Esquerda Unida
172 subscribers
1.58K photos
63 videos
22 files
1.61K links
Canle de información de Esquerda Unida.
Download Telegram
Participando nas xornadas “A violencia patriarcal dende unha análisise feminista”. Nas mesas estiveron Raquel Bernárdez, responsable da área da muller de EU e a senadora Vanessa Angustia.
📢 Eva Solla e Manuel Martín impartirán este martes ás 20h. en #Vigo a charla: “Por que dicimos NON á reforma da Lei de Saúde de Galicia”. Máis en: https://goo.gl/m44uKC
🦊 A senadora de En Marea, Vanessa Angustia, vén de denunciar "a permisividade" coas "cazarías masivas" de raposos en Galicia. Máis, na nosa canle de Twitter: https://goo.gl/HNn5Ap

✊️ Hoxe ás 20h. en Vigo estaremos a falar con Eva Solla e Manuel Marín sobre a modificación da Lei de Saúde que pretende levar a cabo o PP e contra a que sairemos este domingo 4 de febreiro #4F ás rúas. Súmate en: https://goo.gl/mDtmBM

✍🏽 Marea de Vigo demanda a creación dun Consello Municipal de Cultura. Ler en: https://goo.gl/mnATdh
📢 Este domingo 4 de febreiro #4F saímos ás rúas en #Compostela para berrar #NonÁLeideSanidade e en defensa da nosa #SanidadePública, universal e gratuíta, tan maltratada polas políticas da dereita.
⚠️ A eurodeputada de Izquierda Unida, Paloma López, preguntará á Comisión Europea (CE) sobre os protocolos de seguridade aplicados na manipulación, traslado e almacenamento do lindano na comarca de O Porriño. Ler en: https://goo.gl/ECtHVa

Eva Solla vén de presentar en rolda unha Proposición de Lei para regular a publicidade sanitaria e sociosanitaria coa fin de que esta estea baseada na evidencia científica, non sexa enganosa e exista control sobre a mesma. Ata o momento, non tíñamos ningunha en Galicia. Ler en: https://goo.gl/MXszkN

👉🏼 Ademais, Solla ve na actualización de tarifas do Sergas outro intento de "beneficiar" á sanidade privada. Ler a nova: https://goo.gl/b4px1u

📣 Todo isto suman máis motivos para acudir á manifestación do #4F en Compostela. Sabías que o Concello de Cangas pon a disposición da veciñanza un autobús para asistir? Ler a nova en: https://goo.gl/n2XjqQ
Forwarded from Eva Solla Fernández
A semana pasada A Nova Peneira publicaba este artigo meu sobre o que ten suposto o lindano no Porriño e a situación de desidia da administración. 😤
Podedes botarlle un ollo aquí:
👉🏼
Este domingo saímos dende a Alameda de #Compostela a prol da nosa sanidade pública na manifestación convocada pola Plataforma #SOSSanidadePública.
📸 Este domingo saímos ás rúas a prol da nosa #SanidadePública, na manifestación convocada pola Plataforma #SosSanidadePública. Podedes ver todas as fotos dende a nosa canle de Facebook: https://goo.gl/afY87x

‼️ Galicia tardaría 24 anos en recuperar o emprego de 2008 ao ritmo actual. O explica o deputado de En Marea, Manuel Lago, dende: https://goo.gl/H3i48c

🌊 Marea de Vigo cualifica como “exercicio de irresponsabilidade” o non ter levado a cabo xa un dispositivo de frío para as persoas que viven nas rúas e pide a súa activación inmediata. Ler en: https://goo.gl/yhvKtY
Forwarded from En Marea
🏥 CONTRARREFORMA DA LEI DE SAÚDE I O PP vén de botar man da súa maioría absoluta para calar a voz do pobo, que lle reclamou masivamente a retirada da reforma de Lei de Saúde de Galicia, que consolida as portas xiratorias, o negocio privado e a precarización laboral e asistencial.

👩🏻 Eva Solla: “Só quen goberna de maneira despótica, con soberbia e necedade non escoita o seu pobo”

📝 http://bit.ly/2E4zv5l

🎥 https://www.youtube.com/watch?v=h_7SjenWskU
📲 Esquerda Unida organiza o vindeiro xoves 15 de febreiro, a partir das 19:30 horas no Auditorio do Areal (Rúa Oporto,1) de Vigo, o coloquio que leva por título “Reformular o Estado: Por un novo reparto da financiación”. Súmate no noso evento de Facebook: https://goo.gl/JoJ6XS

📣 Esquerda Unida manifesta o seu apoio ao persoal de Xustiza na convocatoria da súa primeira folga indefinida en Galicia: https://goo.gl/qPTxY1

🎞 Parabéns ao noso compañeiro Roi Cagiao. Vigo 1972 vén de ser nominada aos Premios Mestre Mateo 2018 na categoría de mellor documental: https://goo.gl/YLuRDY

🏥 Neste pleno, Eva Solla recrimina ao Goberno galego manter unha actitude de soberbia ante as e os manifestantes que ateigaban o pasado domingo as rúas de Compostela por unha sanidade pública: https://goo.gl/N4eZHt
🔝 Carlos Sánchez Mato, Eva Solla, Albino Prada, María Cadaval e Manuel Lago falan sobre “Reformular o Estado” en #Vigo. 📢 Súmate en: https://www.facebook.com/events/1603644693037213/
Forwarded from Actualidade EU O Grove
6 meses despois do estreno do novo local de Esquerda Unida O Grove e xa sufrimos o primeiro atentado feixista.
Algo estaremos facendo ben.
👉 A dirección nacional de Esquerda Unida, encabeza pola coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, e o secretario de Organización de Esquerda Unida, Rubén Pérez, vén de reunirse co secretario xeral de Comisións Obreiras, Ramón Sarmiento. A xuntanza entre EU e CC.OO. vén enmarcada dentro do traballo que, dende ambas organizacións, se está a abordar tanto no debate propositivo sobre a situación das pensións públicas como na fenda salarial. Ler en: http://esquerdaunida.org/esquerda-unida-reunese-coa-direccion-nacional-de-comisions-obreiras/