Refuxios da Memoria
140 subscribers
226 photos
1 video
4 files
47 links
Colectivo de investigación e divulgación sobre o movemento obreiro libertario da Coruña
Download Telegram
O Golpe de Estado de 1936 quixo borrar do mapa a intelixencia, a cultura e a voz das mulleres. Pero a memoria non se cala tan facilmente.

90 anos despois queda moito por reparar. Este sábado participaremos no roteiro "A Coruña das Mulleres" organizado pola A.C. Alexandre Bóveda.

Trataremos de poñer nome e apelidos a esa resistencia. Pola nosa banda a compañeira Inés Merayo falarános das Mapoulas Libertarias e as súas casas-refuxio.

Para que a xornada sexa completa, contaremos coa música de "Non fagas ruido" e as "Cantareiras Revolteiras".

Vémonos o sábado 7 de marzo ás 12 h no Campo da Leña.
❤5🔥1
📢 Capital e trabalho na Galiza: a espiral da explotaçom

📍 Alhariz (Centro Social Alvariça, R/ Oliveira 2-4)
📅 28 de março

✨ Volvemos nesta nova jornada a conhcer o nosso país, esta vez dende o ponto de vista económico, afondando nas relaçons entre capital e trabalho na Galiza.

🤝 Imos estar mui bem acompanhades por pessoeiras como Ana Lorenzo Vila, Sandra Garrido e Rosa Regueiro Ferreira, que nos ajudarám a reflexionar, debater e construir alternativas coletivas.

🔥 Um dia para aprender, partilhar e organizarse. Nom faltes!
Comezamos o camiño cara a esta FLAC 2026!🔥

🗓️ Este ano a FLAC terá lugar de novo en xullo, coa idea vertebradora de centrarnos na política e movementos sociais do país. Xa contamos cun bosquexo provisional mais...

🧠 Tes propostas? Tes ideas? Tes ganas de aportar o teu graiño de area?

Agardamos por ti o xoves 9 de abril na Revolteira (19h)📝
Este ano varias organizacións políticas e sociais da cidade conmemoramos o 1️⃣ 2️⃣ 5️⃣ aniversario dos sucesos de maio de 1901. A primeira folga xeral da Galiza, en solidariedade e condena polo asasinato dun folguista durante unha manifestación, e que paralizou por completo a actividade económica da cidade durante tres días.

🕯Comezaremos esta andaina coa lembranza da folga das misteiras de abril-maio dese ano 1901. Queres saber que pasou entón?

🗓✨ Vindeiro domingo, 19 de abril, ás 12:30, na praza de Monforte, no monumento ás traballadoras da factoría.
❤4
🐥 Un ano máis volve a Feira do Libro Anarquista da Coruña!

🗣 Este ano, coa temática Anarquismo e País, queremos crear un espazo de encontro entre editoriais, autorías e lectoras os días 4 e 5 de xullo, como sempre, no corazón libertario da cidade do Orzán.

Reserva a data e agarda polo programa completo, que ven cargado de cousiñas moi interesantes! 👀
❤5❤‍🔥1
📢Actos centrais do 125 aniversario dos sucesos de maio de 1901 na Coruña este fin de semana.

🗓 30 de maio: Presentación do libro "“Polas vítimas de onte, xustiza! Folga xeral, represión e estado de guerra na Coruña en 1901”
🕧 12:00.
📍Circo de Artesáns (rúa de S. André, 36)

🗓 31 de maio: Acto de homenaxe ás vítimas dos sucesos de 1901
🕧 12:30.
📍Cemiterio de Santo Amaro
🌍✨ PECHAMOS O SELG26 POR TODO O ALTO ✨🌍

A última sesión deste ano, “Cultura e fronteira. Galegas entre dúas beiras”, porá o broche final a un curso intenso de reflexión, encontro e organización colectiva ❤️🖤

Falamos de cultura e fronteira da Galiza desde unha perspectiva crítica, decolonial e internacionalista, poñendo no centro aes compañeires migras, as súas experiencias, loitas e formas de construír identidade 🤝🌊

📍 Ateneo Aurora, A Coruña (Rúa Entrepeñas, 6)
🗓 13 de xuño (dende as 12h)

Ao longo do día compartimos palestras, formacións, mesa redonda, xantar popular e obradoiro artístico, tecendo redes entre loitas e territorios ✊📚🎨🎶
🗓 Xa queda pouco para a FLAC 2026

🏴 Este ano cunha programación extendida, que comeza o venres 3 e remata o venres 10 de xullo

🔏 Reserva as datas e acompáñanos!
❤1
🗓 Velaí chega o 10 de xullo, para celebrarmos, mais un ano, o Día das Mapoulas Libertarias. Unha data para reivindicar as nosas veciñas que foron acubillo e refuxio, coidado e loita, fronte a barbarie fascista e pola construción dunha cidade máis digna.

🤝 Facémolo, coma sempre, apelando á nosa memoria viva como barrio das Atochas e Monte Alto, desde a resistencia e a dignidade, mais tamén desde a alegría e a comunidade. Tecendo redes veciñais.

🏘 Nesta ocasión propoñemos un roteiro polo barrio que parte do Cárcere da Torre e remata na Praza da Corales, para despois celebrar esta memoria colectiva coas amigas de Son d'Aquí no Campo da Leña. Ademais, con este roteiro damos fin ao proxecto de arte comunitaria Mapoulas na Rúa.

🕖 19:00 | Roteiro (saímos desde o Cárcere e rematamos na Praza da Corales)

🕘 20:30 | Foliada Popular - Serán de Son d'Aquí no Campo da Leña

Vinde! As rúas son nosas! ❤️🖤
❤3🍓1