ANPA ATHENEA NEWS
116 subscribers
41 photos
2 files
77 links
ANPA do CEIP Cardeal Quiroga Palacios de Santiago de Compostela
Download Telegram
Estimadas familias:

Para escribirmos mensaxes de apoio no día da paz, a ANPA dispuxo, na entrada exterior do centro, dous murais de solidariedade co pobo palestino e pola paz en Ucraína. Podedes deixar as vosas mensaxes até as 18 h.
NESTE ENTROIDO 🎭… CHOCOLATADA 🍫🫕 PARA A RAPAZADA

Se non chove 🌧️, este venres 9 de febreiro o cole organiza xunto a ANPA unha chocolatada na plaza do CSC de Conxo.

🍫chocolatada
📆 venres 9 de febreiro
🕑 10-30 – 12:30h
📍Praza Aurelio Aguirre (CSC Conxo)

🔊 Necesitámosvos familias para que todos os nenos e nenas poidan gozar dun chocolate quente 😋

Se podes acompañarnos, envía un email a anpa.athenea@gmail.com co asunto “Vou á chocolatada”

Grazas 🙏!!
#charlaparafamilias | 👨🏻‍🏫 Charla gratuita "As pantallas a debate: o papel de Edxigal no desenvolvemento das competencias do alumnado”, impartida por Fernando Fraga Varela, especialista en tecnoloxía educativa e membro do grupo de investigación Stellae da USC.
👉 Animádevos a participar!
📆 Xoves 29 de febreiro 🕠 18:00 h. ℹ️ Inscricións: https://forms.gle/vKqKMaHPKLrmgijL6
Servizo de ludoteca (previa solicitude)
🔗 Máis información en https://fanpacompostela.wordpress.com/2024/01/30/fanpa-compostela-organiza-unha-charla-sobre-o-uso-de-pantallas-e-o-edixgal-nas-escolas
#fotospolaigualdade | 💜📸 Que é para ti a igualdade? Un ano máis, FANPA Compostela en colaboración coa Confederación ANPAS GALEGAS abre o prazo de inscrición para o Concurso Fotografías pola Igualdade.
👉 Dirixido ao alumnado e ás familias dos centros públicos de educación primaria, secundaria, bacharelato, conservatorios e escolas de música públicos de Galicia.
📆 Prazo de inscrición aberto ata o 30 de abril de 2024.
ℹ️ Máis información e formulario de inscrición en https://bit.ly/fotospolaigualdade

https://fanpacompostela.wordpress.com/2024/03/08/ata-o-30-de-abril-para-participar-na-5a-edicion-do-concurso-fotografias-pola-igualdade
🔭 Ciclo de Cultura Científica
👩🏽‍💻 Baixo o título Tecnoloxía con sentidiño, abordaranse varias temáticas que teñen como eixo común a tecnoloxía: o seu uso nas aulas, a súa relación coa saúde infanto-xuvenil e a psicoloxía ou a Intelixencia Artificial, entre outros.
📍Salón de Actos Neira Vilas da Biblioteca de Galicia
💻 Por streaming na canle de YouTube da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
📆 O ciclo terá lugar en diferentes datas, comezando o Xoves 4 de abril de 18 a 19:30h.
ℹ️ Podedes consultar o programa completo na web de ANPA Athenea.
🗣️ANPA Athena invítavos á charla:
Conceptos básicos sobre drogas: indicios de consumo en adolescentes. Como actuar?
👩‍🏫 Silvia Valle de Proxecto Home Galicia
📆 Martes 30 de abril
📍 CSC Santa Marta, Santiago de Compostela
🕔 18h
ℹ️ Máis info na web de ANPA Athenea
ASAMBLEA DE SOCIAS

📅 Luns 22 de abril
🕛 16.00 h - 1ª convocatoria / 16.30 h - 2ª convocatoria
📍CEIP Quiroga Palacios. Pendente de confirmación de aula


🗳️ Se non podes asistir, podes delegar o teu voto completando este documento

Orde do día:
1. Aprobación acta asamblea 14/06/2023
2. Renovación Xunta Directiva
3. Sondeo de opinións sobre Edixgal
4. Informacións varias
5. Rogos e preguntas
Ola. A asamblea é na biblioteca. Grazas.
MAÑÁ ⬇️


🗣️ANPA Athena invítavos á charla:

Conceptos básicos sobre drogas: indicios de consumo en adolescentes. Como actuar?

👩‍🏫 Silvia Valle de Proxecto Home Galicia
📆 Martes 30 de abril
📍 CSC Santa Marta, Santiago de Compostela
🕔 18.00 h

ℹ️ Máis info na web de ANPA Athenea: www.anpaathenea.org
📍 Estimadas familias:


💻 ANPAS GALEGAS pon en marcha un estudo de enquisa para coñecer o punto de vista das familias do ensino público sobre DIXITALIZACIÓN DA ESCOLA E EDIXGAL, que permita ter unha fotografia ampla do modelo de dixitalizacón que queren e a súa valoración de Edixgal.

🔖 Precisamos que cada unha de vós cubra o seguinte cuestionario, tanto as que tedes fillos e fillas usando edixgal como as que non.

📅 O prazo para participar é ata o 16 de maio.


📌Este é o enlace https://forms.gle/q1c6CVMmq4fvLJra6
📍 Estimadas familias,

ℹ️ desde hoxe 21 de maio ata o venres 21 de xuño está aberto o prazo para solicitar as axudas da Xunta de Galicia para a compra de libros de texto e material escolar, así como para participar no Fondo solidario para o vindeiro curso 2024/25. Máis información aquí.

📆 tamén podedes solicitar as bolsas de comedor escolar, material e actividades extraescolares do Concello de Santiago, o prazo comeza hoxe e permanecerá aberto ata o luns 3 de xuño. Máis información aquí.

Un saúdo.
ANPA Athenea
🔖 Bo día, familias!

📅 O próximo venres 21 de xuño celébrase no cole a 🤩 festa de fin de curso 🤩 para todo o alumnado. Para elo, precísase axuda de familias voluntarias para botar unha man coas actividades organizadas.

▶️ No seguinte formulario podedesvos anotar para colaborar coa festa https://i.gal/festafindecurso24

Grazas pola vosa colaboración 😉

ANPA ATHENEA
🎈II FESTA DAS FAMILIAS 🎈

ANPA ATHENEA organiza a II Festa das familias coa comunidade educativa do CEIP Quiroga Palacios.

📆 Venres 14 de xuño
📍Contorna do CSC de Conxo
🕠 A partir das 17.00 h

Actividades:
🍉 Merenda compartida. Cada familia leva o que considere
👾 Xogos, pintacaras,…
👨‍🏫 Mesa redonda.
🎤📖 Contacontos: 0-5 e 6-9 anos
🎶 Concerto

ℹ️ Máis info en breve na nosa web: anpaathenea.org
Ola familias! este venres 14 temos a II Festa das familias. Pedimos de novo a vosa colaboración para labores de montaxe. Precisamos mans o venres pola mañá na praza do CSC Conxo a partir das 12.00 h.

📩 Si alguén pode colaborar escribídenos a anpa.athenea@gmail.com

Moitas grazas pola vosa axuda.

ANPA Athenea
🤩 Ola familias!

Agardámosvos esta tarde en Conxo.

🕠 As actividades programadas son:

👯‍♂️17.00 h
Exhibición actividades extraescolares:
• DIVERTIDANZA • BAILE MODERNO/ZUMBA • XIMNASIA RÍTMICA
👾Xogos de mesa, pintacaras, animación…

📘18.00 h
Contacontos. Infantil 0 - 5 anos

📙18.15 h
Contacontos. Infantil 6 - 9 anos

🎤 18.30 h
Concerto: FRAN AMIL
📍 Estimadas socias:

📅 Convidámosvos á Asamblea da ANPA ATHENEA. O xoves 27 de xuño, ás 16.00 h - 1ª convocatoria / 16.30 h - 2ª convocatoria, na biblioteca do CEIP Quiroga Palacios.

🙋‍♀️ Esperámosvos!

Máis info: www.anpaathenea.org
📍 Estimadas socias:

📅 ASAMBLEA DE SOCIAS

Hoxe xoves 27 de xuño
1ª convocatoria 16.00 h
2ª convocatoria 16.30 h
Biblioteca do CEIP Quiroga Palacios.

Orde do día:
1. Aprobación acta asamblea anterior.
2. Aprobación contas curso 23-24 e orzamento 24-25.
3. Aprobación plan de actividades 24-25.
4. Rogos e preguntas.

🗳️ Se non podes asistir, podes delegar o teu voto completando este documento

🙋‍♀️ Esperámosvos!