Refuxios da Memoria
140 subscribers
226 photos
1 video
4 files
47 links
Colectivo de investigación e divulgación sobre o movemento obreiro libertario da Coruña
Download Telegram
‼️ Compartimos o artigo da nosa compañeira Inés sobre a represión policial e xudicial nas mobilizacións en Compostela contra o xenocidio do pobo palestino

🤝 "Organizar a nosa raiba, organizármonos fronte á súa"

https://www.regeneracionlibertaria.org/2025/03/14/organizar-a-nosa-raiba-organizarmonos-fronte-a-sua/
❤1
📢🔥 IV FEIRA DO LIBRO ANARQUISTA DA CORUÑA 2025 🔥📢

📚 Espallamos ideas, sementamos revolta! 📚

Os días 12 e 13 de xullo, A Coruña convértese de novo nun punto de encontro para quen loitamos por un mundo sen cadeas. Na IV edición da Feira do Libro Anarquista, achegámonos ao anarcofeminismo e á súa acción transformadora da man de editoriais libertarias de toda a península, xunto con actividades culturais que farán deste evento unha cita imprescindible.

⚡ Charlas, debates, presentacións de libros e moito máis!
🔥 Un espazo para coñecérmonos, aprender xuntes e seguir tecendo redes de resistencia.

📅 Reservade a finde do 12 e 13 de xullo!
📍 A Coruña
📖 Revolta en cada páxina, liberdade en cada idea.
📲 Se queres participar desta edición, ponte en contacto connosco!
❤5👍2
🔥 Estades preparades para seguir espallando o anarcofeminismo 💜🖤?

O sábado 29 atopámonos nunha nova xornada de memoria e loita! 📚✨

Falaremos da necesidade de investigar ás anarquistas galegas, exploraremos o papel das mulleres no movemento obreiro, libertario e de resistencia, e debateremos sobre as militancias feministas nos espazos anarquistas. Haberá espazo para a reflexión, o debate e tamén para compartir xuntes nun xantar popular e vegano.
Sen memoria, non hai loita! 🔥

📍 Vémonos en @Revolteira (R/Falperra, 13, A Coruña). Non faltedes!
❤5
‼️ Xa temos todo preparado para a xornada sobre Anarcofeminismo na Galiza
🗓 O próximo 4 de abril apresenta-se na Guarda a publicaçom "Anarquismo e Organización. Apuntes para o territorio galego"

🏴 Nela recolhe-se alguns dos faladoiros e debates resultantes da primeira ediçom do Seminário de Estudos Libertários Galegos

🤝 Despois da presentaçom convidamos-vos a um debate sobre a questom organizativa no médio anarquista

🔥 Agardámosvos o día 4 de abril ás 19h no Fuscalho.
👏1
Cara ao Día das Mapoulas Libertarias 2025!

Como sabedes, cada 10 de xullo celébrase nas Atochas o Día das Mapoulas Libertarias en lembranza daquelas veciñas do barrio que en 1937 foron asasinadas, apresadas e perseguidas por soster desde as súas casas-refuxio as redes de resistencia contra o réxime franquista.

Desde Refuxios da Memoria, o colectivo que impulsa a recuperación da memoria obreira e libertaria da Coruña, queremos contar con todas as ideas e todas as mans que queiran formar parte desta edición do Día das Mapoulas. Se vos apetece participar, este venres, día 25, ás 19.30 horas, no local da Revolteira (rúa Falperra, 13) faremos un primeiro encontro para argallar entre todas e planificar o que queremos que sexa unha xornada para festexar e facer comunidade en homenaxe ás que viñeron antes ca nos.

Porque os barrios non esquecen, organízanse!!
❤4
Nesta terceira sesión do SELG25 achegámonos ás fronteiras: aos espazos onde a disidencia se xesta, se organiza e se radicaliza.

🌪 Que acontece cando as identidades e loitas marxinadas non atopan lugar noutros espazos e acaban atopando refuxio no anarquismo?
🕸 Como se entretecen as marxes para crear novos centros, novas formas de comunidade e loita?

Convidámoste a participar, queremos pensar xuntas, xogar, e crear saberes colectivos desde o común e a disidencia.
👀 Pronto máis info!

📍 10 de maio
📌 Asociación veciñal de A Xuntanza (Corredoira das Fraguas, 37, Compostela)
❤‍🔥2
🏴 Fai hoxe 110 anos os anarquistas galegos organizaban un congreso internacional contra a guerra, contra todas as guerras, en plena contenda mundial

🤝 Un comicio que, ainda que non logrou deter o conflito, valeu como punto de inicio da reorganización da CNT, despois de anos na clandestinidade

⁉️ Podemos sacar algunha aprendizaxe desta experiencia⁉️

👉 Aquí unha aproximación: https://www.regeneracionlibertaria.org/2025/04/29/o-congreso-internacional-da-paz-de-ferrol-1915/
🔥3
Este sábado 10 de maio, tedes un moi bo plan en Compostela para unha tarde de encontros e reflexión colectiva 💭🔥

Nesta sesión que titulamos "Tecendo marxes: Explorando a fronteira das disidencias", compartiremos experiencias de loita con compas de colectivos como Mujeres Creando ou Otras Sindicato, afondaremos nas resistencias invisibilizadas e deixaremos que os corpos e as voces falen no Labirinto de resistencias.

Rematamos con petiscos para seguir conspirando xuntes 💜🍇

📍 A Xuntanza, (Corredoira das Fraguas, 37, Compostela)
🖤 Non faltes, a marxe tamén se tece!
❤2
🖤 Nom paramos!
Esta sexta 16 de maio visitamos Alhariz para seguir espalhando ideias e debatendo juntas!

📖 Apresentamos a Revista do SELG, centrada no anarquismo e a organizaçom, um espaço para pensar, questionar e construir alternativas desde abaixo.

🗓️ Sexta 16 de maio
📍 Centro Social A Alvariça – Alhariz
🕗 19h

Achégate! Traz curiosidade, preguntas e ganhas de partilhar!
👍1
🌿 Aprendendo dende o coidado e a honestidade 🌿

O vindeiro 21 de xuño en A Revolteira (A Coruña) celebramos a última sesión deste curso, esta vez en forma de xornadas colaborativas para reflexionar, compartir e tecer redes entre activistas e militantes anticapitalistas.
Un espazo de coidado, escoita e mixto, onde parar, preguntar e co-construír xuntas.

💜 Se che resoa, estamos agardando por ti!
❤1❤‍🔥1
✨ Aprendizaxes do anarcofeminismo para o activismo ✨
O 21 de xuño temos unha cita na Revolteira (A Coruña).
Estas xornadas nacen da necesidade de parar e mirar con honestidade os nosos espazos activistas. Queremos propoñer un encontro real para trocar saberes, coidarnos e pensar xuntis como seguir construíndo desde a diversidade e o recoñecemento.

🔸 Mañá (11:30h) – MIRADAS INCÓMODAS
Un espazo de análise colectiva das nosas vivencias en espazos militantes. Que pasa cando nos doemos, cando o que nos rodea tamén pesa?

🌮 Xantar vegano (14h)

🔸 Tarde (17:00h) – E AGORA QUE?
Momento propositivo para compartir ferramentas prácticas: como construímos xuntis sen reproducir o anterior? Estratexias de traballo colectivo, protocolos e coidados.

🟣 Xornada aberta a persoas e colectivas que queiran repensar o activismo desde o anarcofeminismo. Podes participar ou simplemente estar presente. Aquí todes sumamos!
🌀 O día 27 temos moitas ganas de pechar esta xira de Anarquismo e Organización nun dos paraxes máis bonitos e guerrilleiros da Galiza.

👀 Vémonos o venres ás 20:30h no acampamento do Caurel (Esperante, Folgoso do Courel).

🫀 Como sempre, teremos unha presentación da revista do SELG24 e máis un debate participado arredor das cuestións que atravesan o anarquismo nos nosos días

⛰️ Agardamos por ti!
🔥4
🗓 Xoves 10 de xullo celebramos, como cada ano, o Día das Mapoulas Libertarias. Unha data para reivindicar as nosas veciñas que foron acubillo e refuxio fronte a barbarie fascista.

🤝 Facémolo, coma sempre, apelando á nosa memoria viva como barrio das Atochas e Monte Alto, desde a resistencia e a dignidade, mais tamén desde a alegría e a comunidade.

🏘 Nesta ocasión propoñemos un roteiro en torno á memoria das loitas pola vivenda e da música popular e tradicional, para rematar logo na Praza da Corales a celebrar xuntas.

🕖 19:00 | Roteiro - cantareiro (saímos desde o Club do Mar)

🕗 20:00 | Reinauguración da Praza da Corales (confluencia das rúas da Atocha Alta e Baixa)

🕘 21:00 | Foliada Popular no Patachim

Vinde! ❤️🖤

#Mapoulas #Libertarias #Montealto #Atochas #vivenda #barrio #Comunidade #tradi #musica
❤7❤‍🔥2
📚🔥 Feira do Libro Anarquista da Coruña 2025

Xa temos programación! Do 11 ao 13 de xullo tomamos as rúas coa forza das ideas e a palabra!

📍 Praza de San Andrés

📖 Máis de 20 postos editoriais o sábado 12 e domingo 13

🎭 Presentacións, teatro, música, historia e moito máis!

Un espazo para pensar, debater e crear xuntis os camiños da emancipación.

💥 Vén, participa e comparte!
❤6
Velaí chega xa o Día das Mapoulas, para reivindicar mais un ano as nosas veciñas bravas que puxeron casa, corpo e refuxio pola liberdade e fronte a barbarie fascista.

Vinde xoves celebrar connosco a súa memoria, que segue viva nas nosas loitas e nas nosas comunidades! ❤️🖤

XOVES 10 DE XULLO DE 2025

🕖 19:00 | Roteiro – cantareiro (saímos desde o Club do Mar)

🕗 20:00 | Reinauguración da Praza da Corales (confluencia das rúas da Atocha Alta e Baixa)

🕘 21:00 | Foliada Popular no Patachim
❤5
📚 A primeira actividade desta FLAC 2025: un obradoiro de fanzine feminista, organizado por Autobán

🕰 Venres, 11 de xullo, ás 17'00
Circo de Artesáns

🔥 Bulide, as prazas son limitadas!
🔥1
Atochas 2026: Muralismo e memoria antifascista

O vindeiro ano 2026 queremos dar un gran salto cara adiante no afianzamento da memoria das Mapoulas Libertarias

Para isto propoñemos facer unha serie de murais en distintos lugares das Atochas, convertendo os muros do noso barrio en diques de contención da ultradereita, e a arte urbana en arma de loita antifascista

Queres sumarte a este proxecto?

Podes facelo escribindo a mapoulas@refuxiosdamemoria.org ou acundindo a compartir as túas ideas e saberes á asemblea aberta que imos realizar en setembro

CANDO: Venres, 5 de setembro
HORA: 19’00 horas
ONDE: Asociación veciñal de Monte Alto, rúa da Torre, 45
CONVOCA: Refuxios da Memoria
❤8