Facultade Socioloxia-UDC
52 subscribers
1 photo
11 links
Download Telegram
Xa podemos instalar nos nosos móbiles a app Radar Covid. Dende o Servizo de Prevención recomendan a súa utilización na UDC. Ánimo co día que pronto remata a semana!
Máscara, non toques, non te toques, distancia... Meu deus que este virus é un agobio! Se vedes que se agota o material hixiénico podedes pedirlle a reposición ás traballadoras da limpeza. Sen elas se para o mundo!
Miña nai me dicía: “os sábados sempre estás sana e os domingos enferma”. Seguindo este lema: tes febre ou outros síntomas compatibles coa Covid-19 e estás na casa? Os pasos a seguir son: primeiro, chamar ao médico de familia e que diga se é necesaria unha PCR. Segundo, informar á Facultade cun mail a estas tres direccións: secretaria.decanato.socioloxia@udc.es
prl@udc.gal
info.covid@udc.gal
Facultade Socioloxia-UDC pinned «Miña nai me dicía: “os sábados sempre estás sana e os domingos enferma”. Seguindo este lema: tes febre ou outros síntomas compatibles coa Covid-19 e estás na casa? Os pasos a seguir son: primeiro, chamar ao médico de familia e que diga se é necesaria unha…»
CONVOCATORIA DE PRÉSTAMO DE MATERIAL INFORMÁTICO. PROGRAMA SUPERA COVID. 2020-21
O obxecto do programa é o préstamo de material informático coa finalidade de garantir que o alumnado que careza dos medios precisos para o seguimento da docencia virtual, poda acceder a esta e á correspondente avaliación.
https://sede.udc.gal/services/electronic_board/EXP2020/009270
Hoxe estamos de estrea. Xa están os novos equipos informáticos nas aulas! Pero non perdades a paciencia que aínda temos que recolocar algúns proxectores. Todo grazas ao equipo informático! Sen eles tamén párase o mundo!
Bos días! Dende o inicio do curso académico tivemos na Facultade 9 avisos de posibles casos covid. Todos os PCR feitos foron negativos agás un deles. Todos foron reportados ao servizo de prevención e seguimos as súas indicacións. Non foi necesaria ningunha acción preventiva no Centro pois no único caso positivo xa pasaran máis de 72 horas dende o seu último contacto coa Facultade (período marcado polo protocolo do SERGAS). Agardamos seguir así no futuro. Moito ánimo e non esquezades: People have the power (aínda que non o pareza)
https://m.youtube.com/watch?v=pPR-HyGj2d0
O prazo para facer test serolóxicos de maneira voluntaria entre o alumnado xa está aberto. Podedes pedir cita previa en: https://www.udc.gal/gl/covid-19/test-seroloxicos/?fbclid=IwAR1lsEXajsqHiw9dd4lpoNDWiQt5xQS6jFATJxMGfsOR-0nzuRdmhWOrfMI
Dende o inicio de curso: Atendemos 34 incidencias con sintomatoloxía COVID-19 e 17 destas persoas tiveron que facer proba PCR. Os casos positivos foron 3, sen que no Centro houbera que tomar ningunha medida preventiva a maiores seguindo sempre as indicacións do Servizo de Prevención. Actualmente 3 persoas están en corentena.
Boas Facultade. Esta semana desafortunadamente tivemos 3 casos covid na aula de cuarto de Socioloxia. Según o servizo de prevención non teñen relación entre sí e, polo tanto, non pechan a aula. 6 alumnos mais de cuarto están en corentena debido a ser contactos estreitos. A pesar do informe de prevención consideramos adecuado virtualizar a docencia de cuarto curso ata o 9 de decembro pois estamos pendentes dalguns resultados de pcr. A app Radar-Covid foi un gran apoio para o rastrexo dos contactos asi que aconsellamos que a descarguedes nos vosos mobiles.
Boas tardes Facultade. Temos novas restriccións da Xunta pero ainda non chegaron as instruccions da Reitoría. En canto teñamos mais informacion farémosvosla chegar. Todo indica a formación telemática no segundo cuadrimestre (polo menos nas primeiras semanas). Non sabemos nada de como seran os exames pendentes. Moito ánimo!
Bos días. Os exames do primeiro cuadrimestre serán presenciales según indica o DOGA do día de hoxe. O número de estudantes en cada aula será como máximo de 30. Forza que xa queda menos para rematar as avaliacións!
The account of the user that owns this channel has been inactive for the last 5 months. If it remains inactive in the next 28 days, that account will self-destruct and this channel may no longer have an owner.
The account of the user that owns this channel has been inactive for the last 5 months. If it remains inactive in the next 17 days, that account will self-destruct and this channel may no longer have an owner.