EOI de Lugo
163 subscribers
849 photos
61 videos
14 files
398 links
Canle informativa da Escola Oficial de Idiomas de Lugo.
Download Telegram
Queres aprender inglés? Bota unha ollada ás diferentes modalidades de estudo e elixe a que mellor se adapta a ti! 📚🇬🇧🤓
Matricúlate xa!
A @eoidelugo impartirá un curso de FORMACIÓN DO PROFESORADO EN CHINÉS🇨🇳 (NIVEL A1.1) de 60 horas que comeza o vindeiro 2 de outubro, os luns e mércores en horario de 18.00 a 20.00👉🏻Está destinado a TODAS AS ENSINANZAS E CORPOS e aínda quedan prazas dispoñibles para as persoas con interese en descubrir os fundamentos da lingua e da cultura chinesas. A asistencia é presencial, mais non hai exames de promoción ou certificación que poidan supoñer un estrés adicional. APROVEITA ESTA OPORTUNIDADE DE FORMACIÓN! Para máis información, consulta en FProfe ou contacta coa Asesoría de Linguas Estranxeiras (cfr.lugo.linguasestranxeiras1@edu.xunta.gal)😉 O prazo de inscrición está a punto de rematar!
Ao longo desta semana e ata o 9 de outubro, poderedes cubrir as enquisas elaboradas polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega . Estarán ao voso dispor na aula virtual e na propia aula da EOI onde o profesorado vos dará as indicacións. Grazas!!!
Son as auxiliares de conversa da EOI de Lugo,  de inglés, Alexandra; de francés, Victoria; de alemán, Fabienne; e de portugués, Andressa, nas Xornadas de Auxiliares de conversa 2024/25
A nosa compañeira María José asiste as xornadas iniciais de proxectos de mobilidade Erasmus + KA122 en Gran Canaria. Pronto iremos publicando novidades ao respecto do noso proxecto M+I+S=metodoloxía, inclusión e sostibilidade
Hoxe comezamos puntualmente o segundo día das Xornadas Iniciais de Proxectos Erasmus+ KA122 coa explicación da ferramenta de xestión do proxecto.
@eoidelugo
@sepiegob
@EUErasmusPlus
Na EOI de Lugo estamos comprometidas coa igualdade e queremos escoitar a túa voz. Por iso, instalouse unha caixa de suxestións para que enviedes ideas sobre inclusión ou poidades achegar calquera queixa.
Como funciona?
Escribe a túa suxestión nun papel e introdúceo na caixa de correo que hai no corredor fronte á biblioteca. Todas as achegas serán confidenciais e cada idea é importante para construírmos un ambiente máis igualitario. Grazas por colaborar!
que estará pasando na escola?
Escollamos poemas do tendal

O EDLG instalou uns tendais con poemas galegos nos corredores da EOI e temos que seleccionar os 6 que máis nos gusten para que logo o conservatorio de música os musique.
Para votar tedes dúas opcións: podedes usar os formularios en papel que atoparedes ao lado do tendal, escanear o código QR do cartel para facer a escolla en liña ou dende a vosa aula virtual. 
Entre os participantes sortearemos uns surtidos de galletas Daveiga que colaboran na actividade. 
Así que non esquezades poñer o voso nome no formulario!
Esta é a primeira dunha serie de actividades sobre poesía e música que o EDLG da EOI de Lugo realizará en colaboración co conservatorio de música Xoan Montes. 
Grazas! @galletasmarineras
Xa chegaron á EOI as galletas mariñeiras Daveiga que sortearemos entre os participantes do Tendal da Poesía. Só quedan uns días! Non esquezades que podedes facer a escolla de poemas nos corredores da escola ou a través da aula virtual de EDLG. @galletasmarineras
Are you ready for Halloween? Come to class, follow the clues, solve petrifying puzzles, complete chilling challenges and have a spook-tacular time with our Halloween Scavenger Hunt! 🎃👻🧙‍♀️💀🧛⚰️🎃