CIG-Ensino
4.77K subscribers
2.24K photos
27 videos
7 files
4.27K links
Canal da CIG Ensino coas informacións máis importantes do ensino galego. Dúbidas a galiza@cig-ensino.gal
Download Telegram
✍️ A CIG asina coa UDC un acordo de suba salarial desde 2022 a todo o persoal da UDC a quen se lle negaba este dereito

📋 O acordo evita a vía xudicial do conflito colectivo presentado pola CIG e implica un logro histórico para todo o persoal da UDC, recoñecendo o dereito ás subas retributivas a todo o persoal de investigación, equiparado deste xeito co PDI funcionario e laboral .

🌐 https://www.cig-ensino.gal/nova/a-cig-asina-coa-udc-un-acordo-de-suba-salarial-desde-2022-a-todo-o-persoal-da-udc-a-quen-se-lle-negaba-este-dereito.html
🏫 Oposicións 2024

👉 Lugares onde se van celebrar os exames das oposicións: https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20240525dossiersedesoposicions2024.pdf
👉 Toda a información das oposicións: https://www.cig-ensino.gal/oposicions.html
👉 Xa podedes consultar na nosa web a nova lexislación publicada hoxe sobre Formación Profesional
📣 A CIG volve chamar a mobilizarse para denunciar o xenocidio do pobo palestino.

Concentracións en 31 localidades este luns, 3 de Xuño.

19.000 crianzas palestinas asasinadas desde o 7 de outubro.

Estas 19.000 crianzas é o equivalente ao 6% dos nenos e nenas galegas menores de 14 anos.

#ParemosoXenocidio
#GalizaconPalestina
#PalestinaVencerá
🇵🇸
ℹ️ Prazas convenio ou programa

📅 Do 4 ao 17 de xuño

https://www.cig-ensino.gal/prazas-por-convenio-ou-programa.html
📴 A Consellaría de Educación non fará contratacións a partir do 7 de xuño

🚸 Haberá alumnado que estará sen profesorado durante, como mínimo, os últimos quince días de curso, nun novo exemplo de como Educación desatende o ensino público.

🕸 https://www.cig-ensino.gal/nova/a-consellaria-de-educacion-non-fara-contratacions-a-partir-do-7-de-xuno.html
👩‍🏫 Habilitacións primaria

🗓 Apertura do prazo (entre o 1 e o 30 de xuño) para que o persoal funcionario docente do corpo de mestres poida solicitar o recoñecemento de nova especialidade.

📲 https://www.cig-ensino.gal/nova/habilitacions-primaria.html
ℹ️ Publicadas as instrucións para o curso 2024/25

▶️ Infantil e primaria
▶️ ESO e Bacharelato

Están dispoñibles na sección de Instrucións de inicio de curso e calendario escolar
🎙 A CIG participou na Mesa de Universidades do Ministerio de Ciencia e Universidades na que se está debatendo o Anteproxecto de Lei de Estatuto do PDI

📢 A reunión estaba centrada nos capítulos I (disposicións xerais) e II (dereitos e deberes) do borrador do Estatuto de PDI

ℹ️ A segunda reunión da Mesa de Universidades para tratar o futuro Estatuto do PDI tivo lugar o día 4 de xuño, centrada como propuxera a representación da CIG na reunión anterior nos dous primeiros capítulos do borrador do Estatuto do PDI, deixando para seguintes reunións o resto do articulado.

🌐 https://www.cig-ensino.gal/nova/a-cig-participou-na-mesa-de-universidades-do-ministerio-de-ciencia-e-universidades-na-que-se-esta-debatendo-o-anteproxecto-de-le.html
📰 A Consellaría remite a Oferta formativa de FP do vindeiro curso despois da súa presentación aos medios e sen ningún tipo de negociación previa

🗞️ Por enésima vez a Dirección Xeral de FP actúa de costas ao profesorado e á súa representación sindical remitindo o proxecto de Orde que presentará no Consello Galego de FP, un órgano consultivo, como mero trámite e sen que se negociase na Mesa Sectorial.

🕸️ https://www.cig-ensino.gal/nova/a-consellaria-remite-aos-sindicatos-a-oferta-formativa-de-fp-do-vindeiro-curso-despois-da-sua-presentacion-aos-medios-de-comunic.html
ℹ️ Concurso de méritos para cubrir prazas de persoal asesor na Consellaría 2024-25 (inclúe asesorías no CAFI e CFR)

📅 Do 10 ao 21 de xuño

https://www.cig-ensino.gal/asesorias-da-consellaria.html
🎙 A CIG-Ensino acusa a Consellaría de deixar desatendidos miles de estudantes non cubrindo substitucións docentes

📣 Nunha concentración ás portas de San Caetano púxose en evidencia que cada ano a actuación da Consellaría é peor, borrando as vacantes que comunican os centros e ignorando as súas peticións nalgúns casos desde hai máis de un mes.

🌐 https://www.cig-ensino.gal/nova/a-cig-ensino-acusa-a-consellaria-de-deixar-desatendidos-miles-de-estudantes-non-cubrindo-substitucions-docentes.html
🚼 Quinta reunión no SIMA do XIII convenio de Infantil 0-3

A CIG-Ensino non foi chamada á xuntanza da parte social, para facer unha contraproposta á patronal tal e como se acordara no 4º SIMA, por decisión “interesada e unánime” dos catro sindicatos estatais.

🌐 https://www.cig-ensino.gal/nova/quinta-reunion-no-sima-do-xiii-convenio-de-infantil-0-3.html
ℹ️ Publicada a distribución de opositoras por tribunal e as datas, horas e lugares

➡️ Mestras

➡️ Secundaria e outros

Detectamos e comunicamos a administración un erro na especialidade 598004. Na distribución de tribunais, e na composición de tribunais aparecen dous, tribunai 1 e tribunal 2. E no documento de datas horas e lugares pon tribunal único.

Estamos a espera da corrección por parte da administración.
A CIG-Ensino solicita maior transparencia e negociación na Oferta formativa de FP e esixe unha Mesa Sectorial para abordar de forma global a reforma destas ensinanzas

Na reunión do Consello Galego de FP o sindicato maioritario no ensino público galego pediu coñecer os datos da oferta do vindeiro curso cos mesmos parámetros que os do actual para poder facer unha comparativa real dos mesmos.

https://www.cig-ensino.gal/nova/a-cig-ensino-solicita-maior-transparencia-e-negociacion-na-oferta-formativa-de-fp-e-esixe-unha-mesa-sectorial-para-abordar-a-ref.html