O vindeiro domingo 25 de xaneiro ás 12h saímos á rúa en #Ferrol contra a criminalización e o medo e para erguer a voz na defensa Palestina contra o xenocidio e a ocupación. Somos antisionistas!
#GalizaConPalestina
#GalizaConPalestina
👍5
Lembra! Esta quinta 22 teremos no CS o Pichel a oportunidade de falar da #Venezuela fora do marco mediático que impom o imperialismo. Com Martín Pacheco, cónsul geral da República Bolivariana da Venezuela na Galiza, e com Ana Mosquera da AGABO. A nom perder!
👍3
🔴 Devido a mudanças na agenda do consulado, informamos de que a palestra prevista para amanhá, quinta 22 de janeiro, baixo o título Venezuela frente à agressom imperialista, precisou ser adiada.
Em breve divulgaremos a nova data.
#GalizaConVenezuela
Em breve divulgaremos a nova data.
#GalizaConVenezuela
❤1
🔴 Atençom! Novas datas em Compostela e na Corunha para falarmos sobre a #Venezuela, sobre o sequestro de Nicolás Maduro e Cilia Flores e sobre a necessidade de continuarmos apoiando a Revoluçom Bolivariana. #GalizaConVenezuela
👍2
A solidariedade galega coa Palestina hoxe firme nas rúas de #Ferrol. Calquera estratexia de intimidación fracasará. Somos antisionistas!
#GalizaConPalestina
#GalizaConPalestina
👍3❤2
Este 5 de febreiro, animamos a participar das convocatorias da Plataforma Galiza pola Paz contra a escalada belicista do imperialismo, contra o desvío de fondos para a guerra e a compra de armas, e contra a militarización da sociedade.
#GalizaPolaPaz
#GalizaPolaPaz
Contra a campanha de desinformaçom sobre a 🇻🇪 #Venezuela, nada melhor que escuitarmos de primeira mao as vozes autorizadas do cônsul geral Martín Pacheco e da presidenta da AGABO, Ana Mosquera, em dous encontros em #Compostela e na #Corunha. Nom faltes!
#GalizaConVenezuela
#GalizaConVenezuela
❤3
Culmina na Coruña a xeira de encontros arredor da situación na #Venezuela, nas que o cónsul xeral, Martín Pacheco, e a presidenta da AGABO, Ana Mosquera, desmontaron o relato imperialista e as mentiras dos medios, e confirmaron que a revolución continúa.
#GalizaConVenezuela
#GalizaConVenezuela
❤5
Este 10 de marzo, mentres o compañeiro Bruno Lopes é chamado a declarar no xulgado acusado de antisemita, a solidariedade galega estará ao seu carón a defender que antisionismo non é antisemitismo e que exixir paz e vida digna na #Palestina non é delito.
#GalizaConPalestina
#GalizaConPalestina
🔥6
🔴 Actualización: Seguen a sumarse localidades que sairán ás rúas este luns 16 para expresaren a repulsa da Galiza á guerra imperialista e ao discurso belicista, e para exixiren a saída da OTAN, unha política de neutralidade activa e respeito á soberanía dos pobos.
#GalizaPolaPaz
#GalizaPolaPaz
👍4
🇨🇺 Os Estados Unidos levan máis de 60 anos tentando asfixiar a economía cubana cun dos máis longos e criminais bloqueos da historia. Un #bloqueo que só produciu dor e necesidades, para procurar que o pobo entregase a súa soberanía e renunciase á Revolución.
Porque non é o sistema político cubano o que provoca as necesidades senón un bloqueo que impide a #Cuba relacionarse comercialmente, en pé de igualdade, co resto de países do mundo.
Malia iso, Cuba leva décadas a investir os seus recursos en educación, sanidade, cultura e no desenvolvemento integral do seu pobo. Un pobo combativo e solidario.
Hoxe Cuba continúa a ser exemplo de resistencia, de dignidade e de poder popular. O bloqueo demostrouse incapaz de vencer, e Washington ameaza agora cunha invasión militar. Hoxe, máis que nunca, #GalizaConCuba!
Porque non é o sistema político cubano o que provoca as necesidades senón un bloqueo que impide a #Cuba relacionarse comercialmente, en pé de igualdade, co resto de países do mundo.
Malia iso, Cuba leva décadas a investir os seus recursos en educación, sanidade, cultura e no desenvolvemento integral do seu pobo. Un pobo combativo e solidario.
Hoxe Cuba continúa a ser exemplo de resistencia, de dignidade e de poder popular. O bloqueo demostrouse incapaz de vencer, e Washington ameaza agora cunha invasión militar. Hoxe, máis que nunca, #GalizaConCuba!
🔥5
A vindeira quinta 28 de Maio en #Compostela, conversamos con Bieito Lobeira sobre a militarización na Galiza, a deriva da UE e do Estado español, e a súa ligazón coa ofensiva imperialista. Rearmemos a nosa resposta fronte ao seu rearme belicista!