ACÉFALA
527 subscribers
460 photos
8 videos
427 links
Canle pública de Acéfala con novas e actividades da asociación.

Acéfala é un colectivo cultural cun espazo autónomo en Monte Alto (A Coruña)

www.acefala.org

info@acefala.org
Download Telegram
31 DE MAIO 19.30 H
ETERNAL RECORDINGS SHOWCASE NO.3: A.Q.V., CARME LÓPEZ, GRISAILLE, IRENE IVANKOVÀ
Doazón 10-12€
Aforo limitado
Reservas reservas@acefala.org

Unha lúa, unha senda, unha sombra. O seu reflexo nun bosque escuro adorna un feixe de luz entre o espesor das ramas. Cheira esas árbores, algo emana unha irresistible enerxía de transformación, pero cústanos adiviñar de onde sae. Debemos poñer toda a nosa atención e esforzo no tránsito pola estrada de troncos. Sexamos persistentes, pois agárdanos a flor plena da noite e con ela o desvelo~~

🌘31 DE MAIO 19.30 H
Anunciamos o terceiro Eternal Recordings Showcase, unha ruta sonora conformada polas seguintes propostas:

°•O primeiro directo correrá a cargo de A.Q.V, produtor e músico madrileño que presentará o seu primeiro traballo editado en Eternal Recordings baixo este pseudónimo, espacializado en directo en sistema cuadrafónico de son. Desmesura de sensibilidade a través de varias pezas de corte electroacústico.
https://aqvdreams.bandcamp.com/album/a-q-v

•°Grisaille é o pseudónimo que utiliza o compositor e artista sonoro @eliasmerino.wouds para explorar as súas inquietudes sobre a composición algorítmica para instrumentos, a música de cámara e a densidade tímbrica. A sónica espectral de Grisaille navega en espazos híbridos partindo de reverberacións acústicas captadas no Notre-Dáme de Paris (Paris), a Basílica dei Sant'Eustachio, (Roma), e a Eglise St. Laurent, (Marsella).
https://envelopecollective.bandcamp.com/album/grisaille

°•Pechará a noite a lucense @carme_lf : música, profesora e investigadora de música oral tradicional galega. No seu encomiado traballo “Quintela” (Warm Winters Ltd., 2024), Carme investiga as posibilidades sonoras e de afinación da gaita, influenciada pola sensibilidade drone de Eliane Radigue ou Pauline Oliveros, achegando así este instrumento á contemporaneidade e dotándoo de interesantes articulacións tímbricas.
https://carmelopez.bandcamp.com/album/quintela

@ireneivankova é artista musical e curadora de Eternal Recordings. Nesta ocasión ofreceranos unha selección musical que conectará as distintas propostas da noite nunha viaxe sonora de alta carga emotiva e sensorial.
ivankova.bandcamp.com

Venderase o merch do selo
Cartaz por @unconjuro
SÁBADO 17: CONCERTO JËAN FIXX (Live) + AVOCADO DJ

20:00h | 8-12 € doazón artistas
Aforo limitado
Reservas: reservas@acefala.org 

Jëan Fixx presentará o seu novo Live con hipnóticas estructuras do techno, sen deixar de lado as cálidas influencias do deep house, a vibrante contundencia do electro, ou as cautivadoras melodías do pop electrónico, que mestura sen prexuicios con sonidos industriais e densas atmósferas reverberantes do dubstep.

Avocado DJ cun set onde abarca o estilo groovy ata o dub house maís bailable, con preferencias ligadas o bassline e o techno.
DOMINGO 25: DRAG SHOW BURLESQUE

20:00h | 6-10 € Doazón artistas
Aforo limitado
Reservas: reservas@acefala.org

Agradanos presentar este Drag Show único, irreverente, picante, sensual e cheo de sorpresas que terá lugar a noite do domingo en Acéfala.

Coas actuacións da incombustible e polifacética @pierescarlatina, a picardia da nosa querida @_obvia_ e a sensualidade en estado puro de @nomi.bull

¡Non o dudes! Comparte con nos esta noite tan especial reservando en reservas@acefala.org ou DM a calquera das artistas colaboradoras.

Cartaz: Nomi Bull
1
XOVES 29: SESIÓN DE DEBUXO CON MODELO AO NATURAL
19:30-21:30 | Doazón de 6 a 10€
Prazas limitadas, reserva en reservas@acefala.org

Tivemos parón dun mes, así que agardamos por vós con ansias para este xoves.

Pregamos que, coma sempre, traiades o voso propio material ☺️
Dúas horas de debuxo e ambiente calmo para ir pensando xa na fin de semana.

Vémonos!
1
Wikiclube: Clube regular de edición na Wikipedia
Luns 2 de Xuño
19:00h | De balde

Nesta primeira sesión faremos unha introdución á edición na Wikipedia, para saber como podemos contribuír a crear coñecemento libre.
Contaremos coa presenza de Estevo, editor habitual dende hai 17 anos.
A idea é facer un obradoiro mensual, no que cadaquén vaia aprendendo e colaborando en función dos seus propios intereses.

Para o aproveitamento máximo da sesión recomendamos traer unha computadora portátil. Se non tes acceso a unha, fainolo saber e tratamos de conseguila!
4🔥1
ENCONTROS DO CINEMA PERNAMBUCANO NA CORUÑA. Sesión:democracia e medio ambiente
Domingo 8 de Xuño
17:00h | De balde

A programación presenta a diversidade artística e debates socioambientais a través de obras pernambucanas. A abertura será con dous videoclips da talentosa cantante e compositora Flaira Ferro:"Revólver" e "Afeto Radical".

Despois,será exhibido a curtametraxe "Ciranda Feiticeira" (2023),obra do pioneiro do cinema de animación en Pernambuco, Lula Gonzaga.

A sesión segue con dous documentais que abordan cuestións ambientais urxentes: "O mar que habita em mim" (2023), de Luara Olívia, e "Das Augas" (2023), de Adalberto & Tiago Oliveira.

Tras as exhibicións, o público poderá participar dun debate virtual coa a xoven cineasta Luara Olívia, realizadora de "O mar que habita em mim". Idealizado e curado por Thor Neukranz, o Encontros do Cinema Pernambucano promove a circulación e o intercambio cultural da cinematografía pernambucana.

Tamén contaremos cun mercadiño.
👍2🔥1
Concerto: The Bohman Brothers
Venres 13 de Xuño
Reservas: reservas@acefala.org
21:30h | 6-10€ Doazón artistxs

Adam Bohman e Jonathan Bohman levan grabando xuntos dende a infancia e actuando en directo dende o ano 1984.

O seu repertorio combina composición previa con improvisación por medio de instrumentos non convencionais, obxectos de andar por casa, textos deslocados de fontes tanto literarias coma comerciais e grabacións de campo / colaxes sonoras.
Teñen actuado regularmente en clubs de Londres, coma o Café OTO, espazos institucionais coma a Tate Modern ou o Royal Albert Hall así coma en multitude de pequenos espazos ao largo de Europa e América.

Podedes escoitar o seu último album “Room Service” aquí:
https://thebohmanbrothersroomservice.bandcamp.com/album/room-service

Visitarán Acéfala o venres 13 de xuño ás 21:30h para un concierto íntimo e especial. Agradecemos moito que se tedes interese en acudir reservedes a vosa entrada escribindo a reservas@acefala.org.

Fotografia por Cathy Soreny
1
Temos o pracer de comunicar que Zan Hoffman acompañará aos Bohman Brothers no concerto de mañan.
Ainda quedan entradas! Reserva a tua escribindo a reservas@acefala.org
1
SÁBADO 21: OBRADOIRO DE SERIGRAFÍA
10-14h | Doazón 35€
Prazas limitadas: reservas@acefala.org

Volta o obradoiro de seri. Este sábado vémonos de 10 a 14. Apto para todos os niveis. Traballaremos en formato reducir para dar pé a compoñer deseños con varias cores.
Escríbenos coa idea que teñas previa ao obradoiro para confirmar a viabilidade.

Estamparemos en papel, mais se queres traer textil para algunha proba, adiante.
VENRES 27: A LAKE ON AN ISLAND I - CONTACTO (LIVE) + AIEGA (DJ SET)

21:00 | 6-10 € Doazón
Aforo limitado
Reservas: reservas@acefala.org

Acolleremos en Acéfala a primeira edición de A lake on an Island, un ciclo de eventos organizados por Anxo Bugarín (Aiega).
_

O invitado desta ocasión é Contacto, músico experimental de orixe valenciá, actualmente radicado en Berlín. Comezou a gañar recoñecemento con ASTRAY (2022), un álbum que mestura folk, noise, electrónica e hip hop, editado polo selo parisiense Deardogs. Recentemente publicou Pale Light (2024), un EP de tres cancións en colaboración coa artista berlinesa Clarice, ademais de varios sinxelos. As súas actuacións máis recentes inclúen concertos en Copenhague, París, Bruxelas, Berlin, Nova York e Montreal. 

No seu directo en Acéfala, presentará un live en acústico con material inédito do seu próximo proxecto, no que se introducen influencias de shoegaze e slowcore.

https://deardogs.bandcamp.com/album/astray
Pechará o evento o DJ set de Aiega, co que transitararemos do éter cara a ritmos orientados no corpo, atravesando unha serie de xéneros vinculados ao nicho post-club.
2
Sábado 28
Concerto Intensidades Ortega
20:30 | 6-10 € Doazón artistas
Aforo limitado
Reservas: reservas@acefala.org

Intensidades Ortega visitan Galicia por primeira vez e estamos desexando acollelos coa presentación do seu primeiro traballo (Deseo), editado co selo Eclectic Reactions.

Afincadas en Bilbao, Intensidades Ortega son Savina Lafita Solé (Barcelona) ás voces e sintetizadores e Ander Cisneros (Gernika) aos sintetizadores, percusións e voz. Navegan na escuridade coqueteando co trip-hop, o folklore e as paisaxes industriais dun modo intimista e fráxil, con guiños a Portishead, Dead Can Dance ou Julee Cruise. No directo, As Intensidades vólvense máis intensas explorando coa improvisación e o ruidismo.

Cartaz por Intensidades Ortega
5
Adiamos a sesión de debuxo prevista para hoxe. En breve comunicaremos a nova data.
XULLO 2025 EN ACÉFALA

Pois con esta proposta de actividades despedimo-nos ata setembro. Voltaremos coa pilas ben cargadas!

> Mércores 2: Clube do disco | 19:30h
> Luns 7: Wikiclube | 19:00h
> Venres 11: Concerto Eneritz Furyak + Manuel (Dj set) | 21:00h *
> Xoves 17: Sesión de debuxo | 19:30h *
> Venres 18: Concerto Anthony Pateras | 21:00h *
> Domingo 27: Noite Drag con Kelly Amethyst, Khrystal Deluxe e Escarlatina Pier | 20:00h *
> Martes 29: Clube de lectura | 20:30h *

*Inscrición previa: reservas@acefala.org

Lembra que para estar informadx das últimas novas sobre Acéfala podes seguirnos en Instagram, Mastodon ou suscribirte á nosa canle de Telegram.

Cartaz por @frauveima
ACÉFALA pinned a photo
Wikiclube: Clube regular de edición na Wikipedia
Luns 7 de Xullo
19:30h | De balde

Nesta segunda sesión resolveremos dúbidas e traballaremos xuntas na elaboración de contido en Wikipedia e Wikimedia.

A idea é facer un obradoiro mensual (primeiro luns de cada mes), no que cadaquén vaia aprendendo e colaborando en función dos seus propios intereses.

Para o aproveitamento máximo da sesión recomendamos traer unha computadora portátil. Se non tes acceso a unha, fainolo saber e tratamos de conseguila!
3
Concerto: Anthony Pateras
Venres 18 de Xullo
21:00h | Doazón recomendada: 6-10€

Pracenos moito ter connosco a un músico do nivel de Anthony Pateras no noso íntimo e modesto espazo!

Nado en Melbourne (Australia), Anthony é pianista, compositor e intérprete de música electrónica. Anthony conta con mais de 50 discos publicados en selos de referencia, colaboracions con espazos coma o Centre Pompidou ou a Fundação Serralves e con artistas coma Stephen O’Malley dos Sunn O))) ou Oren Ambarchi. Podes escoitar os seus traballos aqui:

https://anthonypateras.bandcamp.com/

Ademais Anthony conta co seu propio selo Immediata:

https://www.lespressesdureel.com/EN/editeur.php?id=289

Anímate a participar nesta singular velada electrónica. Podes reservar a tua entrada escribindo a reservas@acefala.org.
DOMINGO 27: NOITE DRAG
20:00h | 6-10 € Doazón artistas
Aforo limitado
Reservas: reservas@acefala.org

Despoís do Drag Show Burlesque ¡repetimos con outra Noite Drag! Sempre irreverente, chea de comedia, xogos, música e moito baile.

Coas actuacións da polifacética Escarlatina Pier, o ritmo desenfadado de Kelly Amethyst e a simpatía e desparpajo de Khrystal Deluxe.

¡Non o dudes! Comparte con nos esta noite tan especial reservando en reservas@acefala.org ou DM a calquera das artistas colaboradoras.

Cartaz: @_asin_di
1
SETEMBRO EN ACÉFALA

Voltamos!
Empezamos suave para transitar a resaca estival sen moitos sobresaltos. Aínda bronceadas, abrimos portas con ganas de bailar e mirarnos forte.

MÉRCORES 10: CLUBE DO DISCO | 20:30 h
LUNS 15: WIKICLUBE | 19:00 h
MARTES 16: CLUBE DE LECTURA | 20:30 h *
XOVES 18: CONCERTO JAZZ LAMBAUX | 20:30 h *
MÉRCORES 24: CLUBE DE DEBUXO | 19:30 h *
XOVES 25: DE LERIA: CLUBE DE GALEGO | 20:30 h
VENRES 26: CONCERTO PEIRAO + M.A. BARREIRA | 21:00 h *
SÁBADO 27: CONCERTO JOSÉ PUEBLA | 20:00 h *
DOMINGO 28: MONÓLOGO DRAG CON MUNA DUVAL 20:00 h *

*Inscrición previa: reservas@acefala.org
Lembra que para estar informad das últimas novas sobre Acefala podes seguirnos en Instagram, Mastodon ou suscribirte á nosa canle de Telegram.

Cartaz por Frau Veima
10