XornalNEA
19 subscribers
2.24K photos
2.78K links
Xornal Novas do Eixo Atlántico
Download Telegram
to view and join the conversation
Concello da Guarda realiza unha nova pavimentación na Praza de San Bieito
A Guarda | O Concello da Guarda realizou esta semana as tarefas de reposición da capa de rodadura da Praza de San Bieito no casco urbano, unha praza cunha alta densidade de vehículos debido ao seu uso como zona de estacionamento pola a existencia nos seus arredores de establecementos comerciais e equipamentos coma o Centro […]

https://xnea.eu/UY
Tui amplía a súa superficie industrial no polígono de Ribadelouro
Tui | Tui contará con 105 mil metros cadrados de solo industrial no Polígono Industrial de Ribadelouro. A Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo vén de aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal, PXOM, para o desenvolvemento dos sectores SU-2A e SU-2B. Dende o Concello procederase agora a inscrición […]

https://xnea.eu/UZ
Ribadumia nomea á “Asociación Cultural grupo de teatro Alecrín” como Ribadumiense en prol do Galego
Ribadumia | O Concello de Ribadumia vén de aprobar cos votos a favor de IR, PP e PSOE, a proposta para que a “Asociación Cultural grupo de teatro Alecrín”, asociación con sede no municipio, sexa a homenaxeada no ano 2021 como Ribadumienses en prol do Galego polo seu labor na difusión en prol do galego, […]

https://xnea.eu/U-
IV Concurso de microrrelatos da Real Academia e PuntoGal nas categorías de infantil e xuvenil
A Coruña | Trinta e catro palabras foron dabondo para que Álex Gallego Couñago (2010), alumno do CEIP Manuel Padín Truiteiro de Arcade, se fixese co primeiro premio da categoría infantil do IV Concurso de microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal. A súa historia, titulada “Saíndo do túnel”, foi a mellor valorada entre os […]

https://xnea.eu/V0
Mos recibe a nova normalidade cun programa estival de actividades ao aire libre
Mos | Tras ter retomado a actividade ao aire libre para maiores mediante o programa municipal no Paseo do Louro e no parque biosaudable da Pateira titulado ‘Activa – mos – nos’, o Concello de Mos traballa, coincidindo co fin do Estado de Alarma o vindeiro domingo 9 de maio, nunha programación deportiva e cultural […]

https://xnea.eu/V1
Ponteareas despide as Convergências Portugal-Galiza con “Cancións de abril e polifonías tradicionais do Miño"
Ponteareas | A segunda e última xornada da VII edición das Convergências Portugal – Galiza contará cun concerto en Ponteareas protagonizado polo grupo Canto D’Aqui e o Grupo Folclórico da Universidade de Minho. No marco das Xornadas o próximo domingo, día 9 de maio, a partir das 20 horas, desenvolverase, na sala multiúsos do auditorio […]

https://xnea.eu/V2
"A música e Mondariz", un libro que valoriza a tradición musical da vila
Mondariz | O Auditorio do Centro Social de Mondariz acolle este sábado, 8 de maio, a presentación do libro “A música e Mondariz: historia, personaxes e agrupacións”, escrito por Chiqui Bernárdez, Raquel Faro e Félix Rodríguez e editado por Dos Acordes. Trátase dun ensaio de 156 páxinas no que se diserta sobre a gran tradición […]

https://xnea.eu/V3
Deputación da Coruña apoia a iniciativa para que o Camiño Inglés sexa declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco
Deputación da Coruña | A Confederación de Empresarios da Coruña, por acordo dos seus órganos directivos, iniciou xa a promoción das xestións para conseguir que o Camiño Inglés sexa declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco, un recoñecemento co que xa se distinguiu a outras dos roteiros de peregrinación a Santiago de Compostela, como son o […]

https://xnea.eu/V4
Alcaldesa Inés Rey reitéralle á Xunta que “o Porto é dos coruñeses”
A Coruña | A alcaldesa, Inés Rey, reiteroulle á Xunta que tal e como dixo onte “o Porto é dos coruñeses e o seguirá sendo mentres eu sexa alcaldesa”. O Executivo confirmou esta mañá no Pleno o seu rexeitamento á proposta da Xunta de se quedar coa titularidade do 51% de Batería e Calvo Sotelo […]

https://xnea.eu/V5
CIM Alto Minho impulsa o projeto Educa Care sobre educação, saúde e bem-estar
Viana do Castelo | Desde março de 2020 a pandemia COVID-19 impôs uma nova ordem, um novo ritmo à Humanidade. Nunca na história se verificou um confinamento à escala mundial, acarretando o uso de máscaras e do gel, o distanciamento físico, o medo da infeção, a crise económica, a incerteza e o medo no futuro. […]

https://xnea.eu/V6