Esquerda Unida
173 subscribers
1.58K photos
63 videos
22 files
1.61K links
Canle de información de Esquerda Unida.
Download Telegram
🎥 EU-Son O Porriño vén de organizar unha charla na que se presentou o “Informe sobre os efectos do Lindano”, elaborado por Ecoloxistas en Acción, diante dunha veciñanza moi preocupada polos efectos da contaminación silenciosa e invisible de lindano, coa que levan máis de medio século a convivir na zona. Un vídeo para non perder: https://www.youtube.com/watch?v=zY61pDD7Q84
💧Rubén Pérez, secretario de Organización de Esquerda Unida, vén de expoñer en rolda as medidas que deberían poñer en práctica as administracións para garantir o subministro de auga nos concellos, unhas medidas que “neste momento se están a tomar por vías de urxencia e sen ningún tipo de previsión”. Ler máis e ver un resumo da rolda dende: https://goo.gl/v5VEZK

🌊 A senadora de En Marea, Vanessa Angustia, vén de denunciar o incumprimento do Plan de Igualdade de RTVE. "RTVE debe promover a presenza equilibrada das mulleres en distintos ámbitos e incluír unha linguaxe non sexista", dixo. Ver en: https://goo.gl/cKvPD2
🏛 Eva Solla, vicepresidenta do Parlamento de Galicia e deputada de En Marea, leva á Comisión de Sanidade os problemas da Residencia de Maiores de Oleiros, con 284 residentes atendidos por pouco persoal cunha gran carga de traballo. Máis en: https://goo.gl/Gzp28z

🎥 A voceira de En Marea, Yolanda Díaz, vén de interpelar ao Ministro de Enerxía, Álvaro Nadal, para que explique os motivos da modificación do sistema de subastas do servizo de interrumpibilidade. Ver en: https://goo.gl/VuRHRJ

📚 O Concello de Ferrol cede unha oficina en Recimil á Fundación Secretariado Xitano para activar o Programa educativo “Promociona” na cidade. Ler en: https://goo.gl/kgUdfa
✍🏼 Eva Solla, vicepresidenta do Parlamento de Galicia e deputada de En Marea, estivo esta mañá visitando o servizo de saúde mental de Oza co fin de reclamar mellores instalacións e máis persoal. Ler en: https://goo.gl/m9b3WF

📋 Coñeces a Moción de Marea de Vigo pola adhesión á Rede de Municipios libres de Trata e pola adopción de políticas abolicionistas da prostitución? Ver en: https://goo.gl/TgxjFD

🤽🏻‍♀️ "O deporte aporta ás mulleres unha ferramenta de empoderamento moi grande". Non perdas á concelleira de Deportes de Santiago, Noa Morales, no programa "Punta e tacón", a falar da presenza da muller no deporte. Ver en: https://goo.gl/aSWZXv
👉🏼 Esquerda Unida amosa a súa solidariedade con todas as persoas afectadas polo VIH neste 1 de Decembro e insta á Xunta a investir máis recursos en Atención Primaria e nos colectivos que traballan con estas persoas #DíaMundialDelSIDA. Ler en: https://goo.gl/3hUasj

🔹A concelleira Silvia Cameán vén de explicar o programa ‘Campacoles’, que oferta 450 prazas en dez centros públicos de educación infantil e primaria de A Coruña a prol da conciliación. Ler en: https://goo.gl/fV5XEZ

🌻Coñeces a campaña de EU “Cambia de Bando”? Descárgate toda a información e infórmate das vantaxes do uso da enerxía 100% renovable. Todo en: https://goo.gl/JQyR1A
Forwarded from Alberto Garzón🔻
Feliz 40 aniversario del 4D

En 1977 el pueblo andaluz salió a la calle para exigir derechos sociales y libertad frente al atraso económico y social que promovía una oligarquía rentista y parasitaria. Hoy sigue pendiente cumplir ese objetivo.

La identidad andaluza tiene sus raíces sociales y culturales en el republicanismo federal de Blas Infante, quien fue fusilado en 1936 por los franquistas, y en las demandas sociales de las clases populares de los siglos XIX y XX. No es cosa meramente de “más competencias”.

Blas Infante creó en 1918 la bandera y el himno de Andalucía (los actuales) para la Asamblea de Ronda. Allí se aprobó la Constitución de Antequera de 1883, un modelo Federal para España basado en el proyecto federal de 1873. Todo eso lo arrasó la reacción centralista.

Pero sí, siempre ha existido una España diferente a la homogénea-centralista-oligarca de Cánovas, Primo de Rivera o Franco. Una España mejor con un modelo federal para garantizar los derechos sociales a las clases populares en todo el país. Esa es mi España.

https://twitter.com/agarzon/status/937594783819743232
🏛 Eva Solla, deputada de En Marea e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, vén de esixirlle á Xunta que abra unha mesa de diálogo coas traballadoras e traballadores para negociar o traslado do 061, así como incrementar os orzamentos para mellorar o servizo de emerxencias. Ver en: https://goo.gl/zpwGR1

‼️ En breve, Eva Solla preguntará ao Goberno sobre as medidas que vai adoptar para garantir o dereito á saúde da veciñanza afectada pola contaminación por lindano no Concello de O Porriño. Ver en: https://goo.gl/9PnDBT

🗞 O 4 de decembro de 1977 Galicia esixía, nas rúas de Vigo, un Estatuto de Autonomía. Saber máis en: https://goo.gl/N8tznM
👉🏼Os nosos compañeiros de Esquerda Unida, Miguel Castro e Ivan López saíron este sábado ata os Campamentos de Refuxiados Saharauís nunha viaxe organizada por Sogaps coa fin de levar axuda humanitaria aos campamentos e coñecer a situación actual do pobo saharauí. Hoxe sumarase Eva Solla, que viaxa xunto coa delegación do Intergrupo Paz e Liberdade co Pobo Saharaui do Parlamento de Galicia. #SáharaLibre! https://goo.gl/VkgS7B

‼️“No Porriño fíxose a barbaridade de asfaltar por riba do lindano, sen establecer outras medidas sanitarias ata o punto de que a xente pode tocar o lindano coa man”. Non perdas a intervención de Eva Solla no Pleno do Parlamento de Galicia ante a contaminación silenciosa do lindano. Moito máis en: https://goo.gl/ADjEoB

📝 En Marea esixe á Armada que paralice as obras de desguace do Casón. A voceira de En Marea, Yolanda Díaz, sinalou que os restos do Cason xa son patrimonio cultural sumerxido da Costa da Morte. Ler en: https://goo.gl/Pbpfs8

Vanessa Angustia asiste ás xornadas sobre Externalización de Fronteiras organizadas polo GUE/NGL en Bruxelas. https://goo.gl/K6indt
Forwarded from Eva Solla Fernández
Bo día dende o Sáhara! Esta mañá estivemos visitando a "Asociación de Familiares de Presos y Desaparecidos Saharauis" onde poidemos escoitar os testimonios que denuncian as décadas de impunidade ante os asasinatos e desaparicións que incluén a existencia de centenas de persoas enterradas en fosas comúns.
Visitamos despois o Museo da Resistencia con decenas de pezas de artillería, fusís, minas antipersoa e tanquetas de orixe países OTAN incautados ás forzas ocupantes marroquinas.
Posteriormente entrevistámonos co Secretario Xeral do Ministerio de Información que nos acompañou ata as dependencias da RASD TV.
Forwarded from Alberto Garzón🔻
Hoy es el Día internacional de los Derechos Humanos, que conmemora la aprobación en 1948, tras la II Guerra Mundial, de la Declaración Universal de Derechos Humanos. Esta declaración tiene el precedente de la Declaración de los derechos del hombre y del ciudadano de 1789 y, en 1791, Olympe de Gouges redactó otra para incluir a la mujer.

La declaración de los DDHH de 1948 no se entendería sin al menos tres factores:

· La revolución francesa de 1789 y su interpretación por los jacobinos de Robespierre.
· La defensa de esas ideas en S. XIX por el movimiento obrero.
· El espíritu antifascista de posguerra.

Durante todo el siglo XIX, la conquista de muchos derechos políticos y sociales como el sufragio universal (art. 21) fue obra del movimiento obrero, acarreando un coste brutal en vidas. El socialismo mantuvo viva la llama de los DDHH hasta que se institucionalizaron en 1948. A pesar de todo el papel lo aguanta todo, y la conquista o mantenimiento de derechos en la práctica depende de la lucha política cotidiana.

Nada está asegurado. O nos organizamos más y mejor o nos arrebataran esas conquistas históricas. Así es la historia.

https://twitter.com/agarzon/status/939803606936678400
👉 Así foi a viaxe de Eva Solla e os nosos compañeiros Miguel Castro e Iván López, organizada por Sogaps, a Tinduf, un pobo en resistencia. Ler dende: https://goo.gl/UbPJYV

‼️ Parabéns a Esquerda Unida O Porriño: O fiscal de Pontevedra, especializado en delitos ambientais, admite a trámite a súa denuncia sobre o que está a ocurrir co lindano. Non perdas a seguinte reportaxe: https://goo.gl/92D5FF
🔉 Esquerda Unida Ferrol debate mañá no Ateneo Ferrolán sobre o preocupante aumento da violencia machista na mocidade. Sabías que un 30% de mozas e mozos cre que este tipo de violencia é "unha conduta normal"? https://goo.gl/om4HNt

🌊 Yolanda Díaz, voceira de En Marea, vén de defender no Pleno do Congreso o incremento das pensións non contributivas, entre outras medidas a prol de pensións dignas. “A cantidade actual é de 368 euros, unha miseria coa que ninguén pode vivir neste país”, dixo. Ver en: https://goo.gl/h4XEDs

A concelleira de Economía e Facenda de Compostela, María Rozas, vén de presentar o borrador de orzamentos de 2018, cuxa cifra ascende a 110 millóns de euros e supón o orzamento máis elevado dende o ano 2009. Ler en: https://goo.gl/cXcZhy
‼️Esquerda Unida denuncia, de novo un ano máis, que a planificación da Consellería de Sanidade brilla pola súa ausencia ante a vaga de gripe, previsible nesta época do ano e que está a colapsar as urxencias en Galicia. Non perdas as declaracións de Eva Solla en: https://goo.gl/27dE9T

A Comisión de Emprego no Congreso vén de aprobar a Proposición non de Lei relativa ao cálculo da duración da prestación de desemprego derivada de contratos a tempo parcial, defendida por Yolanda Díaz. Ver en: https://goo.gl/2YbvY1

👉 Ferrol oferta 150 prazas en campamentos para nenas/os de 3 a 12 anos coa fin de educar e xogar en igualdade! O explica a concelleira de Benestar Social, Saínza Ruíz en: https://goo.gl/rE9Bja
💯 O vindeiro xoves 21 falaremos con Eva Solla e M. Consuelo Carballal sobre o papel crucial da muller na Revolución Rusa. Esperámosvos! https://goo.gl/xqW2Fi

🌻 "Falar de cambio climático é falar sobre democracia, falar sobre a vida da xente”, apunta Yolanda Díaz na charla sobre o Foro do Clima no Congreso, en directo dende: https://goo.gl/ofXdK6

🗞 [Hemeroteca] Tal día coma hoxe, fai 30 anos, máis de 20.000 persoas, entre estas representantes de Esquerda Unida, saían ás rúas en defensa do galego. Ler en: https://goo.gl/M8A8Dm
🗞 Rubén Pérez é reelixido coordinador local de Esquerda Unida Vigo. Ler a nova en: https://goo.gl/3CkX8P

🏅O proxecto de Sogaps, para dotar dun pozo de auga potable aos campamentos de Tinduf, é o gañador do Premio Solidario Cidade de Ferrol. Ler en: https://goo.gl/1MDxca
‼️ Eva Solla, coordinadora nacional de EU, vén de presentar a nova campaña de afiliación de Esquerda Unida coa fin de “fortalecer a organización para medrar e construír políticas dende a esquerda”. Máis en: https://goo.gl/9k8H9u

👉🏼 Hoxe 18 de decembro é o Día Internacional das Persoas Migrantes. Xa podes ler o noso manifesto dende: https://goo.gl/ETDLrf

🗞 ACE-Lugo leva unha iniciativa ao Pleno para que se recoñeza a figura do lucense Anselmo Antonio Vilar, que salvou miles de vidas nunha das peores matanzas do golpe franquista. Máis info dende: https://goo.gl/sgXxo4
🌏 Vimos de presentar a nosa campaña de afiliación: un manual para mudar o mundo. Non a coñeces? Pois non perdas a rolda de prensa da nosa coordinadora, Eva Solla, onde explica en que consiste... Ver en: https://goo.gl/BPQMUq

👏🏻 Boas novas dende o Congreso: a Lei de Igualdade Retributiva entre homes e mulleres segue a avanzar na loita para erradicar a fenda salarial. Ler en: https://goo.gl/QazoLs

💡 Hoxe ás 19h. non vos perdades o vídeo forum #OligopoliOFF, en Vigo, sobre as eléctricas e todo o que debes ter en conta á hora de... cambiar de bando! Máis info: https://goo.gl/1w9bj5

‼️ “Orzamento e persoal sanitario. Nada novo baixo o sol”, non podes perder este artigo de opinión de Eva Solla. Ler en: https://goo.gl/1FKrsv
Forwarded from En Marea
🌊 🏥Bo día, no seguinte artigo a vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla , explica a realidade da sanidade pública galega despois da aprobación en solitario dos Orzamentos 2018 por parte do PP que unha vez máis evidencian a súa absoluta falla de interese pola saúde das galegas e galegos.

📝 http://gal.galiciapress.es/texto-diario/mostrar/973301/orzamento-e-persoal-sanitario-nada-novo-baixo-sol
💯 Eva Solla e María Consuelo Carballal debaten mañá xoves 21 en Ferrol sobre o papel da muller na Revolución Rusa. Ler en: https://goo.gl/6FzQrS

✍🏽 O Concello de Ferrol, en pleno extraordinario, aprobou destinar un millón de euros a unha serie de obras e melloras na zona rural do municipio grazas ao POS+2018. Máis en: https://goo.gl/68YkYe

👟O Pazo de María Pita acolleu a entrega de premios do concurso escolar “Agora Quero Ir Camiñando ao Cole”. No acto participaron o alcalde, Xulio Ferreiro e a concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, entre outros. Unhas fotos para non perder! https://goo.gl/HNe1WR