Todogrove
207 subscribers
1.7K photos
14 videos
19 files
1.44K links
Download Telegram
NOVO SERVIZO PARA EXPEDIR O DNI E PASAPORTE SEN SAÍR DO GROVE

[@Todogrove 25/03/2025]
O alcalde do Grove informa da posta en marcha dun novo servizo que permitirá á veciñanza tramitar ou renovar o DNI e o pasaporte directamente no municipio. Será grazas á chegada do Vehículo Integral de Documentación (VIDOC), que estará operativo o vindeiro martes 2 de abril na Praza do Corgo, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Este servizo achega a administración á cidadanía e evita desprazamentos fóra da vila, facilitando os trámites de documentación máis comúns.

As citas poden solicitarse a través do seguinte formulario en liña:
https://forms.gle/f64kJnsURNVucHs4A

Dende o Concello lémbrase que as prazas son limitadas e que o pagamento das taxas correspondentes deberá facerse en efectivo no momento da tramitación.

Para máis información, está dispoñible a web oficial: www.concellodogrove.es
ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR PRAZA NO PAI DE O GROVE

[@Todogrove 25/03/2025]
As concellarías de Educación e Servizos Sociais do Concello do Grove veñen de anunciar a apertura do prazo para solicitar praza no Punto de Atención á Infancia (PAI) para o curso 2025-2026.

O período para presentar solicitudes, tanto para renovación como para novo ingreso, estará aberto dende este martes 25 de marzo ata o vindeiro 15 de abril.

As persoas interesadas poden consultar toda a información e descargar os formularios necesarios a través da Sede Electrónica do Concello (https://concellodogrove.es/noticia.html?id=288) ou recollelos directamente nas oficinas do rexistro municipal.

As solicitudes deberán presentarse de forma telemática a través da Sede Electrónica ou ben de maneira presencial no rexistro municipal, situado no edificio administrativo do Concello.

O Concello lembra a importancia de cumprir cos prazos establecidos para garantir o acceso ao servizo e facilitar a planificación do mesmo de cara ao novo curso.