GALPon
139 subscribers
92 photos
1 video
27 files
953 links
Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra
Download Telegram
Quixeramos contactar con participantes na rede Discord do profesorado de Galicia.

Temos necesidade de facer chegar info dun evento para o profesorado para que o difundan como «Evento e data de interese».

Se podes axudarnos agradecémoscho.
Xa!, coma quen dí, o próximo sábado 26, obradoiro sobre contornos de programación por bloques «Snap!» e «MicroBlocks»

Disporemos de placas micro:bit e CPX abondo para que poidades facer prácticas. É importante que vexades a nova e a documentación referenciada na nova sobre este evento na nosa web.
Asemade, disporemos de trebellos Citilab ED1 para que os coñezades e agardamos dispor tamén doutros.

Non esquezas rexistrarte.

https://mobilizon.fr/events/b0381ccc-caa6-4dce-8df0-316fa5ac32c0

https://www.galpon.org/content/obradoiro-sobre-contornos-de-programacion-por-bloques-snap-e-microblocks

@SnapCloud@fosstodon.org
@microblocks@fosstodon.org
Xa está publicada a lista de referencias de documentación, fornecida por @bromagosa@mastodont.cat para o obradoiro do pasado sábado 26 ─Obradoiro sobre contornos de programación por bloques «Snap!» e «MicroBlocks»─

https://www.galpon.org/content/documentacion-de-obradoiros/?2025
A esta páxina tamén podedes acceder no menú da esquerda da nosa páxina web.
Adrián Chaves Fernández, secretario do Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra, por orde do Presidente e conforme ao Artigo 25 dos Estatutos desta Asociación, convoco a todas as persoas socias á Asemblea Xeral Ordinaria a celebrar o SÁBADO 31 de MAIO de 2025, ás 19:00 horas en primeira convocatoria, e ás 19:30 en segunda convocatoria coa seguinte orde do día:

1.- Aprobación, se procede, da acta da xuntanza anterior
2.- Examinar e aprobar, se procede, a memoria de actividades
3.- Examinar e aprobar, se procede, as contas e balances do exercicio 2024
4.- Aprobación, se procede, do plan de actividades para o 2025

Así mesmo, convoco na mesma data SÁBADO 31 de MAIO de 2025, a Asemblea Xeral Extraordinaria ás 20:00 en primeira convocatoria e ás 20:30 en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:

1.- Elección dos membros da Xunta Directiva (este ano corresponden Vicepresidencia e Tesourería)
2.- Ratificar a expulsión de persoas socias, a proposta da Xunta Directiva, por falta de pagamento de cotas.

As asembleas terán lugar, se non hai noticias en contra, nas oficinas de Librebit/Aitire, na rúa Uruguai, nº 15, entresollado B, de Vigo.
https://www.openstreetmap.org/?mlat=42.23625&mlon=-8.71763#map=18/42.23625/-8.71763&layers=N

Prégase a asistencia de todas as persoas socias. Lembrámosvos que para exercer o dereito a voto debe estarse ao día no pagamento da cota.
Lembrámosvos, así mesmo, que a cota é por anos naturais. Por se alguén desexa pagar en efectivo, o Sr. Tesoureiro estará presente e poderá facer os cobros.

PD. Se alguén quere engadir algún punto á orde do día, pode facelo en resposta a este fío, enviando copia a secretario@galpon.org antes do LUNS 26 de MAIO de 2025.
Lembrete!
Forwarded from GALPon (Miguel A. Bouzada)

Como empregar caracteres Unicode en programación para provocar fallos de seguranza empregando símbolos semellantes entre si. A xente de cURL fixo a implementación dun sistema que comproba as cadeas en busca de caracteres especiais que son idénticos aos clásicos caracteres ASCII.

https://daniel.haxx.se/blog/2025/05/16/detecting-malicious-unicode/
Xa están dispoñíbeis as contas para ser presentadas na asemblea do próximo sábado.
Se algún socio quere velas antes, que llas solicite ao Tesoureiro ou ao Presidente.
delegacion-voto-asemblea-galpon.pdf
42.4 KB
Por se alguén o necesita
QR enderezo da sala en [matrix]
Os voluntarios de GALPon para #esLibre2026 xa teñen feita a reserva para poder ir o mércores día 15.

Aínda que teñades recibida unha notificación xenérica dicindo que só tiñades a partir do xoves, os do equipo de GALPon temos cama dende o mércores.
Publicados los horarios definitivos de #esLibre2026
Si encontrais alguna errata os agradecemos nos lo hagais saber.

https://eslib.re/2026/es/horario/
2