Salnés convoca unha concentración no Grove.

PARTICIPA:
👉 29 de setembro
👉 17:00 horas
👉 Punto de encontro
⁉️ Saberías dicir canto tempo de emisión diaria en galego destina a TVE, a través de todas as súas canles, na desconexión para Galiza?
Anonymous Quiz
83%
40 minutos
16%
60 minutos
2%
140 minutos
0%
300 minutos
AGRESIÓNS POR DEFENDER A LINGUA

A Garda Civil agrede a activistas da Mesa por defender pacíficamente a toponimia galega ante a celebración do Foro La Toja.

Defender a lingua non é delito ningún.

A Mesa seguirá mobilizándose ante calquera vulneración dos nosos dereitos lingüísticos como galegos e galegas.

| COMPARTE |
• No muro de Facebook.
• Nun chío en Twitter.
• Nunha historia de Instagram.
🔴 ÚLTIMA HORA | Ante os feitos acontecidos a pasada cuarta feira, a permanente da Mesa acaba de facer unha chamamento á mobilización na Toxa.

Información:
• Sábado 16 de outubro
• 12:00 horas
Ponte da Toxa

➡️ Evento no Facebook aquí.
💢 #EuApagoTVE: La1, La2, Clan, TD, 24H.

Este 11 de outubro de 0h a 24H, agás as emisións en galego (La1) de 14 a 14:20h e de 15:55 a 16:15h.

Televisión Española só destina ao galego 40 minutos diarios das 120 horas de emisión que ten entre todas as súas canles. A Mesa dirixiuse en tres ocasións para solicitar un encontro coa Dirección Xeral de RTVE sen recibir resposta.