EOI de Lugo
170 subscribers
1.1K photos
96 videos
16 files
460 links
Canle informativa da Escola Oficial de Idiomas de Lugo.
Download Telegram
Nova sesión do Cine Fórum Fonema Cinema organizado en colaboración con @codexcinema

Un naufraxio, ninguén fala, un misterio que resolver... A praia dos afogados é un filme baseado na novela homónima de Domingo Villar. Ao día seguinte, ás 18.00 h, teremos o club de lectura sobre a novela na biblioteca.
Le département de français proclame le lauréat du concours de poésie :

Alberto Fernández Chorén B1.2

Toutes nos plus vives félicitations à Alberto dont le poème a conquis le jury luxembourgeois.👍👍

Nous ne manquons pas d'adresser nos sincères félicitations à Céleste et à Guillermo.

Merci à bravo à vous 3 !

🔗 https://view.genial.ly/63f89020eb177c00180eba54/presentation-poemes-saint-valentin
A EOI de Ferrol e máis a de Lugo queremos celebrar o 8M, Día Internacional da Muller. Así, por medio das nosas bibliotecas e dos nosos EDLG estamos preparando unha actividade colaborativa sobre mulleres relevantes que dan nome ás rúas das nosas cidades ou que están ligadas a elas. 

Na EOI de Lugo titulamos a nosa actividade "Pasos de muller - Camiños na historia de Lugo". Por unha banda, estamos elaborando podcasts en todas as linguas sobre mulleres históricas relacionadas coa nosa cidade (Inés de Castro, María Castaña, Lucía Fidalgo, María a Balteira, Concepción Arenal, Julia Minguillón, Araceli González e Rosalía de Castro). Ademais, e seguindo a idea da EOI de Ourense e da EOI de Monforte, organizamos un roteiro por Lugo da man da guía Lidia de la Fuente, fundadora da empresa Camiños con Arte. Para participar neste roteiro, no cal se falará das protagonistas do podcast, pero non só, pódeste anotar escribindo ao correo da biblioteca: eoi.lugo.biblioteca@edu.xunta.gal, ao do EDLG: eoi.lugo.edlg@edu.xunta.gal ou cubrir o seguinte formulario: https://i.gal/pasosdemuller
Se o prefires, podes anotarte presencialmente na biblioteca. As datas do roteiro son: o 9 de marzo ás 17:00h ou o 14 de marzo ás 11:00h.

https://rochoteca.wordpress.com/2023/03/03/pasos-e-nomes-de-muller-en-lugo-e-ferrol-👣💜/

https://bibliotecaeoiferrol.blogspot.com
O 8 de marzo teremos unha charla colóquio organizada polo EDLG. Contaremos coa presenza de Lourdes Rodríguez Domínguez #8demarzo
Comeza a III Edición do Concurso Porsía Vertical!
Anímate a participar.
🔔 Aberta a convocatoria para a obtención dos certificados Celga.
🔗 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230306/AnuncioG0655-010323-0001_gl.html
O Departamento de Inglés quere celebrar o mes da muller cunha sesión do Cine Fórum Fonema Cinema en colaboración con Códex Cinema. O 20 de marzo, ás 20:00 proxectarase o biopic de Emily Brontë e posteriormente haberá unha charla sobre a película e as irmás Brontë. O alumnado interesado en asistir, deberá anotarse na súa clase ou mandar un correo electrónico a eoi.lugo.ingles@edu.xunta.gal co seu nome e curso antes do 15 de marzo.
Feliz día da Muller!
Pásate pola Biblioteca e bota un ollo a exposión preparada co gallo do 8M deste ano!

https://rochoteca.wordpress.com/2023/03/08/feliz-dia-internacional-da-muller-♁/
Tralo éxito do proxecto G.O.A.L, a Coordinación Erasmus + da nosa Escola está a traballar no novo proxecto europeo D.A.R.

Mantente informadx en 🔗 https://erasmuspluseoilugo.wordpress.com/
O Departamento de Italiano quere celebrar como se merece o Día da Narración Oral. É por iso que o próximo mércores 22 de marzo ás 18:00h trae ao salón de actos da nosa EOI o espectáculo “Storie di vita, racconti di sport”, a cargo do actor italiano Simone Negrin.  Con el percorreremos a historia de Italia desde a Gran Guerra ata finais do século XX, coñecendo algunhas fascinantes historias do deporte e dos seus protagonistas de forma divertida e emocionante.
 
Se che apetece asistir anótate na clase de italiano ou manda unha mensaxe a: eoi.lugo.italiano@edu.xunta.gal indicando o teu nome e apelidos, o grupo no que estás matriculada/o e un email de contacto, antes do  21 de marzo. Non o deixes escapar!
O vindeiro día 14/03 terá lugar a segunda quenda do roteiro Pasos de Muller!
Anímate a participar 🚶‍♀️🚶
🔗 https://rochoteca.wordpress.com/2023/03/08/inicio-do-roteiro-pasos-de-muller-👣/
O luns 17 de abril ás 17:00 volve reunirse na nosa biblioteca o Club de Lectura do Departamento de Italiano, nun encontro no que se falará do libro “La disciplina di Penelope”, do afamado escritor de novela negra Gianrico Carofiglio.
Penelope si sveglia nella casa di uno sconosciuto, dopo l'ennesima notte sprecata. Va via silenziosa e solitaria, attraverso le strade livide dell'autunno milanese. Faceva il pubblico ministero, poi un misterioso incidente ha messo drammaticamente fine alla sua carriera. Un giorno si presenta da lei un uomo che è stato indagato per l'omicidio della moglie. 
A actividade está dirixida a alumnado e ex-alumnado a partir do nivel B2. Se queres participar no encontro, deixa os teus datos na biblioteca ou escribe un correo electrónico a: eoi.lugo.biblioteca@edu.xunta.gal
Pasa canto antes por un exemplar e goza da lectura!
Co gallo do Día do Libro, a biblioteca organiza o seu Mercado Solidario II.

Toda a información sobre como colaborar está na seguinte ligazón 🔗 https://rochoteca.wordpress.com/2023/03/10/2o-mercado-solidario-da-biblioteca/
Os clubs de lectura desta semana 👓📚🔖📖
O departamento de inglés está a celebrar San Patricio con actividades nas aulas esta semana.
Happy Saint Patrick's Day!