27.01.2024 - Celebramos a nosa asemblea anual seguida dunha cea de confraternización. Agradecemos á directiva saínte o seu traballo e damos a benvida á directiva entrante. A ilusión continua coma sempre.
02.02.2024 - Recibimos a visita do IES Torrente Ballester no observatorio.
03.02.2024 - Arrancan as observacións guiadas dos sábados de 2024 no observatorio.
13.02.2024 - Algúns socios asisten á conferencia online "El proyecto ExoClock: Explorando mundos más allá del sistema solar", organizada pola AAM.
17.02.2024 - Mulleres e rapazas da asociación dirixen a observación guiada en celebración do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia
22.03.2024 - Pequenos alumnos do CEIP San Xoán Bautista visitan o observatorio acompañados polos seus pais.
20.04.2024 - Varios socios asisten ao EGAN, Encontro Galego Astronomía Nova, celebrado en Santiago de Compostela.
11.05.2024 - Os socios junior desfrutan do Obradoiro de constelacións circumpolares.
31.05.2024 - Observación no Pontillón do Castro, organizada polo concello de Pontevedra.
16.06.2024 - On The Moon Again, ensinando a Lúa nas rúas de Pontevedra e Soutomaior
23.06.2024 - Observación solar na Tomba, organizada polo concello de Pontevedra.
03.07.2024 - A Asociación recibe o Premio Labor Social na gala dos «Premios Pontevedreses del Año»