CIG-Ensino
4.78K subscribers
2.25K photos
27 videos
7 files
4.28K links
Canal da CIG Ensino coas informacións máis importantes do ensino galego. Dúbidas a galiza@cig-ensino.gal
Download Telegram
Sorteo dos tribunais para as oposicións realizado.
- 92 tribunais en mestres.
- 130 no resto,
Excluíron os/as presidentes/as que xa teñen apalabrados/as.
Ao longo do día publicaremos o resultado. Recordade que faltan as presidencias.
ℹ️ Publicado o sorteo dos tribunais das oposición

👉 Corpo de mestres
👉 Restantes corpos
🏫A CIG-Ensino denuncia a actuación da Consellaría ao respecto do IES Val do Asma de Chantada.
📣O sindicato considera un despropósito a falta de coordinación interna na Consellaría de Educación sobre o futuro dos centros de Chantada e insta ao conselleiro a manter a actual oferta.
💻https://www.cig-ensino.gal/nova/a-cig-ensino-denuncia-a-actuacion-da-consellaria-ao-respecto-do-ies-val-do-asma-de-chantada.html
🛰Queremos Galego convida a manifestarse o 17 de maio en Compostela “por un novo futuro para a lingua”🛰

🔊
A plataforma cidadá, da que forma parte a CIG entre 500 entidades sociais e culturais, convoca a sociedade a manifestarse o 17 de maio ás 12h entre a Alameda e a Praza da Quitana baixo o lema “En galego agora e sempre. Por un novo futuro para a lingua”.

💻https://www.cig-ensino.gal/nova/queremos-galego-convida-a-manifestarse-o-17-de-maio-en-compostela-por-un-novo-futuro-para-a-lingua.html
👉 II Xornadas de atención á diversidade

✅️ Poñemos á vosa disposición as conferencias das II Xornadas de atención á diversidade organizadas pola CIG-Ensino e a ASPG

https://www.cig-ensino.gal/recursos.html
▶️ Publicada no DOG a convocatoria de Fondo de Acción social.

ℹ️ Prazo, requisitos e presentación de solicitudes aquí.
🗓Convocada mesa sectorial para o calendario escolar.🗓
🔊A mesa celebrarase o xoves 5 de maio.🔊
📬Como sempre achegas a galiza@cig-ensino.gal 📬
💻https://www.cig-ensino.gal/nova/mesa-sectorial-calendario-2022.html
A CIG-Ensino comeza unha recollida de sinaturas para a integración de todos os corpos do profesorado no grupo A1.✍️

📝O sindicato vén de remitir un escrito á ministra Alegría para que abra inmediatamente as negociacións dun Estatuto Docente que regule a igualdade de dereitos de todo o profesorado.📝

💻 https://www.cig-ensino.gal/nova/a-cig-ensino-comeza-unha-recollida-de-sinaturas-para-a-integracion-de-todos-os-corpos-do-profesorado-no-grupo-a1.html
Asina polo corpo único docente!!
A CIG-Ensino mantén o obxectivo histórico de que todo o profesorado debe formar parte dun corpo único docente dentro do grupo funcionarial de maior grao (A1).
💻https://www.cig-ensino.gal/asina.html
🔊Por un bacharelato digno nos Ancares.🔊

📣A CIG Ensino apoiou, na tarde do martes 3 de maio, á comunidade educativa do IES de Becerreá nunha manifestación por un bacharelato digno na comarca dos Ancares. 📣

💻https://www.cig-ensino.gal/nova/por-un-bacharelato-digno-nos-ancares.html
🛰Inaugúrase en Pontevedra o Correlingua 2022 baixo o lema Fálame.

🎉🥳🎊A festa inicial será presentada por Isabel Risco na Alameda o 4 de maio ás doce horas.

💻https://www.cig-ensino.gal/nova/pontevedra-inaugura-o-correlingua-2022-baixo-o-lema-falame.html
👩‍🦼Fondo de Acción Social
📝Publicada no DOG do 29 de abril a convocatoria de Fondo de Acción social.
🗓Prazo de solicitudes: do 2 ao 13 de maio.
🧑‍🦽Tedes toda a información sobre o FAS na seguinte ligazón
📖Publicados os listados definitivos do persoal opositor.

⚖️O prazo de interposición do recurso potestativo de reposición contra estas listas definitivas é dun mes, contado dende o día seguinte ao desta publicación.

💻https://www.cig-ensino.gal/nova/publicados-os-listados-definitivos-do-persoal-opositor.html
A CIG-Ensino, contraria ao incremento de días lectivos.

🚫Tamén nos opoñemos aos prazos e condicións do emprego da aplicación informática para as programacións.

📣O sindicato critica á Consellaría por querer impoñer unhas novas normas burocráticas cando non se sabe aínda cando estarán os novos currículos nin o prazo que haberá para adaptar as programacións.

📢Demandamos flexibilidade para o comezo de curso escolar e máis tempo dedicado á coordinación fronte á burocracia que pretende a administración.

💻https://www.cig-ensino.gal/nova/a-cig-ensino-contraria-ao-incremento-de-dias-lectivos.html
A CIG-Ensino mantivo unha reunión co Ministerio de Educación e FP

O secretario nacional do sindicato deu traslado das cuestións máis urxentes para o profesorado no ámbito competencial do MEFP

https://www.cig-ensino.gal/nova/a-cig-ensino-mantivo-unha-reunion-co-ministerio-de-educacion-e-fp.html