ANPA ATHENEA NEWS
129 subscribers
44 photos
4 files
84 links
ANPA do CEIP Cardeal Quiroga Palacios de Santiago de Compostela
Download Telegram
ASAMBLEA DE SOCIAS

📅 Luns 22 de abril
🕛 16.00 h - 1ª convocatoria / 16.30 h - 2ª convocatoria
📍CEIP Quiroga Palacios. Pendente de confirmación de aula


🗳️ Se non podes asistir, podes delegar o teu voto completando este documento

Orde do día:
1. Aprobación acta asamblea 14/06/2023
2. Renovación Xunta Directiva
3. Sondeo de opinións sobre Edixgal
4. Informacións varias
5. Rogos e preguntas
Ola. A asamblea é na biblioteca. Grazas.
MAÑÁ ⬇️


🗣️ANPA Athena invítavos á charla:

Conceptos básicos sobre drogas: indicios de consumo en adolescentes. Como actuar?

👩‍🏫 Silvia Valle de Proxecto Home Galicia
📆 Martes 30 de abril
📍 CSC Santa Marta, Santiago de Compostela
🕔 18.00 h

ℹ️ Máis info na web de ANPA Athenea: www.anpaathenea.org
📍 Estimadas familias:


💻 ANPAS GALEGAS pon en marcha un estudo de enquisa para coñecer o punto de vista das familias do ensino público sobre DIXITALIZACIÓN DA ESCOLA E EDIXGAL, que permita ter unha fotografia ampla do modelo de dixitalizacón que queren e a súa valoración de Edixgal.

🔖 Precisamos que cada unha de vós cubra o seguinte cuestionario, tanto as que tedes fillos e fillas usando edixgal como as que non.

📅 O prazo para participar é ata o 16 de maio.


📌Este é o enlace https://forms.gle/q1c6CVMmq4fvLJra6
📍 Estimadas familias,

ℹ️ desde hoxe 21 de maio ata o venres 21 de xuño está aberto o prazo para solicitar as axudas da Xunta de Galicia para a compra de libros de texto e material escolar, así como para participar no Fondo solidario para o vindeiro curso 2024/25. Máis información aquí.

📆 tamén podedes solicitar as bolsas de comedor escolar, material e actividades extraescolares do Concello de Santiago, o prazo comeza hoxe e permanecerá aberto ata o luns 3 de xuño. Máis información aquí.

Un saúdo.
ANPA Athenea
🔖 Bo día, familias!

📅 O próximo venres 21 de xuño celébrase no cole a 🤩 festa de fin de curso 🤩 para todo o alumnado. Para elo, precísase axuda de familias voluntarias para botar unha man coas actividades organizadas.

▶️ No seguinte formulario podedesvos anotar para colaborar coa festa https://i.gal/festafindecurso24

Grazas pola vosa colaboración 😉

ANPA ATHENEA
🎈II FESTA DAS FAMILIAS 🎈

ANPA ATHENEA organiza a II Festa das familias coa comunidade educativa do CEIP Quiroga Palacios.

📆 Venres 14 de xuño
📍Contorna do CSC de Conxo
🕠 A partir das 17.00 h

Actividades:
🍉 Merenda compartida. Cada familia leva o que considere
👾 Xogos, pintacaras,…
👨‍🏫 Mesa redonda.
🎤📖 Contacontos: 0-5 e 6-9 anos
🎶 Concerto

ℹ️ Máis info en breve na nosa web: anpaathenea.org
Ola familias! este venres 14 temos a II Festa das familias. Pedimos de novo a vosa colaboración para labores de montaxe. Precisamos mans o venres pola mañá na praza do CSC Conxo a partir das 12.00 h.

📩 Si alguén pode colaborar escribídenos a anpa.athenea@gmail.com

Moitas grazas pola vosa axuda.

ANPA Athenea
🤩 Ola familias!

Agardámosvos esta tarde en Conxo.

🕠 As actividades programadas son:

👯‍♂️17.00 h
Exhibición actividades extraescolares:
• DIVERTIDANZA • BAILE MODERNO/ZUMBA • XIMNASIA RÍTMICA
👾Xogos de mesa, pintacaras, animación…

📘18.00 h
Contacontos. Infantil 0 - 5 anos

📙18.15 h
Contacontos. Infantil 6 - 9 anos

🎤 18.30 h
Concerto: FRAN AMIL
📍 Estimadas socias:

📅 Convidámosvos á Asamblea da ANPA ATHENEA. O xoves 27 de xuño, ás 16.00 h - 1ª convocatoria / 16.30 h - 2ª convocatoria, na biblioteca do CEIP Quiroga Palacios.

🙋‍♀️ Esperámosvos!

Máis info: www.anpaathenea.org
📍 Estimadas socias:

📅 ASAMBLEA DE SOCIAS

Hoxe xoves 27 de xuño
1ª convocatoria 16.00 h
2ª convocatoria 16.30 h
Biblioteca do CEIP Quiroga Palacios.

Orde do día:
1. Aprobación acta asamblea anterior.
2. Aprobación contas curso 23-24 e orzamento 24-25.
3. Aprobación plan de actividades 24-25.
4. Rogos e preguntas.

🗳️ Se non podes asistir, podes delegar o teu voto completando este documento

🙋‍♀️ Esperámosvos!
🌞 Bo día! Agardamos esteades a pasar un bo verán.

📌Enviámosvos varias informacións:

🥋 ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
Debido a cambios organizativos no centro e as obras da cuberta do pavillón non podemos avanzar o calendario definitivo ata comezo do próximo curso.
Incricións:
Primeira semana de curso.

🙌 AGASALLO DA ANPA
Coma en anos anteriores, a comezo de curso a ANPA agasallará ao alumnado de primaria con unha axenda escolar.

🍽 COMEDOR E MADRUGADORES
Aberto o prazo de inscrición no servizo de comedor e madrugadores para novos/as usuarios/as
ata o 31 AGOSTO
👉 MÁIS INFORMACIÓN
Os/as usuarios/as que fixeran uso dos servizos no curso 2023-2024 e xa están rexistrados na APP ColeChef, só terán que reactivar os servizos na mesma APP.

📋 ACTA DA ASAMBLEA DO 27 DE XUÑO

👚 ROUPA PERDIDA
Se botades algunha prenda en falta, podedes ir ao centro a revisar no lote acumulado ata o venres 19 de xullo en horario de 10.00 h a 13.00 h.

🙋‍♀️ Vémonos en setembro!
📌 Estimadas familias, co fin de facilitar a conciliación familiar ofertamos o servizo de ludoteca dende o primeiro día de curso, 11 de setembro.

🗓Está previsto que o servizo funcione de luns a xoves de 16.30 h 17.30 h e de 17.30 h a 18.30 h durante o mes de setembro.

📩 Aqueles interesados en utilizar o servizo en setembro debedes ENVIAR A SOLICITUDE ANTES DO DÍA 8 DE SETEMBRO ao correo santiago@avanzaserviciosescolares.es e darvos de alta na plataforma a través deste enlace.



                                                  ❗️❗️❗️DENUNCIA 📁                                                  

A ANPA ATHENEA DO CEIP QUIROGA PALACIOS DENUNCIA O INCUMPRIMENTO POLA CONSELLARÍA DAS RATIOS MÍNIMAS EN 5º E 6º DE PRIMARIA


A Anpa Athenea do CEIP Quiroga Palacios de Santiago de Compostela denunciou hoxe o sobredimensionamento dos grupos de 5º e 6º de Educación Primaria onde a Xunta non quixo conceder un desdobramento aínda cumpríndose as condicións que estabelece a Resolución de 10 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellaría de Educación, concretamente nos seguintes puntos:


2.4. Cada alumno ou alumna cunha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33 %, cun grao I de dependencia acreditada ou cun trastorno grave da conduta acreditada computará, para os efectos desta ratio, como dous.
2.5. Cada alumno ou alumna cunha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 65 % ou cun grao II ou III de dependencia acreditada computará, para os efectos desta ratio, como tres.
2.6. Computará, para os efectos de ratios, o alumnado repetidor.


Todas as unidades de 5º e 6º de primaria do CEIP Quiroga Palacios están no límite máximo de 25 alumnos e alumnas sen contar aqueles cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior a 33% ou a 65%.


A ANPA Athenea denuncia tamén o silencio da Consellaría perante a demanda de reunión que lle fixo o pasado mes de xuño para tratar a falta de espazos mínimos no centro segundo a normativa vixente. Malia a falta de resposta, a ANPA do Quiroga Palacios espera que a Xunta tome urxentemente medidas na situación de saturación nas aulas e nos espazos do centro e acordará as accións oportunas de non se efectivizaren.
✂️🚫 MOBILIZÁMONOS POLOS NOSOS FILLOS E FILLAS

ANPA ATHENEA convoca ás familias do CEIP Quiroga Palacios e ás de outros centros a concentrarse diante do colexío como medida de protesta perante os incumprimentos da Consellería.

LUNS 9 DE SETEMBRO
19.00 h diante do centro


https://i.gal/denunciaquirogapalacios

Agradécese difusión
🏊 Estimadas familias, este ano teremos de novo a actividade de piscina.

🗓Os horarios das clases serán os seguintes:

luns 17.15 h a 18.00 h
martes 17.15 h a 18.00 h
xoves 16.30 h a 17.15 h
xoves 18.00 h a 18.45 h
sábado 11.30 h a 12.15 h

📩 Para a inscrición debedes darvos de alta na plataforma a través deste enlace.

🟢 No mes de setembro haberá servizo de ludoteca. Si queredes facer uso hai que enviar o formulario ao email santiago@avanzaserviciosescolares.es e darse de alta na plataforma a través deste enlace.

Estade pendentes das nosas redes, nos próximos días publicaremos o calendario completo de actividades.
📌 NOTA PISCINA:

• As prazas son limitadas, en caso de sobreinscricións farase sorteo.

• Para asistir a esta actividade o alumnado debe cumprir os seguintes requisitos:
- ter DNI.
- ter un mínimo de 6 anos cumpridos
- ser autosuficiente para desenvolverse nos vestiarios (de haber algún caso especial deben comunicalo para ver se é posible a súa incorporación ao grupo e se é necesaria algunha actuación ou seguimento individual).

• O importe por alumnado/día e cuadrimestre no presente curso é de 55,40€ (luns-xoves) e 69,30€ (sábados) (importe de referencia, pendente de aprobación das tarifas para o curso 2024-25 polo Consello Social da USC).

• Despois de aprobada a solicitude de praza deberá facerse a inscrición na web da USC.

• O alumnado terá acceso aos vestuarios cunha antelación máxima de 15 minutos
👉🏼 Estimadas socias:

Agardámosvos na próxima Asamblea da ANPA ATHENEA.

📅 Luns 23 de setembro
🕛 16.00 h - 1ª convocatoria / 16.30 h - 2ª convocatoria
📍CEIP Quiroga Palacios. Biblioteca

Orde do día:
1. Aprobación acta asemblea anterior.
2. Votación actualización de cotas.
3. Actuacións da ANPA en relación coa situación deficitaria do CEIP Quiroga Palacios.
4. Rogos e preguntas.


🗳️ Se non podes asistir, delega o teu voto completando este documento.

Grazas,
Xunta Directiva ANPA Athenea
🔴 CONVOCATORIA DE CONCENTRACIÓN 🔴

A Consellería de Educación da Xunta de Galicia segue sen atender ás reivindicacións da comunidade educativa do noso centro, polo cal este martes volvémonos mobilizar.

MARTES 24 DE SETEMBRO
19.00 h diante do centro


Contamos con vós 💪

Agradécese difusión