Esquerda Unida
173 subscribers
1.58K photos
63 videos
22 files
1.61K links
Canle de información de Esquerda Unida.
Download Telegram
🔴 Centro de menores estranxeiros de Monforte: acoller ben para previr lumes.

📝Hoxe no #Salto diario, Chus Rodriguez,
Responsable de Política Institucional de Esquerda Unida.

🗣
Desde a nosa organización fixémonos eco das demandas, neste tempo, tanto de asociacións en defensa dos dereitos da infancia como de voces implicadas no propio sistema de protección, sinalando a urxencia de abrir novos centros de acollida residencial, como as casas de familia; procurar, formar e seleccionar familias acolledoras e contratar persoal preparado; coordinar recursos sociais, educativos, xurídicos e de mediación cultural, ademais de incrementar o persoal dos equipos técnicos de menores.

📰
https://osalto.gal/tribuna/centro-menores-monforte-acoller-ben-previr-lumes

Facebook | X | Instagram
🔴 Esquerda Unida condena a intercepción dos botes da Flotilla Sumud Global por parte do exército de Israel baixo o pretexto de que entraron na zona de exclusión marcada por eles mesmos.

Israel é un estado criminal que non ten competencias legais que exercer sobre unhas augas que non son da súa xurisdición.

Condenamos tamén a actitude do PSOE por non protexer ás integrantes da Flotilla, demostrándose así que o envío da fragata militar Furor para acompañalos non era máis que unha campaña de propaganda de curto percorrido.

Finalmente, cando máis necesitaban a protección quedaron soas ante o exército criminal de Israel. O buque Furor tiña que acompañar á Flotilla ata súa chegada a Gaza tal e como esixía ao Goberno IU.

Instagram | Facebook | Comunicado na web
🔴 Esquerda Unida defende que a protección á infancia e xuventude deben estar no centro das políticas sociais do goberno da Xunta de Galicia.

👉🏼 Chus Rodríguez 💬 “Esta actitude da Xunta, negándose a sentar a falar co Ministerio de Xuventude e Infancia tivo como consecuencia a nula previsión e preparación do sistema de protección á infancia, e unha resposta insuficiente á situación de emerxencia coa que actualmente nos atopamos para a xa saturada rede do sistema”.

👉🏼 Sira Rego🗣 “As CCAA tiveron sete meses para adaptar os seus sistemas ao Real Decreto-lei de acollida solidaria pero preferiron usar o tempo e os recursos para tratar de boicotear o seu desenvolvemento. As rebaixas fiscais en Galicia supoñen a perda de 800 millons de euros nos orzamentos do último ano. Cunha parte pequena desa cantidade poderíase financiar o sistema de acollida e outros servizos públicos como sanidade, educación ou dependencia”.



Web | Instagram |Facebook
Condenamos el criminal ataque de EEUU sobre Venzuela y el ilegal secuestro de su presidente.

Es una agresión imperialista que no solo viola la soberanía venezolana y el derecho internacional: pone en peligro a toda una región.

Toda nuestra solidaridad con el pueblo venezolano.

Twitter | Instagram | Bluesky | Mastodon
Forwarded from Estela
🛺 Esquerda Unida apoia a reivindicación dos agricultores galegos e rexeita o acordo UE–MERCOSUR.

🗣 Alba Torreiro: “O acordo UE–MERCOSUR é un tratado neoliberal que aprofunda a apertura de mercados sen garantir dereitos sociais nin estándares ambientais e sanitarios efectivos, favorecendo ás grandes multinacionais sobre as pequenas e medianas producións agrarias”

Nota | Instagram | Facebook | X
This media is not supported in your browser
VIEW IN TELEGRAM
🔴 Altri non será.
Altri era un proxecto que ninguén necesitaba, nin o pobo, nin o medioambiente.
Altri era solo un proxecto para chupar subvencións públicas sen importar as consecuencias ambientais.

⚫️E non será grazas á mobilización popular, principalmente da veciñanza de Palas de Rei e da comarca de Ulloa, que foi quen de organizarse e de sumar a máis xente á súa loita.

🔴 Dende Esquerda Unida queremos agradecer esa mobilización e esa capacidade de organización.
Dende Esquerda Unida: Grazas.
Channel photo updated
🟣 Ante tantas violencias, guerras e a ameaza fascista que destrue as vidas e o planeta, este 8M sairemos á rua a reclamar que o feminismo é a única resposta posible.

♀ Porque o feminismo é para cambialo todo.

X | Instagram | Facebook |