CIG-Ensino
4.79K subscribers
2.25K photos
27 videos
7 files
4.28K links
Canal da CIG Ensino coas informacións máis importantes do ensino galego. Dúbidas a galiza@cig-ensino.gal
Download Telegram
✍️ Publicadas as instrucións para a toma de posesión

➡️ Corpo de Mestras

➡️ Secundaria e outros corpos

📅 Até o 31 de agosto, incluído
🏥 A CIG denuncia a privatización da formación universitaria na rama sanitaria

🩺 As federacións de Saúde e Ensino manifestan a súa oposición á implantación de graos na universidade privada de Abanca que xa existen na pública.

🛜 https://www.cig-ensino.gal/nova/a-cig-denuncia-a-privatizacion-da-formacion-universitaria-na-rama-sanitaria.html
🔴 Continúa o xenocidio sen que Israel e os seus cómplices enfrenten ningún tipo de consecuencia. Contra esta impunidade, máis de 30 localidades xa confirmadas voltarán ás rúas da Galiza en apoio á #Palestina 🇵🇸
#GalizaConPalestina
#PalestinaVencerá
⚖️ Un xulgado galego nega os dereitos retroactivos do PTFP en prácticas no momento da integración en PES

📜 A sentenza responde a unha demanda da CIG-Ensino que non comparte en absoluto o razoamento do xulgado ao non entrar a valorar a discriminación producida

🛜 https://www.cig-ensino.gal/nova/un-xulgado-galego-nega-os-dereitos-retroactivos-do-ptfp-en-practicas-no-momento-da-integracion-en-pes.html
🎙️ A CIG-Ensino denuncia o papel da Xunta na polémica creada pola titulación de Medicina e chama a frear a privatización do SUG

🤝 O sindicato maioritario entre o profesorado do Sistema Universitario Galego apela á unidade das tres universidades para facer fronte á “política de colegas” do PP e os Escotet

🛜 https://www.cig-ensino.gal/nova/a-cig-ensino-denuncia-o-papel-da-xunta-na-polemica-creada-pola-titulacion-de-medicina-e-chama-a-frear-a-privatizacion-do-sug.html
🆕 Consulta na nosa páxina web as sedes dos tribunais das oposicións de 2025

➡️ Corpo de mestres
➡️ Corpos de secundaria e outros
🪑 Convocada Mesa sectorial para o mércores 4 de xuño

➡️ Na mesa negociaranse as axudas por formación, as licenzas por formación non retribuídas, as prazas convenio ou programa e unha praza de profesor/a de lingua e literatura galegas no colexio Vicente Cañada Blanch de Londres

https://www.cig-ensino.gal/nova/convocada-mesa-sectorial-para-o-mercores-4-de-xuno.html
💻 Acreditación Competencia Dixital Docente

📅 Ata o 20 de xuño

ℹ️ Máis info
📣 A CIG-Ensino non permitirá ningunha inxerencia política no labor docente

🎙️ O sindicato denuncia a actitude antidemocrática do conselleiro de Educación ao presentar unhas instrucións con cambios que afectan ao profesorado sen debatelas coa representación sindical.

🛜 https://www.cig-ensino.gal/nova/a-cig-ensino-non-permitira-ningunha-inxerencia-politica-no-labor-docente.html
ℹ️ Información da Mesa sectorial do mércores 4 de xuño

➡️ Na mesa negociáronse as axudas por formación, as licenzas por formación non retribuídas, as prazas convenio ou programa e unha praza de profesor/a de lingua e literatura galegas no colexio Vicente Cañada Blanch de Londres

https://www.cig-ensino.gal/nova/convocada-mesa-sectorial-para-o-mercores-4-de-xuno.html
Channel photo updated
🎙️ A CIG-Ensino celebra o seu 9º congreso baixo o lema “A forza do compromiso”.

🗓 Nesta cita producirase ademais o relevo na secretaría nacional, con Laura Arroxo á fronte da única candidatura presentada.

🛜 https://www.cig-ensino.gal/nova/a-cig-ensino-celebra-o-seu-9-congreso-baixo-o-lema-a-forza-do-compromiso.html
Analízase a situación de emerxencia lingüística do galego no Encontro Internacional
#IXCongreso @CIGEnsino
🔴Representantes de sindicatos das nacións do Estado español e da lusifonía dan conta das diferentes realidades lingüísticas
👉https://cig.gal/nova/analizase-a-situacion-de-emerxencia-lingueistica-do-galego-no-encontro-internacional-previo-ao-ix-congreso-da-cig-ensino.html
⚠️ A Consellaría presenta a oferta de FP do próximo curso con cambios laborais derivados das novas formacións aceleradas sen contraste previo co profesorado

❗️A directora xeral avanzou que no curso 25/26 volverán publicarse instrucións provisionais para estas ensinanzas, que se “negociarán” este mes, e non deu data para dar a coñecer o borrador do Decreto galego de FP.

https://www.cig-ensino.gal/nova/a-consellaria-presenta-a-oferta-de-fp-do-proximo-curso-con-cambios-laborais-derivados-das-novas-formacions-aceleradas-sen-contra.html