SÁBADO 14 | FESTA DE DISFRACES: ÇE.LÍA + WIL.HELM
19:30-23:30 | Doazón libre
Aforo limitado
Reservas: reservas@acefala.org
Chega o Antroido e non podíamos deixar pasar a ocasión para pasalo en familia e cosas nosas mellores galas (ou tamén as máis cutres!). E con petiscos!
Para poñerse aos mandos da música en hora punta recibiremos a ÇE.LÍA (ce.lia.tron en IG), DJ emerxente, artista conceptual e tatuadora de Os Mallos que vén cargada de electro, breaks e techno ben groovy e moitas ganas de partir a pista!!!
Para ir quentando as zapatillas e os corpos e celebrar os precedentes da música máis maquinal, o noso residente WIL.HELM (willy.the.squid en IG) estará soltando industrial e EBM a martillazos dende a apertura de portas.
O aforo é limitado, se queres vir manda un correo a reservas@acefala.org para que teñamos unha idea do nivel de asistencia. A doazón é completamente voluntaria.
Cartaz feito por Celia (celiarules en IG)

❤7
VENRES 27 FEBREIRO 20:30H
CONCERTO PLEITO + IGB
DOAZÓN ARTISTAS 10-12€
reservas@acefala.org
Dende Gran Canaria chegan a Galicia "Pleito" e "igb", os proxectos en solitario de Alba Gil Aceytuno e Ignacio González respectivamente, os dous presentando álbum.
Pleito presenta 'Loscoloresdelaspiedras´, onde o saxofón é o protagonista. Mediante arpexios creados coa respiración circular, loops, efectos, elementos da percusión tradicional canaria e a voz de Alba fórmase unha atmosfera hipnótica cunha intensa carga emocional.
'La Umbría´ é o segundo traballo do proxecto igb. Aquí a guitarra é o instrumento principal, que coa axuda de drons, paisaxe sonora e proxeccións senta a base para outra viaxe introspectiva.
Dous dos representantes do máis puro underground canario que teñen moitas ganas de pasear polo norte peninsular ensinando a súa música.
Aquí os agardamos!
Cartel x @madkatala (en insta)
Como sempre o aforo é reducido.
>>>Reserva a túa praza escribindo a: reservas@acefala.org

XOVES 26 | SESIÓN DE DEBUXO CON MODELO AO NATURAL
19:30-21:30 | Doazón de 6 a 10 €
Reservas: reservas@acefala.org
Voltamos, coma voltou o sol! Custou comezar este ano coas sesións de debuxo mais aquí estamos de novo. Este xoves prendemos o candil para pasar dúas horas de debuxo libre nun ambiente tranquilo.
Pregamos que, coma sempre, traiades o voso propio material ☺️
É unha sesión de debuxo non guiada, na que calquera nivel é benvido e que pretende ser participativa, na que vos animamos a propór tempos e poses para adaptala, na medida do posible, ao que precisedes.
Vémonos!
Cartaz e debuxo orixinal de Juan Balay @juanchinho_

MARZO EN ACÉFALA
¿Sabedes que a praza xa está rematada e da o sol ata bastante tarde?
Dia 11 : CLUBE DO DISCO | 20:30h*
Dia 14 : CONCERTO DUNKELWALD + NUEVA APOSTOL | 20:00h*
Dia 15 : CONCERTO SOFOQUINA | 20:00h
Dia 19 : CLUBE DE DEBUXO | 19:30h*
Dia 22 : CLUBE DE PRODUCCIÓN | 17:00h
Dia 23 : OBRADOIRO COSTURA UPCYCLING | 17:00h*
Dia 27 : MARATÓN DE CINE | 19:00h*
Dia 28 : CLUBE PENSAR E BRINDAR | 13:00h*
Dia 30 : CLUBE DE LECTURA | 20:00h*
*inscrición previa: reservas@acefala.org
Lembra que para estar informadx das últimas novas sobre Acéfala podes seguirnos nas nosas redes sociais, así como suscribirte á nosa canle de Telegram.
Cartaz feito por @frauveima

❤2
DUNKELWALD + NUEVA APÓSTOL
SÁBADO 14 DE MARZO 20:00H
DOAZÓN ARTISTAS 10€
reservas@acefala.org
Dunkelwald é un duo de Madrid formado por Marco Torremocha (voz, sintetizadores) e Luna Jiménez (guitarra, voz, sintetizadores) o seu son é unha mestura entre darkwave, postpunk e EBM. Unha proposta musical que vai desde o dark máis clásico e melancólico, aos ritmos electrónicos máis actuais. Estarán a presentar o seu novo disco “Somos Cerdos | Somos Cisnes”.
Nueva Apóstol é un proxecto de EBM (Electronic Body Music) cru e directo formado en Vigo polo músico Bruno Mosquera (coñecido por The Cobras e Cult of Auspex). Cunha forte influencia de bandas como Nitzer Ebb ou D.A.F, a proposta caracterízase por letras en castelán, estética punk e visuais lisérxicos, destacando na escena electrónica underground.
Reserva a túa entrada escribindo a reservas@acefala.org
Cartaz feito por @willy.the.squid

CONCERTO: SOFOQUINA
DOMINGO 15 DE MARZO 20:00H
DOAZÓN ARTISTAS 6-10€
reservas@acefala.org
Este domingo visítanos dende Valencia Sofi James, alias Sofoquina. Armada cos seus teclados e tamén compañeiros, Bontempi e Gortron, nos regalará temas de outsider pop envolvente con letras entre bonitas e divertidas para rematar a semana co corazón quente.
Podes escoitar o seu primeiro álbum, La colección de garabatos, en https://sofoquina.bandcamp.com/album/la-colecci-n-de-garabatos.
Reserva a túa entrada escribindo a reservas@acefala.org
Cartaz feito por David Vecino (megafunicular en Instagram)

Obradoiro de costura ’Upcycling’
Luns 23 de marzo
17:00-18:30h | Doazón 15€
Aforo limitado*
Volven os obradoiros de costura a Acéfala, da man da nosa amiga @selenezebra
Esta vez imos customizar unha camisa (vella ou sen usar) que teñamos na casa, para darlle unha segunda vida e poder gozala con moito arte!!
Trae a túa máquina de coser e ven aprender a usala mentres customizas e decoras esa camisa que tiñas esquecida.
(Acéfala ocúpase das máquinas e dos materiais, se os preacisares, usando algunha das prendas que quedaron da anterior edición do intercambio de roupa).
Non desbotes as túas vellas prendas, dalles unha nova vida máis sostible!!
*O aforo será limitado. Reserva a través de reservas@acefala.org
Cartaz por @oscarlojo 🤍
Para máis info, escribir a @selenezebra

Boas noites! adiamos o obradoiro de costura 'Upcycling' ata o martes 31 de marzo.
Reserva a túa praza reservas@acefala.org

ABRIL EN ACÉFALA
MARTES 7: CLUBE LECTURA | 20:30h
MÉRCORES 8: CLUB DO DISCO | 20:30
VENRES 10: CONCERTO PANTIS + CLO PLAS | 20:30h*
SÁBADO 11: BEN VINCE | 20:30h*
VENRES 17: MARATÓN DE CINE| 20:00h*
SÁBADO 18: CONCERTO NEURODRAMA + LEGITIMO POLVO | 20:00h*
XOVES 23: SESIÓN DE DEBUXO | 19:30*
VENRES 24: CONCERTO BALAGO | 20:30h*
SÁBADO 25: PENSAR E BRINDAR | 13:00h*
DOMINGO 26: PROD-HUB CLUBE DE PRODUCIÓN MUSICAL | 17:00*
MARTES 28: OBRADOIRO COSTURA | 17:00h*
*inscrición previa: reservas@acefala.org
Lembra que para estar informadx das últimas novas sobre Acéfala podes seguirnos nas nosas redes sociais, así como suscribirte á nosa canle de Telegram.
Cartaz feito por @frauveima
MARTES 7: CLUBE LECTURA | 20:30h
MÉRCORES 8: CLUB DO DISCO | 20:30
VENRES 10: CONCERTO PANTIS + CLO PLAS | 20:30h*
SÁBADO 11: BEN VINCE | 20:30h*
VENRES 17: MARATÓN DE CINE| 20:00h*
SÁBADO 18: CONCERTO NEURODRAMA + LEGITIMO POLVO | 20:00h*
XOVES 23: SESIÓN DE DEBUXO | 19:30*
VENRES 24: CONCERTO BALAGO | 20:30h*
SÁBADO 25: PENSAR E BRINDAR | 13:00h*
DOMINGO 26: PROD-HUB CLUBE DE PRODUCIÓN MUSICAL | 17:00*
MARTES 28: OBRADOIRO COSTURA | 17:00h*
*inscrición previa: reservas@acefala.org
Lembra que para estar informadx das últimas novas sobre Acéfala podes seguirnos nas nosas redes sociais, así como suscribirte á nosa canle de Telegram.
Cartaz feito por @frauveima
❤3
Ola amig*s,
este cartel estupendo do concerto é obra do artista @rubendominguez, quen de cando en vez deriva en @ulopantis, así que as outras participantes que somos @cloplas imos aportar a literatura.
Ás veces esquecemos que a nosas lembranzas non son un arquivo fixo nin unha copia do que aconteceu e teñen que vir os ritmos electrizantes, os sintes envolventes, a voz espacial e a escrita co corazón na boca de Pantis en ‘Memoria nova’ a recordárnolo. Afundimos no seu "río doente de pasados e futuros" pero emerxemos máis posibles, máis abertas.
Este disco que presenta Rubén é luminosamente escuro e o directo crepita. É coma un eclipse de luces largas onde pode cheirar a roda a queimada porque o de San Vicente no escenario leva o lume dentro.
Clo Plas tivemos xa a sorte de acompañalo este inverno na estrea que montou na Casa da Cultura do seu lugar natal e foi precioso ver aquel sitio convertido nunha especie de @acefala por unhas horas.
Agora volvemos con el ao que xa é o lugar no que máis veces tocamos nós. Como mostra de amor e respeto a este feito estamos preparando un bolo un pouco diferente aos que fixemos aí ata agora ;)
Se queredes acompañarnos este 10 de abril tedes que escribir a reservas@acefala.org e a doazón será de 10 euros.
Temos moitas ganas de estar aí berrando canda vós "Aire, aire! Aire, aire!"

❤1
CAMBIO DE FECHA! : el Club del disco pasa del miércoles 8 al miércoles 15, disculpar las molestias!
SÁBADO 11 | CONCERTO BEN VINCE
21:00h | Doazón: 6-10€
Aforo limitado
Reservas: reservas@acefala.org
Ben Vince é un saxofonista e productor baseado en Londres, Reino Unido. En palabras de Pitchfork “onde conflúen as historias do free jazz, a música de club non convencional e a composición experimental primixenia”.
Por medio da improvisación, a manipulación sónica e loops e efectos, o enfoque espontáneo, mais intuitivo de Vince consegue sobrepasar as limitacións propias do saxofón. Ten actuado en solitario, con artistas coma Valentina Magaletti ou Charles Hayward e coma membro da banda de post-punk experimental Housewives. Tamén ten colaborado en estudio con artistas e bandas coma Rat Heart, Sugai Ken, Cucina Povera ou Moin.
Aquí podes escoitar o seu último traballo, Street Druid:
https://benvince.bandcamp.com/album/street-druid
Estará en Acefala o sábado 11 de Abril ás 21:00h. Reserva a tua entrada!!

DOMINGO 26 | PROD-HUB: CLUBE HORIZONTAL DE PRODUCIÓN ELECTRÓNICA
17:00-21:00 | Entrada libre
Aforo limitado
Reservas: reservas@acefala.org
A música, dende que existe, ten un forte carácter comunitario: coros, bandas, foliadas, orquestras, batucadas… mires onde mires, é normal ver a varias persoas tocando xuntas. Ou polo menos así era coa música en vivo. Sen embargo, a chegada da música electrónica no século XX comezou a cambiar as cousas. Dunha banda, especialmente coa popularización dos DAW (como Ableton ou Fruity Loops), este cambio de paradigma sonoro abriu as portas da creación musical a máis xente, contribuíndo a democratizar a arte; doutra banda, perdeuse parte do espírito comunitario na creación musical. Hai milleiros de persoas con moito talento producindo soas no seu cuarto, sen apenas feedback externo e sen intercambiar coñecementos con outros iguais, ou facéndoo a través dunha comunicación en liña que pode carecer da calidez e inmediatez presencial.

❤4
Non afirmamos que isto sexa así sempre nin negamos que poida haber artistas completamente a gusto con ditas dinámicas, pero quen bote de menos a compañía doutras persoas durante o proceso creativo poderá atopar en PROD-HUB unha comunidade creativa horizontal e mutante.
Nesta primeira xornada, por limitacións temporais e técnicas, só poderemos traballar con DAWs e as correspondentes controladoras, sen nada analóxico. A idea é romper o xeo, irnos coñecendo, facer algún xogo creativo e, sen figuras de autoridade e guiándonos polas necesidades e intereses de cada participante, definir colectivamente o desenvolvemento e periodicidade de edicións futuras.
Á hora de mandar o correo de reserva, pregamos que indiquedes se a vosa asistencia será como artista ou como público. En caso de vir como artista, contestaremos cun pequeno cuestionario para ter toda a información posible e organizar mellor o aspecto técnico.
Cartaz por willy.the.squid

VENRES 24 | CONCERTO BALAGO
21:00h | Doazón: 6-10€
Aforo limitado
Reservas: reservas@acefala.org
Balago, dende Barcelona e tras pasar por distintas formacións ao longo de mais de 25 anos de traxectoria, transfórmase nesta etapa no proxecto en solitario de David Crespo, alma máter do proxecto.
A sua música flue entre o ambient, a colaxe sonora e a electrónica de vangarda, explorando texturas rítmicas e capas de son cunha forte carga emocional.
David estará en Acéfala presentando “Ningú”, o seu último disco editado polo prestixioso selo Foehn en 2025.
Podes escoitalo aquí:
https://balago.bandcamp.com/album/ning-2
Non se nos ocorre mellor plan para rebaixar a tensión acumulada da semana! Iso si, non esquezas reservar a tua entrada enviando un mail a reservas@acefala.org.

XOVES 23 | SESIÓN DE DEBUXO CON MODELO AO NATURAL
19:30-21:30 | Doazón de 6 a 10 €
Reservas: reservas@acefala.org
Esta tarde temos sesión de debuxo!
Pregamos que, coma sempre, traiades o voso propio material ☺️
É unha sesión de debuxo non guiada, na que calquera nivel é benvido e que pretende ser participativa, na que vos animamos a propór tempos e poses para adaptala, na medida do posible, ao que precisedes.
Vémonos!
Cartaz e debuxo orixinal de Juan Balay @juanchinho_
19:30-21:30 | Doazón de 6 a 10 €
Reservas: reservas@acefala.org
Esta tarde temos sesión de debuxo!
Pregamos que, coma sempre, traiades o voso propio material ☺️
É unha sesión de debuxo non guiada, na que calquera nivel é benvido e que pretende ser participativa, na que vos animamos a propór tempos e poses para adaptala, na medida do posible, ao que precisedes.
Vémonos!
Cartaz e debuxo orixinal de Juan Balay @juanchinho_
❤1
XOVES 07 DE MAIO| 19:00H
FOTO-BORDADO: TECENDO MEMORIAS🧵✨
Un espazo para habitar a nosa “Memoria Viva”, reencontrándonos a través do fío e da agulla, ferramentas que nos acompañan a resignificar lembranzas e momentos desde o sentipensar e o apoio mutuo.
Esta é unha invitación á recreación desde a tenrura, a autonomía e o acorpoamento ✨💜
📍 Lugar: Acéfala
📅 Data: Xoves, 7 de maio
⏰ Hora: 19:00 h
💸 Doazón: 12 € (inclúe materiais)
📸 Trae unha foto que queiras bordar
É unha invitación a mirar a nosa historia con outros ollos.
📩 Reserva a túa praza no seguinte correo: reservas@acefala.org