PSdeG-Santiago de Compostela
21 subscribers
57 photos
36 videos
35 links
Canle oficial do PSdeG-Santiago de Compostela.

Para todo o que precisedes podedes contactar connosco no correo electrónico agrupacion@socialistasdecompostela.gal ou no teléfono 981.599.888 (luns, mércores e xoves de 17:30h-20:30h).
Download Telegram
Media is too big
VIEW IN TELEGRAM
🌹Guinarte pon en valor o compromiso do goberno de España para resolver a situación de Peleteiro e lamenta a postura incongruente do PP

En palabras do voceiro municipal, a situación de Peleteiro vaise resolver grazas ao compromiso do Goberno de Pedro Sánchez para que se poidan construír aí, ao menos, un 45% de vivendas de protección oficial

Sindo lamentou a postura que está a manter o PP neste tema afirmando que din que queren resolver o problema da vivenda pero non van a apoiar esta proposta que vai a permitir que en Compostela haxa un número importante de vivenda de protección oficial, moitas máis das que leva construídas a Xunta de Galicia ao longo dos últimos 15 anos, a pesar de ser a administración responsable en materia de vivenda na nosa Comunidade Autónoma
🌹Mañá venres terá lugar a entrega dos Premios de Igualdade Maruja Vázquez Suárez do PSdeG-PSOE

💜 En dito acto farase unha sentida homenaxe á querida Paula Alvarellos para honrar a súa traxectoria tanto institucional como social

🗓️ venres 7 de marzo
🕖 19:00 horas
📍 Edificio CINC Auditorio 1, Cidade da Cultura

Vémonos❗️
Media is too big
VIEW IN TELEGRAM
🔊Aitor Bouza valora na SER o XV Congreso Nacional do PSdeG-PSOE para as e os Socialistas de Compostela

👇🏻 Escoita a entrevista enteira na seguinte ligazón: https://cadenaser.com/galicia/2025/03/10/aitor-bouza-sobre-la-crisis-del-psoe-en-santiago-e-evidente-que-non-se-fixeron-ben-as-cousas-radio-galicia/?ssm=whatsapp

#aesquerdaquepode
#aesquerdaquepode🌹
Media is too big
VIEW IN TELEGRAM
🔊Aquí vos deixamos a entrevista do noso secretario xeral, Aitor Bouza, na COPE valorando a representación das e dos Socialistas de Compostela na nova executiva do PSdeG

🌹 Queres ler e escoitar a entrevista enteira ? Preme na seguinte ligazón 👉🏻: https://www.cope.es/emisoras/galicia/a-coruna-provincia/santiago/noticias/aitor-bouza-secretario-psoe-santiago-me-preocupa-concelleiro-2027-20250310_3110193.amp.html

#aesquerdaquepode
#aesquerdaquepode🌹
✊🏼🌹Vémonos mañá na Pobra do Caramiñal para manifestarnos contra as mentiras de Altri e de Rueda e na defensa real dunha auténtica transición ecolóxica do noso modelo produtivo!
Vémonos mañá para defender a nosa sanidade pública 🌹
Dende o PSdeG de Santiago sumámonos ao rexeitamento social e absoluta repulsa do asasinato machista acontecido no Bolo e por iso animámosvos a participar na concentración que terá lugar na nosa cidade:

DÍA: hoxe martes, 8 de abril
HORA: 20:00 horas
LUGAR: Praza 8 de marzo (punto de encontro: Café-bar Porta do Camiño)

Basta de violencia machista!
✊🏼🌹O 1º de maio é moito máis ca unha data no calendario. É unha xornada para lembrar a quen loitou antes ca nós e para seguir defendendo os dereitos das traballadoras e traballadores.

Desde o PSdeG-PSOE de Santiago convidámoste a participar:

🕥10:30 h – Ofrenda a Pablo Iglesias no parque que leva o seu nome
🕛12:00 h – Manifestación con UGT e CCOO (saída da Alameda)

Porque a loita polo traballo digno continúa.

#1DeMaio
📣 DEFENDAMOS A LINGUA!

Este sábado 17 de maio, Día das Letras Galegas, temos unha cita importante na Alameda de Santiago para defender o noso idioma, símbolo de identidade, cultura e futuro.

📍 Punto de encontro: ás 11:30h na Fonte de San Clemente, fronte ao IES Rosalía de Castro.

🚩 As e os socialistas estaremos presentes, xunto con milleiros de voces que queremos un presente e un futuro con máis galego en todos os espazos.

A nosa lingua precisa compromiso e acción. Súmate á mobilización convocada por Queremos Galego!

🗣️ Ven con nós e faite escoitar: Defendamos a lingua!
This media is not supported in your browser
VIEW IN TELEGRAM
📊 As enquisas confirman que o Partido Socialista vai no bo camiño

🌆 A cidade leva demasiado tempo parada. A xente merece un goberno que escoite, que faga, que non viva de vender fume

✊🏼🌹 Imos dar o mellor de nós. Porque Compostela está agardando por unha alternativa honesta, ampla e valente

Non vos imos fallar❗️

Máis información na nosa web 👇🏻
https://socialistasdecompostela.gal/o-psdeg-santiago-valora-que-as-enquisas-de-hoxe-confirman-que-o-psdeg-esta-no-bo-camino-para-recuperar-a-confianza-da-vecinanza
👍1
🏘 Celebramos que Santiago sexa declarada zona residencial tensionada. Un paso necesario que vimos reclamando dende hai máis dun ano e medio

✋🏻 Pero advertimos: a Xunta de Galicia non pode poñer atrancos. Debe asumir a súa responsabilidade e non bloquear esta medida fundamental

🚫 Non imos consentir que a Xunta paralice avances tan necesarios por interese partidista ou falta de vontade política

✊🏻 O obxectivo é claro: topar prezos e garantir que a vivenda sexa un dereito real, non unha quimera

💪🏻 Estaremos vixiantes e firmes. A veciñanza de Compostela merece vivir con dignidade

Podes a topar toda a información na nosa web 👇🏻

https://socialistasdecompostela.gal/o-psdeg-psoe-de-santiago-valora-positivamente-a-declaracion-da-cidade-como-zona-tensionada-e-esixe-a-xunta-que-non-pona-atrancos
📢 O PSdeG de Santiago levará ao Pleno do 3 de xuño unha moción contra a LGTBIfobia

Queremos que sexa unha declaración institucional de toda a Corporación para frear os discursos de odio e garantir os dereitos do colectivo LGTBI. 🏳️‍🌈

👉 Propoñemos reforzar a atención ás vítimas, facer campañas de sensibilización, formar á Policía Local e incorporar materiais sobre diversidade nas escolas e bibliotecas.

Tamén reclamamos á Xunta máis recursos para aplicar a Lei LGTBI e actuar con firmeza ante as agresións.

Porque en Compostela cabemos todas e todos. 💜

Podes ler toda a información na nosa web 👇🏻
https://socialistasdecompostela.gal/o-grupo-socialista-de-santiago-reclama-unha-resposta-firme-e-unanime-fronte-ao-aumento-dos-discursos-de-odio-contra-o-colectivo-lgtbi
🟣 BASTA XA DE VIOLENCIA MACHISTA

O feminicidio acontecido na Coruña énchenos de dor e indignación. Desde o PSdeG-Santiago expresamos a nosa firme repulsa e reiteramos que non imos calar ante esta barbarie

É urxente seguir mobilizándonos contra a violencia que nos mata e nos quere en silencio. A loita feminista segue sendo imprescindible 💪💜

Animámosvos a participar na concentración convocada na nosa cidade:

📅 Mañá martes, 17 de xuño
🕗 20:00 h
📍 Praza 8 de marzo (📌 Punto de encontro: Café-bar Porta do Camiño)

Contra o machismo, resposta feminista!
Media is too big
VIEW IN TELEGRAM
📢 Peleteiro será para a veciñanza de Santiago
O que antes era símbolo do abandono, hoxe será un espazo con 100 % de vivendas protexidas e accesibles para sempre.

Sen hoteis. Sen centros comerciais.
👉 Para vivir, non para especular.
👉 Grazas ao compromiso do goberno de Pedro Sánchez e ao traballo do PSdeG.

🎥 Vémolo no vídeo 👆🏻
Media is too big
VIEW IN TELEGRAM
🚧Fochancas,árbores sen podar,papeleiras rotas…Non é casualidade:é falta de planificación

Neste Pleno propoñemos un Plan Anual de Mantemento de Infraestruturas e Espazos Urbanos,con actuacións mes a mes para coidar do espazo público

Manter Santiago en bo estado é unha obriga
👏1
This media is not supported in your browser
VIEW IN TELEGRAM
🇵🇸Palestina sofre e non podemos mirar para outro lado

🕚Este sábado 12 de xullo ás 11h na Praza do Toural, xuntámonos para berrar:

📣 Paz xa. Fin do xenocidio. Alto o fogo definitivo

A indiferencia e o silencio ante esta masacre non son unha opción

Nin terrorismo nin xenocidio
📢 Este sábado, 12 de xullo, ás 11:00 h, na Praza do Toural, mobilizámonos

✌️ Pola paz
🛑 Polo fin do xenocidio
🇵🇸 Por unha Palestina libre

Desde o PSdeG de Santiago, esiximos:
🕊 Alto o fogo definitivo. Nin terrorismo, nin xenocidio.
🛤️ Hoxe en Laraño co delegado do Goberno: a veciñanza celebra a solución de ADIF
🚅 Conseguimos paneis translúcidos grazas ás súas demandas
🌹 Un avance para a parroquia