Eva Solla Fernández
77 subscribers
791 photos
61 videos
6 files
732 links
Comité Central PCE.
Feminista.Enfermeira.
Download Telegram
Reflexión sobre o titular de hoxe na prensa que denigra ás enfermeiras eventuais.
👵🏻 O pasado venres asistín en Compostela, xunto á compañeira Raquel Bernárdez, á presentación de “Queremos Sentir”.

👨🏻‍🦳 Trátase dunha proposta de FADEUMA (Asoc.familiares residencia DOMUS VI Ribadumia) e REDE para que as familias das persoas residentes poidan achegarse e tocar aos seus familiares co uso dun EPI.

🧓🏽 Na actualidade milleiros de maiores fican sen unha aperta ou un cariño dos seus e tristemente moitos faleceron xa sen ese contacto. Por iso manifesto todo o meu apoio a esta iniciativa.
👩🏻‍💼 Esta mañá valoramos en Vigo os orzamentos da Xunta para a cidade. As contas se caracterizan entre outras cousas por:

👉🏼 Ausencia de partida para a construción do necesario IES en Navia.

👉🏼 Ausencia de partidas específicas para vivenda pública, axudas á subsidiación da hipoteca ou rehabilitación do Casco Vello.

👉🏼 Incremento de 3M€ máis do previsto na concesión do Álvaro Cunqueiro. (Este ano pagamos ás empresas 73,5M€) Dato que se suma aos case 98M€ en concertos coa sanidade privada na Área de Vigo.

👉🏼 Incremento insuficiente nas partidas de persoal SERGAS. No caso de atención primaria é case testemuñal.

👉🏼 Ausencia de partida para construir unha residencia/centro de día de maiores pública.

👉🏼 Ausencia de investimento concreto no MARCO e no Conservatorio.
Moi boa nova para os traballadores de #Alcoa e para o conxunto do país. O emprego e a nosa industria son imprescindibles para o noso futuro. Seguiremos defendendo a necesidade da nacionalización da factoría.
Onte cumpriuse un ano do pasamento do noso camarada, Camilo de Dios. Con el fóisenos toda a xeración que un día tivo o valor de “botarse ao monte” coa Guerrilla, para defender a legalidade republicana.
Onte Esquerda Unida valoramos os orzamentos da Xunta para a cidade de Ourense:

👉🏼 A Xunta minte, non hai ningunha partida para unha residencia de maiores pública na cidade.

👉🏼 Seguiremos sen que se constrúan os centros de saúde de Mariñamansa e do Vinteún, a pesar das promesas da Xunta e de levar máis de dez anos agardando.

👉🏼 A partida para persoal do SERGAS en atención primaria case non se move, a pesar das necesidades de moitos centros de saúde con lista de agarda.

👉🏼 Nin un céntimo para poñer en marcha transporte metropolitano.

👉🏼 Nada para vivenda pública na cidade.

Parálise na Xunta, parálise municipal. Coma sempre as que perden son as veciñas.
Onte estiven en Ponteareas co noso Coordinador Local para valorar os orzamentos da Xunta para Ponteareas:

👉🏼 Cero euros para arranxar o centro de saúde e facelo máis accesible (levamos anos agardando).

👉🏼 Cero euros para a reparación do CEIP Bouza Brey. A pesares de levarmos agardando desde 2013 o cambio de cuberta.

👉🏼 Ningunha partida para arranxar o resto de centros educativos, como os dous IES. A Xunta pasa do mantemento.

👉🏼 Non hai partida para dotar de saneamento á parroquia de Ribadetea. As veciñas seguirán usando “pozos negros” co que iso significa para o medio.

👉🏼 Sen noticias de orzamento para a seguridade peonil na PO-403.
Este fin de semana valoramos os orzamentos para Vilagarcía de Arousa:

👉🏼 Ningunha partida específica para arranxar os desperfectos das escolas unitarias.

👉🏼 Cero euros para o saneamento de Vilagarcía.

👉🏼 Cero euros para mellorar as instalacións deportivas, como a de Fontecamoa.

👉🏼 Incremento casi nulo do orzamento para persoal do SERGAS en AP na área PO-Salnés

👉🏼 Ningunha partida para mellorar a situación do centro de saúde.

👉🏼 Ningunha partida para dotar á vila dun centro de día.

👉🏼 Ausencia de partidas para desdobrar a vía rápida.

👉🏼 Ausencia de partidas para recuperar os bancos marisqueiros. https://www.diariodearousa.com/articulo/vilagarcia/eu-echa-falta-mejoras-unitarias-centro-salud-presupuestos-xunta/20201227223332277225.html