CIG-Ensino
4.78K subscribers
2.24K photos
27 videos
7 files
4.27K links
Canal da CIG Ensino coas informacións máis importantes do ensino galego. Dúbidas a galiza@cig-ensino.gal
Download Telegram
A Dirección Xeral de FP convoca os grupos de traballo para continuar coa reforma de FP sen negociar previamente nada na Mesa Sectorial

A Consellaría, sen achegar ningunha información, dá de prazo apenas unha semana aos grupos de traballo para que entreguen a distribución horaria dos módulos de segundo coa intención de elaborar a normativa de costas ao profesorado e á súa representación.

https://www.cig-ensino.gal/nova/a-direccion-xeral-de-fp-convoca-os-grupos-de-traballo-para-continuar-coa-reforma-de-fp-sen-negociar-previamente-nada-na-mesa-sec.html
🤥 Román Rodríguez mentiu: nunca houbo un estudo que xustificase que se “salvaron” 204 aulas neste curso

‼️ A Consellaría confirma nunha resposta a unha solicitude da CIG-Ensino que só se pode falar de estimación e que nunca existiu un documento coa relación detallada de centros

🎙 “Salvamos 204 aulas”. “Coa aplicación do acordo rescatamos 204 aulas”. Frases como estas foron recollidas por medios de comunicación a comezos de setembro de 2024. A fonte era un comunicado de prensa da Consellaría de Educación colgado na sección de propaganda do portal educativo da Consellaría, aínda hoxe accesíbel. Esta mesma cifra apareceu posteriormente en boca do conselleiro tanto en entrevistas como nunha comparecencia parlamentaria.

🛜 https://www.cig-ensino.gal/nova/roman-rodriguez-mentiu-nunca-houbo-un-estudo-que-xustificase-que-se-salvaron-204-aulas-neste-curso.html
ℹ️ Resolución provisional das listas abertas dos corpos 593 e 595

🟢 Baremo 593
🟢 Baremo 595503
🔴 Excluídas

⚠️ Prazo de reclamacións: do 7 ao 11 de novembro

👉 Máis info sobre listas abertas.
IV Xornadas de historia de Galiza. A nosa historia facémola nós.
📍Compostela. No programa tedes os puntos de encontro e as horas. Por error nalgunha publicación puxemos IES as Fontiñas, é incorrecto.

🗓 16 de novembro

Programa e matrícula
🩺 A CIG exixe garantías a MUFACE na atención ás persoas mutualistas e beneficiarias

🏥 Na reunión extraordinaria do Consello Xeral de MUFACE a entidade non achegou máis información que a confirmación de que haberá un novo concurso.

💊 O sistema público de saúde como mellor opción, asumindo medidas e  mantendo dereitos.

🛜 https://www.cig-ensino.gal/nova/a-cig-exixe-garantias-a-muface-na-atencion-as-persoas-mutualistas-e-beneficiarias.html
🫂 A CIG solidarízase coas vítimas da DINA e apoia a manifestación promovida pola Intersindical Valenciana e outras organizacións sociais para esixir a dimisión de Mazón

💶 A central nacionalista aprobou destinar unha partida económica para a súa xestión pola Intersindical Valenciana para axudar as persoas afectadas así como outra para a poboación cubana de Guantánamo que vén de sufrir as consecuencias do furacán Óscar.

🛜 https://www.cig-ensino.gal/nova/a-cig-solidarizase-coas-vitimas-da-dina-e-apoia-a-manifestacion-promovida-pola-intersindical-valenciana-e-outras-organizacions-s.html
🛰 Mudemos de rumbo. O galego ten futuro.

‼️ Convocatoria Nacional pola Lingua.

🗓 domingo, 17 de novembro,

⌚️ 12:00 horas.

📍 Praza da Quintana. Compostela.

🛜 https://www.cig-ensino.gal/nova/mudemos-de-rumbo-o-galego-ten-futuro.html
ℹ️ Resolución provisional listas abertas corpo EOI: alemán, italiano e portugués.

🟢 Baremo Provisional
🔴 Excluídas

⚠️ Reclamacións: do 12 ao 14 de novembro

👉 Máis información sobre listaxes abertas
🤷‍♂ Após catro meses de parálise Educación aínda non convocou a primeira reunión de traballo sobre o Plan de igualdade

👉 A CIG-Ensino urxe á Consellaría a que se poña en marcha efectiva a comisión negociadora dado que xa transcorreu un terzo do tempo legal estabelecido e non se facilitaron datos relevantes nin se convocou para a súa avaliación.

https://www.cig-ensino.gal/nova/apos-4-meses-de-paralise-educacion-ainda-non-convocou-a-primeira-reunion-de-traballo-sobre-o-plan-de-igualdade.html
ℹ️ Publicada a composición da comisión de avaliación e a listaxe de admitidas e excluídas

👉 Consultar
🛰 Este domingo, 17 de Novembro, acode ao acto nacional polo galego: Mudemos o rumbo. Polo futuro do galego

Ás 12:00 horas, na Praza da Quintana, en Compostela, a plataforma cidadá Queremos Galego convoca un gran acto nacional baixo o lema Mudemos o rumbo. Polo futuro do galego.
Esta mobilización responde aos datos do IGE, que certifican a emerxencia lingüística extrema que vive a nosa lingua, como consecuencia de non se ter actuado sobre a expulsión e exclusión do galego de todos os ámbitos da vida social.

www.QueremosGalego.gal
ℹ️ Podes consultar as vacantes na nosa web na seguinte ligazón:

https://www.cig-ensino.gal/concurso-de-orientacion-nos-ceip.html
ℹ️ Listas abertas
👉 593084 Canto de jazz
👉 593086 contrabaixo de jazz

📅 Do 18 ao 22 novembro

ℹ️ Resolución provisional do corpo 598
🟢 Baremo provisional
🔴 Excluídas
📅 Reclamacións: do 18 ao 20 de novembro

ℹ️ Resolución provisional do corpo 590
🟢 Baremo provisional
🔴 Excluídas
📅 Reclamacións: do 18 ao 20 de novembro

🔎 Toda a información sobre listas abertas