ACÉFALA
405 subscribers
312 photos
6 videos
276 links
Canle pública de Acéfala con novas e actividades da asociación.

Acéfala é un colectivo cultural cun espazo autónomo en Monte Alto (A Coruña)

www.acefala.org

info@acefala.org
Download Telegram
DOMINGO 20: PÍLULAS HACKER: ANALIZANDO OS DATOS QUE SAEN E ENTRAN NO NOSO COMPUTADOR 11:30*

Domingo 20 de Marzo
11:30h-14:00h | De balde
Aforo limitado
Reserva: obradoiros@acefala.org

Coa axuda da aplicación Wireshark, nesta sesión de pílulas coñeceremos
que informacións saen e entran dos nosos computadores. Veremos o que son
as portas traseiras, como tentar saber a que empresas van parar os datos
e falaremos sobre algúns protocolos da internet. Como colofón,
demostraremos os perigos de non encriptar a información, isto é, ver
como unha seña sen cifrar viaxa espida por unha rede.

*O aforo será limitado. Reserva a través de obradoiros@acefala.org
MÉRCORES 16: SESIÓN DE CINEMA AFRICANO: “TOUKI BOUKI” 20:00**

Mércores 16 de Marzo
20:00h | De balde
Aforo limitado
Reserva: reservas@acefala.org

A imaxe que temos de África está fortemente nesgada polo supremacismo e o eurocentrismo. Adoitámola retratar desde a condescendencia e a compaixón, cuns resultados que nos amosan un continente triste e desesperado.

Nesta sesión continuamos coa obra de Mambety proxectando o filme “Touki Bouki” (Djibril Diop Mambéty, 1973). Mory e Anta son unha xoven parella profundamente desencantada co seu país natal, Senegal, e que soña con fuxir a Europa.
Para fuxir precisan cartos rápido, e a única forma de conseguilo é a través do crime: roubar, estafar ou prostituirse.
Unha das mellores películas africanas e das máis experimentais, recentemente reivindicada por Beyoncé e o rapero Jay-Z.

Links
Touki Bouki (1973) - FilmAffinity

**O aforo será limitado. Reserva a través de reservas@acefala.org
DOMINGO 27 13:00H: Disfrutemos xuntas da Sesión Vermú! Con paella vegan e temazos bailongos da man de @coreacruise e @willy.the.squid

🍸👯‍♂️🍸👯‍♀️🍸🍙
DOMINGO 3 13:00H: Habitación Propia preséntase en Acéfala como unha mostra en formato vermú que Les Coruña fai posible ao mesturar catro propostas dun xeito orixinal e divertido.

Teremos a oportunidade de mellorar as nosas fotos de perfil para diferentes RRSS grazas aos xogos propostos por Bea Wherever @beawhereverphotography; admirar as creacións artísticas sobre táboas de skate de Anything Skateboards @anythingskateboards; e desfrutar dunha selección de roupa de segunda man e vintage inspirada na subcultura a cargo de Swann Vintage @swann_vintage.

Marta Gabba e Miss Necoree, do colectivo @chicassvinylclub, serán as encargadas de amenizar a velada, esta vez en formato dixital, con bandas riot grrrl e punk rock do panorama estatal e internacional.

Contaremos, ademais, coa tradicional paella vegana da casa.

Non é preciso confirmar asistencia, pero o aforo será limitado en consonancia coa normativa vixente.
Olá!
Entramos en abril cunha programación ben diversa, volve o exitoso intercambio de roupa, repetimos o rebumbio poético e propoñemos novas actividades e obradoiros chulísimos! Ademáis, tódolos domingos imos ver en riguroso directo as Drag Races en grupo.
Se vos preguntades pola ausencia de concertos, tranquilas que o próximo mes vai vir cargadiño!

ABRIL EN ACÉFALA:
● DOMINGO 3: Evento Les Coruña | 12:00
● SÁBADO 9 E DOMINGO 10: Obradoiro fotografía analóxica x Contado Pierde*
● MÉRCORES 13: Cineclube: O Colapso (L’effondrement) | 20:00**
● XOVES 14: Mesiña de xogos | 19:00 Entrada Libre
● MÉRCORES 20: Clube de lectura | 20:00
● VENRES 22: Rebumbio poético | 20:00
● DOMINGO 24: Sesión Vermú | 13:00
● SABADO 30: Intercambio de roupa | 13:00-19:00
● DOMINGOS: RPDR España Viewing Party | 19:00**
ACÉFALA pinned a photo
As amigas do laboratorio social fotográfico máis loco da península @contadopierde estarán connosco a finde do 8 e 9 de abril, compartindo a súa paixón pola fotografía analóica e esparcindo o seu coñecemento con tres obradoiros chulísimos.
SABADO 9 |17:00-20:00| Obradoiro fabricación EcoCam.
Neste obradoiro aprenderemos a fabricarnos nosa propia cámara EcoCam a partir de materiais reciclados. Unha xornada ao redor de tres horas nas que experimentaremos ca artesanía de realizar a nosa propia cámara única e duradera no tempo, para despois aprender o uso da misma e realizar as fotografías máis orixinais. Cada alumna quedarase ca sua cámara ao finalizar o taller.
25€ inclúe todos os materiais
*Posibilidade de incluir película por 5€ adicionais cada unha.
DOMINGO 10: | Revelado e positivado de película en branco e negro
Aprenderemos os fundamentos esenciais para poder revelar a nosa película fotográfica para despois poder ampliar os nosos negativos a papel e realizar copias positivas por contacto.
Estas dúas partes repartiranse en dúas xornadas de 3 horas cada unha.
| 11:00-14:00 | Revelado de película en branco e negro
25€ inclúe os materiales e químicos para o revelado de película branco e negro.
| 17:00-20:00 | Positivado da película en branco e negro.
25€ inclúe os materiales e químicos para o positivado de película branco e negro.
MÉRCORES 13: CINECLUBE: “O COLAPSO (L’EFFONDREMENT)” 20:00**

Mércores 13 de Abril
20:00h | De balde
Aforo limitado
Reserva: reservas@acefala.org

O colectivo galo de cineastas Les parasites regálanos un ensaio visual sobre un colapso mundano, alleo ás grandes catástrofes e ao morbo que a miúdo acompaña ao xénero distópico. Unha miniserie composta por 8 capítulos de 20 minutos, rodados todos eles nun plano secuencia que nos mergulla nun caleidoscopio de emocións en cada un dos escenarios que nos propón.

Links
El Colapso - Filmaffinity

**O aforo será limitado. Reserva a través de reservas@acefala.org
Mesiña de Xogo

Xoves 14
19:00
Entrada de balde

Volven os cooperativos en LAN, os mandos sudados da consola e as trampas ao Monopoly. O derradeiro Xoves de cada mes acéfala convertese nun coliseo dos xogos de taboleiro e videoxogos clásicos.

Este mes, Mesiña de Xogo albergará un torneo do Smash Bros da 64, xunto a un Pauper de Magic.

Non é necesario confirma-la asistencia, máis o aforo é limitado según a normativa vixente.

Vémonos!!! 🎮♥️🎲

Cartel por Luis Yang @suscrofad
DOMINGO 24 13:00. Vinde a coñecernos e disfrutar con nos unha vez mais da nosa Sesión Vermú mensual con paella vegan e bailoteo!

🎶💃🏽👯🍚👯🕺🏼🎶

Entrada libre.

E as 20:00 horas proxectaremos un novo episodio de Drag Race España.
III intercambio de roupa en Acéfala! Sabiamos estavades esperandoo, chegooou por fin ca primavera!!

⭐️Como participar?
Revisa o armario e escolle a roupa, zapatos ou accesorios que non pós. (non por vellas porfi)
Escolle as prendas que che gusten e as que che faría feliz velas tendo unha nova vida.
Mira que non teña manchas ou dalle unha lavada se é precisa e achegaas a Acéfala. Voila! 🧚🏼

Comezaremos a recollelas esta semana previa do evento, anotaremos o número de prendas que donas e poderás intercambialas polo que ti queiras!
É importante que as prendas estén en bo estado e sexan para a vindeira temporada así facilitanos o traballo e aseguramos que todas atopamos o troco perfecto.🙏🏼

🌸Tes algo que arranxar? Molache unha prenda que xa non pos e gustaríache transformala en algo novo? Estas de sorte! Poñemos a nosa máquina a túa disposición, aproveita!

@lemourh poñeranos a bailar e haberá qué brindar, vinde vinde🕺🏽

Si tes algunha dúbida podes escribirnos a info@acefala.org
DOMINGO 1 13:00H. Demostración e concerto de @biyiamez o cal é considerado un dos poucos especialistas na interpretación do theremin de Mallorca e España. O theremin e un singular instrumento electrónico creado en 1919 por Lev Termen (León Theremin). Foi un dos primeiros instrumentos electrónicos da história e o mais antigo que perdura ata hoxe. Pertence a familia dos instrumentos electrófonos, o sonido xenerase mediante circuitos eléctricos, e como xenera e amplifica o son de forma totalmente eléctrica, sen a utilización de ningún mecanismo, forma parte do subgrupo dos instrumentos radioeléctricos.

Aforo limitado.
reservas@acefala.org
MÉRCORES 4. 18:00H. Celebra o día de Star Wars cun curso de iniciación a acuarela impartido por Ingrid Soilán.

Durante a primeira hora Ingrid explicará os distintos tipos de papel para acuarela, as distintas calidades e texturas dos pigmentos e como facer alguns dos efectos mais sinxelos usados polos acuarelistas.
Despois usaremos os efectos anteriores para pintar un marcapaxinas dunha nave espacial sobrevoando a galaxia e/ou unha lámina pequena de Star Wars que consistirá nunha silueta dun dos personaxes principais cun fondo sinxelo, como os exemplos da cartaz.
Reservas en obradoiros@acefala.org

¡Qué a forza vós acompañe!
Olá!
O prometido é débeda. Este mes ven cheo en Acéfala: concertos, proxeccións, pinchadas, exposicións, obradoiros, cursos... e de índole moi variada! Dende un obradoiro para facer xoiería con basura electrónica ata a proxección dun documental sobre a historia de Femen.
Imos medrando e mellorando o espazo grazas á axuda de tódalas socias que vos pasades por alí. Moitas grazas!

MAIO EN ACÉFALA

>DIA 1: Concerto Theremin con Biyi Amez | 13:00h**
>DIA 4: Obradoiro de pintura con acuarela | 18:00h*
>DIA 11: Clube de lectura | 20:30h*
>DIA 12,15: Shout! Aprende inglés con cancións |18:00h*
>DIA 13: Obradoiro de Basutería | 17:00h*
>DIA 14: Concerto Sr. Anido + Los Sara Fontan | 20:00h**
>DIA 20: Expo Bulneravle de Alicia Niet + Rebumbio Poético | 18:00h
>DIA 21: DJ Set Irene Ivankovà b2b Jules Le Youngleur | 20:00h**
>DIA 25: Cineforum | 20:30h**
>DIA 26: Proxección e coloquio FEMEN | 20:00h**
>DIA 27: Concerto Eneritz Furyak | 20:00h**
>DIA 28: Concerto Braian De Palma | 15:30h**
ACÉFALA pinned a photo
XOVES 12. 18:00 H. Doazón 5€. Shout! Obradoiro de inglés con cancións impartido por Pablo G. Moar.
Todxs coincidimos en que ensinanse mal moitas cousas o redor do inglés; na miña opinión a pronunciación levase a palma. Este obradoiro ten a intención da introducción a fonética ou, mais ben, a qué e moi sinxelo ter as nocións necesarias. A través de canciones e, se a xente se anima, o canto, podemos identificar fenómenos ou erros típicos para aprender a pronunciar moito mellor en moi pouco tempo. O enfoque e que sexa liviano e divertido, pero dando diversos recursos para que xs asistentes poidan traballar a súa pronunciación pola súa conta. It will be worth It, palabra!

Reserva a tua praza en obradoiros@acefala.org
jbado 14 de Maio
20:00h | Doazón de 6-10€
Aforo limitado
Reserva:
reservas@acefala.org

Rafa Anido comezou con Señor Anido no ano 1999, publica dende ese intre 16 gravacións nas que traballa en diferentes estilos musicais (punk, garaxe, noise, electrónica …) basándose fundamentalmente na experimentación.
O seu novo disco no 2022, o número 19, consistirá nun vinilo de 10 pulgadas con 6 cancións.
Foi gravado e misturado por Hevi no ano 2020 nos seus estudos Soyuz e masterizado por José Guerrero no 2021. O deseño foi cousa de Leo Sousa.
A proposta musical de Señor Anido sempre foi acompañada sobre todo nestes últimos anos, por unha singular e coidada producción audiovisual, realizada por artistas cun amplo bagaxe creativo como o propio Javier Álvarez, Rubén Domínguez e Xaime Miranda.