CUPAS informa | Integración da Escola de Traballo Social na USC
Nas reunións extraordinarias do Consello de Goberno celebradas hoxe aprobouse a desadscrición da Escola de Traballo Social e o convenio para a súa integración na USC
✅ Dende CUPAS defendemos que a incorporación do novo persoal non reduza a marxe da masa salarial da USC. Grazas á nosa intervención, o convenio incorpora a obriga de prever o incremento de masa salarial derivado desta integración
✅ Tamén logramos incluír a necesidade dun inventario de bens e documentación que deberá recibir a USC
✅ Ademais, a Xerencia comprometeuse a convocar a representación sindical en setembro para abordar as cuestións que afectan ao persoal, unha vez se presente a documentación sobre as categorías nas que quedará integrado
📌 Ao igual que na xuntanza ordinaria do pasado día 17 as únicas intervencións dos representantes do persoal foron as que realizamos dende CUPAS 💪🏻💙

👍1
📣 ÚLTIMOS DÍAS PARA SOLICITAR A CARREIRA HORIZONTAL CAP VI
⏰ O prazo remata o mércores 9 de setembro.
Se es persoal investigador ou de apoio á investigación da USC, aínda podes solicitar o acceso ou a actualización da túa carreira horizontal
✅ Esta convocatoria está dirixida a: • Quen non presentou solicitude en 2025. • Quen non reunía os 6 anos mínimos de antigüidade. • Quen cumpriu 12, 18 ou 24 anos de antigüidade en 2025 e pode acceder a un novo grao.
📈 Graos segundo a antigüidade: 🔹 Grao I: 6 anos 🔹 Grao II: 12 anos 🔹 Grao III: 18 anos 🔹 Grao IV: 24 anos
💶 O recoñecemento terá efectos económicos desde o 1 de xaneiro de 2026 e actualmente percíbese o 10 % das cantidades correspondentes.
📝 Presenta a túa solicitude aquí: 👉 Formulario de solicitude
✊ Desde CCOO seguiremos traballando para avanzar cara ao recoñecemento do 100 % das contías.
📩 Se tes dúbidas ou precisas asesoramento, contacta con CCOO.

This media is not supported in your browser
VIEW IN TELEGRAM
🟥 A partir do 1 de setembro, as notificacións da Seguridade Social serán electrónicas
Se estás cobrando ou solicitas prestacións por nacemento, incapacidade temporal, risco durante o embarazo ou incapacidade permanente, as notificacións serán só electrónicas.
📨 As cartas certificadas en papel para moitos destes procedementos pasan á historia.
⏳ Terás 10 días naturais para acceder á notificación na sede electrónica. Se non o fas, entenderase notificada e comezarán a contar os prazos para presentar alegacións ou realizar os trámites correspondentes.
💡 Que debes facer?
Comproba que a Seguridade Social ten o teu número de móbil e correo electrónico actualizados.
Asegúrate de ter acceso a Cl@ve ou certificado dixital.
Se estás tramitando unha prestación, revisa periodicamente as notificacións electrónicas.
📲 Comparte esta mensaxe coas túas compañeiras e compañeiros da USC

🛡 Póliza gratuíta de accidentes para a afiliación de CCOO
✅ Por estar afiliado/a a CCOO, tes incluída unha póliza gratuíta de accidentes. En caso de falecemento por accidente, a túa familia percibirá unha indemnización de 18.000 €.
⭐️ Vantaxe adicional para delegados/as e integrantes das candidaturas de CCOO: se es Representante Legal das Persoas Traballadoras ou te presentas ás eleccións sindicais con CCOO, contas cunha cobertura adicional de 12.000 € en caso de falecemento por accidente durante o exercicio da actividade sindical, acadando unha indemnización total de 30.000 €.
📲 Comparte esta mensaxe coas persoas da USC que poidan estar interesadas
👉 Máis info: https://descuentos.ccoo.es/servicio&s=7302

📢 CUPAS informa | Consello de Goberno (08/09/2026)
Aprobouse o programa FENIX, cun custo de 1,49 millóns de euros en 5 anos
🔹 CUPAS votou en contra ao considerar que non se aclararon responsabilidades da convocatoria Ramón y Cajal 2025 nin se reforzou a área de xestión da investigación
🔹 Criticamos que se destinen fondos propios a este programa mentres están pendentes cuestións prioritarias para o persoal, como a Carreira Horizontal, da que só se está a aboar o 50% ao PTXAS de capítulo I e o 10% ao persoal de capítulo VI
🔹 Cuestionamos que se atenda só a 4 persoas, cando foron 25 afectadas pola convocatoria R&C 2025
🔹 A proposta contrasta con outras situacións pendentes na USC, como a das 4 persoas do PTXAS funcionario do subgrupo A1 afectadas pola anulación dunha oposición, despois de anos no exercicio das funcións
📊 Resultado: ✅ 23 votos a favor ❌ 5 en contra (CUPAS e algún profe) ➖ 9 abstencións
⚠️ Para CUPAS, a USC debería centrarse en esclarecer o sucedido, e reforzar a xestión da investigación.

📢 Importante: recoñecemento de trienios do persoal investigador e de apoio á investigación da USC
A partir do 1 de outubro de 2026 , a USC realizará de oficio o recoñecemento dos novos trienios ao persoal que xa teña recoñecido o primeiro, e cumpra os requisitos para perfeccionar o seguinte, sen necesidade de presentar solicitude
✅ Os trienios recoñecidos incorporaranse á nómina con efectos económicos desde o 1 de novembro de 2026.
📌 Só será necesario presentar solicitude nos seguintes casos:
🔹 Primeiro trienio.
🔹 Recoñecemento de servizos prestados noutras administracións públicas.
🔹 Persoas con interrupcións na súa vinculación coa USC entre contratos.
💚 Desde CCOO valoramos positivamente esta medida, que simplifica os trámites administrativos e evita que o persoal teña que solicitar cada novo trienio.
✊ CC.OO continuará defendendo a equiparación de dereitos e a mellora das condicións laborais do colectivo.
CC.OO- USC, o poder de cambiar as cousas!

❤1
📢 COMITÉ INTERCENTROS | 15 de setembro de 2026
CC.OO volveu reclamar no Intercentros que a Xerencia deixe de demorar cuestións que afectan directamente aos dereitos e ás condicións laborais do persoal da USC. Como resultado, o Comité acordou por unanimidade esixir:
✅ A apertura inmediata das negociacións da carreira horizontal dos Capítulos I e VI
✅ A convocatoria das promocións internas pendentes das OPE de 2024 e 2025
✅ A cobertura mediante concurso dos postos singularizados que continúan en situación provisional.
✅ A posta en marcha inmediata da xubilación parcial na USC
✅ O cumprimento da sentenza e o ingreso das achegas pendentes ao Plan de Pensións.
Ademais, informouse do recoñecemento de oficio do segundo e sucesivos trienios do persoal investigador e de apoio á investigación, unha reivindicación defendida desde hai tempo por CC.OO
✊ Os acordos e compromisos non poden seguir acumulando atrasos. Seguiremos presionando para que a xerencia cumpra, negocie e avance na mellora real das condicións laborais

📢 Convocada reunión da Xerencia co Comité Intercentros do Persoal Laboral
O vindeiro 23 de setembro ás 10:30 h, Comité Intercentros abordará coa Xerencia cuestións de especial relevancia para o persoal:
✅ Xubilación parcial anticipada (RD-Ley 19/2026)
✅ Concurso de postos singularizados
✅ Estado das convocatorias de promoción interna independente
✅ Execución da sentenza do TSXG sobre as achegas ao plan de pensións do PTXAS laboral (2023)
⏰Agardamos que nestes asuntos non haxa máis demoras por parte da xerencia.
🔴 Os acordos e compromisos non poden seguir acumulando atrasos ✊

📢 Convocada tamén reunión da Xerencia coa Xunta de PTXAS funcionario
Para este mércores 23 de setembro ás 09:00 h, a Xunta de PTXAS funcionario foi convovada pola Xerencia coa seguinte
Orde do día:
1️⃣ Resolución dos concursos de provisión de postos de traballo
2️⃣ Modificacións organizativas
3️⃣ Informes e rolda de intervencións
CC.OO- USC, o poder de cambiar as cousas!
Para este mércores 23 de setembro ás 09:00 h, a Xunta de PTXAS funcionario foi convovada pola Xerencia coa seguinte
Orde do día:
1️⃣ Resolución dos concursos de provisión de postos de traballo
2️⃣ Modificacións organizativas
3️⃣ Informes e rolda de intervencións
CC.OO- USC, o poder de cambiar as cousas!
📢 REUNIÓN XERENCIA - COMITÉ INTERCENTROS PTXAS | 23/09/2026
🟥 Principais conclusións:
✅ Xubilación parcial: o persoal da USC xa se pode acoller.
👉Acordouse a posta en marcha inmediata e dende xa, para todas as persoas que o soliciten e reúnan os requisitos, nas condicións do acordo vixente ata 31 de decembro.
👉Iniciouse unha negociación para ter con carácter inmediato novo acordo para 2027 ou prorrogar o actual, mantendo ou ampliando as condicións.
✅ Concurso de postos singularizados:
👉Xerencia fará chegar de forma inmediata a convocatoria dos concursos específicos para os postos singularizados da área TIC, así como das prazas de Responsables de PAIS e Coordinacións de Sevizos e de Apoio á Docencia e Investigación; algunhas delas pendentes desde xaneiro de 2021.
✅ Promoción interna:
👉 Xerencia fará chegar de forma inmediata a convocatoria, por especialidades completas, das prazas de promoción de III-1 para Técnicos de Investigación incluídas nas OPEs de 2024 e 2025. (Sigue 👇)

(... Continuación):
👉 Cando non sexa posible completar todas as prazas dunha especialidade de Tecnico de Investigación, acumularanse coa OPE de 2026 (pendente de autorización da Xunta) para facelo posible.
👉 A promoción para Técnico de Servizos Xerais (grupo III-3), realizarase acumulando as prazas da OPE de 2024 e 2025 coa de 2026 (total 40 prazas).
👉 Xerencia fará chegar de forma inmediata a convocatoria de promoción para 2 prazas de Condutor (grupo III).
✅ Plan de Pensións:
👉 A Xerencia comprométese a aboar en decembro os importes pendentes derivados da sentenza correspondente ás achegas de 2023.
👉 Non se compromete a nada con respecto ás achegas pendentes de 2024 e de 2026.
✅ Peche de centros en Nadal:
👉 Xerencia confirma que este ano non haberá peche de centros no período de nadal.
✊ CC.OO valora positivamente os avances, pero seguiremos vixiantes para que todos os demais compromisos adquiridos se cumpran nos prazos acordados.

📣 NOVIDADES PECHE NADAL
🟥 O Xerente acaba de confirmar, tamén hoxe no Consello de Goberno, que no período non lectivo de nadal permanecerán abertos todos os centros da USC, quedando sen efecto o peche e a prestación dos servizos en réxime de teletraballo

📢 INFORMACIÓN CCOO | Reunión da Xunta de PTXAS coa Xerencia | 23/09/2026 📢
➡️ Compartimos os principais asuntos tratados na reunión mantida coa Xerencia:
✅ Concursos de Bibliotecas:
• 👉A toma de posesión publicarase con efectos do 19 de outubro.
⚠️ Concursos de Administración:
• 👉Acumulan retrasos.
• 👉As defensas prevén realizarse a finais de outubro e a toma de posesión non se produciría ata 2027.
🔄 Concurso permanente de traslados:
• 👉CCOO volveu insistir na necesidade de establecer un concurso permanente de traslados para o persoal funcionario.
🏛 Modificacións organizativas:
• 👉 Crearanse tres novas prazas na RPT para o Centro de Datos, Centro de Formación e Área de Innovación.
• 👉 A Xerencia prevé modificar os RAE en outubro. Solicitouse a apertura destes postos ao subgrupo A2.
• 👉Desde a parte social reclamouse tamén a creación de postos en Lugo relacionados con bolsas, internacionalización e residencias.
(Segue ... 👇)

• 👉Insistimos tamén na necesidade de reforzar a Subárea de Recursos Humanos de I+D, cuxa infradotación fora recoñecida pola propia reitora.
💶 Carreira Horizontal:
• 📆 Resolverase en outubro, dentro do prazo previsto, pero o pagamento adiarase ata 2027.
🏠 Teletraballo:
• ✊ CCOO reclamou a modificación do regulamento para permitir o teletraballo parcial en postos afectados polo radón e para determinadas xefaturas.
🎄 Peche de Nadal
• 🕕 A Xerencia confirmou que non haberá peche de Nadal.
📋 OPE 2026:
* 👉 Segue pendente da autorización da Xunta de Galicia . Isto afecta tamén ás convocatorias vinculadas a procesos pendentes, como a promoción de C2 a C1.
✊ Desde CCOO seguiremos insistindo na defensa dos dereitos do persoal, na mellora da organización dos servizos e na cobertura das necesidades reais dos centros e áreas da USC

📢 CCOO-USC reclama da Xerencia información detallada sobre a execución dos orzamentos destinados ao persoal
👉 Especialmente o relativo a onde foron parar as partidas dos exercicios 2025 e 2026 destinadas ás accións de mellora e plans de persoal:
✅ PAS funcionario e laboral: 900.000 €
✅ PDI funcionario e laboral: 900.000 €
Tamén solicitamos o detalle da execución do Capítulo VI, correspondente á partida:
✅ Actuacións en materia de persoal de I+D: 900.000 €
📌 É necesario coñecer en que situación se atopan estes fondos e o grao real de execución dos compromisos adquiridos.
⏳ Os acordos e compromisos non poden seguir acumulando atrasos.
✊ Desde CCOO seguimos reclamando a negociación do incremento das porcentaxes da Carreira Horizontal ata acadar o 100 %, tal e como vimos defendendo nas mesas de negociación e órganos de representación.

👏1
🟥 Actualizamos o dosier sobre xubilacións elaborado por CC.OO con toda a información
✅ Xa está dispoñible a versión actualizada da revista de CC.OO sobre xubilacións no Réxime Xeral da Seguridade Social.
Nesta actualización incorporamos as novidades en materia de:
🔹 Xubilación flexible, coa nova regulación da compatibilidade entre pensión e traballo;
🔹 Xubilación demorada, coa nova fórmula da opción mixta, que permite combinar incremento porcentual da pensión e cantidade a tanto alzado.
🔹 Xubilación parcial, coa nova normativa incluída no Real decreto-lei 19/2026
📖 Consulta toda a información actualizada sobre a materia: 👇
🔗 https://ccooensino.gal/xubilacions-rexime-xeral-seguridade-social-rxss/

🟥 11N FOLGA XERAL: Salarios – Vivenda – Prezos
CCOO chama ás mulleres e homes da USC a mobilizarse o 11 de novembro por mellores salarios, por unha vivenda digna e polo control dos prezos ante unha inflación que lastra o noso poder adquisitivo.
CCOO- USC chamamos á folga xeral para emprazar a todas as administracións públicas a impulsar políticas que acaben coa especulación da vivenda.
CCOO chama á folga xeral para que se poña control á deriva dos prezos que lastran as rendas das persoas asalariadas.
Compañeiras, compañeiros, o 11N á Folga Xeral na USC.
🌐 👉 Máis info: https://ccooensino.gal/11n-folga-xeral-salarios-vivenda-prezos/

📢 Conclusións da reunión da Sección Sindical de CC.OO-USC (8 de outubro): é hora de pasar das palabras aos feitos
Na reunión fixemos balance da situación do PDI, PTXAS e persoal investigador e coincidimos nunha idea clara: despois de varios meses do novo equipo de goberno, xa non abondan as boas intencións. É o momento de empezar a cumprir os compromisos adquiridos e dar resposta ás reivindicacións do persoal.
💰 Unha das nosas prioridades é o desenvolvemento da carreira horizontal e o cobro do 100 % das retribucións recoñecidas para o PTXAS e o persoal investigador de Capítulo VI.
📌 A día de hoxe, o PTXAS de Capítulo I só percibe o 50 % dos graos recoñecidos, e o persoal de Capítulo VI apenas o 10 %. Esta situación é inaceptable e require solucións inmediatas.
✊ CC.OO esixirá avances reais e prazos concretos para executar os acordos asinados. Non imos aceptar demoras nin excusas que poñan en risco os dereitos e melloras comprometidas coa comunidade universitaria
CC.OO, o poder de cambiar as cousas!

📢 Prazos de toma de posesión nos concursos de bibliotecas
🟥 A pesar de que nas Resolucións do 17 de setembro de 2026 publicadas no DOG o 28/09/2026 relativas a adxudicación dos postos de traballos obtidos nos concursos ordinario e específico de bibliotecas non se indicaba prazo posesorio 📅
📌 INFORMAMOS da resposta da Vicexerenta de RRHH:👇

"En relación ao seu correo electrónico onde nos informa das queixas recibidas por parte do persoal que obtivo praza no concurso ordinario e específico de bibliotecas relativas á súa incorporación aos novos destinos, infórmolle que de acordo co establecido no artigo 4 do regulamento de mobilidade do PTXAS esta deberá de producirse no prazo de tres días hábiles se non implica cambio de localidade e de sete días se o comporta."
"A estes efectos informase que o cese no anterior destino producirase o día anterior á incorporación. Polo tanto, o cambio de posto de traballo por participar nun proceso de provisión non supón o goce de días de permiso retribuído."
👍2