ACÉFALA
470 subscribers
391 photos
6 videos
360 links
Canle pública de Acéfala con novas e actividades da asociación.

Acéfala é un colectivo cultural cun espazo autónomo en Monte Alto (A Coruña)

www.acefala.org

info@acefala.org
Download Telegram
VENRES 20/12 : CONCERTO ANTÍA MUÍÑO + SARAH ARICHE + MIGUEL ARRIBAS
21:00
8-12 € | Aforo limitado: reservas@acefala.org

Traémosvos unha sorpresa que non chegamos a tempo de anunciar coa programación mensual.

Antía Muíño (@antia.musan ) presenta un concerto único coa música marroquí Sarah Ariche (@sarahariche , cantante, multiinstrumentista e compositora que se presenta por primeira vez en Galicia. De formación clásica e jazz, Sarah fusiona a música occidental coa tradición árabe, andalusí e sefardita. Entre outros, ten colaborado co saxofonista americano Jeff Coffin e con Michael League, o baixista e fundador de Snarky puppy.

Neste concerto, no que tamén participará o saxofonista Miguel Arribas (@miguelarribas___ ),explorarán o repertorio de ambas artistas, así como cancións que beben da tradición das súas respectivas terras, nunha fusión arábigo-galaica que non deixará indiferente a ninguén.

As prazas son limitadas. Reserva a túa escribindo a reservas@acefala.colectivo

Cartaz feito por @juanchinho_
SÁBADO 21 SESIÓN VERMÚ LATITUDE DISCTRL
13:00 A 17:00 H
Doazón libre.
Aforo limitado.

Daremos o pistoletazo de saída de Latitude Disctrl 🏁 disfrutando cos ritmos de 2B1 Selektah (Funk, Drum n Bass, Hip Hop) e Maefield (Indie Dance, Deep Tech, Disco House) amenizado con paella vegan + petiscos para repoñer folgos, xa que se presenta unha longa xornada!

A partír das 21:00H maís propostas musicais con Lacquer + Pensamentos Rodados

💃🕺🏻💃🕺🏻🍚💛

Cartaz: Disctrl
DOMINGO 5: CONCERTO SOLEDAD ZARKA + LOUP UBERTO

20:30h | 6-10€ Doazón Artistas
Reservas: reservas@acefala.org

Comezamos o ano cun maravilloso concerto / performance conducido por Soledad Zarka e Loup Uberto.
Soledad é artista multidisciplinar e directora artística da compañía Marie est de la Nuit, onde explora as fronteiras entre o son, a danza e as artes visuais.
Loup, membro fundador do grupo Bégayer, traballa coas mans na creación dos seus propios instrumentos e coa voz na construcción de paisaxes sonoras cargadas de improvisación e experimentación con propósito documental. Xuntas, establecerán un diálogo evocativo entre corpo, voz e son.

Podes atopar mais información sobre o seu proxecto aquí:
https://loupuberto.fr

Anímate a compartir esta fermosa noite de Reis connosco apoiando este tipo de propostas fora do cotián.
DOMINGO 12: Vermú e mercadiño cos DJ SETS BB.WAV + REI TIER + FRAU TROFFEA + PERKAL + MORENO MORENO

De 13 a 19h| 6-10€ Doazón Artistas
Reservas: reservas@acefala.org

Este domingo voltan as nosas xa míticas sesións vermú con dj sets, mercadiño e paella!

Bb.wav @inmaveiga
Dj influenciada pola cultura pop, internet, as raves e por crecer escoitando pura romantiquería de romeo santos. Con este mix tan variopinto, tráenos unha proposta onde
xéneros moi diversos conflúen nun formato de clubbing con espazo para os ritmos latinos, edits de electrónica con pop vocals, techno-trance, ghetto-tech, baile funk ou breaks, entre outros.

Frau Troffea @celiadelcielo
Bass face de principio a fin: ritmos rotos e escorregadizos, kicks sólidos e pegadizos. Sempre en continua evolución, xerando emocións na pista e descubríndose mediante a música.

Moreno Moreno @morenomorenoart
Pinchou en clubs, eventos e festivais de toda Galicia como o Agrocuir ou o Melona Fest, compartindo cartel con artistas como Samantha Hudson, Nathy Peluso, Chico Blanco, Villano Antillano ou Peggy Gou. Nas súas sesións eclécticas, escuras e divertidas a partes iguais, predomina a música electrónica, pero tamén estilos como deep house, disco, afro... Unha viaxe para nada lineal pero con moito sentido que non deixa a ninguén indiferente e farache non parar de bailar.

Perkal @kaalooree
Define o seu son como unha actitude, non para de atoparse na música, nesta ocasión moverános a ritmo de electro, breaks e ghetto tech acompañado de vocais ben
canallas, ademais doutros subxéneros do techno. Dj capaz de elevar a festa en cuestión de minutos, creando un espazo onde cada pista é unha invitación a bailar sen parar.

Rei tier @reixtier
Dj emerxente, artista gráfico e cocreador de neo2000klub. Caracterízase por sets eclécticos directamente influenciados pola cultura pop, a cultura club e rave dos
2000 e soundcloud. Nos seus sets, entrelázanse xéneros como o trance, techno, hard bounce e hard dance con jersey club, latin core e deconstructed club. Cun gusto predilecto por edits con pop e cunty vocals, xera unha atmosfera sexy e disfrutona; con ritmos acelerados para romper a pista.
VENRES 10: NIEBVLA + RUDA BONILLO + LE MOURYNHO B2B YORGOS GIL
20:00H | 6-10€ doazón artistas
Aforo limitado
Reservas: reservas@acefala.org

Abrindo o evento cun DJ set temos de volta en Acéfala a LE MOURYNHO aka YORGOS GIL, músico orixinario de A Coruña con base en Barcelona. Dende os seus comezos no 2022, Xian vén desenvolvendo unha narrativa musical única, tendo como prioridade a investigación técnica na mistura a nivel sensorial e caracterizándose polas percusiones no ambiente clube, a gran variedade de BPM ou as voces explícitas e sexys. A súa actividade como DJ comezou con colaboracións con múltiples clubes e colectivos como Jokko Collective (Barcelona), Antidote Magazine (París), Flux Lux (Vigo) ou Razzmatazz (Barcelona). 

O primeiro live da noite estará a cargo de NIEBVLA, artista sonora e visual nada en Barcelona, cuxa proposta fusiona todo tipo de influencias tanto da música como da arte. Ten construído un universo sonoro e visual que desafía as fronteiras entre o dixital e o orgánico. No seu primeiro EP titulado FRACTAL deixa ver o seu sonido, caracterizado por ser desgarrador, emotivo e cheo de texturas eufóricas. 

A continuación teremos outro live das mans de RUDA BONILLO, cantante e productora barcelonesa. No 2023 publicou o seu álbume debut, NAUFRAGIO, capaz de envolverte no seu mundo de fantasía e soños. A súa voz delicada complemente perfectamente as instrumentais con influencias do ambient e outros xéneros, conectando coa a nostalxia e a forza ao mesmo tempo.

Para rematar, LE MOURYNHO voltará aos mandos cun DJ set diferente, de novo oscilando entre o seu estilo e o do seu álter ego, YORGOS GIL.

Abrimos portas ás 20:00h para ir comezando ás 20:30h. Agardámosvos!
This media is not supported in your browser
VIEW IN TELEGRAM
OCRE + AUTO SACRAMENTAL
Sábado 25 de xaneiro


21h | 8-10€ Doazón Artistas
Aforo limitado
Reservas: reservas@acefala.org
Estamos encantadas de poder acoller na mesma noite estas dúas propostas de xente querida e de seguro que Ocre e Auto Sacramental van facernos inesquecible esta data.


Ocre é Edu Poch, un artista viveirense afincado na Coruña que experimenta coa música e a informática. O último proxecto, Débil (Autoeditado, 2023), é a cuarta peza do seu puzzle creativo despois de Torpe (2014), Vago (2017) e Sucio (2021).


O EP funciona como un ensaio persoal no que Poch reflexiona sobre a súa masculinidade e, por extensión, a da súa xeración, explorando temas como a competitividade, a ira e a represión emocional, e inspirándose nas voces de feministas contemporáneas como Itziar Ziga e Clara Serra. Musicalmente, xoga co roto, o obsoleto e o herdado: instrumentos construídos polo seu pai, casettes da súa nai, samples de YouTube, software mal programado, baterías que se deconstrúen en cada compás... Nas súas melodías escóndense Simon & Garfunkel e Sufjan Stevens, e nas súas producións, Low e Bon Iver.


Auto Sacramental é a banda dirixida polo anglo-español Jorge Mills (con base en Santiago de Compostela) que regresa cunha nova formación tras mudar do synthpop irónico do seu debut, Cuestión de fe, a un postpunk afiado, envolto en guitarras shoegaze e sintetizadores atmosféricos. No 2019 Auto Sacramental debutou cun EP producido por Guille Mostaza (El Último Vecino, Soledad Vélez) no que exploraba a mística da España negra a través de ritmo de baile e que incluía o éxito de synthpunk “Sierra Norte”, considerado por Jenesaispop "un novo himno alternativo".


Actualmente, está presentando o seu segundo LP, titulado Diario de la plaga, de corte máis escuro e experimental e editado en vinilo por Ferror Records, con algúns temas en colaboración con outros artistas da nova ola escura como “Nuevo amanecer” con Adrián Bremner de VVV [Trippin’ You], “Diario de la plaga” con Álvaro de Biznaga, “Fuego y Cuarzo” con ELBA e “Máscara/disociación” con Ela Rea. Unha colección de cancións que radiografían o impacto emocional dun mundo cada vez máis fracturado e enfermo sobre a psique individual. Trazando paralelismos coa novela de Camus “A peste”, na que a peste non é máis que unha metáfora do odio e a desconfianza que devorou o mundo durante a Segunda Guerra Mundial, as letras de Auto Sacramental falan en primeira persoa sobre os síntomas dun descontento global que inundacións: unha praga de resentimento e frustración.

Escoita “DIARIO DE LA PLAGA”: https://links.altafonte.com/onkyjzp

Vídeos:
“ESTIGMA”: https://youtu.be/UJuVUwGbLlA?si=wn75UFTGhbrATTS2
“AUTOPSIA”: https://youtu.be/vB3GX0eo8ZM?si=lNu2Cvo1QGvRH5kR
“FUEGO Y CUARZO”: https://youtu.be/nDUYn4K8vOs?si=6sAW-Is7ArRlmHCM
“MÁSCARA/DISOCIACIÓN”: https://youtu.be/w-V530UPUz0

ENTREVISTA ACERO MAGAZINE: https://acero.metalmagazine.eu/post/auto-sacramental
RESEÑA EN MONDOSONORO (8/10): https://www.mondosonoro.com/criticas/discos-
musica/auto-sacramenta-diario-de-la-plaga/
MÉRCORES 15 | CLUBE DO DISCO
20:30h | De balde
Entrada libre ata completar aforo

Continuamos co clube do disco! Trae un (ou varios) discos de vinilo que teñas por casa e comparte os teus cortes favoritos co resto!

Haberá petiscos e refrixerios varios para, nun ambiente ameno e alonxado das dinámicas de consumo de música actual (hiperestimulización, ansiedade por estar á última e precariedade para as artistas) escoitar, conversar, reflexionar é, en resumidas contas, pasar un bó rato. Non hai restricción en canto a estilos e sen non tes acceso / non se che ocurre que aportar podes vir igual a escoitar e debatir connosco!

Cartaz por @barcodenuez
DOMINGO 19 | OBRADOIRO DE SERIGRAFÍA
10:00-14:00 | Doazón 35€
Reservas: reservas@acefala.org

Traémosvos un obradoiro de seri para tódolos públicos, tanto para aquelas que xa fixéchedes seri algunha vez como para as que non coñecedes a técnica.

Traballaremos cun màximo de dúas cores, cos vosos deseños, e sobre papel, mais se alguén ten interese en partir dunha imaxe feita por ordenador, indicádenolo con anterioridade e xestionámolo tamén. Outro tanto do mesmo se queredes estampar textil.

Aprenderedes a emulsionar a pantalla, a insolala e revelala para transferir o voso deseño do fotolito á pantalla, a rexistrar correctamente para poder traballar con máis dunha cor e a a estampar o voso deseño a dúas cores.

De non ter deseño propio, teremos varios preparado para que poidades estampar igual ☺️

Non é precisa experiencia previa, pero iso si! traede roupa que poidades manchar ou un mandil co que vos cubrir.
O custo do obradoiro inclúe os materiais. As prazas son moi limitadas.
Imparte @juanchinho_ e o cartaz é seu tamén.
Desculpade a tardanza, xaneiro vén intenso.
Feliz ano a todas! E este 2025 lembrade que non hai nada máis subversivo que o amor🌪.

> DOMINGO 5: CONCERTO LOUP UBERTO + SOLEDAD ZARKA | 20:00h*
> VENRES 10: PINCHADA NIEBVLA + RUDA BONILLO + LEMOURYNHO B2B YORGOS GIL | 20:00h
> MARTES 14: CLUBE DE LECTURA | 20:00h
> DOMINGO 12: SESIÓN VERMÚ + MERCADIÑO DJ SETS BB.WAV + REI TIER + FRAU TROFFEA + PERKAL + MORENO MORENO | 13:00 a 19:00 h*
> MÉRCORES 15: CLUBE DO DISCO | 20:30h
> DOMINGO 19: OBRADOIRO DE SERIGRAFÍA 10:00h*
> XOVES 23: CLUBE DE DEBUXO | 20:30h
> SÁBADO 25: CONCERTO DE OCRE + AUTOSACRAMENTAL | 21:00 h*

*inscrición previa: reservas@acefala.org

Lembra que para estar informadx das últimas novas sobre Acéfala, podes seguirnos nas nosas redes sociais, así como suscribirte á nosa canle de telegram.

Cartaz feito por @frauveima
XOVES 23: SESIÓN DE DEBUXO CON MODELO AO NATURAL
19:30-21:30 | Doazón de 6 a 10€
Prazas limitadas, reserva en reservas@acefala.org

Volta xaneiro e volta o clube de debuxo.

Dúas horiñas de debuxo, música tranquila, boa compaña e o acougo que da un candil prendido en xaneiro. Vémonos este xoves às sete e media 💜

Pregamos que, coma sempre, traiades o voso propio material ☺️

Vémonos!
SÁBADO 1: AIEGA + SUBKUT + BABY ACAB B2B REMORA

Apertura de portas 19:30h | 6-10 € doazón artistas
Aforo limitado
Reservas: reservas@acefala.org

Abrindo o evento teremos a Aiega, que explorará as posibilidades dun set que se reconstrúe a si mesmo. Dende unha amalgama de texturas en conflito, que se afastan da idea terapéutica do ambient new age, ata unha música de club máis estable, desdibuxando e invertindo o percorrido do deconstructed club.

A continuación Subkut presenta un DJ set que sumerxirá a pista de baile nunha espiral abrasiva de ritmos e texturas post-industriais, construíndo unha paisaxe sonora frenética, futurista e hipnótica que desartella as fronteiras entre xéneros musicais.

E pechando o evento, Remora e Baby Acab ofrecen un b2b dinámico e ecléctico. Trazando un percorrido arredor de xéneros coma o Grime, Dubstep, UK Funky ou o Gqom entre outros, presentarán un set orientado cara á dimensión máis experimental da música de clube.

Abrimos portas ás 19:30h para ir comezando ás 20:00h.

Lembrade reservar a vosa praza. Agardámosvos!

Cartaz por @intel_cora.
FEBREIRO EN ACÉFALA

A programación de febreiro, ainda que cuantitativamente relaxada, con potencia suficiente para prender o corpo das cousas.

Ven paladear.

Sábado 1: DJ sets Aiega + Subkut + Baby.acab b2b Remora | 19:30h *

Martes 4: Clube de Lectura | 20:30h

Sábado 8: Concerto Zan Hoffman + Signora Anido | 21:00h *

Mércores 12: Clube do Disco | 20:30h

Sábado 15: Oráculo con Wences Lamas | 20:30h *

Domingo 16: Obradoiro de Serigrafía | 10:00h *

Domingo 16: Monólogo Muna Duval | 20:00h *

Xoves 20: Clube de Debuxo | 19:30h *

Venres 28: Concerto Fotocopia + wil.helm | 21:00h *


(*) inscrición previa: reservas@acefala.org

Lembra que para estar informadx das últimas novas sobre Acéfala podes seguirnos nas nosas redes sociais, así como suscribirte á nosa canle de Telegram.

Cartaz por Frauveima
ACÉFALA pinned a photo