LibreTeo
16 subscribers
1 photo
1 video
2 files
19 links
Canle de Telegram oficial do evento #LibreTeo
Download Telegram
to view and join the conversation
Durante toda a maña, de 09:00 a 14:00 celebraremos unha modesta pero digna LAN Party. É a primeira que se fai en Teo e será a primeira de moitas, xa veredes. Haberá 50 postos para sentarse e compartir coñecemento, ideas e curiosidades con outros aficionados aos ordenadores. http://libreteo.gal/2017/teolan
Ás 12:30 virá Pedro Brandariz a presentar a webserie Galicia Crime, que ven de gañar o premio MestreMateo. Pedro é un dos protagonistas e tras a proxeción de dous ou tres dos webisodios, contará anécdotas da rodaxe. Ides botar unhas boas risas. http://libreteo.gal/2017/galiciacrime
De 10:00 a 12:00 a xente de VermisLAB vai dirixir un obradoiro para os máis pequenos (de 6 a 12 anos) sobre electrónica. Polo que conta a xente de anteriores eventos, o obradoiro é boísimo. Hai 15 prazas nada máis. Poden asistir algúns pais tamén, claro. http://libreteo.gal/2017/electronica
Rafa Couto vai axudarnos pola mañá a celebrar o #ArduinoDay cun obradoiro «dende cero» coma el mismo di. Dirixido a xente que ten sentido falar de Arduino pero non sabe de que vai. Será moi interesante. Hai 10 prazas nada máis porque Rafa levará 10 kits para practicar durante o obradoiro, pero dixo que poden apuntarse parellas, que contarían coma unha soa praza e compartirían o kit de Arduino. Hai que levar portátil. http://libreteo.gal/2017/arduino
A partires das 5 da tarde e ata as 8, imos desfrutar coa proxeción das mellores curtametraxes sobre Star Wars feitas por fans. As que gañan premios polo mundo adiante. Algunhas parecen talmente fragmentos das películas oficiais. Despois das proxección terá lugar un interesantisimo debate sobre como se fai para producir unha curta de Star Wars de calidade en Galicia. Virá xente do cine e da televisión e tamén da asociación de fans de Star Wars. Din que van traer un R2D2 e todo. http://libreteo.gal/2017/shortwars
Mañá haberá mais novidades. Ídevos apuntando, que as prazas están contadas!! :)
Ola! Vimos de abrir un grupo de Telegram para os que están apuntados no TeoLAN ou estén pensando apuntarse. Así imos planificando que facer. Apuntádesvos? https://t.me/joinchat/AAAAAAslqFBGYXi8tLYRUw
Ás 11:30 : Dokuwiki - Proposto por Iñaki Quenerapú
Channel photo updated
Preparando LibreTeo 2019. Máis info nos vindeiros días. :) https://libreteo.gal
Parece que a LibreTeo quenta motores...
Poster2019.pdf
176.4 KB
O poster de LibreTeo 2019