Refuxios da Memoria
140 subscribers
226 photos
1 video
4 files
47 links
Colectivo de investigación e divulgación sobre o movemento obreiro libertario da Coruña
Download Telegram
🏘 As rendas do alugueiro non deixan de se incrementar nos barrios populares da Coruña. O rendismo está a destruír socialmente os nosos barrios, botando á xente das súas casas, e limitando o acceso a un ben básico para o conxunto da poboación

🚩 Diante desta situación as veciñas de A Falperra e Os Mallos dicimos basta, e damos un paso adiante cara a autoorganización na defensa dos dereitos básicos no barrio

🤝 O vindeiro sábado, 30 de novembro, presentamos o Sindicato de Barrio de A Falperra - Os Mallos. Unha comunidade de loita coa que enfrontar colectivamente as dinámicas de expulsión e empobrecemento que padecemos as veciñas

🕡 Vémonos ás 18'30 na Revolteira (Rúa Falperra, 13) para falarmos dos problemas da vivenda na cidade, para expoñer as liñas principais de traballo do Sindi, e para explicar o modo de unirse á organización
❤5🔥3
🗓 O vindeiro venres, 29 de novembro, presentamos no CS A Pedreira (R/Senrra, 36), xunto ás compañeiras do Ateneo Libertario de Pontevedra, a publicación "Anarquismo e Organización. Apuntes para o territorio galego"

🏴 Nela recollemos algúns dos faladoiros e debates resultantes da primeira edición do Seminario de Estudos Libertarios Galegos. Aproveitaremos tamén para presentar a segunda edición do Seminario

🤝 Despois da presentación faremos un debate sobre a cuestión organizativa no medio anarquista

🎻 Pecharemos a xornada cun ceador vegano e concertos de Lamprea Explosiva e Surf Fat And Rat

🔥 Vinde!!
🔥2
Forwarded from Info A Revolteira
🔥 Que ferramentas de loita temos como Sindicato de Barrio para defender os dereitos da veciñanza? Vinde o sábado para coñecelas e construilas xuntas!

👉 Xornadas de presentación - Sindicato de Barrio
📋 Sábado 14 de decembro
✍️ Ferramentas de loita


19’00 | Presentación da app de mapeo de pisos turísticos

20’00 | Armas de barrio.
Palestra sobre medios e ferramentas de loita en defensa do dereito á vivenda.
Participa o Sindicat de Poble Sec (BCN)

21’00 | Cea vegana + actuación músical

Organízate. Coida. Loita. ⚡️
❤3
‼️ Este xoves, 19 de decembro, celebramos a terceira sesión do curso de Introdución á Economía Política Socialista Libertaria

🎦 Desta volta repasaremos as duas sesións anteriores (Introdución á EPL e Economía Política actual), xa que os materiais da terceira palestra ainda non están dispoñibles

🏫 Vémonos ás 19'00, no CS A Revolteira (R/Falperra, 13. A Coruña)
🗓 O venres 27 presentamos en Ferrol, na Fundación Artábria, a publicación "Anarquismo e Organización. Apuntes para o territorio galego"

🏴 Nela recollemos algúns dos faladoiros e debates resultantes da primeira edición do Seminario de Estudos Libertarios Galegos

🤝 Despois da presentación convidámosvos a un debate sobre a cuestión organizativa no medio anarquista

🔥 Agardámosvos o día 27 ás 19h en Artábria (R/ Travessa de Batalhóns, 7)
❤1
🗓️ O venres 31 viaxamos cara o sur e visitamos Vigo!

📚 Ás 19h vémonos na presentación da Revista "Anarquismo e Organización. Apuntes para o territorio galego"

🎤 Ás 20h temos cita co recital "A Poesía: Espazo en Disputa"

📍Todo isto no Café Uf (R/ Pracer, 19). Contamos contigo? 👀
🔥2
🗣 Novo ano, novo curso!

🏴 Os anarcofeminismos son, aínda que esquecidos moitas veces, unha base imprescindible para a emancipación social

💜 Por isto, traemos esta proposta, cargada de contido, de dúbidas, de coidados e de construción colectiva!

📍De novo, a edición 2025 do SELG terá 4 sesións, pero esta vez (un pouco) máis descentralizadas. A Coruña e Compostela serán as anfitrionas e testemuñas da xénese dun anarcofeminismo galego forte e heteroxéneo do século XXI.


💪🧠 Os sistemas de dominación avanzan e mantéñense grazas á nosa ignorancia, pasividade e falta de organización. Por iso, non deixamos de aprender! Canto máis sabemos, máis preto estamos de mudar xuntas unha e tantas realidades!
❤4😈1
Este xoves celebramos a primeira sesión do Grupo de Autoformación Libertaria deste ano

Farémolo debatindo a terceira sesión do curso de Economía Socialista Libertaria impartidor Liza e a Solidariedade Obreira

https://youtu.be/MQijJUf35yA?si=14CAzYplwvYQ0hlM
👍1
📝 Reservade a tarde do próximo sábado porque damos comezo a este novo curso do SELG25!

📍 A sesión terá lugar no local da Asociación Veciñal de San Pedro, A Xuntanza (Corredoira das Fraguas, 37)

👀 Atentes esta semana para coñecer a programación completa!
❤3
Estades preparades para unha tarde de introdución ao anarcofeminismo 💜🖤?

🫂Nesta primeira sesión temos a sorte de co desenvolvemento teórico das compañeiras de Liza, e unha achega á orixe deste anarcofeminismo ao longo da historia!

📍Agardámosvos o sábado na Xuntanza (Corredoira das Fraguas, 37, Compostela)
❤1
🔋 Nom nos cansamos de percorre-lo território e achegar as reflexons da revista "Anarquismo e organizaçom" nas distintas pontas do País.

🗓️ O Sábado 15 de Março vemo-nos às 12 da manhã em Xebra!, Burela (R/Leandro Cuncurny)

🙈 Tedes ganas de vermo-nos pola Marinha?
📰 O sábado 29 de marzo celebraremos a segunda sesión do SELG 2025

🟣 Nesta ocasión faremos un percorrido pola historia e o presente do anarcofeminismo na Galiza

🏭 A sesión terá lugar no CS A Revolteira (R/Falperra, 13. A Coruña)

✍ Reserva a data!
❤5
‼️ Compartimos o artigo da nosa compañeira Inés sobre a represión policial e xudicial nas mobilizacións en Compostela contra o xenocidio do pobo palestino

🤝 "Organizar a nosa raiba, organizármonos fronte á súa"

https://www.regeneracionlibertaria.org/2025/03/14/organizar-a-nosa-raiba-organizarmonos-fronte-a-sua/
❤1
📢🔥 IV FEIRA DO LIBRO ANARQUISTA DA CORUÑA 2025 🔥📢

📚 Espallamos ideas, sementamos revolta! 📚

Os días 12 e 13 de xullo, A Coruña convértese de novo nun punto de encontro para quen loitamos por un mundo sen cadeas. Na IV edición da Feira do Libro Anarquista, achegámonos ao anarcofeminismo e á súa acción transformadora da man de editoriais libertarias de toda a península, xunto con actividades culturais que farán deste evento unha cita imprescindible.

⚡ Charlas, debates, presentacións de libros e moito máis!
🔥 Un espazo para coñecérmonos, aprender xuntes e seguir tecendo redes de resistencia.

📅 Reservade a finde do 12 e 13 de xullo!
📍 A Coruña
📖 Revolta en cada páxina, liberdade en cada idea.
📲 Se queres participar desta edición, ponte en contacto connosco!
❤5👍2
🔥 Estades preparades para seguir espallando o anarcofeminismo 💜🖤?

O sábado 29 atopámonos nunha nova xornada de memoria e loita! 📚✨

Falaremos da necesidade de investigar ás anarquistas galegas, exploraremos o papel das mulleres no movemento obreiro, libertario e de resistencia, e debateremos sobre as militancias feministas nos espazos anarquistas. Haberá espazo para a reflexión, o debate e tamén para compartir xuntes nun xantar popular e vegano.
Sen memoria, non hai loita! 🔥

📍 Vémonos en @Revolteira (R/Falperra, 13, A Coruña). Non faltedes!
❤5
‼️ Xa temos todo preparado para a xornada sobre Anarcofeminismo na Galiza
🗓 O próximo 4 de abril apresenta-se na Guarda a publicaçom "Anarquismo e Organización. Apuntes para o territorio galego"

🏴 Nela recolhe-se alguns dos faladoiros e debates resultantes da primeira ediçom do Seminário de Estudos Libertários Galegos

🤝 Despois da presentaçom convidamos-vos a um debate sobre a questom organizativa no médio anarquista

🔥 Agardámosvos o día 4 de abril ás 19h no Fuscalho.
👏1
Cara ao Día das Mapoulas Libertarias 2025!

Como sabedes, cada 10 de xullo celébrase nas Atochas o Día das Mapoulas Libertarias en lembranza daquelas veciñas do barrio que en 1937 foron asasinadas, apresadas e perseguidas por soster desde as súas casas-refuxio as redes de resistencia contra o réxime franquista.

Desde Refuxios da Memoria, o colectivo que impulsa a recuperación da memoria obreira e libertaria da Coruña, queremos contar con todas as ideas e todas as mans que queiran formar parte desta edición do Día das Mapoulas. Se vos apetece participar, este venres, día 25, ás 19.30 horas, no local da Revolteira (rúa Falperra, 13) faremos un primeiro encontro para argallar entre todas e planificar o que queremos que sexa unha xornada para festexar e facer comunidade en homenaxe ás que viñeron antes ca nos.

Porque os barrios non esquecen, organízanse!!
❤4