ABRIL EN ACÉFALA
MARTES 7: CLUBE LECTURA | 20:30h
MÉRCORES 8: CLUB DO DISCO | 20:30
VENRES 10: CONCERTO PANTIS + CLO PLAS | 20:30h*
SÁBADO 11: BEN VINCE | 20:30h*
VENRES 17: MARATÓN DE CINE| 20:00h*
SÁBADO 18: CONCERTO NEURODRAMA + LEGITIMO POLVO | 20:00h*
XOVES 23: SESIÓN DE DEBUXO | 19:30*
VENRES 24: CONCERTO BALAGO | 20:30h*
SÁBADO 25: PENSAR E BRINDAR | 13:00h*
DOMINGO 26: PROD-HUB CLUBE DE PRODUCIÓN MUSICAL | 17:00*
MARTES 28: OBRADOIRO COSTURA | 17:00h*
*inscrición previa: reservas@acefala.org
Lembra que para estar informadx das últimas novas sobre Acéfala podes seguirnos nas nosas redes sociais, así como suscribirte á nosa canle de Telegram.
Cartaz feito por @frauveima

❤3
Ola amig*s,
este cartel estupendo do concerto é obra do artista @rubendominguez, quen de cando en vez deriva en @ulopantis, así que as outras participantes que somos @cloplas imos aportar a literatura.
Ás veces esquecemos que a nosas lembranzas non son un arquivo fixo nin unha copia do que aconteceu e teñen que vir os ritmos electrizantes, os sintes envolventes, a voz espacial e a escrita co corazón na boca de Pantis en ‘Memoria nova’ a recordárnolo. Afundimos no seu "río doente de pasados e futuros" pero emerxemos máis posibles, máis abertas.
Este disco que presenta Rubén é luminosamente escuro e o directo crepita. É coma un eclipse de luces largas onde pode cheirar a roda a queimada porque o de San Vicente no escenario leva o lume dentro.
Clo Plas tivemos xa a sorte de acompañalo este inverno na estrea que montou na Casa da Cultura do seu lugar natal e foi precioso ver aquel sitio convertido nunha especie de @acefala por unhas horas.
Agora volvemos con el ao que xa é o lugar no que máis veces tocamos nós. Como mostra de amor e respeto a este feito estamos preparando un bolo un pouco diferente aos que fixemos aí ata agora ;)
Se queredes acompañarnos este 10 de abril tedes que escribir a reservas@acefala.org e a doazón será de 10 euros.
Temos moitas ganas de estar aí berrando canda vós "Aire, aire! Aire, aire!"

❤1
CAMBIO DE FECHA! : el Club del disco pasa del miércoles 8 al miércoles 15, disculpar las molestias!
SÁBADO 11 | CONCERTO BEN VINCE
21:00h | Doazón: 6-10€
Aforo limitado
Reservas: reservas@acefala.org
Ben Vince é un saxofonista e productor baseado en Londres, Reino Unido. En palabras de Pitchfork “onde conflúen as historias do free jazz, a música de club non convencional e a composición experimental primixenia”.
Por medio da improvisación, a manipulación sónica e loops e efectos, o enfoque espontáneo, mais intuitivo de Vince consegue sobrepasar as limitacións propias do saxofón. Ten actuado en solitario, con artistas coma Valentina Magaletti ou Charles Hayward e coma membro da banda de post-punk experimental Housewives. Tamén ten colaborado en estudio con artistas e bandas coma Rat Heart, Sugai Ken, Cucina Povera ou Moin.
Aquí podes escoitar o seu último traballo, Street Druid:
https://benvince.bandcamp.com/album/street-druid
Estará en Acefala o sábado 11 de Abril ás 21:00h. Reserva a tua entrada!!

❤2
DOMINGO 26 | PROD-HUB: CLUBE HORIZONTAL DE PRODUCIÓN ELECTRÓNICA
17:00-21:00 | Entrada libre
Aforo limitado
Reservas: reservas@acefala.org
A música, dende que existe, ten un forte carácter comunitario: coros, bandas, foliadas, orquestras, batucadas… mires onde mires, é normal ver a varias persoas tocando xuntas. Ou polo menos así era coa música en vivo. Sen embargo, a chegada da música electrónica no século XX comezou a cambiar as cousas. Dunha banda, especialmente coa popularización dos DAW (como Ableton ou Fruity Loops), este cambio de paradigma sonoro abriu as portas da creación musical a máis xente, contribuíndo a democratizar a arte; doutra banda, perdeuse parte do espírito comunitario na creación musical. Hai milleiros de persoas con moito talento producindo soas no seu cuarto, sen apenas feedback externo e sen intercambiar coñecementos con outros iguais, ou facéndoo a través dunha comunicación en liña que pode carecer da calidez e inmediatez presencial.

❤4
Non afirmamos que isto sexa así sempre nin negamos que poida haber artistas completamente a gusto con ditas dinámicas, pero quen bote de menos a compañía doutras persoas durante o proceso creativo poderá atopar en PROD-HUB unha comunidade creativa horizontal e mutante.
Nesta primeira xornada, por limitacións temporais e técnicas, só poderemos traballar con DAWs e as correspondentes controladoras, sen nada analóxico. A idea é romper o xeo, irnos coñecendo, facer algún xogo creativo e, sen figuras de autoridade e guiándonos polas necesidades e intereses de cada participante, definir colectivamente o desenvolvemento e periodicidade de edicións futuras.
Á hora de mandar o correo de reserva, pregamos que indiquedes se a vosa asistencia será como artista ou como público. En caso de vir como artista, contestaremos cun pequeno cuestionario para ter toda a información posible e organizar mellor o aspecto técnico.
Cartaz por willy.the.squid

VENRES 24 | CONCERTO BALAGO
21:00h | Doazón: 6-10€
Aforo limitado
Reservas: reservas@acefala.org
Balago, dende Barcelona e tras pasar por distintas formacións ao longo de mais de 25 anos de traxectoria, transfórmase nesta etapa no proxecto en solitario de David Crespo, alma máter do proxecto.
A sua música flue entre o ambient, a colaxe sonora e a electrónica de vangarda, explorando texturas rítmicas e capas de son cunha forte carga emocional.
David estará en Acéfala presentando “Ningú”, o seu último disco editado polo prestixioso selo Foehn en 2025.
Podes escoitalo aquí:
https://balago.bandcamp.com/album/ning-2
Non se nos ocorre mellor plan para rebaixar a tensión acumulada da semana! Iso si, non esquezas reservar a tua entrada enviando un mail a reservas@acefala.org.

XOVES 23 | SESIÓN DE DEBUXO CON MODELO AO NATURAL
19:30-21:30 | Doazón de 6 a 10 €
Reservas: reservas@acefala.org
Esta tarde temos sesión de debuxo!
Pregamos que, coma sempre, traiades o voso propio material ☺️
É unha sesión de debuxo non guiada, na que calquera nivel é benvido e que pretende ser participativa, na que vos animamos a propór tempos e poses para adaptala, na medida do posible, ao que precisedes.
Vémonos!
Cartaz e debuxo orixinal de Juan Balay @juanchinho_

XOVES 07 DE MAIO| 19:00H
FOTO-BORDADO: TECENDO MEMORIAS🧵✨
Un espazo para habitar a nosa “Memoria Viva”, reencontrándonos a través do fío e da agulla, ferramentas que nos acompañan a resignificar lembranzas e momentos desde o sentipensar e o apoio mutuo.
Esta é unha invitación á recreación desde a tenrura, a autonomía e o acorpoamento ✨💜
📍 Lugar: Acéfala
📅 Data: Xoves, 7 de maio
⏰ Hora: 19:00 h
💸 Doazón: 12 € (inclúe materiais)
📸 Trae unha foto que queiras bordar
É unha invitación a mirar a nosa historia con outros ollos.
📩 Reserva a túa praza no seguinte correo: reservas@acefala.org

SÁBADO 9 | CONCERTO DE SISTEMA CENTRAL+ NEICHER+ STEVE+ IDL.S
20:00-22:30 | Doazón de 8 a 10 €
Reservas: reservas@acefala.org
Unha noite dedicada á electrónica experimental, o ambient, o ruído e a imaxe en directo. SISTEMA CENTRAL, NEICHER, Steve e IDLS.S propoñen un percorrido entre sintetizadores, livecoding, luz líquida, texturas orgánicas e paisaxes sonoras de evolución lenta. Son, código, corpo e materia dialogando en tempo real.
Vémonos!
Cartel feito por Fran Brioni.

VENRES 8 | CONCERTO PAKKYО̄NE
21:00h | Doazón: 6-10€
Aforo limitado
Reservas: reservas@acefala.org
pakkyōne é unha marioneta vestida con roupa esfarrapada, imperdíbeis e trapos. Non fala con palabras pero si cunha estraña linguaxe composta por grafemas sonoros e inclinacións de cabeza. As súas cordas vogais, cosidas con fíos e follas de menta empapadas en resina, raspan o ar e quedan sumerxidas. Dunha árbore oca esculpiu unha cítara e fabricou estraños cacharros batendo pedra, cobre e chumbo fundidos. Construída sen cara nin ollos, adoita tomar prestadas máscaras de varias formas para observa-lo mundo e non tropezarse.

🔥2
pakkyōne é un retorcido traballo de Valerio Mirone, ruidista multi-instrumentalista versado en cantos de gorxa e canto de harmónicos cun pasado como actor e compositor no Teatro del Baglio di Villafrati (Italy). Tamén traballou como profesor de xaponés no instituto, é membro do Lelio Giannetto's Contemporary Sounds Unity ensemble e colaborador externo no Instituto Cultural Italiano en Tokio e na asociación de música contemporánea Curva Minore. Ademáis de pakkyōne, o seu traballo musical actual abrangue varios proxectos como Utveggi, Monogatari e Wadi Ensemble.
Cartaz por willy.the.squid
Cartaz por willy.the.squid
🔥2
Venres, 15 de maio
19:00 h
Aforo limitado
Reservas: reservas@acefala.org
Neste Conversas sexolóxicas damos a benvida a Ophelia Pires, performer e deseñadora, e Matías Herranz, artista emerxente e membro de Arelas, para falar da construción da identidade sexual, partindo dos preconceptos cisheteronormativos que temos asimilados.
Dende unha ollada ás realidades trans, abordaremos cuestións tan esenciais como a relación co corpo e o significado dos xenitais na definición do que é ser home ou ser muller. No camiño de exploración das identidades en sociedade, as persoas trans atópanse con innumerables retos, como a revelación do sexo sentido na súa contorna ou o inicio da transición.
Como pode ser que a transfobia e a fetichización dos corpos trans poidan darse a un tempo, se é que non son a mesma cousa? O cispasing é máis unha estratexia de supervivencia ou tamén ten que ver coa autoaceptación?

Se desexas atopar algunhas respostas, e posiblemente saír con novas dúbidas, xa podes anotarte nesta actividade escribíndonos a reservas@acefala.org.
MARTES 12 | CONCERTO TELOMANTE + MEGABASSE
20:30h | Doazón: 6-10€
Aforo limitado
Reservas: reservas@acefala.org
Telomante é o proxecto mais íntimo do prolífico musico e producto José Guerrero (Mascarpone, Cuello, Betunizer, Sentuhla, entre outros). Xa tivemos o pracer de recibilo en Acéfala en duas ocasións, desta vez, ven presentar o terceiro disco de Telomante “Al margen de la visión” (2025, Mascarpone Discos):
https://mascarponediscos.bandcamp.com/album/al-margen-de-la-visi-n
Un disco retro futurista, oscuro e luminoso a partes iguais, no que incorpora a sua icónica voz empregada noutros proxectos.

Megabasse e o Proxecto en solitario do belga Pierre Bujeau (Omertá, Tanz Mein Herz. Empregando unha guitarra de dobre mástil, pouco frecuente nestes rexistros, crea paisaxes distorsionados, brumosos, repetitivos, delicados e himnoticos. Un fráxil equilibrio entre guitarra improvisada, folk e capas de drone.
Ven presentar “Flamenca”, o seu ultimo traballo editado polo selo Efficient Space. Podes escoitalo aquí:
https://megabasse.bandcamp.com/album/flamenca
Tamén podes escoitar “Au Royaume de Pacheco” editado por Mascarpone, o selo do propio José Guerrero:
https://mascarponediscos.bandcamp.com/album/au-royaume-de-pacheco
En resumo, duas propostas maravillosas para un longo martes de Maio.
O concerto empezará puntual, non esquezas reservar a tua entrada!

megabasse
Flamenca, by megabasse
3 track album
MAIO EN ACÉFALA
*
O sol en maio dorme no chan da choza coma un can de alfombra Á noite mecedoras encostadas desveladas Cadeiras bamboleantes underground underground elegancia clase porte
*
MÉRCORES 6: CLUBE DO DISCO | 20:30h*
XOVES 7: OBRADOIRO DE FOTO-BORDADO: TECENDO MEMORIAS | 19:00h*
VENRES 8: CONCERTO PAKKYONE | 21:00h*
SÁBADO 9: SISTEMA CENTRAL + NEICHER + STEVE “LIVECODING” + IDLS. | 20:00h*
MARTES 12: CONCERTO MEGABASSE + TELOMANTE | 20:30h*
VENRES 15: CONVERSAS SEXOLÓXICAS | 19:00h*
SÁBADO 16: XORNADAS DE CHOLAS BOLIVIANAS | 17:00h
LUNS 18: CLUBE DE LECTURA | 20:30h*
XOVES 21: SESIÓN DE DEBUXO CON MODELO | 19:30*
SÁBADO 23: YOR HILL + OPEN DECKS | 20:30h*
MARTES 26: OBRADOIRO DE COSTURA | 17:00-18:30*
XOVES 28: KUNTARI | 21:00h*
SÁBADO 30: PENSAR E BRINDAR | 12:30h
DOMINGO 31: VISIONADO DOCUMENTAL VOADORES | 18h*

SÁBADO 16 DE MAIO | XORNADA DE CHOLAS BOLIVIANAS 🇧🇴
Un encontro para reflexionar e compartir arredor das identidades e loitas das cholas bolivianas desde unha mirada crítica, feminista e decolonial.
🎤 Participarán:
- Yolanda Mamani Mamani @yolanditamamanimamani
Estudante de socioloxíaa, chola feminista e integrante de Mujeres Creando (onlineL.
• Soly Ortiz @lols_yo
Politóloga boliviana centrada na migración, o feminismo e a decolonialidade (online).
• Cristhian Frias Goytia @cris_f_crash
Artista, activista LGBTQI+ e autor boliviano multidisciplinar. (Online)
Tamén contaremos con mercadiño aberto ao público
Cinema con dous documentais: "Imillas Skate" e "Cholitas"
Música e festa
🎟️ As palestras funcionarán con taquilla inversa para apoiar ás relatoras.
📍 Un espazo de memoria, aprendizaxe colectiva e resistencia.
¡Convidamos a toda a xente a participar!