O CONCELLO ESTABLECE NOVOS USOS E SENTIDOS DE TRÁFICO EN VARIAS RÚAS DO CENTRO
[Todogrove 10/03/2026]
O Concello do Grove implantará a partir deste mércores pola mañá, tras a sinalización prevista para última hora desta tarde, novas condicións de uso e circulación en varias rúas do centro da vila, segundo informou o alcalde, Jose Cacabelos.
A medida afectará ás rúas Claudio Iglesias, Vila Vella (nun tramo concreto) e á zona de Entrehortas, que pasarán a ser de uso exclusivo para residentes. En concreto, a restrición abrangue a área comprendida entre Entrehortas, Claudio Iglesias e o tramo de Vila Vella desde Pardiños cara abaixo, unha zona caracterizada por ter rúas estreitas que non están preparadas para soportar o volume de tráfico actual, especialmente tras a humanización de Entrehortas.
Deste xeito, só os veciños e residentes nestas rúas poderán acceder con vehículo, mentres que o resto de condutores deberán utilizar itinerarios alternativos.
Novo acceso ao Monte da Vila
Coa nova organización do tráfico, o acceso ao Monte da Vila, ao centro de saúde, ao auditorio, á Casa da Cultura, ao campo de fútbol e ao instituto deberá realizarse polo seguinte percorrido:
• Paseo de Beiramar
• Rúa Luis Casais
• Rúa Pombal
• Acceso ao Monte da Vila
A saída desde esta zona realizarase pola baixada das Bouzas.
Información aos veciños
Durante a xornada de mañá, axentes da Policía Local estarán presentes na zona para informar aos condutores e veciñanza sobre os novos sentidos de circulación e as limitacións de acceso, co obxectivo de facilitar a adaptación aos cambios.
Segundo explicou o alcalde, esta medida busca reducir o tráfico de paso e mellorar a seguridade e a convivencia nunha zona con rúas moi estreitas, onde o tránsito de vehículos estaba a xerar problemas para a circulación e para os propios residentes.