CIG-Ensino
4.76K subscribers
2.2K photos
27 videos
7 files
4.24K links
Canal da CIG Ensino coas informacións máis importantes do ensino galego. Dúbidas a galiza@cig-ensino.gal
Download Telegram
O curso comeza con 747 prazas para substitucións e interinidades sen cubrir.

Ao xa caótico comezo das actividades lectivas por mor dos recortes, a falta de material e as improvisacións da Consellaría (PROENS, currículos…) únese un alarmante número de prazas vacantes.

https://www.cig-ensino.gal/nova/o-curso-comeza-con-747-prazas-para-substitucions-e-interinidades-sen-cubrir.html
✅️ Publicado no DOG o currículo de infantil

https://www.cig-ensino.gal/nova/lomloe.html
This media is not supported in your browser
VIEW IN TELEGRAM
O alumnado do IES Punta Candieira de Cedeira segue a reclamar o que é de dereito: Non aos recortes no ensino público
🧳 A CIG-Ensino solicita reunión urxente da Mesa Docente estatal para a aplicación inmediata da puntuación como persoal interino no concurso de traslados.

🛰 A medida non afectaría ao profesorado galego, xa que a puntuación xa se aplica desde 2013 mais evitará os problemas polas diferentes puntuacións xa que Galiza era a única comunidade en aplicalo.

ℹ️ https://www.cig-ensino.gal/nova/a-cig-ensino-solicita-reunion-urxente-da-mesa-docente-estatal-para-a-aplicacion-inmediata-da-puntuacion-como-persoal-interino-no.html
😷 Non á censura!

🔊 A CIG-Ensino denuncia as presións que se están exercendo dende a administración educativa aos centros educativos para tratar de paralizar as mobilizacións que demandan medios e recursos.

ℹ️ https://www.cig-ensino.gal/nova/non-a-censura.html
Nomeamento como personal funcionario de carreira do Corpo de mestras ás seleccionadas nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 24 de febrero de 2020

https://www.boe.es/boe/dias/2022/09/12/pdfs/BOE-A-2022-14794.pdf
#IMPORTANTE para funcionariado en prácticas.
Comunícanos Muface que se enviaron todos os 📩 de benvida e deuse a alta inicial PERO 📌 é preciso elixir entidade sanitaria e dar de alta beneficiarios 💻.
‼️Desde a CIG-Ensino animámosvos a escoller o SERGAS como entidade sanitaria!
A Consellaría non abre o programa Proa+ a novas necesidades dos centros.

🚸 A administración só contempla a prórroga cos centros que contaron con profesorado PROA no curso pasado mentres o sindicato volve esixir que as necesidades de atención educativa se cubran con ampliación dos cadros de persoal.

ℹ️ https://www.cig-ensino.gal/nova/a-consellaria-non-abre-o-programa-proa-a-novas-necesidades-dos-centros.html
Revisión médica.
Postos en contacto coa administración instándoa á pronta publicación das datas da revisión médica, dado a tardanza na publicación neste curso, a administración comunícanos que mañá a última hora da mañá será publicada na páxina da Consellaría e remitida aos centros educativos a convocatoria.
✍️ ASINA: A MESA denuncia un ano máis ao “Foro La Toja” por non respectar a toponimia galega.

✍️ Precisamos da túa sinatura para manifestar o rexeitamento por parte da sociedade galega e que se faga cumprir a lei.

ℹ️ https://www.amesa.gal/campanhas/a-toxa-polo-seu-nome/
👉 Curso direccións

📅 Do 23 de setembro ao 6 de outubro
✅️ Todo o profesorado a nivel estatal con servizos de interino terá os mesmos dereitos que o galego na antigüidade dos concursos de traslados

👉 O cambio de criterio do Ministerio chega despois de que a CIG-Ensino insistise en solitario sobre este tema desde 2014 e tras unha recente sentenza do Tribunal Supremo

https://www.cig-ensino.gal/nova/todo-o-profesorado-a-nivel-estatal-con-servizos-de-interino-tera-os-mesmos-dereitos-que-o-galego-na-antigueidade-dos-concursos-d.html