O Salto Galiza
683 subscribers
448 photos
48 videos
2 files
1.65K links
Canle de información
Download Telegram
❗️A Xunta aproba a súa lei máis punitiva: multas de ata 600.000 euros por agasallar produtos con debuxos de marihuana

O PP asina unha norma sobre consumo de bebidas alcohólicas e enerxéticas, vapeadores, tabaco e outras drogas desoíndo as críticas da oposición e do Consello Económico e Social pola desproporción sancionadora e falta de ambición preventiva.

Por Fran Pérez.
https://osalto.gal/xunta-de-galicia/xunta-aproba-sua-lei-mais-punitiva-multas-ata-600-000-euros-agasallar-produtos-debuxos-marihuana

🔗Lembra que ata o 15 de xaneiro se te fas socia/o, por só 60 euros levas, ademais da última revista de O Salto, a nosa camisola en colaboración con Pruden.
😱41
📉A TVG toca fondo en audiencia na súa etapa de maior control político pola Xunta do PP

A televisión autonómica toca fondo cun 8,4% de media de cota de pantalla en 2025. Unha caída que coincide no tempo coa máxima privatización de servizos e coberturas cualificadas como “cheas de manipulación política” en temas como Altri.

Por Javier H. Rodríguez.
https://osalto.gal/tvg/tvg-toca-fondo-audiencia-na-sua-etapa-maior-control-politico-pola-xunta-do-pp

🔗Lembra que ata o 15 de xaneiro se te fas socia/o, por só 60 euros levas, ademais da última revista de O Salto, a nosa camisola en colaboración con Pruden.
🔥1
🦌A Xunta aproba a gratuidade das licenzas de caza para menores e persoas con discapacidade

A Federación Galega de Caza celebra a concesión de Alfonso Rueda mentres que os colectivos animalistas, como a Fundación Franz Weber tachan a medida como “o enésimo agasallo” da Xunta ao ‘lobby’ que cada vez conta con menos apoio social.

Por Javier H. Rodríguez.
https://osalto.gal/caza/xunta-aproba-gratuidade-das-licenzas-caza-menores-persoas-discapacidade

🔗Lembra que ata o 15 de xaneiro se te fas socia/o, por só 60 euros levas, ademais da última revista de O Salto, a nosa camisola en colaboración con Pruden.
🤮5💩3🤬1
🔍Unha central de bombeo reversible ameaza o lago das Encrobas de Cerceda

✊🏼Asociacións veciñais e ambientais denuncian conflitos de interese na tramitación da concesión, “falsas promesas” de abastecemento de auga e a orixe especulativa do proxecto.

Por Alba Cambeiro.
https://osalto.gal/energia-hidroelectrica/unha-central-bombeo-reversible-ameaza-lago-das-encrobas

🔗Lembra que ata o 15 de xaneiro se te fas socia/o, por só 60 euros levas, ademais da última revista de O Salto, a nosa camisola en colaboración con Pruden.
❗️O acordo UE-Mercosur avanza en medio do rexeitamento do agro galego

Mentres Bruxelas pecha un novo acordo comercial, o sector agrogandeiro galego sae á rúa para denunciar un modelo que ameaza a rendibilidade das granxas, debilita a soberanía alimentaria e agrava a crise do rural.

Por Alba Cambeiro.
https://osalto.gal/mercosur/acordo-ue-mercosur-avanza-medio-do-rexeitamento-do-agro-galego
👏42
👍🏽Bertín, Esperanza e Jesulín: o plan estratéxico da TVG para recuperar audiencia.

Por Pablo Prado.

🔗Lembra que ata o 15 de xaneiro se te fas socia/o, por só 60 euros levas, ademais da última revista de O Salto, a nosa camisola en colaboración con Pruden.
🤮32😁2
Carmela López (PSdeG) asume a Presidencia da Deputación de Lugo trala denuncia por acoso a José Tomé

A alcaldesa de Burela accede ao cargo cos votos de PSdeG, BNG e do expresidente José Tomé, reeditando o pacto de goberno na institución provincial tras a crise aberta en decembro.
https://osalto.gal/lugo/carmela-lopez-psdeg-asume-presidencia-da-deputacion-lugo-trala-denuncia-acoso-jose-tome
1
🔴Os exalcaldes de Miño do PP Juan Antonio Maceiras e Jesús Veiga aceptan cadansúas penas por prevaricación

Rexedores entre 2003 e 2015, admiten ter prorrogado contratos municipais sen licitación pública malia os informes negativos do interventor. Evitan o xuízo aceptando inhabilitación e, nun caso, prisión suspendida.
https://osalto.gal/a-coruna/os-exalcaldes-mino-do-pp-juan-antonio-maceiras-jesus-veiga-aceptan-cadansuas-penas-prevaricacion
🚌A folga do transporte en autobús da Coruña, camiño do paro indefinido

Xornadas de 15 horas, salarios conxelados desde 2024 e un convenio caducado hai catro anos. Os sindicatos acusan á Xunta de complicidade co bloqueo patronal.

Por Alba Cambeiro.
https://osalto.gal/transporte/folga-do-transporte-autobus-da-coruna-camino-do-paro-indefinido
🔥2🤬2
✍🏼Begoña Caamaño e a construción de mitoloxías disidentes

Lida hoxe, máis de quince anos despois da súa publicación, ‘Circe ou o pracer do azul’ convócanos a todas: ás amigas e ás amantes, ás que acompañan e ás que desexan para dialogar coas vivencias, experiencias e aprendizaxes do presente.

Por Alba López Álvarez.
https://osalto.gal/literatura/begona-caamano-construcion-mitoloxias-disidentes
2
❗️Últimos días para facerse socia/o de O Salto e soster o xornalismo independente e levar unha camisola exclusiva cunha ilustración do artista e tatuador galego Pruden.

👇🏼En apenas dous clics
https://osalto.gal/suscribirse/formulario
1
⚒️Condenan a Mercadona por non pagarlle a prima anual a unha traballadora de Ourense pola súa afiliación sindical

A empresa de Juan Roig usou a baixa médica da afectada como pretexto para xustificar non pagarlle 5.000 euros que agora deberá aboarlle con intereses á muller afiliada á CIG.
https://osalto.gal/laboral/condenan-mercadona-non-pagarlle-prima-anual-unha-traballadora-pola-sua-afiliacion-sindical
👏51
🔴A Xustiza acorda o arquivo da causa da vertedura de pellets

O Tribunal de Instancia sinala que a caída pola borda dos seis contedores foi consecuencia “dun golpe ao buque pola ondada, cumprindo os protocolos de carga por parte da empresa”.
https://osalto.gal/desastres-naturales/xustiza-acorda-arquivo-da-causa-da-vertedura-pellets
🔥41
💭Nin capitalismo nin socialismo: o cooperativismo esquecido do Beiras mozo

Antes de ser un dos creadores do pensamento económico galego contemporáneo, o histórico intelectual e político nacionalista Xosé Manuel Beiras, explorou a tradición dunha terceira vía no galeguismo.

Por Nicolás Filgueiras.
https://osalto.gal/politica/nin-capitalismo-nin-socialismo-cooperativismo-esquecido-do-beiras-mozo
5👍1
🖊De Angrois a Adamuz, tódalas leccións que se deberon aprender

As advertencias previas ignoradas, un sistema de seguridade na alta velocidade insuficiente e un abandono político das vítimas prolongou un proceso xudicial durante máis dunha década cunha primeira sentenza insuficiente para os afectados.

Por Javier H. Rodríguez.
https://osalto.gal/santiago-de-compostela/angrois-adamuz-todas-as-leccions-se-deberon-aprender
🤨1
🔴O colapso das urxencias en Galiza leva a profesionais e pacientes ao límite

Corredores ateigados de camas, tempos de espera que se contan por horas e profesionais esgotados. Os sindicatos denuncian falta de vontade política e plantillas insuficientes.

Por Alba Cambeiro.
Foto de Juancho Everman.
https://osalto.gal/sergas/colapso-das-urxencias-galiza-profesionais-pacientes-ao-limite
😢21
⚒️Unha explotación mineira a menos de 40 metros dun núcleo rural en Laxe: a loita contra a mina de Coéns

Un novo proxecto mineiro prevé a extracción de caolín durante tres décadas no municipio coruñés. A veciñanza denuncia a opacidade no procedemento e alerta das afeccións medioambientais do proxecto.


Por Alba Cambeiro.
https://osalto.gal/mineria/unha-explotacion-mineira-menos-40-metros-dun-nucleo-rural-loita-mina-coens
👎2😢21😡1
🪨Un novo parque eólico ameaza un castro de 2.000 anos de antigüidade na Costa da Morte

Catro aeroxeradores instalaranse a menos de 700 metros de vivendas no municipio de Dumbría, o quinto concello galego con máis potencia eólica instalada.


Por Alba Cambeiro.
https://osalto.gal/medioambiente/un-novo-parque-eolico-ameaza-un-castro-dous-mil-anos-na-costa-da-morte
✊🏼Miles de persoas saen á rúa en Santiago contra a privatización e os recortes na sanidade pública

Coa axenda neoliberal da Xunta de Alfonso Rueda no foco, unha gran multitude ateigou a praza do Obradoiro para reclamar unha atención digna e totalmente pública.

https://osalto.gal/xunta-de-galicia/miles-persoas-saen-rua-santiago-privatizacion-os-recortes-na-sanidade-publica
🔥5👏1