ACÉFALA
466 subscribers
383 photos
6 videos
355 links
Canle pública de Acéfala con novas e actividades da asociación.

Acéfala é un colectivo cultural cun espazo autónomo en Monte Alto (A Coruña)

www.acefala.org

info@acefala.org
Download Telegram
XOVES 23: SESIÓN DE DEBUXO CON MODELO AO NATURAL
19:30-21:30 | Doazón de 6 a 10€
Prazas limitadas, reserva en reservas@acefala.org

Volta xaneiro e volta o clube de debuxo.

Dúas horiñas de debuxo, música tranquila, boa compaña e o acougo que da un candil prendido en xaneiro. Vémonos este xoves às sete e media 💜

Pregamos que, coma sempre, traiades o voso propio material ☺️

Vémonos!
SÁBADO 1: AIEGA + SUBKUT + BABY ACAB B2B REMORA

Apertura de portas 19:30h | 6-10 € doazón artistas
Aforo limitado
Reservas: reservas@acefala.org

Abrindo o evento teremos a Aiega, que explorará as posibilidades dun set que se reconstrúe a si mesmo. Dende unha amalgama de texturas en conflito, que se afastan da idea terapéutica do ambient new age, ata unha música de club máis estable, desdibuxando e invertindo o percorrido do deconstructed club.

A continuación Subkut presenta un DJ set que sumerxirá a pista de baile nunha espiral abrasiva de ritmos e texturas post-industriais, construíndo unha paisaxe sonora frenética, futurista e hipnótica que desartella as fronteiras entre xéneros musicais.

E pechando o evento, Remora e Baby Acab ofrecen un b2b dinámico e ecléctico. Trazando un percorrido arredor de xéneros coma o Grime, Dubstep, UK Funky ou o Gqom entre outros, presentarán un set orientado cara á dimensión máis experimental da música de clube.

Abrimos portas ás 19:30h para ir comezando ás 20:00h.

Lembrade reservar a vosa praza. Agardámosvos!

Cartaz por @intel_cora.
FEBREIRO EN ACÉFALA

A programación de febreiro, ainda que cuantitativamente relaxada, con potencia suficiente para prender o corpo das cousas.

Ven paladear.

Sábado 1: DJ sets Aiega + Subkut + Baby.acab b2b Remora | 19:30h *

Martes 4: Clube de Lectura | 20:30h

Sábado 8: Concerto Zan Hoffman + Signora Anido | 21:00h *

Mércores 12: Clube do Disco | 20:30h

Sábado 15: Oráculo con Wences Lamas | 20:30h *

Domingo 16: Obradoiro de Serigrafía | 10:00h *

Domingo 16: Monólogo Muna Duval | 20:00h *

Xoves 20: Clube de Debuxo | 19:30h *

Venres 28: Concerto Fotocopia + wil.helm | 21:00h *


(*) inscrición previa: reservas@acefala.org

Lembra que para estar informadx das últimas novas sobre Acéfala podes seguirnos nas nosas redes sociais, así como suscribirte á nosa canle de Telegram.

Cartaz por Frauveima
ACÉFALA pinned a photo
SÁBADO 15: ORÁCULO CON WENCES LAMAS

20:30h | 6-10 € doazón artista
Aforo limitado
Reservas: reservas@acefala.org

Por primeira vez na Coruña, o Oráculo que estabas agardando! Viaxaremos co artista e terapeuta Wences Lamas a un espectáculo caótico, tenro e imprevisible para ler o noso presente. Un encontro amoroso e tamén un taller de autocoñecemento onde investigar a propia existencia.
Os dilemas cotiás, enfados familiares, leas laborais ou ansias amorosas están sempre roldándonos. Cando nos xuntamos evitamos falar desas dores ou recibimos respostas esquivas como “malo será” ou “pouco a pouco”. No Oráculo a proposta é unirse para tratar de exorcirzar estas cuestións con valor, amor e humor. O xogo consiste en que os/as asistentes escriban unha pregunta anónima, que depositan nun bote; Wences comeza entón a lectura buscando a resposta cun feixe de tarots improvisados (unha caixa chea de xoguetes de Ovos Kinder, unha baralla feita con memes de Internet, unha colección de test de Roschard, etc). A mirada aguda, sen prexuízos e cómica converterá entón cada obxecto nun portal de revelación que mestura o trivial e o transcendental. Créase, así, un ambiente íntimo, lúdico e máxico que fai mudar, de súpeto, aos asistentes, en consultantes e adiviños.

Un espectáculo cheo de humor e maxia que pretende transformar brevemente a nosa percepción do mundo. Unha porta aberta para aventurarse conxuntamente no que nos atormenta e ollalo cunha nova mirada. Unha sorpresa simple e complexa onde deixarse guiar pola creatividade que define á arte.

🔮🪄🔮🪄🔮🪄🔮🪄🔮🪄🔮🪄🔮

https://www.wenceslamas.com/rito/oraculo
SÁBADO 8 FEBREIRO 21:00H
ZAN HOFFMAN + SIGNORA ANIDO
DOAZÓN ARTISTAS 8-10€ reservas@acefala.org

 
Moi contentas de acoller este sábado de novo a Zan Hoffman e Signora Anido, dous dos artistas máis celebrados das recompliacións Galician Bizarre.

420 cancións novas, nada menos, foron a produción de Zan Hoffman no pasado ano 2024. Moitas delas, formarán parte do novo e máxico set para Acéfala. 

Audiencía en Alytus, Kaunas e Vilnius (Lituania), así como os seus fans en Riga (Letonia) xa bailaron ao ritmo deste frenético bodycocktail o pasado mes de decembro. Agora estréase en Galicia, na Coruña, cidade que ostenta a coroa dos espectáculos máis lendarios de Zan Hoffman, dende o seu desembarco na mítica Casa das Atochas, hai máis de 15 anos, onde tamén compartiu escenario con Signora Anido que presenta en Acéfala o seu álbum número 20.
Rafa Anido, nacido na Coruña , comeza seu proxecto musical Signora Anido no 1999, dende aquela, publicou 20 gravacións en diferentes formatos (vinilo 12", vinilo 10", CD, casete) onde traballa diferentes estilos mesturando punk, garage, electrónica, experimental, coa axuda de órganos, guitarras, caixas de ritmos, sintetizadores, batería e calquera outro instrumento.
Con influencias Punk, 60´s garage, Sucide, Add n to x, Magnetix, Polysics, Anatolian Rock, Surf, Stooges, Guay, Melvins, Unwound, Sentuhlà.

https://bodycocktail.bandcamp.com/album/between-the-skin-and-flesh

https://sranido.bandcamp.com/album/signora-anido-20-2

Ilustración do cartel x Zan Hoffman

Reserva a túa praza en reservas@acefala.org
DOMINGO 16 FEBREIRO 20:00H
MONÓLOGO MUNA DUVAL
DOAZÓN ARTISTA 8€
reservas@acefala.org

Despois de cumprir 35 anos enriba dos escenarios e publicar a súa Biografía: “¡Esta, es mi historia!” a transformista Muna Duval compartirá en Acéfala o seu novo Monólogo onde narra, en primeira persoa, as peculiares vivencias de “La Tacones” e as súas compañeiras trans en tempos duros e dificiles para o Colectivo LGTB+, dende a época de transición ata o golpe de estado. 
🏳️‍🌈🌈🏳️‍🌈🌈🏳️‍🌈🌈🏳️‍🌈🌈🏳️‍🌈
Cartaz: Plutonio Banana

Reserva a túa praza en
reservas@acefala.org 
MÉRCORES 12 | CLUBE DO DISCO
20:30h | De balde
Entrada libre ata completar aforo

Continuamos co clube do disco! Trae un (ou varios) discos de vinilo que teñas por casa e comparte os teus cortes favoritos co resto!

Haberá petiscos e refrixerios varios para, nun ambiente ameno e alonxado das dinámicas de consumo de música actual (hiperestimulización, ansiedade por estar á última e precariedade para as artistas) escoitar, conversar, reflexionar é, en resumidas contas, pasar un bó rato. Non hai restricción en canto a estilos e sen non tes acceso / non se che ocurre que aportar podes vir igual a escoitar e debatir connosco!

Cartaz por @barcodenuez
DOMINGO 16 | OBRADOIRO DE SERIGRAFÍA
10:00-14:00 | Doazón 45€
Reservas: reservas@acefala.org

A este obradoiro de seri poderiámolo chamar obradoiro de estampación heterodoxa, de experimentación gráfica, de monotipos serigráficos, de facer trampas e xogos coa serigrafía.

Se habitualmente nos obradoiros traballamos o proceso habitual da seri, explicando paso a paso o proceso normal de estampación para reproducir unha imaxe, neste caso imos un paso máis aló e explicaremos como non se debe estampar…e todo o bo e interesante que se pode sacar de aí.

Traballaremos con estampas iterativas, con cores que se mesturan sobre a pantalla, con pasadas irregulares da rascleta e con elementos que non son rascletas, interviremos a obra e a pantalla directamente, faremos máscaras para facer estampas parciais e buscaremos o erro. Continuamente.
Con todo, explicaremos a técnica perfectamente para aquelas non iniciadas, de maneira que independentemente da bagaxe coa que chegues, poidas comprender perfectamente cómo funciona a serigrafía, e dende como facela perfectamente, ata como experimentar con ela.

Neste caso non precisamos imaxes vosas, xa que traballaremos con imaxes e formas marioritariamente abstractas que teremos elaboradas previamente.

O custo do obradoiro inclúe os materiais e neste caso haberá só 5 prazas.
Imparte @juanchinho_ e o cartaz é seu tamén.
XOVES 20: SESIÓN DE DEBUXO CON MODELO AO NATURAL
19:30-21:30 | Doazón de 6 a 10€
Prazas limitadas, reserva en reservas@acefala.org

Este xoves temos a nosa cita mensual co debuxo ao natural.

Vémonos este xoves ás sete e media para partillar dúas horas de debuxo libre e calmado.

Pregamos que, coma sempre, traiades o voso propio material ☺️

Vémonos!
SÁBADO 8 - 20:45 | CONCERTO MOCHO GRIS
Doazón: 8-12 €
Aforo limitado | Reservas: reservas@acefala.org

Con elementos que van dende o pop alternativo, o indie electrónico, o neo-jazz, o fado ou a música tradicional galega, Mocho Gris debutan con "2", un manual que condensa, dende a sensibilidade e a sabedoría máis fonda, aqueles ingredientes fundamentais que articulan o discurso ético e sonoro do que poderiamos denominar "indie ibérico".

O galego Lucas de Centi @lucasdecenti (líder de Néboa e Mel e colaborador de Baiuca, Aliboria ou Antía Muíño) e o portugués João Neves (recoñecido artista luso e colaborador de Baiuca en directo) presentan un álbum debut que atravesa os códigos do pop alternativo, da electrónica máis mística e da canción galaico-portuguesa.
"2" é un disco que eleva a vangarda pop a un imaxinario absolutamente autóctono, cheo de matices e cunha serie de colaboracións que inclúen co-producións en varias cancións con crnds ou Hevi, contribucións musicais da cantaora andaluza Rocío Márquez e dos galegos Miguel Arribas e Sandra Pérez, así como a reinterpretación de temas populares de Amália Rodrigues, António Variações ou Xosé Lois Romero.

O debut de Mocho Gris está chamado a abrir novas portas para o pop ibérico máis imprevisible e a retorcer as fendas que habitan os xéneros máis diversos, creando un espazo único.


Neste concerto contarán coa colaboración de @miguelarribas___
, amigo xa de Acéfala.

Reserva a túa entrada escribindo a reservas@acefala.org

Cartaz feito por @juanchinho_
En marzo baixamos o ritmo, pero non o pulso. Hai quen prefire o silenzo á vida, pero seguimos resistindo en comunidade, sostendo este espazo onde o baile e a amizade quentan os coras 🔥
ACÉFALA pinned a photo
MÉRCORES 12 | CLUBE DO DISCO
20:30h | ESPECIAL B-SIDE LOVE.
De balde

Continuamos co clube do disco!
Edición especial cos discos máis 🔥🍑🍉💧💦💫👄❤‍🔥
Trae os teus discos ou ven sen eles pero si trae ❤‍🔥.

Cartaz por @frauveima ❤‍🔥
XOVES 20: SESIÓN DE DEBUXO CON MODELO AO NATURAL
19:30-21:30 | Doazón de 6 a 10€
Prazas limitadas, reserva en reservas@acefala.org

Este xoves temos a nosa cita mensual co debuxo ao natural.

Vémonos este xoves ás sete e media para partillar dúas horas de debuxo libre e calmado.

Pregamos que, coma sempre, traiades o voso propio material ☺️

Vémonos!