ACÉFALA
527 subscribers
459 photos
8 videos
426 links
Canle pública de Acéfala con novas e actividades da asociación.

Acéfala é un colectivo cultural cun espazo autónomo en Monte Alto (A Coruña)

www.acefala.org

info@acefala.org
Download Telegram
O CLUBE DO DISCO atrasámolo para o vindeiro mércores 19. Disculpade.
👍1
PRÓXIMO SABADO 15 DE NOVEMBRO. KARAOKE CON KIKIÑO DA SILVA. Abrimos portas ás 19:30 e estades todas convidadas a cantar guilty pleasures a capela.
👏1
Concerto: Radio Hito, Shakeeb Abu Hamdan, Noela Covelo Velasco + Garazi Navas, Irene Ivankova, Chago

Domingo 30 de Novembro
17:00 | Doazón recomendada: 15-20€

Estamos felices de anunciar esta colaboración coas compas de Paisaxes Liminais, con propostas experimentais dende Vietnam, Líbano, Euskadi e Galiza.

Quedan moi poucas entradas!
Podes reservar a tua escribindo a reservas@acefala.org
6
Xoves, 4 de decembro
19:00 h
Aforo limitado
Reservas:
reservas@acefala.org

Volve o Conversas sexolóxicas, desta vez cun programa do máis completo.

Comezaremos co visionado da curta documental Estigma, de Pilar García Elegido, que forma parte do proxecto Positivo+25, co que se conmemora o 25 aniversario do documental Positivo, nominado aos premios Goya e gañador de distintos galardóns no ano 2000.

E de seguido retomaremos o noso espazo do Conversas, enfocado nesta ocasión ao estigma ao que se enfrontan as persoas que conviven co VIH. Teremos ocasión de comentar a curta documental e conversar sobre este tema na compañía de Fina Baliñas, enfermeira xubilada do CHUAC, especialista en VIH.

Procuraremos clarexar cuestións como... que supón o diagnóstico VIH+? que é iso de Indetectable = Intransmisible? ou como pode afectar á nosa sexualidade?

Se tes interese, curiosidade sobre o tema, ou simplemente queres pasar un anaco connosco en Acéfala, non tes máis que anotarte escribíndonos a reservas@acefala.org.
5
SÁBADO 13: INTERCAMBIO DE ROUPA + VERMÚ CON DJ LA VEPE
13:00h-18:00h
Doazón artista: 5€
reservas@acefala.org

O próximo sábado as 13:00h vinde á xornada de intercambio de roupa amenizada por @la_vepe que poñeranos a bailar mentres brindamos e degustamos a nosa paella vegan.

⭐️Como participar?
Revisa o armario e escolle a roupa, zapatos ou accesorios que non pós. (non por vellas porfi)
Escolle as prendas que che gusten e as que che faría feliz velas tendo unha nova vida.
Mira que non teña manchas ou dalle unha lavada se é precisa e achegaas a Acéfala. Voila! 🧚🏼

Comezaremos a recollelas durante esta semana previa o evento, anotaremos o número de prendas que donas e poderás intercambialas polo que ti queiras!
É importante que as prendas estén en bo estado e sexan para a vindeira temporada así facilitanos o traballo e aseguramos que todas atopamos o troco perfecto.🙏🏼

Se tes algunha dúbida podes escribirnos a reservas@acefala.org

Cartas feito por @movidasylocuras
DOMINGO 14: XORNADAS BOLIVIANAS: "Terra, Danzas e Tradición"
17:30h | De balde

Este domingo de inverno a comunidade boliviana que forma parte da nosa veciñanza trae unha xornada chea de cor, música e tradición 🇧🇴

Disfrutaremos dunha película que aborda unha profunda reflexión arredor do medio ambiente e dos desafíos que afrontan as comunidades locais. Un bo momento para ver, pensar e debater.

Ademais, coñeceremos un pouco das tradicións propias que ten para o nadal.

Contaremos cun mercadillo con diversidade de produtos, algunhos traídos directamente desde Bolivia. Xunto a isto, haberá unha fermosa exposición de traxes típicos dos bailes do seu entroido.

Ven a compartir cultura con nós 💛
Cartaz @gabriela_friasgoytia

#bolivia
8
MÉRCORES 17: SESIÓN DE DEBUXO CON MODELO AO NATURAL
19:30-21:30 | Doazón de 6 a 10€
Prazas limitadas, reserva en reservas@acefala.org

Este mércores abrimos a porta amarela para acoller a derradeira sesión de debuxo deste ano. As caras de sempre e as novas, sodes benvidas todas. Non importa o nivel nin a experiencia, agárdanvos dúas horas de debuxo libre, en boa compaña e un ambiente tranquilo.

Pregamos que, coma sempre, traiades o voso propio material ☺️

É unha sesión de debuxo non guiada, na que calquera nivel é benvido e que pretende ser participativa, na que vos animamos a propór tempos e poses para adaptala, na medida do posible, ao que precisedes.

Vémonos!

Cartaz e debuxo orixinal de Juan Balay @juanchinho_
2
VENRES 19 DECEMBRO 20:30H
PROXECCIÓN DOCUMENTAL
+ CONCERTO ZAN HOFFMAN
Doazón suxerida 8-10€

Despois da súa estrea no Cineclube de Compostela, o documental “MANUAL DE
INSTRUCIÓNS DE HORREOASTRONAVES” chega este venres a Acéfala!

O crooner punk de Kentucky, Zan Hoffman, presenta un delirio audiovisual no que —segundo o propio autor— “o noso heroe chega do Novo Mundo para descubrir unha trama galáctica destinada a recolectar millo empregando cans como pilotos de hórreos galegos”.

Unha peza que combina humor cósmico e arqueoloxía rural, froito da súa fascinación polos hórreos e dunha estancia creativa en Galicia que deixa pegada e visións interplanetarias.

Para pechar o evento, Hoffman ofrecerá unha actuación en directo co seu formato Bodycocktail, na que soarán alguns dos novos temas publicados este ano en albums como "Overflow Genius" ou "Dreams Of A Half-Mast Heart" e tamén algún clásico ou tal vez non.

Se queres acompañarnos nesta viaxe reserva a túa praza escribindo a:
reservas@acefala.org
🌀 DE LERIA: CLUBE DE GALEGO
Terceira edición
XOVES 18 DE DECEMBRO
19:30H | De balde

Para case pechar o ano volvemos con máis leria, conversa e bo ambiente.
Non importa o teu nivel: aquí vimos falar, aprender e pasalo ben.

Trae un libro, unha recomendación ou simplemente as ganas de compartir.
Cantas máis persoas, mellor soa o galego 💛

#DeLeira #ClubeDeGalego #FalemosGalego #AprenderGalego #Leria
ESTE SÁBADO 20 de 16:30 a 23:30 h. Doazon para sufragar a organizacion do evento 10-15 euros.

FESTA DE PRESENTACIÓN DO COLECTIVO AMIGO.

Un colectivo de xente que fai musica e adica o seu tempo a outras artes. Buscan construir unha comunidade para apoiarse e inspirarse na creación e na difusión dos seus proxectos.

6 horas de conciertos, dj set, lives e proxeccions.

Reserva en reservas@acefala.org
3
XANEIRO EN ACÉFALA

Feliz Solsticio de inverno a todxs! con un pouco de retraso.
Esperamos que estades ben, e nos vexamos este mes en Acéfala.

> Martes 13: Clube de Lectura | 20:30h
> Mércores 14: Clube do Disco | 20:30h
> Sábado 17: Sesión de vinilos con Grobas | 19:30 h*
> Mércores 21: Concerto Fliessgewaesser + Above the Tree | 20:00 h*
> Xoves 22: De Leria: Club de Galego | 19:30h
> Xoves 29: Clube de Debuxo | 19:30 h*
> Sábado 24: Concerto Aeronave Adolescente + Saguxar | 20:30 h*
> Sábado 31: Pensar e Brindar: Encontros Filosóficos+Vermú | 12:30 h

*inscrición previa: reservas@acefala.org
Lembra que para estar informadx das últimas novas sobre Acéfala podes seguirnos nas nosas redes sociais, así como suscribirte á nosa canle de Telegram.
Cartaz feito por @frauveima
4
ACÉFALA pinned a photo
MÉRCORES 21 | CONCERTO FLIEßGEWÄSSER + ABOVE THE TREE
20:30h | Doazón: 10€
Aforo limitado
Reservas: reservas@acefala.org

Fließgewässer é o alias do proxecto sonoro persoal de Heinzel, músico de orixe xermánico pero que xa leva varios anos residindo en Barcelona. Ben de sobra coñecido no circuito da música DIY estatal e internacional, estamos moi contentas de telo un año mais no noso espazo.

A súa música electroacustica, que oscila entre o ambient, folk, noise e punk é intencionalmente misteriosa e chea de sorpresas. Toma como punto de orixe as conversacións aleatorias sobre o xeralmente futuro incerto que temos por diante, coas necesidades de adaptación e improvisación que nos impoñe.
Traerá coma a última vez unha pequeña colección de instrumentos persas, ou voltará coa sua bicicleta-sintetizador?
Ven descubrilo ti mesma!
3
Estará acompañado na sua xira por Marco Bernacchia, tamén coñecido coma Above the Tree. A traxectoria musical de Marco comezou cunha formación clásica na infancia. Abandonou pronto esas ideas para andentrarse nunha exploración persoal do ruido, o folk e o blues producido por instrumentos.
Podes escoitar o seu traballo aqui:

https://abovethetree1.bandcamp.com/album/king-above

Reserva a tua entrada escribindo a reservas@acefala.org
🌀 DE LEIRA: CLUBE DE GALEGO
Nova xuntanza

XOVES 22
19:30 h | De balde

Este mes volvemos xuntarnos para compartir parolas, lerias e bo rollo en galego.
Un espazo aberto, informal e acolledor para practicar a lingua sen medos nin présas.

Non importa o teu nivel: aquí vimos falar, escoitar, aprender e desfrutar xuntas.
Podes traer un libro, unha canción, unha historia… ou simplemente as ganas de conversar.

💛Agardámoste!

#DeLeira #ClubeDeGalego #FalemosGalego #ParolasELerias #Galego
3
PRESENTACIÓN DO LIBRO: CRIAR UM POVO FORTE, DE FELIPE CORRÊA
Xoves 29, 19:00
Entrada libre.

Este xoves achegámonos a Acéfala para partillar no barrio as reflexións nas que estamos inmersas.

Falaremos sobre o contexto actual. Un capitalismo descarnado que redobra forzas contra nós. Un brazo armado, o fascismo, que golpea con dureza a pobos, cidades e barrios.

Doutro lado, xente que loita, tratando de apagar moitos lumes á vez, e que ve difícil, se non imposible, un cambio real a mellor.

¿Cómo afrontamos está situación? A través do libro de Felipe Correa: Criar um povo forte, tratamos de pensar máis alá do inmobilismo e a reacción.

A través da reflexión sobre o anarquismo organizado e cun horizonte revolucionario en mente, repensamos o papel da organización política, dos movementos sociais e da loita nas rúas.

Criar um povo forte non como utopía, senón ferramenta para resistir e transformar.

Xesta e Bastiana.
22
VENRES 6: ORÁCULO CON WENCES LAMAS

21:12h | 5-10€ de doazón artista
Aforo limitado
Reservas: reservas@acéfala.org

Dende Acéfala invocamos un novo Oráculo que nos ilumine o camiño deste novo ano. Viaxaremos co artista e terapeuta Wences Lamas a un espectáculo caótico, tenro e imprevisible para ler o noso presente. Un encontro amoroso e tamén un taller de autocoñecemento onde investigar a propia existencia.
Os dilemas cotiás, enfados familiares, leas laborais ou ansias amorosas están sempre roldándonos. Cando nos xuntamos evitamos falar desas dores ou recibimos respostas esquivas como "malo será" ou "pouco a pouco". No Oráculo a proposta é unirse para tratar de exorcirzar estas cuestións con valor, amor e humor. O xogo consiste en que os/as asistentes escriban unha pregunta anónima, que depositan nun bote; Wences comeza entón a lectura buscando a resposta cun feixe de tarots improvisados (unha caixa chea de xoguetes de Ovos Kinder, unha baralla feita con memes de Internet, unha colección de test de Roschard, etc). A mirada aguda, sen prexuízos e cómica converterá entón cada obxecto nun portal de revelación que mestura o trivial e o transcendental. Créase, así, un ambiente íntimo, lúdico e máxico que fai mudar, de súpeto, aos asistentes, en consultantes e adiviños.
Un espectáculo cheo de humor e maxia que pretende transformar brevemente a nosa percepción do mundo.
Unha porta aberta para aventurarse conxuntamente no que nos atormenta e ollalo cunha nova mirada. Unha sorpresa simple e complexa onde deixarse guiar pola creatividade que define a arte.


🔮🔮🔮🔮🔮🔮
https://www.wenceslamas.com/rito/oraculo
OBRADOIRO DE FEMMESTYLE by Abbi
Exploración a través da conciencia corporal e da sensualidade

XOVES 5
19:00h| Doazón: 8-10 €

Abbi é psicóloga, bailarina e trainer en focusing boliviana. Comprometida coa promoción da resiliencia a través do baile e do movemento consciente.

Obradoiro de 2 horas, dirixido a mulleres maiores de 18 anos que desexan conectar co seu corpo a través do movemento consciente e explorar a sensualidade dun xeito respectuoso e presente.

O encontro comeza cun acondicionamento físico localizado e un proceso de focusing para o recoñecemento corporal, creando unha base segura e consciente.

Abórdanse a sensualidade desde unha perspectiva psicofisiolóxica, integrándoa na postura de femmestyle e nos seus movementos fundamentais.

O proceso culmina coa execución dunha coreografía que integra todo o aprendido e cun focusing de peche, permitindo unha experiencia completa de conexión, expresión e presenza corporal.

Reserva a túa praza escribindo a: reservas@acefala.org
1