CIG-Ensino
4.77K subscribers
2.23K photos
27 videos
7 files
4.26K links
Canal da CIG Ensino coas informacións máis importantes do ensino galego. Dúbidas a galiza@cig-ensino.gal
Download Telegram
A CIG-Ensino denuncia as formas e o fondo dunha proposta de acordo impresentábel e négase a debater ningún texto que non incorpore a recuperación do horario lectivo.

A CIG-Ensino demandou, en solitario, a retirada do documento e solicítalle ao resto de organizacións sindicais responsabilidade e firmeza á hora de defender as demandas do profesorado.

A Consellaría limitouse a emprazar a unha nova negociación este mércores sen avanzar se incorporará cuestións que supoñan melloras reais das nosas condicións de traballo.

https://www.cig-ensino.gal/nova/a-cig-ensino-denuncia-as-formas-e-o-fondo-dunha-proposta-de-acordo-impresentabel-e-negase-a-debater-ningun-texto-que-non-incorpo.html
📢 Despois da farsa comeza a negociación. A Consellaría rectifica grazas á presión da CIG-Ensino e incorporará a recuperación do horario lectivo.

🎭 Para a CIG-Ensino, despois da escenificación teatral destes dous días na que o resto de organización sindicais entraron a facer “comentarios de texto” do documento da Consellaría, a negociación empeza oficialmente o próximo venres.

📲 https://www.cig-ensino.gal/nova/despois-da-farsa-comeza-a-negociacion-a-consellaria-rectifica-grazas-a-presion-da-cig-ensino-e-incorporara-a-recuperacion-do-hor.html
Próxima apertura de listas de substitucións dos corpos 590, 593, 594, 595 e 598.
Listado de especialidades así como todo a información sobre esta e outras convocatorias na seguinte ligazón
📋 Apertura de listas de substitucións dos corpos 590, 593, 594, 595 e 598.

🗓 Prazo de presentación de solicitudes: desde venres día 6 de outubro até o día martes 17 de outubro de 2023, ambos incluídos.

📲Toda a información sobre esta e outras na seguinte ligazón
⚠️ A Consellaría pecha en falso as negociacións: despreza e divide o profesorado e introduce medidas insuficientes para mellorar o sistema educativo.

📢 A CIG-Ensino fixo un chamamento ao resto de sindicatos para non ceder á chantaxe da Consellaría e convocar unha folga unitaria na que se lle dea voz ao profesorado para mobilizarse contra unha proposta que non recupera o horario recortado e inclúe unha redución de ratios cun calendario moi extenso.

📲 https://www.cig-ensino.gal/nova/a-consellaria-pecha-en-falso-as-negociacions-despreza-e-divide-o-profesorado-e-introduce-medidas-insuficientes-para-mellorar-o-s.html
♿️ Resolución definitiva do Fondo de Acción Social (FAS).

🗓 Prazo de reclamación ás listaxes defintivas: do 9 de outubro ao 8 de novembro de 2023.

📲 https://www.cig-ensino.gal/fondo-de-accion-social.html
A CIG-Ensino sempre estará onde ten que estar, na defensa dos dereitos das traballadoras e no respecto aos compromisos acadados.

XIII Convenio estatal EI 0-3

📣 A CIG-Ensino responderá coa decisión da asemblea de delegadas á convocatoria de folga en Infantil 0-3 rexistrada por CCOO, nunha actitude sectaria e interesada

📲 https://www.cig-ensino.gal/nova/a-cig-ensino-sempre-estara-onde-ten-que-estar-na-defensa-dos-dereitos-das-traballadoras-e-no-respecto-aos-compromisos-acadados-x.html
📋 Razóns para a folga do 24 de outubro: por que é precisa a mobilización polos nosos dereitos?

🗑 A CIG-Ensino repasa as renuncias que implica deixar fóra do “acordo” as cuestións fundamentais demandadas longamente polo profesorado.

🎙Por que dicimos NON?

📲 https://www.cig-ensino.gal/nova/razons-para-a-folga-do-24-de-outubro-por-que-e-precisa-a-mobilizacion-polos-nosos-dereitos.html
Actualizada a Orde de titulacións que permite a incorporación ás listas de substitución reflectindo as novas especialidades que integran o corpo de profesores de ensino secundario e as especialidades do corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e incluíndo os corpos de profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño e mestres de artes plásticas e deseño

https://www.cig-ensino.gal/normativa-profesorado-interino-substituto.html
Asembleas mércores 18 de outubro!
#EuVouÁFOLGA
💶 A alternativa da CIG-Ensino ao apartado retributivo do acordo implicaría un incremento salarial para todo o profesorado de 81€

💶 A CIG-Ensino amosa con datos contundentes que o 74% do profesorado obtería unha suba superior á pactada e denuncia novamente un acordo que incide na segregación e división do profesorado, ademais de nas ratios e o horario, tamén no salario.

📲 https://www.cig-ensino.gal/nova/a-alternativa-da-cig-ensino-ao-apartado-retributivo-do-acordo-implicaria-un-incremento-salarial-para-todo-o-profesorado-de-81.html
🩺 Hoxe, 16 de outubro, remata o prazo para a solicitude da revisión médica.

https://www.cig-ensino.gal/nova/revisions-medicas.html
💶 Orde que regula o reintegro por gastos de formación.

🧑‍🏫 ORDE do 5 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para financiar os gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento ED303A).

📲 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20231016/AnuncioG0655-061023-0001_gl.pdf
A CIG-Ensino gaña un novo conflito colectivo contra a UVIGO: o TSXG declara a obriga de subir os salarios do persoal de investigación.

⚖️ O alto tribunal galego dálle a razón á CIG na súa campaña xudicial para conseguir que o persoal investigador predoutoral, posdoutoral e de proxectos de investigación teñan a mesma suba salarial que o resto do PDI.

📲 https://www.cig-ensino.gal/nova/a-cig-ensino-gana-un-novo-conflito-colectivo-contra-a-uvigo-o-tsxg-declara-a-obriga-de-subir-os-salarios-do-persoal-de-investiga.html
🟢 Procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para a especialidade de lingua estranxeira francés do corpo de mestres

📅 Do 18 ao 24 de outubro

ℹ️ Máis info sobre esta apertura de listas de substitución
🗣 CIG-Ensino desvela unha nova fraude no texto do acordo: a negociación “en diferido” é unha coartada insultante.

🖊 A instancias dos sindicatos asinantes do acordo (CCOO, UGT, ANPE) a Consellaría incorporou un parágrafo-coartada para disimular que se vende o profesorado na recuperación do horario lectivo. Unha parte e outra mentiron a sabendas.

📲 https://www.cig-ensino.gal/nova/cig-ensino-desvela-unha-nova-fraude-no-texto-do-acordo-a-negociacion-en-diferido-e-unha-coartada-insultante.html