Refuxios da Memoria
140 subscribers
226 photos
1 video
4 files
47 links
Colectivo de investigación e divulgación sobre o movemento obreiro libertario da Coruña
Download Telegram
Velaí chega xa o Día das Mapoulas, para reivindicar mais un ano as nosas veciñas bravas que puxeron casa, corpo e refuxio pola liberdade e fronte a barbarie fascista.

Vinde xoves celebrar connosco a súa memoria, que segue viva nas nosas loitas e nas nosas comunidades! ❤️🖤

XOVES 10 DE XULLO DE 2025

🕖 19:00 | Roteiro – cantareiro (saímos desde o Club do Mar)

🕗 20:00 | Reinauguración da Praza da Corales (confluencia das rúas da Atocha Alta e Baixa)

🕘 21:00 | Foliada Popular no Patachim
❤5
📚 A primeira actividade desta FLAC 2025: un obradoiro de fanzine feminista, organizado por Autobán

🕰 Venres, 11 de xullo, ás 17'00
Circo de Artesáns

🔥 Bulide, as prazas son limitadas!
🔥1
Atochas 2026: Muralismo e memoria antifascista

O vindeiro ano 2026 queremos dar un gran salto cara adiante no afianzamento da memoria das Mapoulas Libertarias

Para isto propoñemos facer unha serie de murais en distintos lugares das Atochas, convertendo os muros do noso barrio en diques de contención da ultradereita, e a arte urbana en arma de loita antifascista

Queres sumarte a este proxecto?

Podes facelo escribindo a mapoulas@refuxiosdamemoria.org ou acundindo a compartir as túas ideas e saberes á asemblea aberta que imos realizar en setembro

CANDO: Venres, 5 de setembro
HORA: 19’00 horas
ONDE: Asociación veciñal de Monte Alto, rúa da Torre, 45
CONVOCA: Refuxios da Memoria
❤8
🎉✨ Voltamos con forza! ✨🎉

📢 Asemblea Aberta de Refuxios da Memoria
🗓 25 de setembro · ⏰ 20:00h
📍 A Revolteira (R/Falperra, nº 13) [soto]

Achega as túas ideas, gañas e enerxías para arrancar o curso! 🚀💬
🎨Muralismo e memoria antifascista nas Atochas–Monte Alto

Xuntámonos para facer un mapeo colectivo e dar os primeiros pasos para encher o barrio de cor e manter viva a súa memoria. 👀 Anímaste?

🗓 Reunión: 2 de outubro, 19:00 h

📍 Centro Cívico de Monte Alto
❤‍🔥3❤1
O vindeiro venres, 24 de outubro, os nosos compañeiros Paco Ascón e Dani Palleiro realizarán unha palestra sobre o Centro de Estudos Sociolóxicos Germinal e a cultura obreira libertaria na cidade da Coruña

🗓 Venres 24 de outubro
🕖 19:00 h
📍 Biblioteca de Estudos Locais
🎟 Entrada libre ata completar aforo
❤2
🗓 O 13 de novembro imos facer unha sesión de mapeo e diagnose comunitaria do barrio das Atochas-Monte Alto.

🗺 O propósito é coñecer a realidade e potencialidade das nosas rúas para realizar intervencións artísticas vinculadas á memoria antifascista das nosas Mapoulas Libertarias.

🎨 Este é o primeiro paso dun proceso comunitario de memoria e creación artística que estamos a cociñar a lume lento!

📍Vinde a Acéfala o xoves 13 de novembro ás 19h
❤2
O vindeiro xoves, 13 de novembro, o noso compañeiro Suso García presentará en Betanzos o noso colectivo

Será na presentación do último libro de @carlos_taibo organizada por Roxin Roxal
❤2
🚩Houbo un tempo no que á Coruña se lle alcumaba o Cantón Sindicalista. Un tempo no que as sociedades obreiras tiñan a forza colectiva suficiente para frear a actividade económica da cidade e facer cumprir as súas reivindicación. Un tempo no que a cultura obreira libertaria estaba presente en todos os barrios a través dunha basta rede de ateneos e CS

➡️Un tempo que xa foi, pero do que temos moito que aprender para marcar o horizonte e as ferramentas de loita do socialismo do século XXI

👣Para rematar o ano propoñémosvos camiñar a cidade coa mirada posta no pasado e o pensamento no futuro. Un roteiro sobre a historia da clase obreira, da súa cultura e dos seus fitos históricos que nos axude a enfrontar o presente e a configurar o futuro da loita anticapitalista
❤‍🔥7❤4
⚒ O vindeiro sábado, 29N, imos co primeiro dos roteiros mensuais de memoria obreira polos barrios da Coruña

🏘 Comezamos, cómo non, polo barrio das Atochas, para facer un percorrido pola Coruña insubmisa e antifascista das Mapoulas e as Xuventudes Libertarias

🐍 O roteiro comezará ás 12'00, no niño da serpe (Cuartel de Atochas, coas escalinatas de María Pita)

🫰Para poder cubrir os gastos e facer sostible a actividade a longo prazo, pedímosvos que vos inscribades previamente na ligazón de abaixo, facendo unha achega de 5€. Porén, a inscrición non é obrigatoria para participar da actividade

https://www.guidum.com/products/tour/roteiro-da-memoria-obreira-da-coruna-as-atochas-libertarias-sxix-xx-con-daniel-palleiro-tour/
❤4
⚒️ O venres 12 de decembro imos co segundo dos roteiros mensuais de memoria obreira polos barrios da Coruña

🏘 Desta volta visitaremos o barrio do Orzán, capital da cultura anarquista galega dende finais do século XIX ata 1936. Percorreremos as rúas onde ficaron as sedes das principais cabeceiras obreiras da cidade; as editoriais, bibliotecas e quioscos anarquistas; as sociedades obreiras e librepensadoras; as escolas racionalistas; e moito máis

🍻 Un roteiro noctámbulo que comezará ás 19'30, na Cova Céltica (Orzán, 82) e rematará cara ás 21'30 no Siglo (Argudín Bolívar, 1)

🫰Para poder cubrir os gastos e facer sostible a actividade a longo prazo, pedímosvos que vos inscribades previamente nesta ligazón, facendo unha achega de 5€. Porén, a inscrición non é obrigatoria para participar da actividade

🖋 Para calqueira consulta podedes escribir a info@bastiana.org
❤2
🗓 O xoves 29 de xaneiro comezamos coa xeira de presentacións anarquistas "Um Povo Forte"

🏴 Falaremos da necesidade de organizármonos como pobo, por medio das ferramentas da autoxestión, e cunha orientación revolucionaria, como fórmula para confrontar coas dinámicas de fascistización dos nosos barrios e as nosas vilas

🏛 Vémonos ás 19'00 no CS Acéfala (Montealto, A Coruña)
❤2🔥2
📚✨ 3ª edición do SELG
Ano novo significa SELG novo. Nesta ocasión, traemos:

👀Alén dos Marcos
Unha ollada anarquista do país, en catro paradas:

⚫Destrución e resistencia — Lugo (21 de febreiro)
🔴Capital e traballo — Allariz (28 de marzo)
⚫A crise das clases medias e o sistema de partidos — Compostela (9 de maio)
🔴Cultura e fronteira — A Coruña (13 de xuño)

📖💬 Unha nova oportunidade para reflexionar, debater e aprender xuntas, dende a Galiza, para a Galiza.
❤3
🔥2
O Golpe de Estado de 1936 quixo borrar do mapa a intelixencia, a cultura e a voz das mulleres. Pero a memoria non se cala tan facilmente.

90 anos despois queda moito por reparar. Este sábado participaremos no roteiro "A Coruña das Mulleres" organizado pola A.C. Alexandre Bóveda.

Trataremos de poñer nome e apelidos a esa resistencia. Pola nosa banda a compañeira Inés Merayo falarános das Mapoulas Libertarias e as súas casas-refuxio.

Para que a xornada sexa completa, contaremos coa música de "Non fagas ruido" e as "Cantareiras Revolteiras".

Vémonos o sábado 7 de marzo ás 12 h no Campo da Leña.
❤5🔥1
📢 Capital e trabalho na Galiza: a espiral da explotaçom

📍 Alhariz (Centro Social Alvariça, R/ Oliveira 2-4)
📅 28 de março

✨ Volvemos nesta nova jornada a conhcer o nosso país, esta vez dende o ponto de vista económico, afondando nas relaçons entre capital e trabalho na Galiza.

🤝 Imos estar mui bem acompanhades por pessoeiras como Ana Lorenzo Vila, Sandra Garrido e Rosa Regueiro Ferreira, que nos ajudarám a reflexionar, debater e construir alternativas coletivas.

🔥 Um dia para aprender, partilhar e organizarse. Nom faltes!