Eva Solla Fernández
71 subscribers
790 photos
61 videos
6 files
732 links
Comité Central PCE.
Feminista.Enfermeira.
Download Telegram
Fai 100 anos tal día coma hoxe rompíanse as cadeas, nacía un mundo novo. Tal día coma hoxe campesiños e obreiros loitaban e vencían xuntos polo pan, o traballo e a liberdade.
Feliz aniversario da revolución rusa!
✊🏼


O TODOS O NINGUNO
(Bertolt Brecht)

Esclavo, ¿quién te liberará?
Los que están en la sima más honda
te verán, compañero,
tus gritos oirán.
Los esclavos te liberarán.
O todos o ninguno. O todo o nada.
Uno sólo no puede salvarse.
O los fusiles o las cadenas.
O todos o ninguno. O todo o nada.
Hambriento, ¿quién te alimentará?
Si tú quieres pan, ven con nosotros,
los que no lo tenemos.
Déjanos enseñarte el camino.
Los hambrientos te alimentarán.
O todos o ninguno. O todo o nada.
Uno sólo no puede salvarse.
O los fusiles o las cadenas.
O todos o ninguno. O todo o nada.
Vencido, ¿quién te puede vengar?
Tú que padeces heridas,
únete a los heridos.
Nosotros, compañero, aunque débiles,
nosotros te podemos vengar.
O todos o ninguno. O todo o nada.
Uno sólo no puede salvarse.
O los fusiles o las cadenas.
O todos o ninguno. O todo o nada.
Hombre perdido, ¿quién se arriesgará?
Aquel que ya no pueda soportar
su miseria, que se una a los que luchan
porque su día sea el de hoy
y no algún día que ha de llegar.
O todos o ninguno. O todo o nada.
Uno sólo no puede salvarse.
O los fusiles o las cadenas.
O todos o ninguno. O todo o nada.
Hoxe mesmo rexistramos dende o grupo parlamentar de En Marea as nosas emendas á totalidade dos orzamentos da Xunta para o ano 2018.
En materia sanitaria, o incremento de partidas adicadas aos concertos privados, a non execución das partidas de infraestructuras e a ausencia de incremento de persoal público son os piares que nos fan rexeitalos.
Se queredes saber que outras cousas consideramos non son atendidas nos orzamentos, déixovos aquí a miña intervención na comparecencia do Conselleiro de Sanidade.
Esta semana preguntei no pleno polas obras de reforma e reparación para o centro de saúde de Mugardos que levamos solicitando dende 2013.
A Consellería comprométese agora, despois de moito insistir, en facelas parcialmente.
Aquí está a miña pregunta e a resposta do Conselleiro.
https://youtu.be/2DrxOkhGbQE
Hoxe botamos a andar en Esquerda Unida o novo traballo das Responsabilidades de Comunicación e Estratexias para o Conflito.
Moi orgullosa das compañeiras e compañeiros que avanzan por unha EU máis fortalecida!
Onte as deputadas de En Marea estivemos no Porriño escoitando as demandas dos concellos da zona interior da comarca de Vigo (Porriño, Salceda, Mos, Ponteareas).
Quedan uns días para o debate de totalidade dos orzamentos.
Seguimos!!
Hoxe pregunto na Comisión de Sanidade se a Xunta vai facer algo para atender as necesidades sanitarias de Ribadavia. Un centro de saúde vello, con moitas necesidades e unha promesa antiga dun novo centro que non se executa. Se non vai haber centro novo, por que non reparan o antigo? Por que se recurtan servizos? A realidade é que as administracións teñen abandoada a atención sanitaria de Ribadavia. Dende En Marea esiximos solucións e non máis anos de espera.
Hoxe o Partido Comunista de Galicia celebramos en Vigo a conmemoración do centenario da revolución rusa.
Nun local cheo, abordamos dende a óptica académica, de militancia e da xuventude o significado da revolución.
100 anos despois, a aprendizaxe nos acompaña. Aprendemos do pasado para construir futuro!
Bo día!
En dez minutos comeza o Pleno de Orzamentos no Parlamento de Galicia e probablemente comprobaremos un año máis o rexeitamento da totalidade das emendas da oposición por parte do Partido Popular,
Un ano máis unhas contas que non repercuten o macroeconómico en beneficio da clase traballadora.
Os recortes chegaron para quedar e o investimento en emprego de calidade fica ausente.
Fai algúns días debatiamos na Comisión de Sanidade a necesidade dun centro de saúde en Gondomar acorde á poboación actual. O PP recurtou o proxecto no ano 2011 e dende entón, con pérdida de fondos europeos polo camiño, a vila segue agardando polo centro. Unha xestión "chapucera" e un recurte de prestacións. Podedes ver a nosa pregunta aquí: https://www.youtube.com/watch?v=zrcPLDg7OP0&feature=youtu.be
Rematou o Pleno por hoxe.
Mañá ás 11h reunireime coa Plataforma para a regulación do cannabis no Parlamento. 🌿
E ao mediodía interpelarei ao Vicepresidente Rueda pola situación das Emerxencias, os colapsos durante a vaga de lumes da plataforma de chamadas e maila dimisión do Xerente unhas semanas antes.
Forwarded from Esquerda Unida
🏛 Eva Solla, vicepresidenta do Parlamento de Galicia e deputada de En Marea, interpelou ao vicepresidente Alfonso Rueda en relación ás deficiencias do servizo de emerxencias 112. https://goo.gl/g7Ci5E

🌊 A senadora de En Marea, Vanessa Angustia, interveu no pleno do senado para falar sobre medidas forestais para evitar os lumes. Máis en: https://goo.gl/pa5SGv

👷🏽‍♀️ A deputada e voceira de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, vén de rexistrar unha batería de preguntas sobre as centrais térmicas galegas e os postos de traballo das mesmas. Ler en: https://goo.gl/C3xbez

📌 Co fin de informar á cidadanía sobre os efectos do lindano, EU-Son Porriño celebrará mañá unha xornada, que terá lugar no Multiusos de Torneiros, que contará coa presenza de Eva Solla. Moito máis en: https://goo.gl/VJsWhg