VENRES 24: Karaoke con Esteban
20:00h | 6-10 € Doazón artista
Aforo limitado.
Reservas por DM en instagram
Tralo rotundo éxito da primeira edición e numerosas peticións para que volvese, chega a nosa segunda velada de karaoke con Esteban!🚀🕺
Buscas un espazo seguro onde poder cantar esa canción que che encanta e non deixas de tararear? Sempre desexas ir ao karaoke con amigues e nunca xorde o día? Gustaríache sacar o mellor e o peor de ti no escenario? Este é o evento que estabas agardando🌟🎤 🌟🎤 🌟
Acompáñanos o venres 24 nunha noite repleta de música, cánticos por todo o alto e sobre todo diversión. Presentada por Esteban, coñecido mestre de cerimonias pola súa longa longa traxectoria sobre os escenarios; E amenizada polo seu alterego Rompecinturas Selektor, quen pinchará os mellores temas de salsa, cumbia e merengue para animar a festa🔥🔥🔥

DOMINGO 26 | THE CRAFT
13:00h | 6-10€ Doazón ás Artistas
Aforo limitado
Reservas: reservas@acefala.org
Traémosvos o plan perfecto para un domingo de outono: sesión vermú + callos veganos + dj sets + un mercadiño de roupa de segunda man, todo isto entre amigas!
HATTA (@hattarohde)
Artista nada na Coruña, que colabora en diferentes colectivos como OVERDANCE (@_overdance) en Santiago/A Coruña, e en SARTO (@wearesarto) na Coruña como programadora e a nivel produción. Este ano dá o paso ao djing, onde combina temas clásicos da cultura pop dos 90 con elementos da cultura actual.
MIDORI (@midori_kobayashi)
Midori, con aínda unha curta traxectoria como DJ, inspírase na diversidade musical e na súa paixón pola música en todas as súas formas. O seu enfoque combina unha variedade de xéneros, difíciles de cualificar. Ademais da súa faceta como DJ, tamén é unha das responsables da creación do evento anual Jelly e parte do grupo EQX.
BOLD G (@bold__g)
Dj afincada en Santiago de Compostela e metade do equipo detrás da festa @tr3mor. Actuou en eventos e festas de gran interese por toda Galicia. Nas súas sesións atoparás un rango de música ecléctico pero con certo fetichismo polos ritmos rápidos e os baixos duros. Farache saltar, suar, mover as nádegas e queimar zapatilla todo ao mesmo tempo.
BB.WAV (@inmaveiga)
Dj influenciada pola cultura pop, internet, as raves e por crecer escoitando pura romantiquería de Romeo Santos. Con este mix tan variopinto, tráenos unha proposta onde xéneros moi diversos conflúen nun formato de clubbing con espazo para o perreo, edits de electrónica con pop vocals, techno-trance, ghetto-tech, baile funk ou breaks, entre outros.

XOVES 30 | SESIÓN DE DEBUXO CON MODELO AO NATURAL
19:30h | Doazón: 5€
Aforo limitado
Reservas: reservas@acefala.org
Prendemos o candil para seguir coas sesións de debuxo malia o frío do outono.
Vémonos este xoves ás 19:30, coma sempre, xa sabedes, dúas horiñas de debuxo nun entorno tranquilo e amigable.
Algúns meses é complicado conseguir modelo, se estás interesadx en colaborar envía un email a programacion@acefala.org buscamos corpos de tódolls tipos, xéneros e idades, e non é necesaria experiencia previa en posados para Debuxo.
*A doazón é de 5€. Aforo limitado, reserva a túa praza enviando un email a reservas@acefala.org
Cartaz feito por @juanchinho_

Arrancamos decembro cun concerto moi especial, coma tódalas veces que Aeronave Adolescente aterriza no noso espazo.
Aeronave Adolescente e o proxecto persoal de Daniel Valcárcel, xoven multiinstrumentista e cantautor orixinario de Culleredo. Despois de varios singles e dous EP’s de rock lo-fi cheos de ambición, este ano presenta o seu primer LP ‘Sempre esta chovendo a beira do mar’, editado en cassette por Murmullo Records. Este novo traballo, crudo, íntimo e con temas moi pegadizos consolida a Daniel coma unha xoven promesa dentro da escea indie nacional, acompañando a artistas da talla de Marcelo Criminal en pequenas salas e actuando por primeira vez en festivais.
Se non recordamos mal exa a terceira vez que pisa Acéfala, esperamos que non sexa a última!!
Escoita:
https://aeronaveadolescente1.bandcamp.com/album/sempre-est-chovendo-na-beira-do-mar
Desta vez Daniel Valcárcel estará acompanhado por un dos maiores representantes da escea punk e pop underground madrileña Pablo Prisma, o cal leva xa 20 anos dando concertos baixo diversos proxectos (Smoking Room, Ensaladilla Rusa, Bicicross o Prisma en Llamas).
Actualmente Pablo está involucrado en dous proxectos, Grosgoroth e o seu proxecto personal Pablo Prisma y las Pirámides, co cal editou este ano un fantástico split coa banda barcelonesa Gúdar que xa tivemos oportunidade de catar no noso clube do disco. Fainos moita ilusión telo por primeira vez no noso espazo!
Escoita:
https://pabloprismaylaspiramides.bandcamp.com/album/guerra-haiku
Non perdas esta oprotunidade! Reserva a túa entrada escribindo un mail a: reservas@acefala.org.

Aeronave Adolescente
sempre está chovendo na beira do mar, by Aeronave Adolescente
7 track album
A Alquimia non é soamente unha forma de química primixenia; non trata simplemente de transformar metais ou procurar a Pedra Filosofal. A Alquimia consiste tamén nun camiño na procura do coñecemento: descubrir o mundo, o tanxible e o intanxible, o eu físico e o trascendental, todo aquilo que nos rodea. Miguel Palou (Doce Fuegos) e Juan Cabotá únense para comezar unha exploración sonora entre os planos terrenais e místicos da música a través da improvisación.
Do mesmo xeito que Paracelso procuraba a través das plantas e da alquimia fórmulas que poidesen sanar corpo e mente, Spagyria toma o seu nome da obra do maestro alquímico procurando nos decibelios a purga, curación e o rexurdimento.
Perante tres instrumentos eléctricos (guitarra, mandolina e violín), Spagyria proxecta as súas improvisacións influidos por grandes alquimistas das frecuencias coma Sunn O))), Earth, Sumac, Wolvserpent ou Pylar.
Arcane Arts é o primeiro acto destas improvisacións: unha búsqueda na oscuridade das propiedades catárticas e purgativas das melodía e a distorsión, seguindo a luz do conñecemento e a amistade.
Escoita:
https://spagyriasounds.bandcamp.com/album/arcane-arts
Reserva a túa entrada enviando un email a reservas@acefala.org

Spagyria
Arcane Arts, by Spagyria
2 track album
É dificil atopar un perfil coma o de Manu Louis na música… Nado en Bélxica e agora habitando Berlín, estudou composición co lexendario compositor Fréderic Rzewski. Traballando tanto con músicos de jazz, clásicos ou de electrónica de baile coma en solitario, na sua música, os estilos non existen.Mistura todo o que atopa polo camiño, creando novas e provocadoras aventuras asi coma xustaposicións decontextualizadas.
A sua impronta permanece mais os ingredientes cambian constantemente; dende a chanson francesa disidente ata as composicións avant-garde, o new beat, os vellos éxitos, o art pop e o hard bob.
Manu xa leva 3 LPs as súas costas e varios 7’’ editados por los selos Igloo Records, Le Pacifique e New Pangea. Nos últimos anos actuou máis de 500 veces en Europa e no continente asíatico. Viaxando cun bó lote de instrumentos electrónicos e videoproxeccións de estrelas de pop e animais, logra concertos apaixonados que rematan convertindo calquera espazo nunha discotheque.
Nos últimos tempos funda xunto con Sylvain Chauveau o selo Zero Carbon Records, traballa na curadoría do Underground Institute Festival en Berlín xunto a Mary Ocher e dirixie un tributo a Garrett List, ‘Music for Trees’ xunto a Adrien Lambinet.
Escoita:
https://manulouis.bandcamp.com/album/club-copy
No medio da ponte de Decembro estará en Acéfala o mércores 6 ás 20:30h, presentando o seu último álbum, Club Copy (autoeditado, 2023), unha xenial mistura de electrónica de baile e pop leftfield.
Reserva a tua entrada escribindo a reservas@acefala.org!

Manu Louis
Club Copy, by Manu Louis
10 track album
XOVES 14 | SESIÓN DE DEBUXO CON MODELO AO NATURAL
19:30h | Doazón: 5€
Aforo limitado
Reservas: reservas@acefala.org
Úuuuultima sesión de debuxo deste 2023. Este xoves ás 19:30, coma sempre, xa sabedes, dúas horiñas de debuxo nun entorno tranquilo e amigable.
Algúns meses é complicado conseguir modelo, se estás interesadx en colaborar envía un email a info@acefala.org buscamos corpos de tódolls tipos, xéneros e idades, e non é necesaria experiencia previa en posados para Debuxo.
*A doazón é de 5€. Aforo limitado, reserva a túa praza enviando un email a reservas@acefala.org
Cartaz feito por @juanchinho_
19:30h | Doazón: 5€
Aforo limitado
Reservas: reservas@acefala.org
Úuuuultima sesión de debuxo deste 2023. Este xoves ás 19:30, coma sempre, xa sabedes, dúas horiñas de debuxo nun entorno tranquilo e amigable.
Algúns meses é complicado conseguir modelo, se estás interesadx en colaborar envía un email a info@acefala.org buscamos corpos de tódolls tipos, xéneros e idades, e non é necesaria experiencia previa en posados para Debuxo.
*A doazón é de 5€. Aforo limitado, reserva a túa praza enviando un email a reservas@acefala.org
Cartaz feito por @juanchinho_
Da Rocha Um _ Live Set
@da_rocha_um é produtor, compositor e DJ galego-portugués afincado en Barcelona.
Partindo do dark ambient e a electrónica experimental, o seu live set leva a cabo un exercicio de trance polirrítmico, mergullándonos nunha atmosfera inmersiva e desencadeando un éxtasis abrasivo, explorando diferentes texturas e espazos.
Neste novo traballo fanse máis presentes as referencias rítmicas á música tradicional, relixiosa e o bass music, así como un deseño sonoro industrial no que tamén se parte
de gravacións de campo procesadas. Durante a produción destas pezas así como durante a súa execución, utilízanse métodos de experimentación compositiva como a secuenciación algorítmica ou a incorporación de sistemas aleatorios, afectando
á combinación e a degradación do son.
Venres 15 de decembro ás 21:00 (apertura de portas 20:30)
Aforo Limitado. Reserva a túa praza en reservas@acefala.org
6-10€ doazón artista

DOMINGO 17: Proxección do Documental "Povo de Barro", de Bastidores
19:00h | De balde
Entrada libre ata completar aforo
O domingo 17 ás 19:00 horas presentaremos o documental Povo de Barro xunto coas súas novas creadoras, a xente de @bastidores.gal, coas que faremos un pequeno coloquio posterior á proxección.
Achegámosvos así unha parte da arte e do patrimonio cultural galego, amosando de primeira man as diferentes realidades dos oficios artesanais galegos.
Viaxaremos da man do docu ao pobo de Buño, unha pequena vila da Costa da Morte, para atopar un dos principais eixos artesanais de Galicia. Este oficio tradicional, transmitido de xeración en xeración, é a olería, un tesouro que se mantén vivo gracias ás persoas que moldean e traballan o barro para crear unha infinidade de pezas de cerámica.

Os oleiros cóntannos a historia do barro de Buño, que coma din: “pérdese no tempo ata a actualidade", chegando recentemente a colaborar con grandes marcas como Loewe e levando as súas pezas a algunha das mellores galerías do mundo.
Da man de Bastidores coñeceremos un anaco da nosa historia, e poderemos conversar coas creadoras desta peza.
Domingo 17, a partir das sete da tarde, agardamos por vós.
Para facilitar a xestión do aforo, agradecemos reserva previa via reservas@acefala.org

DOMINGO 17 | OBRADOIRO DE SERIGRAFÍA II: DO ORDENADOR Á PANTALLA, DA PANTALLA Á SUPERFICIE
10:00-14:00 | Doazón 25€
Reservas: reservas@acefala.org
Segundo capi dos obradoiros de seri de Acéfala. Neste caso, traballaremos cun deseño a dúas cores (3 contando a cor do papel) feito por ordenador previamente, en tamaño A3 como máximo, que levaremos á pantalla serigráfica e estamparemos sobre papel, textil, ou o que máis vos apeteza.
Animámosvos a pensardes nalgunha superfície que vos apeteza estampar máis aló do papel e a traela convosco ese día. Que sexa plana, porfa!
Aprenderedes a emulsionar a pantalla, a insolala e revelala para transferir o voso deseño do fotolito á pantalla, a rexistrar correctamente para poder traballar con máis dunha cor e a a estampar o voso deseño a dúas cores. Xa que precisaremos imprimir os fotolitos previamente, necesitaremos que, a máis tardar o martes 13, nos enviedes previamente os deseños para poder ir en tempo.

De non ter deseño propio, teremos varios preparado para que poidades estampar igual ☺️
Non é precisa experienxia previa, pero iso si! traede roupa que poidades manchar ou un mandil co que vos cubrir.
O custo do obradoiro inclúe os materiais. As prazas son moi limitadas.
Imparten @juanchinho_ e @edupumariega e o cartaz é de @juanchinho_ .

Caiena é un proxecto musical que sucede por primeira vez nos montes de Galicia, coa chegada da primavera. Neste escenario perfecto nace un son froito da mestizaxe; bebe do folk, da tradición galega, e musicaliza a converxencia das diversas inclinacións e linguaxes sonoras dos seus membros. Partindo como base dunha formación de dúas guitarras, baixo e batería, utilizan tanto artillería industrial como instrumentos tradicionais. Cunha tendencia xeral que podería encaixar dentro do rock alternativo, unha voz doce deixa asomar sons sintéticos, arpexiados de folk americano e percusións doutras xeografías, todo abrazado por liñas de baixo profundas que enraizan cada tema.
A banda chama a un movemento artístico e cultural que reconquiste e reivindique o espazo físico e abstracto, para a arte, para a xente, para o individuo e para a súa terra, sexa onde sexa, empezando por aquí.
O sábado 16 de decembro a partir das 20:30 en Acéfala
Doazón recomendada 8€
Aforo limitado. Reserva a túa praza en reservas@acefala.com
✨