ACÉFALA
527 subscribers
459 photos
8 videos
426 links
Canle pública de Acéfala con novas e actividades da asociación.

Acéfala é un colectivo cultural cun espazo autónomo en Monte Alto (A Coruña)

www.acefala.org

info@acefala.org
Download Telegram
ACÉFALA pinned a photo
DUNKELWALD + NUEVA APÓSTOL
SÁBADO 14 DE MARZO 20:00H
DOAZÓN ARTISTAS 10€
reservas@acefala.org


Dunkelwald é un duo de Madrid formado por Marco Torremocha (voz, sintetizadores) e Luna Jiménez (guitarra, voz, sintetizadores) o seu son é unha mestura entre darkwave, postpunk e EBM. Unha proposta musical que vai desde o dark máis clásico e melancólico, aos ritmos electrónicos máis actuais. Estarán a presentar o seu novo disco “Somos Cerdos | Somos Cisnes”.

Nueva Apóstol é un proxecto de EBM (Electronic Body Music) cru e directo formado en Vigo polo músico Bruno Mosquera (coñecido por The Cobras e Cult of Auspex). Cunha forte influencia de bandas como Nitzer Ebb ou D.A.F, a proposta caracterízase por letras en castelán, estética punk e visuais lisérxicos, destacando na escena electrónica underground.


Reserva a túa entrada escribindo a reservas@acefala.org


Cartaz feito por @willy.the.squid
2
CONCERTO: SOFOQUINA

DOMINGO 15 DE MARZO 20:00H 
DOAZÓN ARTISTAS 6-10€
reservas@acefala.org


Este domingo visítanos dende Valencia Sofi James, alias Sofoquina. Armada cos seus teclados e tamén compañeiros, Bontempi e Gortron, nos regalará temas de outsider pop envolvente con letras entre bonitas e divertidas para rematar a semana co corazón quente.

Podes escoitar o seu primeiro álbum, La colección de garabatos, en https://sofoquina.bandcamp.com/album/la-colecci-n-de-garabatos.


Reserva a túa entrada escribindo a reservas@acefala.org

Cartaz feito por David Vecino (megafunicular en Instagram)
2
Obradoiro de costura ’Upcycling’

Luns 23 de marzo
17:00-18:30h | Doazón 15€
Aforo limitado*

Volven os obradoiros de costura a Acéfala, da man da nosa amiga @selenezebra

Esta vez imos customizar unha camisa (vella ou sen usar) que teñamos na casa, para darlle unha segunda vida e poder gozala con moito arte!!

Trae a túa máquina de coser e ven aprender a usala mentres customizas e decoras esa camisa que tiñas esquecida.

(Acéfala ocúpase das máquinas e dos materiais, se os preacisares, usando algunha das prendas que quedaron da anterior edición do intercambio de roupa).

Non desbotes as túas vellas prendas, dalles unha nova vida máis sostible!!

*O aforo será limitado. Reserva a través de reservas@acefala.org

Cartaz por @oscarlojo 🤍

Para máis info, escribir a @selenezebra
Boas! Por mor do festivo, cancelamos a sesión de debuxo prevista para hoxe.
👍2
Boas noites! adiamos o obradoiro de costura 'Upcycling' ata o martes 31 de marzo.

Reserva a túa praza reservas@acefala.org
ABRIL EN ACÉFALA 
MARTES 7: CLUBE LECTURA | 20:30h
MÉRCORES 8: CLUB DO DISCO | 20:30
VENRES 10: CONCERTO PANTIS + CLO PLAS | 20:30h*
SÁBADO 11: BEN VINCE | 20:30h*
VENRES 17: MARATÓN DE CINE| 20:00h*
SÁBADO 18: CONCERTO NEURODRAMA + LEGITIMO POLVO | 20:00h*
XOVES 23: SESIÓN DE DEBUXO | 19:30*
VENRES 24: CONCERTO BALAGO | 20:30h*
SÁBADO 25: PENSAR E BRINDAR | 13:00h*
DOMINGO 26: PROD-HUB CLUBE DE PRODUCIÓN MUSICAL | 17:00*
MARTES 28: OBRADOIRO COSTURA | 17:00h*

*inscrición previa: reservas@acefala.org
Lembra que para estar informadx das últimas novas sobre Acéfala podes seguirnos nas nosas redes sociais, así como suscribirte á nosa canle de Telegram.
Cartaz feito por @frauveima
3
ACÉFALA pinned a photo
Ola amig*s,
este cartel estupendo do concerto é obra do artista @rubendominguez, quen de cando en vez deriva en @ulopantis, así que as outras participantes que somos @cloplas imos aportar a literatura.

Ás veces esquecemos que a nosas lembranzas non son un arquivo fixo nin unha copia do que aconteceu e teñen que vir os ritmos electrizantes, os sintes envolventes, a voz espacial e a escrita co corazón na boca de Pantis en ‘Memoria nova’ a recordárnolo. Afundimos no seu "río doente de pasados e futuros" pero emerxemos máis posibles, máis abertas.

Este disco que presenta Rubén é luminosamente escuro e o directo crepita. É coma un eclipse de luces largas onde pode cheirar a roda a queimada porque o de San Vicente no escenario leva o lume dentro.

Clo Plas tivemos xa a sorte de acompañalo este inverno na estrea que montou na Casa da Cultura do seu lugar natal e foi precioso ver aquel sitio convertido nunha especie de @acefala por unhas horas.

Agora volvemos con el ao que xa é o lugar no que máis veces tocamos nós. Como mostra de amor e respeto a este feito estamos preparando un bolo un pouco diferente aos que fixemos aí ata agora ;)

Se queredes acompañarnos este 10 de abril tedes que escribir a reservas@acefala.org e a doazón será de 10 euros.

Temos moitas ganas de estar aí berrando canda vós "Aire, aire! Aire, aire!"
1
CAMBIO DE FECHA! : el Club del disco pasa del miércoles 8 al miércoles 15, disculpar las molestias!
SÁBADO 11 | CONCERTO BEN VINCE
21:00h | Doazón: 6-10€
Aforo limitado
Reservas: reservas@acefala.org

Ben Vince é un saxofonista e productor baseado en Londres, Reino Unido. En palabras de Pitchfork “onde conflúen as historias do free jazz, a música de club non convencional e a composición experimental primixenia”.

Por medio da improvisación, a manipulación sónica e loops e efectos, o enfoque espontáneo, mais intuitivo de Vince consegue sobrepasar as limitacións propias do saxofón. Ten actuado en solitario, con artistas coma Valentina Magaletti ou Charles Hayward e coma membro da banda de post-punk experimental Housewives. Tamén ten colaborado en estudio con artistas e bandas coma Rat Heart, Sugai Ken, Cucina Povera ou Moin.

Aquí podes escoitar o seu último traballo, Street Druid:

https://benvince.bandcamp.com/album/street-druid

Estará en Acefala o sábado 11 de Abril ás 21:00h. Reserva a tua entrada!!
2
DOMINGO 26 | PROD-HUB: CLUBE HORIZONTAL DE PRODUCIÓN ELECTRÓNICA

17:00-21:00 | Entrada libre
Aforo limitado
Reservas: reservas@acefala.org


A música, dende que existe, ten un forte carácter comunitario: coros, bandas, foliadas, orquestras, batucadas… mires onde mires, é normal ver a varias persoas tocando xuntas. Ou polo menos así era coa música en vivo. Sen embargo, a chegada da música electrónica no século XX comezou a cambiar as cousas. Dunha banda, especialmente coa popularización dos DAW (como Ableton ou Fruity Loops), este cambio de paradigma sonoro abriu as portas da creación musical a máis xente, contribuíndo a democratizar a arte; doutra banda, perdeuse parte do espírito comunitario na creación musical. Hai milleiros de persoas con moito talento producindo soas no seu cuarto, sen apenas feedback externo e sen intercambiar coñecementos con outros iguais, ou facéndoo a través dunha comunicación en liña que pode carecer da calidez e inmediatez presencial.
4
Non afirmamos que isto sexa así sempre nin negamos que poida haber artistas completamente a gusto con ditas dinámicas, pero quen bote de menos a compañía doutras persoas durante o proceso creativo poderá atopar en PROD-HUB unha comunidade creativa horizontal e mutante.

Nesta primeira xornada, por limitacións temporais e técnicas, só poderemos traballar con DAWs e as correspondentes controladoras, sen nada analóxico. A idea é romper o xeo, irnos coñecendo, facer algún xogo creativo e, sen figuras de autoridade e guiándonos polas necesidades e intereses de cada participante, definir colectivamente o desenvolvemento e periodicidade de edicións futuras.

Á hora de mandar o correo de reserva, pregamos que indiquedes se a vosa asistencia será como artista ou como público. En caso de vir como artista, contestaremos cun pequeno cuestionario para ter toda a información posible e organizar mellor o aspecto técnico.


Cartaz por willy.the.squid
3
VENRES 24 | CONCERTO BALAGO
21:00h | Doazón: 6-10€
Aforo limitado
Reservas: reservas@acefala.org

Balago, dende Barcelona e tras pasar por distintas formacións ao longo de mais de 25 anos de traxectoria, transfórmase nesta etapa no proxecto en solitario de David Crespo, alma máter do proxecto.
A sua música flue entre o ambient, a colaxe sonora e a electrónica de vangarda, explorando texturas rítmicas e capas de son cunha forte carga emocional.

David estará en Acéfala presentando “Ningú”, o seu último disco editado polo prestixioso selo Foehn en 2025.
Podes escoitalo aquí:

https://balago.bandcamp.com/album/ning-2

Non se nos ocorre mellor plan para rebaixar a tensión acumulada da semana! Iso si, non esquezas reservar a tua entrada enviando un mail a reservas@acefala.org.
XOVES 23 | SESIÓN DE DEBUXO CON MODELO AO NATURAL
19:30-21:30 | Doazón de 6 a 10 €
Reservas: reservas@acefala.org

Esta tarde temos sesión de debuxo!

Pregamos que, coma sempre, traiades o voso propio material ☺️

É unha sesión de debuxo non guiada, na que calquera nivel é benvido e que pretende ser participativa, na que vos animamos a propór tempos e poses para adaptala, na medida do posible, ao que precisedes.

Vémonos!

Cartaz e debuxo orixinal de Juan Balay @juanchinho_
1
XOVES 07 DE MAIO| 19:00H
FOTO-BORDADO: TECENDO MEMORIAS🧵

Un espazo para habitar a nosa “Memoria Viva”, reencontrándonos a través do fío e da agulla, ferramentas que nos acompañan a resignificar lembranzas e momentos desde o sentipensar e o apoio mutuo.

Esta é unha invitación á recreación desde a tenrura, a autonomía e o acorpoamento 💜

📍 Lugar: Acéfala
📅 Data: Xoves, 7 de maio
Hora: 19:00 h
💸 Doazón: 12 € (inclúe materiais)
📸 Trae unha foto que queiras bordar

É unha invitación a mirar a nosa historia con outros ollos.

📩 Reserva a túa praza no seguinte correo: reservas@acefala.org
2
SÁBADO 9 | CONCERTO DE SISTEMA CENTRAL+ NEICHER+ STEVE+ IDL.S
20:00-22:30 | Doazón de 8 a 10 €
Reservas:
reservas@acefala.org
Unha noite dedicada á electrónica experimental, o ambient, o ruído e a imaxe en directo. SISTEMA CENTRAL, NEICHER, Steve e IDLS.S propoñen un percorrido entre sintetizadores, livecoding, luz líquida, texturas orgánicas e paisaxes sonoras de evolución lenta. Son, código, corpo e materia dialogando en tempo real.
Vémonos!
Cartel feito por Fran Br
ioni.
VENRES 8 | CONCERTO PAKKYО̄NE

21:00h | Doazón: 6-10€
Aforo limitado
Reservas: reservas@acefala.org

pakkyōne é unha marioneta vestida con roupa esfarrapada, imperdíbeis e trapos. Non fala con palabras pero si cunha estraña linguaxe composta por grafemas sonoros e inclinacións de cabeza. As súas cordas vogais, cosidas con fíos e follas de menta empapadas en resina, raspan o ar e quedan sumerxidas. Dunha árbore oca esculpiu unha cítara e fabricou estraños cacharros batendo pedra, cobre e chumbo fundidos. Construída sen cara nin ollos, adoita tomar prestadas máscaras de varias formas para observa-lo mundo e non tropezarse.
🔥2
pakkyōne é un retorcido traballo de Valerio Mirone, ruidista multi-instrumentalista versado en cantos de gorxa e canto de harmónicos cun pasado como actor e compositor no Teatro del Baglio di Villafrati (Italy). Tamén traballou como profesor de xaponés no instituto, é membro do Lelio Giannetto's Contemporary Sounds Unity ensemble e colaborador externo no Instituto Cultural Italiano en Tokio e na asociación de música contemporánea Curva Minore. Ademáis de pakkyōne, o seu traballo musical actual abrangue varios proxectos como Utveggi, Monogatari e Wadi Ensemble.

Cartaz por willy.the.squid
🔥2
Venres, 15 de maio
19:00 h
Aforo limitado
Reservas:
reservas@acefala.org

Neste Conversas sexolóxicas damos a benvida a Ophelia Pires, performer e deseñadora, e Matías Herranz, artista emerxente e membro de Arelas, para falar da construción da identidade sexual, partindo dos preconceptos cisheteronormativos que temos asimilados.

Dende unha ollada ás realidades trans, abordaremos cuestións tan esenciais como a relación co corpo e o significado dos xenitais na definición do que é ser home ou ser muller. No camiño de exploración das identidades en sociedade, as persoas trans atópanse con innumerables retos, como a revelación do sexo sentido na súa contorna ou o inicio da transición.

Como pode ser que a transfobia e a fetichización dos corpos trans poidan darse a un tempo, se é que non son a mesma cousa? O cispasing é máis unha estratexia de supervivencia ou tamén ten que ver coa autoaceptación?
1