Notas de Prensa - Concello de Ourense
254 subscribers
1.21K photos
1.7K links
Download Telegram
Notas de Prensa - Concello de Ourense
Photo
RSS Notas de Prensa - Concello de Ourense
O Concello aproba o proxecto de reforma dun edificio na Praza da Trindade, que será sede da Oficina de Rehabilitación

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou esta mañá o proxecto de execución para a rehabilitación dun edificio na Praza da Trindade, número 5, que será destinado a acoller a nova sede da Oficina de Rehabilitación do conxunto histórico da cidade. No acordo, a xunta local aproba tamén iniciar o expediente de contratación das obras. O proxecto, redactado por arquitectos municipais, ten un orzamento base de licitación de 962.497,21 euros. Na sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu esta mañá no salón de plenos, a Xunta de Goberno aprobou outros 28 acordos a proposta dos diferentes servizos municipais.

Licenzas (3). Aprobar o proxecto modificado de construción dun edificio de 16 vivendas na rúa Francisco Lloréns, conceder unha prórroga de 6 meses para rematar as obras de instalación dun ascensor nun edificio de vivendas e denegar unha solicitude de prórroga para iniciar a reforma dunha vivenda unifamiliar

Aperturas (1). Denegarlle a unha mercantil o título habilitante de natureza urbanística para unha licenza de obra e actividade

Patrimonio (5). Desestimar 3 reclamacións de responsabilidade patrimonial presentadas por particulares por caídas na  vía pública, xa que non concorren os requisitos legais que dan dereito a unha indemnización, e inadmitir outra, xa que o Concello non é a administración competente para resolvela. Tamén se desestima a reclamación dun condutor por danos nun vehículo na rúa Bispo Lourenzo, xa que esta vía non é competencia do Concello. As actuacións remitiránselle á Axencia Galega de Infraestruturas.

Infraestruturas (1) Declarar que procede a tramitación de emerxencia das obras de adecuación do colector de saneamento Cervantes-As Burgas

Servizo de Contratación (1). Corrixir unha errata nun acordo da Xunta de Goberno Local da semana pasada

Avogacía Consistorial (17). A Xunta de Goberno deu conta de 6 sentenzas e dun auto ditados Xulgado Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense, e dun auto ditado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Tamén tomou coñecemento de que o Concello comparecerá en 9 procedementos que se instrúen nos Xulgados de Instrución número 1 e 2 de Ourense.
Notas de Prensa - Concello de Ourense
Photo
RSS Notas de Prensa - Concello de Ourense
A Comisión de Pleno ditamina favorablemente unha modificación de crédito do CMD que dará financiamento á reforma do campo de fútbol de Palmés

A Comisión de Pleno do Concello de Ourense, en sesión ordinaria celebrada esta mañá, abordou 5 asuntos que serán incluídos na orde do día do vindeiro pleno do Concello. Entre eles, ditaminou favorablemente dous expedientes de modificación de crédito (2M e 3M) do Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense, que destinarán a diferentes proxectos de gasto un total de 805.428,61 euros procedentes do remanente de tesourería.

O expediente de modificación orzamentaria 2M/CMD/2024 destina 122.178,61 euros a partidas de subministración de enerxía eléctrica e gas. O expediente  3M/CMD/2024 dedica 683.250 euros a diferentes gastos, entre os que salientan a reforma do campo de fútbol de Palmés, por un importe de 600.000 euros e a reforma das bancadas do campo de fútbol de Oira, por un importe de 20.250 €. Tamén se empregarán 20.000 euros para equipamento deportivo, outros 20.000 para a mellora de instalacións deportivas, 13.000 para mobiliario, 8.000 para maquinaria, instalacións técnicas e ferramentas e 2.000 para equipamento informático. Nos dous casos, os expedientes de modificación orzamentaria presentaranse ante o Pleno do Concello para a súa aprobación provisional.

Tamén se ditaminaron favorablemente e se presentarán ante o Pleno do Concello o expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos 4/2024 do CMD, relativo a gastos de gas e electricidade, e un expediente de actualización do Inventario Municipal de Bens do Concello. Finalmente, o vindeiro pleno tamén tratará o recurso de reposición interposto pola sección sindical de Comisións Obreiras á aprobación definitiva da modificación número 1 da ordenanza municipal reguladora do teletraballo no Concello de Ourense e no Consello Municipal de Deportes.
Notas de Prensa - Concello de Ourense
Photo
RSS Notas de Prensa - Concello de Ourense
Restricións de tráfico nun treito da Avenida de Zamora pola execución de obras o luns e o martes

A Avenida de Zamora, no treito comprendido entre a rúa Vasco Díaz Tanco e a rotonda de aceso ao Pazo Paco Paz será obxecto de restricións de tráfico durante as xornadas do vindeiro luns, 29, e o martes, 30 de abril, debido á execución de obras de fresado e asfaltado.

A Policía Local informa de que, mentres se realicen as obras, se habilitará o paso de vehículos polo treito afectado, nos dous sentidos de circulación, en quendas alternas.
Notas de Prensa - Concello de Ourense
Photo
RSS Notas de Prensa - Concello de Ourense
Cortes de tráfico en varias rúas da cidade o mércores polas manifestacións do 1 de maio e a carreira ciclista

A Policía Local do Concello de Ourense informa de que mañá, mércores, día 1 de maio, pola mañá, diferentes rúas da cidade estarán pechadas ao tráfico pola celebración das manifestacións do día 1 de maio, organizadas polos sindicatos CIG, CUT e CC OO, e da Carreira Ciclista da Península Ibérica.

A proba deportiva requirirá realizar cortes de tráfico tanto na súa saída (ás 10.20 horas, co itinerario: Vistafermosa, Isaac Piñeiro, Ribeira Sacra, Glorieta de Ervedelo e Nacional 120), como na chegada (sobre as 12.30 h, por N-120, Glorieta de Ervedelo, Ribeira Sacra, Isaac Piñeiro, Vistafermosa e Mondideu).

No centro da cidade haberá 3 manifestacións pola celebración do 1 de maio:

· Manifestación da CIG (11:30 h, con aproximadamente 90 minutos de duración): Praza Maior,  Lamas Carvajal, Paseo, Curros Enríquez, Xaquín Lorenzo Xocas, Parque de San Lázaro, Santo Domingo, Praza do Ferro, Paz, Santa Eufemia, Tendas e Praza Maior

· Manifestación de CUT (11:30 h, con 2 horas aproximadamente de duración): Saída da Ponte Vella, xunto ao Pavillón de Deportes, Avenida da Habana (sentido contrario), Cardeal Quevedo, Parque de San Lázaro, Santo Domingo, Praza do Ferro, Paz, Santa Eufemia, Tendas e Praza Maior

· Manifestación de CC OO (12.00 h, cunha duración duns 90 minutos): Saída de Pardo de Cela, Progreso, Cruz Vermella, Paseo, Curros Enríquez, Subdelegación do Goberno.

Para facer posible o seu desenvolvemento, pecharase o tráfico de vehículos na rúa Pardo de Cela e na rúa do Progreso á altura da Praza de Abastos número 1 (desviando neste caso o tráfico pola rúa Doutor Fleming). As rúas reabriranse ao remate dos eventos, previsto para as 14.00 h. Tamén se pechará ao tráfico a Avenida da Habana, á altura de Avenida de Bos Aires, e reabrirase en torno ás 12.15 h

As liñas do servizo de autobuses variarán o seu percorrido para evitar os puntos de corte e desviaranse por Pena Trevinca, Celso Emilio Ferreiro ou Avenida de Portugal, en función do seu destino.
Notas de Prensa - Concello de Ourense
Photo
RSS Notas de Prensa - Concello de Ourense
Setecentos escolares participaron na actividade "Xadrez na Escola", organizada pola Concellería de Educación

Setecentos escolares da cidade participaron na actividade Xadrez na Escola, organizada pola Concellería de Educación do Concello de Ourense durante o curso 2023/2024. O colexio Padre Feijóo acolleu esta mañá o acto de clausura, ao que asistiron a concelleira Tamara Silva, o presidente do Club Xadrez Ourense, Elías González, e a monitora e adestradora internacional de xadrez, Yudania Hernández Estévez, xunto coas nenas e nenos deste centro educativo, que recibiron os seus diplomas por participar na actividade.

Xadrez na Escola é unha iniciativa que ten como obxectivo achegar os nenos e as nenas esta modalidade deportiva. Desenvolveuse en diferentes centros educativos da cidade, coa participación de 700 alumnos e alumnas de 6ª de Infantil e 1º a 4º curso de Primaria.
Notas de Prensa - Concello de Ourense
Photo
RSS Notas de Prensa - Concello de Ourense
Ourense celebrará este domingo a Festa dos Maios cunha alfombra floral, canto de coplas, exposición de creacións e un concerto de María do Ceo

A cidade de Ourense celebrará este domingo, día 5 de maio, a tradicional Festa dos Maios, cunha programación de actividades organizadas pola Concellería de Artes e Festexos que se estenderán durante toda a xornada no centro da cidade. Os maios exporanse ao público na rúa do Paseo, onde tamén se cantarán as coplas. As principais novidades da programación deste ano son a confección dunha alfombra floral, un obradoiro de coroas e colares para nenas e nenos, e un concerto de fados, a cargo de María do Ceo, que terá lugar ás 20.00 horas, na Praza Maior.

PROGRAMACIÓN COMPLETA

Alfombra Floral. Dende as 08.30 h, confección dunha alfombra floral por parte da Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas, na praza de Euxenio Montes

Obradoiro de coroas. Dende as 10.30 h, confección en vivo de coroas e colares para a cativada na rúa do Paseo.

Exposición de Maios. Dende as 11.00 h, exposición dos maios participantes nos primeiros tramos da rúa do Paseo.

Ruada musical. Dende as 11.00 h, ruada dos xigantes e cabezudos do Concello acompañados de gaiteiros tradicionais.

Canto das coplas. Ás 12.00 h, comezo do canto das coplas ao pé dos maios participantes no concurso

Premios. Ás 19.00 h, entrega de premios aos maios e canto das coplas gañadoras na Praza Maior

Concerto. Ás 20.00 h, Fados con María do Ceo na Praza Maior

Un ano máis, o Concello premiará a través dun concurso as mellores coplas e maios que participen nesta edición desta tradicional festa, declarada de interese turístico, que lle dá a benvida á primavera. Outorgaranse premios aos 3 mellores maios artísticos, enxebres e infantís e un premio ao mellor maio creativo (categoría que se recupera este ano). Tamén haberá galardóns ás 3 mellores coplas nas categorías de persoas adultas e infantil. Todos os maios presentados recibirán tamén unha axuda por participar.
Notas de Prensa - Concello de Ourense
Photo
RSS Notas de Prensa - Concello de Ourense
Alcalde e CEO reclaman a mellora de infraestruturas periféricas e urxen as autovías a Lugo e Ponferrada, comezando co tramo Ourense-Chantada

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá no Concello a comisión de infraestruturas e PXOM da Confederación Empresarial de Ourense. O alcalde trasladoulles o ”total apoio” do goberno municipal ás súas reivindicacións de melloras de infraestruturas periféricas na cidade e na provincia de Ourense, entre as que coincidiron en destacar a demanda das autovías que comunicarán a cidade de Ourense con Lugo e Ponferrada, comezando coa execución “urxente” do tramo entre Ourense e Chantada, que comparten as dúas.

Ao remate do encontro, Gonzalo Jácome explicou que “recibimos a Confederación Empresarial de Ourense para falar de infraestruturas periféricas, e desde o Concello apoiamos o 100% das demandas que fan. Entendemos que Ourense é unha terra discriminada e demandámoslles á Xunta de Galicia e ao estado español todas as infraestruturas que realmente son claves para o noso desenvolvemento e o para o noso día a día”. Con esta finalidade, o alcalde avanzou o compromiso do goberno municipal de apoiar estas reivindicacións, de promover mocións plenarias ou declaracións institucionais no seu apoio, como tamén de incorporarse a plataformas que persigan estes obxectivos: “A iniciativa que fan é perfecta; é o que Ourense necesita: reclamar e unirse para iso”, concluíu o rexedor.

Entre as diferentes obras necesarias, alcalde e CEO coincidiron en resaltar a necesidade de executar as autovías que comunicarán a cidade con Lugo e con Ponferrada. O alcalde reclamou do goberno do Estado a realización destas obras e que “se non poden facer fodo, que fagan xa o máis urxente”, coa posta en servizo dun  tramo “digno” entre Chantada e Ourense, que tería unha grande “rendibilidade social”, subliñando que “o necesitamos como auga de maio”, xa que a entrada actual á cidade “está mais preto do século XIX ca do século XXI”

Pola súa banda, o presidente da Comisión de Infraestruturas da CEO, Lisardo González, explicou que “lle solicitamos o apoio do alcalde do Concello de Ourense para que se leven a cabo dúas infraestruturas que son vitais para a cidade, como son a A-56 (Ourense-Lugo) e a A-76 (Ourense-Ponferrada)”, das que ambas teñen un tramo común: Chantada Ourense. Neste senso, expresou a demanda de que “o ministerio faga o esforzo correspondente para levalo a cabo xa, porque o acceso a Ourense pola parte norte é penoso, está limitado en 15 km. desde a cidade e desde Gustey temos un só carril de acceso”. A comisión trasladará tamén as demais administracións a súas reivindicacións e agarda “apoio de todos” para reactivar un proxecto que “a día de hoxe está absolutamente paralizado”.
Notas de Prensa - Concello de Ourense
Photo
RSS Notas de Prensa - Concello de Ourense
O alcalde recibe o director da ONCE en Ourense e trasládalle o apoio do Concello ao importante labor que desenvolven

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome recibiu esta mañá no Concello o director da Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE) en Ourense, David Cejudo. O rexedor trasladoulle o apoio do Concello ao importante labor que desenvolve esta organización, que agrupa e presta servizo a un total de 360 afiliados con discapacidade visual, así como a vontade de colaborar nos proxectos que promovan na cidade. O alcalde aceptou o convite realizado pola asociación para participar na actividade “Almorzo a cegas”, que proximamente organizará a ONCE co obxectivo de “que as institucións se poñan na pel dunha persoa con discapacidade visual, e concienciar á cidadanía”, explicou David Cejudo.
Notas de Prensa - Concello de Ourense
Photo
RSS Notas de Prensa - Concello de Ourense
A Xunta de Goberno Local concede 4 licenzas urbanísticas na súa sesión ordinaria desta semana

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou na súa sesión de hoxe conceder 4 licenzas urbanísticas, para os proxectos de adaptación a vivenda do baixo dun edificio na Avenida de Portugal, para a rehabilitación dunha vivenda unifamiliar na rúa Velle de Quintela, para un pozo na rúa Río Barbantiño e para as obras de remate da reforma dunha unifamiliar en Palmés. Tamén acordou requirir unha compañía aseguradora para que indemnice o Concello na suma de 6.165,68 € polo danos causados por un vehículo nunha farola e nun sinal de tráfico na rúa Otero Pedrayo

Na mesma sesión, ordinaria desta semana, a Xunta de Goberno Local deu conta de 2 sentenzas do Xulgado do Social número 3 de Ourense, doutras 2 do Xulgado do Contencioso - Administrativo número 2 e dunha providencia do Tribunal Supremo. Tamén tivo coñecemento de que o Concello comparecerá en 7 procedementos diante dos xulgados do Contencioso - Administrativo números 1 e 2 da cidade
Notas de Prensa - Concello de Ourense
Photo
RSS Notas de Prensa - Concello de Ourense
O Concello traslada a unha carpa e aos soportais da Praza Maior as actividades dos Maios pola previsión de chuvia

O Concello de Ourense trasladará a unha carpa e aos soportais da Praza Maior a programación de actividades organizadas para celebrar pasado mañá, domingo, día 5, a Festa dos Maios 2024, dada a previsión de chuvias para esa xornada. Deste xeito, a praza acollerá tanto a exposición dos maios como o canto das coplas, o obradoiro de coroas e a ruada musical, inicialmente previstos para a rúa do Paseo, así como a entrega de premios e o concerto de fados de María do Ceo. A alfombra floral que elaborará Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas levarase a cabo noutra carpa, que estará na Praza de Santa Eufemia.
FESTA DOS MAIOS – PROGRAMACIÓN COMPLETA

Dende as 8.30 horas, na Praza de Santa Eufemia. Confección dunha alfombra floral por parte da Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas. Un equipo formado por 22 alfombristas elaborará unha alfombra de flores similar ás que realizan na súa localidade na festa do Corpus Christi, unha celebración recoñecida como Festa de interese turístico internacional e Ben de interese cultural inmaterial. A alfombra reproducirá o rosetón da catedral de Ourense, xa que a asociación quere poñer en valor este monumento como historia viva da cidade e como un dos grandes templos románicos de España

Dende as 10.30 horas, na Praza Maior (carpa e soportais): Obradoiro de coroas. Confección en vivo de coroas e colares para a cativada

Dende as 11.00 horas, na Praza Maior (carpa e soportais): Exposición dos maios participantes nos primeiros tramos da rúa do Paseo e Rúada musical con xigantes e cabezudos do Concello acompañados de gaiteiros tradicionais.

Dende as 12.00 horas, na Praza Maior (carpa e soportais): Canto das coplas ao pé dos maios participantes no concurso

Dende as 19.00 horas, na Praza Maior: Entrega de premios aos maios e canto das coplas gañadoras na Praza Maior

Dende as 20.00 horas, na Praza Maior: Concerto de fados con María do Ceo