Esquerda Unida
173 subscribers
1.58K photos
63 videos
22 files
1.61K links
Canle de información de Esquerda Unida.
Download Telegram
👷‍♀️🧑🏾‍🏭 Polo emprego digno e de calidade, polos dereitos conquistados e por conquistar, hoxe vémonos nas rúas.

Viva a loita da clase obreira!
Viva o #1deMaio!
Channel photo updated
Channel photo updated
🌈 Fronte ao odio e os seus discursos, organizámonos. Coidámonos e avanzamos xuntas, xuntes e xuntos. Somos visibles e o somos con orgullo. En Esquerda Unida, QUEERDAMOS A DIVERSIDADE
No Día de Acción Global polo Aborto Legal, Seguro e Accesible esiximos máis medios para a sanidade pública. Mentres a nosa sanidade empobrécese en medios e persoal o PP empéñase en premiar á sanidade privada. É necesario un cambio.
Channel photo updated
O noso orgullo non cabe no capitalismo nin no patriarcado.

Por quen abriu camiño, por quen o camina hoxe, por quen aínda non pode.

📌 Manifesto completo Orgullo 2025 👉🏼 http://esquerdaunida.org/?p=18298
Channel photo updated
🔴Este venres 11 de xullo celebraremos un ano máis o acto de lembranza a Manolito Bello, no 79 aniversario do seu asasinato.

✊🏽Acompañaremos ao PCG, a Xuventude Comunista e á CRMH para honrar a quen entregou a vida na loita pola liberdade e a xustiza.

📌Será ás 17h no Cemiterio de Oza. A Coruña.

🔻Sempre na nosa memoria


📍Twitter

📍Instagram

📍Facebook
🔴 Esquerda Unida reúnese coa Plataforma Loita.

A Plataforma Loita é a Plataforma cidadá para loitar polos dereitos dos nenos, nenas, nais e adolescentes.

👥 Onte reunímonos coa Plataforma Loita para coñecer de primeira man as demandas das familias con crianzas con necesidades especiais. Por parte de Esquerda Unida, participaron na xuntanza Lino Costas, Coordinador Nacional, e Alba Torreiro, responsable de Área Externa da organización, xunto á concelleira e concelleiros de Esquerda Unida de O Grove; Jose A. Otero, Susana Millán e Anxo Meis.

Consideramos necesario que a atención non desapareza despois dos seis anos, pois supón un traballo preventivo que significa paliar e reducir as dificultades que poden afectar a todos estes nenos e nenas, así como mellorar notablemente as súas condicións de vida e benestar.

⭕️ Dende Esquerda Unida reclamamos que se ofreza este servizo de xeito 100% público e polo tanto non a través de empresas concertadas, privatizando recursos para a atención de necesidades básicas. A Administración Pública debe prestar as debidas atencións a estas necesidades sen que as familias teñan que recorrer a utilizar atención privada chegando mesmo a endebedarse para poder darlle atención axeitada ás súas crianzas.


✊🏽Por uns servizos públicos de calidade para todas ‼️

➡️ Twitter

➡️ Instagram

➡️ Facebook

➡️ Web
This media is not supported in your browser
VIEW IN TELEGRAM
Esquerda Unida denuncia o boicot do Goberno da Xunta de Galicia ante a aplicación do Real Decreto 2/2025 para unha acollida solidaria de nenos, nenas e adolescentes migrantes entre as CCAA do noso país en apoio a Canarias e Ceuta.

🗣 Lino Costas: “A Xunta de Galicia, en troques de prepararse e abrir novos recursos de acollida, tanto para os nenos e nenas que actualmente o precisan como para recibir aos menores migrantes, adica os seus esfozos a interpor un recurso de inconstitucionalidade contra o Real Decreto”.

Nota completa

Instagram

Facebook

X
Media is too big
VIEW IN TELEGRAM
Esquerda Unida esixe o traslado do paritorio do Hospital Materno Infantil de Ourense garantindo a seguridade e a intimidade das embarazadas.

📣 Esquerda Unida chama a participar na mobilización convocada para mañá luns 28 de xullo ás 11:30 diante do CHUO, promovida polos colectivos Arrolos de Teta, O Parto é Noso, Marcha Mundial das Mulleres, Petra Maternidades Feministas, Asociación Galega de Matronas e SOS Sanidade Pública Ourense.

📋 Nota completa

👉🏼 En X

👉🏼 En Facebook

👉🏼 En Instagram
⚫️ Esquerda Unida polo recoñecemento e dignificación do Servizo de Axuda no Fogar

Non máis precariedade no Servizo de Axuda no Fogar.

🔴 Tras o asasinato dunha traballadora do SAF no Porriño, esiximos algo máis que protocolos de papel.


👉🏼 Remunicipalización do SAF. Subrogación de todas as traballadoras e eliminación da precariedade. Fóra as empresas que se lucran coa súa explotación.

👉🏼 Máis orzamento. Incremento da partida pública para reforzar o persoal e garantir un servizo seguro e de calidade.

👉🏼Seguridade laboral real. Avaliación rigorosa dos riscos en cada intervención e estudo de alternativas como o traballo en parellas.

👉🏼 Participación das traballadoras. Creación de espazos estables de escoita activa para recoller as súas propostas e demandas.

👉🏼 Fin á desidia institucional. Esiximos que os concellos asuman a súa responsabilidade directa sobre o SAF e controlen ás concesionarias.

#ServizoAxudaNoFogar #SAF #CoidadosDignos #SeguridadeLaboral

Nota de prensa

Instagram

X

Facebook
🔥 Esquerda Unida esixe prevención, vixilancia e penas máis duras contra os incendiarios.

🔥 É preciso:

🚫 Limitar especies pirófitas e recuperar bosque autóctono.
🐄 Apoiar a gandería extensiva como prevención.
👩‍🚒 Estabilidade para brigadistas e limpeza no inverno.
🏛 Reverter a privatización dos medios de extinción.
⚖️ Penas máis duras para incendiarios.


👉🏼 Nota de prensa

👉🏼 Instagram

👉🏼 Twitter

👉🏼 Facebook
🔥 Non valen escusas.
Non é pola vaga de calor,é por décadas de políticas forestais nefastas que degradan os nosos montes.

O capital é depredador e o PP o seu aliado.

As solucións existen; Levará tempo aplicalas e os resultados non serán inmediatos, pero o primeiro é querer levalas adiante.

📣 Vémonos este xoves nas rúas.
🇵🇸Este sábado 30 de agosto saímos ás rúas en apoio á #FlotillaSumudGlobal, que partirá cara a Gaza este domingo.

✊🏽Mobilizámonos para acompañala, sumándonos ao clamor internacional contra o bloqueo xenocida ao que está sometida a poboación palestina.

🍉A solidariedade co pobo palestino é unha cuestión de humanidade e dignidade.


#StopGenocidio

Web | Instagram | X | Facebook
Esquerda Unida condena o ataque ao centro de acollida de menores migrantes acontecido esta pasada noite en Monforte de Lemos.

‼️Esquerda Unida cualifica esta acción como un ataque xenófobo e racista. “Isto non fai máis que poñer nunha situación de total vulnerabilidade á mocidade migrante que nin tan sequera ten chegado a Galicia” apunta Lino Costas, Coordinador Nacional de EU.

🗣 Para Esquerda Unida, este feito evidencia as deficiencias do modelo de xestión da Xunta para a acollida dos nenos e nenas migrantes é totalmente erroneo.

Web | Instagram | X | Facebook
🔴 Centro de menores estranxeiros de Monforte: acoller ben para previr lumes.

📝Hoxe no #Salto diario, Chus Rodriguez,
Responsable de Política Institucional de Esquerda Unida.

🗣
Desde a nosa organización fixémonos eco das demandas, neste tempo, tanto de asociacións en defensa dos dereitos da infancia como de voces implicadas no propio sistema de protección, sinalando a urxencia de abrir novos centros de acollida residencial, como as casas de familia; procurar, formar e seleccionar familias acolledoras e contratar persoal preparado; coordinar recursos sociais, educativos, xurídicos e de mediación cultural, ademais de incrementar o persoal dos equipos técnicos de menores.

📰
https://osalto.gal/tribuna/centro-menores-monforte-acoller-ben-previr-lumes

Facebook | X | Instagram