Esquerda Unida
172 subscribers
1.58K photos
63 videos
22 files
1.61K links
Canle de información de Esquerda Unida.
Download Telegram
Forwarded from Eva Solla Fernández
Onte cumpriuse un mes dende que a veciñanza de Rianxo decidiu pecharse no seu concello reclamando un centro de día para a vila, prometido fai xa unha década.
Moito antes, mobilizacións, protestas e un traballo que apoiamos dende o inicio.
Fai un par de meses pediamos na Comisión de Sanidade e Políticas Sociais do Parlamento de Galicia a construción de ese centro, máis o PP votaba en contra.
Así defendín o dereito de veciñas e veciños:
https://m.youtube.com/watch?v=XwyG9pHpHiw

Hoxe, eses homes e sobretodo mulleres, continúan un peche de dignidade que debera facer que o Conselleiro de Políticas Sociais se dignase a atender esta demanda.
Esta semana, a concelleira de Economía e Facenda de Santiago de Compostela, María Rozas fixo balance da política de persoal e contratación e dos esforzos para recuperarse despois do "ERE encuberto" no mandato do PP e as enormes limitacións da Lei Montoro. Máis info en: https://goo.gl/5VvDNk

👉O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, xunto coa concelleira de Benestar Social, Saínza Ruíz, presentaron esta semana a Ordenanza Fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo público de axuda no fogar e asistencia domiciliaria. Ler en: https://goo.gl/YQNqRM

📋Deixámosvos aquí as emendas da Marea de Vigo ás #Ordenanzas2018, ver en: http://www.mareadevigonoconcello.gal/outros-documentos/emendas-da-marea-de-vigo-proposta-de-modificacion-de-ordenanzas-fiscais-para-o-2018/
Mañá venres estaremos en Boiro onde a nosa coordinadora nacional participa na homenaxe organizada por BoiroNovo a Antonio Seoane, republicano asasinado polo franquismo. #FacendoMemoria
Toda a nosa solidariedade co pobo catalán e coas vítimas do atentado de Barcelona. Frente ao terror e ao odio, nin un paso atrás
Forwarded from Eva Solla Fernández
Lamentablemente, en solidaridade coas familias das vítimas do atentado, suspendemos o acto do día da Galiza mártir na honra de Seoane que Boiro Novo tiña organizado para hoxe.
Agardamos poder entre todas atopar unha data para retomalo.
Gracias ás compañeiras e compañeiros que traballaron
para organizalo.
Mañá mércores, estaremos unha vez máis na rúa e sumámonos ao chamado dos colectivos feministas tras o asasinato machista que tivo lugar na Coruña. #QuerémonosVivas
#NinUnhaMenos
Forwarded from Canal de Yolanda Díaz
‼️Presentamos en rolda de prensa as iniciativas de En Marea no Congreso para esixir que o Estado participe, a través da SEPI na propiedade e xestión da rede de distribución de enerxía. O control en mans públicas é clave para o proceso de transición enerxética, entendido como a transformación do modelo enerxético actual, un novo modelo enerxético que se apoie principalmente nas enerxías renovables e na eficiencia enerxética. A enerxía é un ben público, un dereito de todas e todos, que debe deixar de ser propiedade de catro grandes empresas privadas que ademáis sirven de portas xiratorias aos dirixentes do PP.
Forwarded from Canal de Yolanda Díaz
🏛Hoxe comparece a Ministra de Emprego para explicar as razòns polas que non prórroga o Plan Prepara e ás previsiòns a este respecto.
As persoas en desemprego sufriron recortes nas prestaciòns absolutamente indecentes. Elxs pagaron o rescate á Banca.
Estes recortes non atopan xustificaciòn nestes intres nos que os voceiros do PP sinalan que a economía crece a ao ritmo de antes da chamada "crise".
Se o seu discurso da recuperaciòn é certo, por qué manteñen os recortes en protecciòn social?
A protección en desemprego caeu 26 puntos e agora, por razòns inxustificadas, a Ministra aínda non prorrogou o Plan Prepara.
Dende @EnMarea instamos á pròrroga deste Plan que é un único recurso co que contan centos de miles de persoas que se atopan en situaciòn de desemprego .
Hoxe intervén Mariano Rajoy para "dar explicacións" no congreso sobre o seu coñecemento e participación na trama que financia ao partido máis corrupto de Europa, o Partido Popular.
Máis de 860 millóns de euros, que de seguro serán máis xa que aínda están pendentes de pechar 3 autos. Este é o partido que goberna no estado, o mesmo que di traballar para a cidadanía... #GÜRTELisComing
Aquí podedes ver a intervención en directo: https://www.youtube.com/watch?v=Lb6CA4WeByI
🎥 Esta mañá estivemos xunto á coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, acompañando á cidadanía de #Rianxo, que reclamaba na porta do Parlamento de Galicia a construción dun necesario centro de día. Ver en: https://goo.gl/cwsNso

O Goberno de Ferrol ven de presentar +Rural, un programa de acción e atención específica á zona rural co fin de dar resposta ás demandas de todas as parroquias do municipio, cun calendario de traballo que vai de setembro ata a primavera do 2018. Ler en: https://goo.gl/XNsNQg
📢 Esquerda Unida denuncia que o aumento das execucións hipotecarias amosa que a recuperación económica non chega ao peto das galegas e galegos. Ler en: https://goo.gl/k368Sf

🌊 En Marea inicia a redacción da Proposición de Lei sobre Igualdade Retributiva entre homes e mulleres. A voceira de En Marea, Yolanda Díaz, afirma que “será unha lei ambiciosa pero realista”. Ler en: https://goo.gl/TUv9eh

O Concello de Coruña pon en marcha a liña de axudas para libros de texto e material escolar dos e das cativas de familias en situación de vulnerabilidade. A concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, explicou que o orzamento destinado é de 847.000 euros. Ler en: https://goo.gl/yWix5G
🔉Este sábado saímos ás rúas para berrar que un maltratador non é bo pai. #9SJuanaRivas
Segundo explica Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida, "o sistema actual non protexe ás vítimas de violencia de xénero e, o que é máis grave, non protexe os menores e os seus dereitos fundamentais". Ler máis en: http://esquerdaunida.org/esquerda-unida-fai-un-chamamento-a-participacion-na-mobilizacion-a-favor-da-decision-de-juana-rivas/
‼️Hoxe cúmprese un ano do descarrilamento do tren de #OPorriño. O noso firme apoio a esta vila, que merece #xustiza e #reparación.