ACÉFALA
527 subscribers
459 photos
8 videos
426 links
Canle pública de Acéfala con novas e actividades da asociación.

Acéfala é un colectivo cultural cun espazo autónomo en Monte Alto (A Coruña)

www.acefala.org

info@acefala.org
Download Telegram
Concerto: Bear Bones, Lay Low + Deep Triskell
Martes 21 de Outubro
20:30 | Doazón recomendada: 8-12€

Bear Bones, Lay Low é o proxecto en solitario de Ernesto Gonzalez (tamén membro Sylvester Anfang II), artista orixinario de Venezuela pero que leva xa un tempo afincado en Bélxica. Neste proxecto Ernesto combina krautrock dos 60/70s, folk ácido e sintetizadores. Conta con numerosos traballos publicados dende o 2007 en sellos de referencia coma Kraak ou Nonlocal Research.
Podes explorar os seus directos aqui:

https://www.ursss.com/artist/bear-bones-lay-low/

Dende Rennes (Bretaña) sumase á proposta Maxime Primault baixo o seu proxecto en solitario Deep Triskell, onde combina músicas tradicionais celtas, drone, noise e dub. Podes escoitar a súa proposta aqui:

https://on.soundcloud.com/FshWXE7bYZN9Hqs9as

Este martes 21 de Outubro ás 20.30 tes unha cita ineludible se che interesa a música experimental. Podes reservar a tua entrada escribindo a reservas@acefala.org.
🌀 DE LERIA: CLUB DE GALEGO — Segunda sesión!

Na segunda xuntanza do Club de Galego seguimos botando unhas boas lerias, aprendendo e compartindo entre todas.

Esta vez queremos animar a máis xente a sumarse e a traer libros, ideas ou materiais que vos axudasen (ou que recomendades) para aprender ou mellorar o galego.

Non importa o nivel que teñas — o importante é pasalo ben, falar un chisco e crear xuntas un espazo aberto, divertido e cheo de galego.         

Cartaz feito por @gabriela_friasgoytia

#DeLeira #ClubeDeGalego #Falemos #AprenderGalego #Leria
3
Concerto
Maud The Moth + Doce Fuegos
Mércores 29 de Outubro 20:30h
Doazón recomendada: 10€

Maud the Moth regresa a Acéfala na xira de *The Distaff* (2025), un traballo onde se mergulla en símbolos femininos, memoria e emoción. Cun piano que transita entre a delicadeza e a distorsión, e unha voz de rexistro case operístico, ofrece un directo intenso e hipnótico xunto ao guitarrista e produtor Scott McLean.
Tras acompañar aos míticos Earth na súa recente xira polo Reino Unido e Irlanda, chega cun espectáculo que confirma a súa proxección internacional.

Abrirá a noite Doce Fuegos, proxecto en solitario de Miguel Palou (membro de Pylar). O seu son bebe do violín, a mandolina e a percusión, mais tamén de drons e atmosferas que atravesan o post-rock, o ambient e o black metal, evocando lendas e paisaxes do norte.

Un encontro entre o místico e o visceral que non podes perder.

🎟️ Reserva a túa entrada en reservas@acefala.org
SÁBADO 25 OUTUBRO | 21:00H 
Doazón dende 8€ taquilla inversa
Aforo limitado.
reservas@acefala.org

🐓AVERIO: Varietés Averiadas 🐓

Benvides averiades, pájaras e pluma! 

O @averio.show chega cacareando dende Vigo ata Monte Alto!

Somos unha bandada de pájaras viguesas, travestis desplumadas, bestas grotescas con fame do cariño do público. Imos darvos un show cheo de pico, pluma e mala leite festiva 🎃🧡

Xunto a:

👠@porfiria_burton
👹@endisneer 🤡 @borradortrans
🧚‍♀️ @putxnenaza 👽 @meiga_i

Únete o cacareo e reserva xa 🐔🏳️‍🌈

Cartaz: @_asin_di
4
XOVES 30: SESIÓN DE DEBUXO CON MODELO AO NATURAL
19:30-21:30 | Doazón de 6 a 10€
Prazas limitadas, reserva en reservas@acefala.org

O vindeiro xoves volvemos prender o candil e botar os lápices a andar.

Pregamos que, coma sempre, traiades o voso propio material ☺️

É unha sesión de debuxo non guiada, na que calquera nivel é benvido e que pretende ser participativa, na que vos animamos a propór tempos e poses para adaptala, na medida do posible, ao que precisedes.

Vémonos!

Cartaz e debuxo orixinal de Juan Balay @juanchinho_
4
VENRES 31: SAMAÍN DELIRIO
19:00H | Doazón dende 6€
Taquilla Inversa
Aforo limitado
reservas@acefala.org

Escarlatina Pier será a mestra de cerimonias nesta noite rara e dispar, presentando o trío Delirio,
Composto por:

👽 Plutonia Banana
🦑 Obvia
🧟‍♂ Syndi Popper

Facendo homenaxe o cine de culto, cunha selección persoal das súas películas de fantasía/terror favoritas, xa que a festividade acompaña 🎃👻

Unha mestura de drag, música e cine interactivo.

Para rematar, Plutonia e Syndi farannos bailar o son de ritmos petardos e pegadizos.

Cartaz: Obvia
4
NOVEMBRO 2025 EN ACÉFALA

Luns 3: Wikiclube | 19:00
Mércores 5: Clube do Disco | 20:30
Sábado 15: Karaoke con Kikiño Da Silva | 19:30 *
Xoves 20: De Leria: Clube de Galego | 19:30
Martes 25: Clube de Lectura | 20:30
Xoves 27: Clube de Debuxo | 19:30 *
Domingo 30: Paisaxes Liminais x Acéfala: Shakeeb Abu Hamdam, Radio Hito, noela covelo velasco + Garazi Navas, Irene Ivankovà | 17:00 *

*Inscrición previa: reservas@acefala.org

Lembra que para estar informadx das últimas novas sobre Acefala podes seguirnos en Instagram, Mastodon ou suscribirte á nosa canle de Telegram.

Cartaz por Robert Janes
6
ACÉFALA pinned a photo
O CLUBE DO DISCO atrasámolo para o vindeiro mércores 19. Disculpade.
👍1
PRÓXIMO SABADO 15 DE NOVEMBRO. KARAOKE CON KIKIÑO DA SILVA. Abrimos portas ás 19:30 e estades todas convidadas a cantar guilty pleasures a capela.
👏1
Concerto: Radio Hito, Shakeeb Abu Hamdan, Noela Covelo Velasco + Garazi Navas, Irene Ivankova, Chago

Domingo 30 de Novembro
17:00 | Doazón recomendada: 15-20€

Estamos felices de anunciar esta colaboración coas compas de Paisaxes Liminais, con propostas experimentais dende Vietnam, Líbano, Euskadi e Galiza.

Quedan moi poucas entradas!
Podes reservar a tua escribindo a reservas@acefala.org
6
Xoves, 4 de decembro
19:00 h
Aforo limitado
Reservas:
reservas@acefala.org

Volve o Conversas sexolóxicas, desta vez cun programa do máis completo.

Comezaremos co visionado da curta documental Estigma, de Pilar García Elegido, que forma parte do proxecto Positivo+25, co que se conmemora o 25 aniversario do documental Positivo, nominado aos premios Goya e gañador de distintos galardóns no ano 2000.

E de seguido retomaremos o noso espazo do Conversas, enfocado nesta ocasión ao estigma ao que se enfrontan as persoas que conviven co VIH. Teremos ocasión de comentar a curta documental e conversar sobre este tema na compañía de Fina Baliñas, enfermeira xubilada do CHUAC, especialista en VIH.

Procuraremos clarexar cuestións como... que supón o diagnóstico VIH+? que é iso de Indetectable = Intransmisible? ou como pode afectar á nosa sexualidade?

Se tes interese, curiosidade sobre o tema, ou simplemente queres pasar un anaco connosco en Acéfala, non tes máis que anotarte escribíndonos a reservas@acefala.org.
5
SÁBADO 13: INTERCAMBIO DE ROUPA + VERMÚ CON DJ LA VEPE
13:00h-18:00h
Doazón artista: 5€
reservas@acefala.org

O próximo sábado as 13:00h vinde á xornada de intercambio de roupa amenizada por @la_vepe que poñeranos a bailar mentres brindamos e degustamos a nosa paella vegan.

⭐️Como participar?
Revisa o armario e escolle a roupa, zapatos ou accesorios que non pós. (non por vellas porfi)
Escolle as prendas que che gusten e as que che faría feliz velas tendo unha nova vida.
Mira que non teña manchas ou dalle unha lavada se é precisa e achegaas a Acéfala. Voila! 🧚🏼

Comezaremos a recollelas durante esta semana previa o evento, anotaremos o número de prendas que donas e poderás intercambialas polo que ti queiras!
É importante que as prendas estén en bo estado e sexan para a vindeira temporada así facilitanos o traballo e aseguramos que todas atopamos o troco perfecto.🙏🏼

Se tes algunha dúbida podes escribirnos a reservas@acefala.org

Cartas feito por @movidasylocuras
DOMINGO 14: XORNADAS BOLIVIANAS: "Terra, Danzas e Tradición"
17:30h | De balde

Este domingo de inverno a comunidade boliviana que forma parte da nosa veciñanza trae unha xornada chea de cor, música e tradición 🇧🇴

Disfrutaremos dunha película que aborda unha profunda reflexión arredor do medio ambiente e dos desafíos que afrontan as comunidades locais. Un bo momento para ver, pensar e debater.

Ademais, coñeceremos un pouco das tradicións propias que ten para o nadal.

Contaremos cun mercadillo con diversidade de produtos, algunhos traídos directamente desde Bolivia. Xunto a isto, haberá unha fermosa exposición de traxes típicos dos bailes do seu entroido.

Ven a compartir cultura con nós 💛
Cartaz @gabriela_friasgoytia

#bolivia
8
MÉRCORES 17: SESIÓN DE DEBUXO CON MODELO AO NATURAL
19:30-21:30 | Doazón de 6 a 10€
Prazas limitadas, reserva en reservas@acefala.org

Este mércores abrimos a porta amarela para acoller a derradeira sesión de debuxo deste ano. As caras de sempre e as novas, sodes benvidas todas. Non importa o nivel nin a experiencia, agárdanvos dúas horas de debuxo libre, en boa compaña e un ambiente tranquilo.

Pregamos que, coma sempre, traiades o voso propio material ☺️

É unha sesión de debuxo non guiada, na que calquera nivel é benvido e que pretende ser participativa, na que vos animamos a propór tempos e poses para adaptala, na medida do posible, ao que precisedes.

Vémonos!

Cartaz e debuxo orixinal de Juan Balay @juanchinho_
2
VENRES 19 DECEMBRO 20:30H
PROXECCIÓN DOCUMENTAL
+ CONCERTO ZAN HOFFMAN
Doazón suxerida 8-10€

Despois da súa estrea no Cineclube de Compostela, o documental “MANUAL DE
INSTRUCIÓNS DE HORREOASTRONAVES” chega este venres a Acéfala!

O crooner punk de Kentucky, Zan Hoffman, presenta un delirio audiovisual no que —segundo o propio autor— “o noso heroe chega do Novo Mundo para descubrir unha trama galáctica destinada a recolectar millo empregando cans como pilotos de hórreos galegos”.

Unha peza que combina humor cósmico e arqueoloxía rural, froito da súa fascinación polos hórreos e dunha estancia creativa en Galicia que deixa pegada e visións interplanetarias.

Para pechar o evento, Hoffman ofrecerá unha actuación en directo co seu formato Bodycocktail, na que soarán alguns dos novos temas publicados este ano en albums como "Overflow Genius" ou "Dreams Of A Half-Mast Heart" e tamén algún clásico ou tal vez non.

Se queres acompañarnos nesta viaxe reserva a túa praza escribindo a:
reservas@acefala.org
🌀 DE LERIA: CLUBE DE GALEGO
Terceira edición
XOVES 18 DE DECEMBRO
19:30H | De balde

Para case pechar o ano volvemos con máis leria, conversa e bo ambiente.
Non importa o teu nivel: aquí vimos falar, aprender e pasalo ben.

Trae un libro, unha recomendación ou simplemente as ganas de compartir.
Cantas máis persoas, mellor soa o galego 💛

#DeLeira #ClubeDeGalego #FalemosGalego #AprenderGalego #Leria
ESTE SÁBADO 20 de 16:30 a 23:30 h. Doazon para sufragar a organizacion do evento 10-15 euros.

FESTA DE PRESENTACIÓN DO COLECTIVO AMIGO.

Un colectivo de xente que fai musica e adica o seu tempo a outras artes. Buscan construir unha comunidade para apoiarse e inspirarse na creación e na difusión dos seus proxectos.

6 horas de conciertos, dj set, lives e proxeccions.

Reserva en reservas@acefala.org
3
XANEIRO EN ACÉFALA

Feliz Solsticio de inverno a todxs! con un pouco de retraso.
Esperamos que estades ben, e nos vexamos este mes en Acéfala.

> Martes 13: Clube de Lectura | 20:30h
> Mércores 14: Clube do Disco | 20:30h
> Sábado 17: Sesión de vinilos con Grobas | 19:30 h*
> Mércores 21: Concerto Fliessgewaesser + Above the Tree | 20:00 h*
> Xoves 22: De Leria: Club de Galego | 19:30h
> Xoves 29: Clube de Debuxo | 19:30 h*
> Sábado 24: Concerto Aeronave Adolescente + Saguxar | 20:30 h*
> Sábado 31: Pensar e Brindar: Encontros Filosóficos+Vermú | 12:30 h

*inscrición previa: reservas@acefala.org
Lembra que para estar informadx das últimas novas sobre Acéfala podes seguirnos nas nosas redes sociais, así como suscribirte á nosa canle de Telegram.
Cartaz feito por @frauveima
4
ACÉFALA pinned a photo