ACÉFALA
527 subscribers
459 photos
8 videos
426 links
Canle pública de Acéfala con novas e actividades da asociación.

Acéfala é un colectivo cultural cun espazo autónomo en Monte Alto (A Coruña)

www.acefala.org

info@acefala.org
Download Telegram
DE LEIRA: CLUBE DE GALEGO
XOVES 25 SETEMBRO
20:30H | De balde

Este Setembro damos a benvida a un novo clube mensual!

Gústache falar galego pero ás veces cústache atopar con quen ou un lugar adecuado?
Queres practicar, gañar confianza e pasalo ben?

Neste novo clube atoparás un espazo aberto, acolledor e divertido para usar o galego con naturalidade. Cada mes xuntámonos para falar, rir, compartir historias e descubrir como o idioma pode ser tamén un lugar de encontro.

Non importa o teu nivel: aquí todas e todos sumamos. O importante é ter ganas de falar, de aprender e de convivir arredor da lingua.

____
15
Venres, 3 de outubro
19:00 h
Aforo limitado
Reservas:
reservas@acefala.org

Aterriza o Conversas sexolóxicas en Acéfala, un novo espazo de diálogo e aprendizaxe ao redor das sexualidades.

Nesta ocasión teremos de convidado a Paco Novo, traballador social da Fundación 26D para falar da Sexualidade das persoas LGTBIQ+ ao chegar a terceira idade.

Entre outros temas falaremos da invisibilización da sexualidade das persoas maiores, da volta ao armario en moitos casos ou das consecuencias da súa institucionalización. Abordaremos tamén as eivas afectivas derivadas da soidade non desexada, os edadismos e as violencias ás que poden dar lugar.

Escoitaremos experiencias en primeira persoa acerca de como facerse maior formando parte do colectivo LGTBIQ+, polo que teremos un espello ao que mirarnos e pensar como queremos experimentar a nosa sexualidade, tanto no presente coma no futuro.

Anímate a compartir esta experiencia connosco e reserva xa a túa praza escribíndonos a reservas@acefala.org
2
Tiñamos un erro na publicación de onte, polo que anunciamos de novo.

MÉRCORES 24: SESIÓN DE DEBUXO CON MODELO AO NATURAL
19:30-21:30 | Doazón de 6 a 10€
Prazas limitadas, reserva en reservas@acefala.org

Volta setembro e volta a sesión de debuxo.

Pregamos que, coma sempre, traiades o voso propio material ☺️
Dúas horas de debuxo e ambiente calmo para ir pensando xa na fin de semana.

Vémonos!
DOMINGO 12 | OBRADOIRO DE CIANOTIPIA
10:30-13:30 | DOAZÓN 35€
reservas: reservas@acefala.org

Este obradoiro de cianotipia está destinado a todas as persoas que queiran experimentar coa técnica, tiveran ou non contacto con ela anteriormente. Aprenderemos dende 0 e dende a experimentación.

Faremos un primeiro pequeno contácto mais "teórico" onde falaremos dos orixes de esta técnica e dos pasos a realizar na práctica, para posteriormente pasar á acción.

Traballaremos principalmente sobre papel, aínda que probando diferentes formatos e soportes.

Achegarémonos a eses inicios da cianotipia a través da botánica e o collage, e finalmente teremos a posibilidade de revelar as nosas propias fotografías na forma máis clásica.

Todos os materiais que se van a empregar están incluídos, aínda que recomendamos que traiades roupa que se poida manchar por si salpicase algún químico.
4
Lembrade que as prazas son limitadas. Pregamos que reservedes coa máxima antelación posible para xestionar o envío das fotografías que queirades revelar e que esten listas o día do obradoiro.

Agardámosvos! 🤗
Imparte e fixo o cartaz Marina Aradas @marinaaradas
Concerto: M. A. Barreira + Peirao
Venres 26 de Setembro
21:00h | Doazón recomendada: 10€

Músicas e letras de baile =>
M. A. Barreira: “é um trambolho dj, a pu(e)ta menor, a músico ligéire, o descarte dos triunfadores que
chega como pouco p´ra xiringar col”
PEIRAO: ¨egoloxías é a triloxía do eu para defenestralo. gollum cos lunnis nun capítulo da serie
pesadillas do 1095. aos mandos, a cultura de supermercado desde a casa. composto neste verán. a ratos. a
ratos moi intensos. hai cara c porque moito papo temos. 2 caras non nos chegan. somos peirao¨.
En Acéfala.
Repetimos:
Letras e músicas de baile.
SÁBADO 4: ORÁCULO CON WENCES LAMAS

19h | 6-10 € doazón artista
Aforo limitado
Reservas: reservas@acefala.org
Por aclamación popular voltamos co Oráculo! Viaxaremos co artista e terapeuta Wences Lamas a un espectáculo caótico, tenro e imprevisible para ler o noso presente. Un encontro amoroso e tamén un taller de autocoñecemento onde investigar a propia existencia.

Os dilemas cotiás, enfados familiares, leas laborais ou ansias amorosas están sempre roldándonos. Cando nos xuntamos evitamos falar desas dores ou recibimos respostas esquivas como “malo será” ou “pouco a pouco”. No Oráculo a proposta é unirse para tratar de exorcirzar estas cuestións con valor, amor e humor. O xogo consiste en que os/as asistentes escriban unha pregunta anónima, que depositan nun bote; Wences comeza entón a lectura buscando a resposta cun feixe de tarots improvisados (unha caixa chea de xoguetes de Ovos Kinder, unha baralla feita con memes de Internet, unha colección de test de Roschard, etc). A mirada aguda, sen prexuízos e cómica converterá entón cada obxecto nun portal de revelación que mestura o trivial e o transcendental. Créase, así, un ambiente íntimo, lúdico e máxico que fai mudar, de súpeto, aos asistentes, en consultantes e adiviños.

Un espectáculo cheo de humor e maxia que pretende transformar brevemente a nosa percepción do mundo. Unha porta aberta para aventurarse conxuntamente no que nos atormenta e ollalo cunha nova mirada. Unha sorpresa simple e complexa onde deixarse guiar pola creatividade que define á arte.



https://www.wenceslamas.com/rito/oraculo
5
Concerto: Occupied Head + Álvaro Gallego
Xoves 2 de Outubro
20:30 | Doazón recomendada: 8-12€

Occupied Head é o nome artístico baixo o que se esconde o artista Dieter Mauson, nado en Leer, na fronteira entre Países Baixos e Alemaña. Tras varias décadas participando en proxectos mais próximos ao punk, nowave e musica industrial, no 2011 inicia este proxecto persoal no que mistura electronica ambiental e electroacústica empregando samples, guitarra, baixo, grabaciones de campo e rádios analoxicas. Podes escoitar as suas musicas aqui:
https://occupiedhead.bandcamp.com

E aqui redes unha coleccion dos seus trabalhos audiovisuais:
https://vimeo.com/user23584387/videos
Álvaro Gallego, de orixe gaditano pero afincado en Galicia dende fai tempo, e un músico cunha ampla traxectoria como baixista en diversos proxectos dentro da música experimental e psicodélica (Guerrera, Cuchillo de Fuego) con xa máis de 400 concertos as súas costas.
Na súa faceta actual, afonda na creación sonora a través da síntese modular, o uso de samplers e a manipulación de gravacións de campo, empregando o loop como ferramenta compositiva e a improvisación como motor creativo.

Temos moitas ganas de poder acoller a estes artistas no noso espazo.
Reserva a tua entrada e apoya este tipo de propostas singulares escribindo a reservas@acefala.org!
5 DE OUTUBRO DE 2025 / 19:00-23:00H
💚CONCERTO DE FORELLO (BUENOS AIRES) + CAROL DJ (BUENOS AIRES) + PETE ROCA (CORUÑA)💚
AFORO LIMITADO
reservas@acefala.org para reservar a tua praza.
DOAZÓN PARA ARTISTAS: 8-14 €

PETE ROCA / 19:00H
Pete Roca é DJ e amante do vinilo. Vive na Coruña.
O seu son xira arredor de liñas de baixo potentes e pincha sobre todo UK Garage, Drum & Bass e US Garage.
Nos seus sets destacan a mestura limpa, o swing e a enerxía de pista; combina clásicos de catálogo con achados recentes. Máis en Mixcloud.
Nesta ocasión, prepara unha selección con moita onda para quentar a pista antes de Forello e DJ Carol.
FORELLO / 20:00H
Forello é un trío de música electrónica de Bos Aires formado por Rojo, Kuri e Kil. Nace en 2019 e, de maneira progresiva e orgánica, fócase na composición en tempo real e na improvisación como motor da experiencia colectiva.
O seu set integra diferentes máquinas, producindo un intercambio constante de roles entre ritmos, baixo e polifonía. O proxecto percorre illas heterodoxas e explora múltiples paisaxes como Detroit Techno, Acid, Electro, Drum & Bass, Ambient ou Downtempo, entre outros, fuxindo de estruturas ríxidas e permitindo que cada set responda á enerxía da sala.
Priorizan o directo sobre as gravacións de estudo e experimentan tanto en clubs como en espazos non convencionais como Acéfala, cunha identidade baseada na escoita activa, a proximidade coa pista e a reinvención continua.
Non buscan un produto musical pechado, senón destruír o que acaban de facer para reinterpretalo e ofrecer unha experiencia cambiante. Cada actuación é un proceso aberto que se redefine en tempo real.

CAROL DJ / 21:30H
Desde Bos Aires, Carolina crea paisaxes electrónicas que se moven entre o hipnótico e o visceral.
Artista, produtora e DJ, combina ritmos de pista con exploracións introspectivas, transitando polo house, techno e downtempo.
O seu traballo mantén sempre unha impronta orgánica e ritual, orientada a xerar atmosferas intensas e expansivas. 🛠️Diseño del Cartel @mauropalavecino__
3
⚠️ 🇵🇸 Atrasamos o concerto de hoxe ás 21:00 para poder acudir antes á concentración por Palestina convocada as 20:00 fronte a delegación do goberno
11👍2🔥2👏1
OUTUBRO EN ACÉFALA

Setembro voou deixándolle paso a un Outubro cargado. Agardámosvos trala porta amarela.

XOVES 2: CONCERTO OCCUPIED HEAD + ÁLVARO GALLEGO | 21:00 h *
VENRES 3: CONVERSAS SEXOLÓXICAS | 19:00 h *
SÁBADO 4: ORÁCULO CON WENCES LAMAS | 19:00 h *
DOMINGO 5: CONCERTO FORELLO + PETE ROCA + CAROL | 19:00 h *
SÁBADO 11: CONCERTO LACANDONA | 21:00 h *
DOMINGO 12: OBRADOIRO DE CIANOTIPIA | 10:30-13:30 h *
DOMINGO 19: SESIÓN DE CINE E CLASE - CNT CORUÑA | 17:00 h *
MARTES 21: CONCERTO BEAR BONES, LAY LOW + DEEP TRISKELL | 20:30 h *
MÉRCORES 22: CLUBE DO DISCO | 20:30 h *
XOVES 23: DE LERIA: CLUBE DE GALEGO | 19:30 h
SÁBADO 25: AVERÍO TRAVESTI | 21:00 h *
MARTES 28: ENCONTRO PREGUNTA PRANTA | 19:00-21:00 h *
MÉRCORES 29: CONCERTO MAUD THE MOTH + DOCE FUEGOS | 20:30 h *
XOVES 30: SESIÓN DE DEBUXO AO NATURAL | 19:30-21:30 h *
VENRES 31: SAMAÍN DELIRIO | 19:00 h *
4
*Inscrición previa: reservas@acefala.org
Lembra que para estar informad das últimas novas sobre Acefala podes seguirnos en Instagram, Mastodon ou suscribirte á nosa canle de Telegram.

Cartaz por Juan Balay
CONCERTO: LACANDONA
SÁBADO 11 DE OUTUBRO
21:00H | 8-10€ Doazón Artista
Reserva: reservas@acefala.org

Julián Lacandona @lacandonamusic na Coruña!

Músico e compositor arxentino cunha longa traxectoria, afincado en Santiago de Compostela seguindo os pasos dos seus avós.

Leva xa tres discos publicados — Soles de Resistencia, No hay tregua e El Conjuro — ademais de ducias de concertos, xiras e colaboracións internacionais.

A súa música é unha mistura única de reggae, rock, rap e canción de autor, cunha lírica profunda, sensible e combativa que esperta conciencias e fai tremer escenarios.

Nos seus directos, a creatividade e a honestidade brutal únense para ofrecer unha experiencia que acelera corpos e corazóns. Nesta ocasión disfrutaremos  da súa musica nun formato íntimo coa súa guitarra.

Un artista que non deixa indiferente: poesía urbana, enerxía sen límites e música con conciencia.
Sesión de Cine e Clase:
🗓️ domingo19 de outubro
17:00 horas
🏤 Acéfala
De balde
🎥 Proxección do filme Blue Collar (1978), do cineasta Paul Schrader -coñecido por ser o guionista de Taxi Driver ou Toro Salvaxe, mestura neste filme comedia, crítica social, cinema de atracos e thriller dando un ritmo áxil a toda a metraxe. Nela abórdanse diversos temas como a masculinidade, o racismo e a perda da conciencia de clase a través de tres protagonistas que para nada son heroes. A trama iranos advertindo sobre os auténticos perigos que ameazan a vida e integridade dos traballadores.
🗣️ Presentación do filme e debate posterior.
Reservas@acefala.org
7
ACÉFALA pinned a photo
Concerto: Bear Bones, Lay Low + Deep Triskell
Martes 21 de Outubro
20:30 | Doazón recomendada: 8-12€

Bear Bones, Lay Low é o proxecto en solitario de Ernesto Gonzalez (tamén membro Sylvester Anfang II), artista orixinario de Venezuela pero que leva xa un tempo afincado en Bélxica. Neste proxecto Ernesto combina krautrock dos 60/70s, folk ácido e sintetizadores. Conta con numerosos traballos publicados dende o 2007 en sellos de referencia coma Kraak ou Nonlocal Research.
Podes explorar os seus directos aqui:

https://www.ursss.com/artist/bear-bones-lay-low/

Dende Rennes (Bretaña) sumase á proposta Maxime Primault baixo o seu proxecto en solitario Deep Triskell, onde combina músicas tradicionais celtas, drone, noise e dub. Podes escoitar a súa proposta aqui:

https://on.soundcloud.com/FshWXE7bYZN9Hqs9as

Este martes 21 de Outubro ás 20.30 tes unha cita ineludible se che interesa a música experimental. Podes reservar a tua entrada escribindo a reservas@acefala.org.
🌀 DE LERIA: CLUB DE GALEGO — Segunda sesión!

Na segunda xuntanza do Club de Galego seguimos botando unhas boas lerias, aprendendo e compartindo entre todas.

Esta vez queremos animar a máis xente a sumarse e a traer libros, ideas ou materiais que vos axudasen (ou que recomendades) para aprender ou mellorar o galego.

Non importa o nivel que teñas — o importante é pasalo ben, falar un chisco e crear xuntas un espazo aberto, divertido e cheo de galego.         

Cartaz feito por @gabriela_friasgoytia

#DeLeira #ClubeDeGalego #Falemos #AprenderGalego #Leria
3
Concerto
Maud The Moth + Doce Fuegos
Mércores 29 de Outubro 20:30h
Doazón recomendada: 10€

Maud the Moth regresa a Acéfala na xira de *The Distaff* (2025), un traballo onde se mergulla en símbolos femininos, memoria e emoción. Cun piano que transita entre a delicadeza e a distorsión, e unha voz de rexistro case operístico, ofrece un directo intenso e hipnótico xunto ao guitarrista e produtor Scott McLean.
Tras acompañar aos míticos Earth na súa recente xira polo Reino Unido e Irlanda, chega cun espectáculo que confirma a súa proxección internacional.

Abrirá a noite Doce Fuegos, proxecto en solitario de Miguel Palou (membro de Pylar). O seu son bebe do violín, a mandolina e a percusión, mais tamén de drons e atmosferas que atravesan o post-rock, o ambient e o black metal, evocando lendas e paisaxes do norte.

Un encontro entre o místico e o visceral que non podes perder.

🎟️ Reserva a túa entrada en reservas@acefala.org